Das poucas cousas certas
que hai neste mundo
van quedando
os amores ás agachadas,
eses que se gardan nos ollos
e que porque non se sacan á rúa
non se contaminan.
que hai neste mundo
van quedando
os amores ás agachadas,
eses que se gardan nos ollos
e que porque non se sacan á rúa
non se contaminan.
Van quedando
eses amores tan inquietos
que saben estar vivos contra todo,
que nacen, crecen en segredo,
que son amores puros
dalgún modo.
Hoxe non me importa
pedir perdón nin permiso.
Hoxe sei que vou sublevarme,
amputareime os medos
e tirareinos ao piso,
hoxe vou pronunciarme.
Hoxe direilles a todos
que te quero
e non me importa se é ou non prohibido.
Hoxe direilles a todos que te espero
cada noite cando fai frío.
Hoxe direilles a todos daquel bico
e de tantas noites de tolemia.
Hoxe provocarei que falen do noso
e se queren que pregunten.
e se queren que pregunten.
Aclarareilles
todas as súas dúbidas.
Ligia García y García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario