luns, 6 de marzo de 2023

O día a día de Labrada. I

   
O Curral.

   As augas sempre dan vida, esas augas fan medrar as nosas colleitas, limpan os camiños e purifican as terras. Labrada é un terreo cheo de fontes, as cales, por mor do eucalipto e do pino, reven o seu caudal de un xeito notorio.
   Labrada e un terreo moi vertebrado, cheo de pendentes, principalmente cara po norte e cara po sur; e outras pendentes dan cara o nacente, empezando nas Penas Mouras, lugar de unión entre as parroquias de San Simón, Samarugo e Labrada, seguindo cara o norte, está o barrio da Arca, da parroquia de Montouto. Seguindo no mesmo sentido, chegamos as Costas do Sol. Todas estas ladeiras verten dende o regato Portela, rio Labrada e acabando no rio Masma. Estes rios nacen na nosa parroquia e ningún no seu canle respecta o nome onde nace, dado que o "rio Labrada" perde a seu nome cando se xunta con outros afluentes.
   Eduardo Lence Santar, cronista de Mondoñedo, escribe que o río Labrada nace en "Lombo Estrogoso" na camposa da "Amosa" a uns oitocentos metros de alto.
   O coñecido como río Masma,o citado cronista, di que o que en Labrada coñecemos como río de "Tras do Cordal", dependendo de por onde pasa é coñecido como río Tronceda ou tamén como río Masma. O que demostra que é un río non baleiro de polémica, xa no seu nacemento.
   Uns din que nace na parroquia do Cadramón, na fonte da "Cristaleira", e outros que en Labrada na chamada "Fonte da Parada". ten un percorrido de 38 quilómetros e un caudal medio de 2800 l/s, ata desembocar na "Ría de Foz". Tampouco está claro o seu verdadeiro nome. Para axudar a clarexalo, con data de 21 de outubro do ano 1956 no periódico El Progreso, un interesante artigo foi publicado polo, a posterior, cronista de Mondoñedo, tamén alcalde e director do Instituto de Mondoñedo, D. Francisco Mayán Fernández. Incluso no citado artigo tamén se pon en dúbida o seu coñecido nome. O Sr. Mayán expón que o seu nome é "Rio de la Masma". 
No percorrido polo barrio de Tronceda da parroquia dos Remedios de Mondoñedo, a forza das turbinas sitas no citado barrio, outrora daba luz a dita aldea.













































   É ben certo que Labrada ten moita extensión, que chove moito nos meses de invernía e que estes rios recollen moitas augas a traveso dos seus regatos secundarios que baixan dende a "Neveira", "Caranco" ou a "Cabalar". Outro río que empeza a súa andaina en Labrada é o río Figueiras que nace na "Fraga das Vígas" e que transcorre pola "Fraga Vella, onde fai un pozo onde cría unhas grandes e saborosas troitas", segundo relata Lence Santar no diario "Vallibria" do día 26 de xuño de 1938.
   Tamén é ben facer mención as moitas fontes que nacen o largo e ancho de Labrada, todas elas fornécennos de auga  as nosas casas ou están en sitios que embelecen o seu entorno case sempre o pé de camiños. De estas quería falar, de tres en concreto.
   Unha de elas e a case esquecida "Fonte da Santa". Aínda xente de hoxe recorda que esta auga e boa pa vista. Con un pano lavabas os ollos e debías deixalo pousado nas silvas o pe da fonte, di a xente que de este xeito curabas os males dos ollos da cara. Está no barrio do Cordal, preto do "Camiño Real" baixando cara o lugar chamado a Cabana. Lamentablemente apenas se recoñece, xa que acaban con ela as plantacións de eucaliptos e o total abandono da fonte en si.
   Outra das fontes a mencionar e a "Fonte Sagrada". Sita o pe do camiño de igrexa que viña de Tibián  i hoxe da carreteira que nos une con Abadín. Di a lenda que debe o nome a que viña un bispo de acabalo i traia moita sede, o chegar a ela baixouse e bebeu, sóubolle tan ben que decidiu bendicila e de aí o nome. Fonte Sagrada. O que teña a oportunidade de pasar por alí que pare e a beba, realmente é un bo manxar. A dia de hoxe e potable e xentes veñen buscar auga pa acompañalos na súa mesa. 
    A terceira e a case desaparecida Fonte San Pedro. Situada pertiño do cemiterio hoxe pasa a estrada por riba dela, sae encanada cara os prados chamados da "Carreira" Fonte tamén moi saborosa e moi abundante, recordo que tiña un pinguelo e o pe unha "calzada de pedra" o rego atravesaba a calzada a través de un rego feito de pedra, unha obra de arte e un entorno que os que a coñecemos e recordamos somos uns privilexiados. Recordo que algunha xente tiña certo récelo de beber dela pola súa proximidade co cemiterio.
   Pa rematar recordade que "auga corrente non mata a xente".
   Saúdos.


   A Fonte Vella, no Cordal.

   A Fonte, no Fondo da Vila.

O Pozo do Picho, en fronte da antiga e desaparecida casa do Garelo, propiedade dos de Lois; xunto a Casa de Balseiro.

A Fonte Sagrada, coa súa coñecida lenda, deu de beber a moitas xentes que ían e viñan polo camiño da igrexa ou da feira. Foi acondicionada no 2011 polo Concello, lamentablemente aínda non está rematada.

                      Unha das moitas fontes no monte.

   Un xeito de traballo tamén tiña relación coa auga, e por desgracia tamén coas mulleres: os lavadoiros. Lugar a veira dun regato onde as mulleres pasaban horas, con frío ou calor, pero, iso si, a auga, loxicamente sempre fría; lavando cestos de roupa sempre cheas de terra ou esterco. De feito cada barrio podía ter os seus particulares, incluso unha casa podía ter un.


               Os lavadoiros do Costeiro, no Barral. Con dous lavadoiros, un en cada lado do baño.

          Baño e pinguelo. 11 de febreiro do 2012.

    Colleita tras colleita fomos sacando da terra os froitos que traballamos e que nos fixeron medrar en individuos, en xentes e en parroquia. Os nosos leiros, moi agradecidos coas nosas tarefas de labregos, deron o sustento para as nosas xentes durante os tempos pasados. Xeracións tras xeracións os "vilares" fornecéronnos de patacas, millo, centeo e avea. Os nabos e as rabizas alimentaron o gando e as xentes. Ese agradecemento dos leiros era a resposta o bo facer dos labregos, especializados no traballo e cultivo da terra e das colleitas. Nos ciclos das lúas, na permuta entre veciños da mesma parroquia ou de parroquias veciñas, de calquera das sementes que se sementara. Os nosos vilares tamén sufriron a carencia de abono por mor da moita extensión á abonar e o pouco abono que se podía aportar, froito de esa situación eran as malas herbas, chamadas "nervias", "labazas", "nocellas" .... Nas citadas épocas aportábase esterco, tanto de vaca, ovellas ou cochos. Tamén diante das casas había o chamado "Curral", lugar onde cada poucos días se botaba unha nova capa de estrume.



Fermosa foto da María de García chamando as "vacas do xugo". No carro a súa filla Mª Carmen e a nora Isabel.

 Foto sacada na estrada do Cordal, preto da Fonte de Blanco. O edificio que aparece a dereita da foto é o antigo transformador. A xente da foto é o Articiano de Rego, de pé no carro; e o seu fillo José Luis.

         Sacando no esterco na casa do Aparicio, Ana da Valiña, Modesta, Henar e Virgilio.

    O Toño das Lucas, súa nai Basilisa e a Leofé, cargando no esterco. Ano 1989.

                   A Carmen e o Adelino, da Casa Vella; sacando no esterco. Ano 1989.

                    Antoña e Ermitas da Casa Vella, facendo envoltas na corte.


Estercando; a Benedicta dos Curulos na parta da corte e seu cuñado Narciso do José Mª de Ínsua cargando no remolque.

    O Vilar de Labrada en maio do ano 1991.

 Foto do mes de xullo do 1992. A Antoña da Juanita, diante da casa da Nieves, no Barral; chamando as vacas do xugo. No carro leva uns vencellos, culmeira e adival.

Foto do ano 2002 no Vilar de Campo de Prado. As dúas nenas da esquerda son Noelia e Tamara, fillas da Pilar do Gonzalo; detrás delas José Luis de Rouco, seguindo cara pa dereita Serafín de Carozo, María Josefa de Rouco, Jesús da Angelita sentado e Gonzalo de Juanito arando.

Botando nas patacas no Vilar de Labrada. Comezando pola esquerda: Articiana das Carminas, Manuel da Angelita, Mercedas Rouco e María de García. ano 1989.


Aterrando nas patacas no Vilar de Labrada. A Esther do Fondo da Vila e o Manuel da Angelita. Ano 1989.

   Albino do Fondo da Vila chamando e o Luis da Angelita aterrando nas patacas. Ano 1989.



    Erguendo nas Patacas no Leiro dos Meixós. O Carlos de Santiago e súa tia Josefa. Ano 1989.

    Teodoro chamando, Valentín arando e María votando esterco para o rego.
 

Xente do barrio do Outeiro, encalando no esterco. José María Chamando nas vacas, Dodolino da Pardela no arado, José Antoño, Dámaso, Hipólito, Basilisa e María.

 
Outra antropolóxica foto. O ndido do Mariano con dúas gadañas e o seu corno posto no cinto. O lado a Mª Carmen de García, a Estrella do Mariano e o José María coa bota de viño. E unhas fermosas zocas.

Comezando pola esquerda, Policarpo Cortiñas, Isidoro González e Jesús Cortiñas, estendendo na herba na Veiga Nova.

Nun momento de descanso, segando na herba na Costa do Rocho, preto do Pontigo do Fondo da Vila; comezando pola esquerda: José Perez, (Belarmino, Campo de Chao), Gonzalo Cuba (Os Currás), Antonia Rouco co seu fillo Miguel (Chao do Outeiro), Isidoro González (Os Currás), Cándido Rouco (Chao do Outeiro), José Rouco (Carozo), Jesús Prieto (Villagal, Cordal), Jesús Vivero (Barral), Santiago Cortiñas (Albino, Fondo da Vila) e Jesús Cortiñas (Fondo da Vila); o home da esquerda en primeiro termo é Luis Rivas do Barral, e o rapaz do medio con camisa verde é Manuel Rivas tamén do Barral.
 
 
                     O Jesús da Angelita coa gadaña no ombreiro.

Foto de agosto do 1976. O señor da esquerda, o fondo, que ten as vacas xunguidas é o Antoño do Xeada, a nena da esquerda é Soledad Fernández, Toñito Geada, da Atalaia; Beatriz Castiñeira, de Romariz; de crequenas, Angel Fernández, pai da Soledad; o de diante do carro cargado de herba é Abel Castiñeira, pai da Beatriz.

                     Na foto podemos ver a Ersilia do Campo dos Novos afiando a gadaña.

Foto da segunda metade da década dos 70. Jesús do Fondo da Vila, Josefa de Otero e Margarita do Ferreiro.

    Pilar Cuba e Manuel Rivas segando.

                     O Ramón de Requeixo e o Miguel do Sota, segando.

Senen Vivero, do barrio do Barral, home que comparte o seu traballo na rama eólica, co coidado e traballos da casa. Na foto do mes de maio do ano 2016, afiando a gadaña.


 


















Na casa do Veiguello, o Barral, facendo traballos cotiáns, a Esther relando as verzas para os porcos e o Luis dando herba seca os becerros.
  
     Vacas no monte, no Chao da Laguna. Fotos do ano 2010, 28 de outubro.

                                        O Pablo.

    O Crescencio da Costa da Laxe, guiando o seu Renault.

    Os do barrio da Casa Vello botando nas patacas. En primeiro plano a Esther.
 
Veciños, Arranxando o camiño que vai dende o Chao do Covo ata a Choqueira. O do tractor é o Dourino.
 
Apañando as patacas o día 26 de setembro do ano 2015, pa casa do Ferreiro na terra da Lamela. Como outrora, algúns dos traballos seguen a facerse de xeito social, tales como a semente e recollida das patacas, ou ensilado. Na foto hai xentes dos barrios de A Caveira, Barral, Os Currás, Chao do Outeiro, Carozo, Tivian. E incluso unha Arxentina, Damiana, a compañeira do que isto explica.
 
Metade da década dos 90, facendo un descanso na recollida das patacas no Campo dos Novos, casa do Chiquito; comezando pola esquerda: José Manuel do Articiano, Carmen do Requeixo, Cesina do Oracio, José do Requeixo, Domingo do Requeixo e Paco das Baltasaras con xeito de estar bailando: descargando no remolque Javier Prieto e Pepe do Chiquito.

Os que decidimos vivir no rural sacando froito a terra que nos veu nacer, temos unha tarefa moi importante e tamén moi difícil: despoxarnos a nós mesmos das crenzas mamadas da mesma terra noutras épocas.
 Os nosos pais medraron  co xugo que lles impuxeron certa sociedade dominadora e cruel, quitándolle toda dignidade a xente que facía da aldea o seu medio de vida. A saída digna era buscar o pan "fóra". Quedar a vivir na aldea era signo de vivir nunha escala menor.
A palabra "aldea" xa de por se traía unha recua de significados nada bos para os que, con toda a dignidade posible, supervivían.
Aldeán era unha palabra despectiva.
Aldeán era sinónimo de xente sen estudos.
Aldea era un lugar lonxe da civilización. Cando alguén da capital dicía vou á aldea era baixar un chanzo.
E seguramente era algo que só se pensaba cando nolo facían ver. O meu recordo é de ver unha xente moi feliz, integradora e acolledora, alegre. Traballábase cantando; cando se araba cantábase, o zoqueiro cantaba; os canteiros pasaban o día cantando. Facíanse moi a miúdo foliadas. Era unha gran sociedade, por desgraza para nós, moi lonxe do que hoxe somos; xa que pillamos os vicios da "vila".
Pero por desgraza aínda hoxe temos xentes que pretenden facernos vivir no medio deses condicionantes, pero somos nós os únicos responsables de que así ocorra.
Podo dicir que vivo rodeado de beleza, que a teño pertiño, todo o día e todos os días.
Temos a beleza culinaria da nosa horta que durante todo o ano nos dá unha verza, unha pataca ou unha leituga. Beleza da auga da fonte que bebemos, a mesma que os avós beberon. Beleza de paxaros que escoitamos e escoitaron.
Morriñentas corredoiras que escoitaron as treitoiras dos carros. Pares de vacas e bois que levaron a estrume en carros para as cortes. Carretos organizados por veciños para baixar as canterías que daban comezo a unha nova familia, nunha nova casa e quizais nun novo barrio.
Belezas de ver muxir unha vaca a mao, de ver nacer un becerro ou de rapar as ovellas.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjqfsUzvc8WrZOG6Hbzs2XUTcvtfEK7LNdYjp7xN7-2F6zcP7SRH4KRqDrSkrEhPMtzGr0Bi60-ijvgHk5G5KiU0tnEHPThkcJlEwk_2vmtaDbHsiCFYXoWsOl67szoCnpA8y3l2dlm0wY/s1600/Muxindo+(Copiar).jpg 

   Alicia do Fondo da Vila muxindo o pé do cabozo.

    A Leofé, do Barrio da Costa da Laxe, alindando nunha vaca.

    Pilar Cuba, sentada e munguindo con dúas maos.

    A Ersilia munguindo, o becerro mamando e a vaca mexando.

   A Emerita de Chaveas aguanta do becerro para que non moleste a Ersilia mentres mungue.

    A Angelica e a Basilisa do Coto, coa muxidora nas mans.
 
                   Margarita da casa do Ferreiro, poñendo a muxidora.


Beleza de xunguir as vacas da mao, arar a chousa, sucar e gradar a cortiña.
Beleza de ver medrar os nabos, o centeo e espigar o millo.
Beleza de apañar as patacas axudado ou axudando.
Beleza de crabuñar a gadaña as noitiñas para ao outro día, de mañanciña, os homes segaran a Veiga de Pita;
Beleza cando as mulleres levaran na cabeza, enriba do rodelo, unha cesta chea de pan, caldo ou touciño. E o botixo de viño.
Beleza cando se comían as 10.
Beleza cando se merendaba nas leiras.
Beleza da sega, o gavilleiro, o mollo e o medeiro. A malla e o palleiro, o queixo de castela de man en man pola aira, o vaso cheo de viño, manchado dos beizos do compañeiro.
Beleza da sega, o gavilleiro, o mollo e o medeiro. A malla e o palleiro, o queixo de castela de man en man pola aira, o vaso cheo de viño, manchado dos beizos do compañeiro.
   Segar era o que facían as nosas xentes, para gañar un xornal, na mariña ou en Castela. Viaxes a pé, estadía en palleiras ou chozas, comida lixeira e traballo duro e desde o momento de raiar o sol ata a súa posta. Exemplo de isto e a seguinte nova:
   03/03/1908. El Norte de Galicia.
   "Los segadores que van a Castilla de las montañas del Xistral, Labrada, Galgao, Abadín y otros puntos se dirigen a la siega a Castilla, aproxímanse cuanto pueden a la carretera de Madrid a La Coruña, llegan a Villafranca, con un recorrido de 25 leguas, igual a 132 kilómetros".
 
Verán do 1967. Segando pan do monte no Prado da Barcia da Chiquita; Elba, Pepe, Aurora e Dositeo.
 
Mediados da década dos 70. Dodolino Carracedo, a esquerda, e o seu fillo Jorge. Había dous xeitos de segar, unha era "a presa", e a outra por "trala man". O xeito do Jorge é por trala man, mentres que a presa consistía en agarrar unha presa de paveas e cortar só as que tiñas apresadas. Os bos e grandes segadores facíano a presa.

Década dos 80, segando na Chousa de Tralo Pajar da Casa do Adelino, no Porto Vello. Comezando pola dereita a Carmen e Esperanza, o da esquerda de todo é o Adelino.
 
    Mallando na Casa do Celso no Campo dos Novos.

    O rapaz que mira para a cámara é o Leucio das Basilias.

Os dous homes que miran para a cámara son o José do Requeixo con boina e o Jesús de Enrique con sombreiro na mesa da debulladora.

   O Celso, a Concha da Fina, o Jesús de Paz e diante da limpadoira a Josefa do Fietiña.
 
 
A Concha do Fino, a Josefa do Fieitiña, o Jesús de paz e o Dositeo do Chiquito, os cativos son os irmáns Orlando e Lito.
 
                     Poñendo o palleiro na aira do Celso, Magín de Leiro e Articiano.
 
 Na eira do Veiguello, repasando o pan. Jesús do Anxel, Veiguello, Benedicta, Elvira, Antoña Rouco, Agripina, María Rouco, Felicia, Aurea, Germán e Luis. Foto da década dos 50.

Jesús do Anxel, Luis e Germán destapándose, Agripina ao seu carón e diante o Manuel do Veiguello. Foto da década dos 50.

Mallando nos Currás, na aira de Cas Juanito. A Esther do Veiguello, José Luis de Rouco, Amelia, Gonzalo na mesa de máquina, Jesús da Angelita, Celia, Viveiro con un cesto na cabeza, a Cruz co Oscar no colo; a María de Camba e de lado o Domingo da Carmela.

 
Facendo o palleiro

Fermosa maneira de rematar un palleiro. Foto da casa do Carracedo de Xanáz. Ano 1950.


Hipolito de Camba, Belarmino, descoñecido, Pepe de Carozo e Esther, Serafín e Narciso. 

Diante Cas Juanito, a Esther, Margarita, a Celia, a Mª Jesús, a Pilar, o Oscar, a Mª Fe, a Mercedes, a Estrella e a María de Juanito. As catro últimas fotos son da década dos 70.

 
Ano 1985. Poñendo o palleiro na aira do Veiguello, o Belarmino con enciño, e o Jesús da Angelita. O Elias do Cordal dando a palla.

 Ano 1985. Na aira do Veiguello, xantando. Entre outros coñecemos a: Pedro de Camba, Darío do Chendo, Jesús do Fondo da Vila, María de Xan, o Alfredo, a Verónica, o Albino... 

Ano 1987. Foto diante o pajar do Veiguello, o Barral. O Viveiro, responsable da caixa das gasosas, o Alfredo botando o café, a Mª Josefa e o José Luis de Rouco, o Manolo e o Senén; xunto a un grupo de rapaces de Bilbao e Madrid, que viñan a campos de traballo.

Barrio do Chao do Outeiro, aira do Chendo, ano 1987. Atando a palla. Ollando para a cámara Orencio Prestes.

Aira do Chendo no barrio do Chao do Outeiro; 1987. De costas e comezando pola esquerda: Gonzalo dos Currás, Irimia, pai do Joseiño; José Manuel do Viveiro coa culmeira na man falando co Carlos de Santiago e o fondo o Jesús da Angelita.

Aira do Chendo, ano 1987.

Ano 1987. Comendo na aira do Chendo. Empezando pola esquerda e de pé: Luis do Veiguello, Jesús do Fondo da Vila, "Bilbaíno", Tino de Carozo, Jesús da Angelita, Eulogio do Chendo, Plácido Requeijo do Carballal e Jesús do Anxel. Sentados e do mesmo xeito: Carlos de Santiago, Rubén e Isidoro dos Currás, José Luis da "Milia", "Bilbaíno" e Rafael do Mariano.
 Mesma data e mesmo sitio que a da foto anterior. Empezando pola esquerda: Estrella do Mariano, Germán da Angelita, José de Rouco, Antoña da Juanita, José do Mariano (o Xordo); diante del, o seu xenro Orencio, a dereita un descoñecido, José Pérez Ares (Belarmino); diante deles, agochado, o Manuel da Angelita; o de diante de pucho branco e o Carlos de Santiago e a súa esquerda, o neno, é o Rubén do Ferreiro; a esquerda do Carlos con gorra azul, Pilar do Gonzalo; a esquerda e de negro, Esther do Fondo da Vila; a esquerda o seu home Luis do Veiguello, Jesús do Fondo da Vila, "Bilbaíno", Jesús da Angelita e Eulogio do Chendo; agochados por diante, Isidoro dos Currás, José Luis da "Milia", Rafael do Mariano e "Bilbaíno".

Limpando no centeo no pajar das Carminas. Con camiseta e gorra verde o Carlos de Santiago; atendendo o gran o Jesús de Santiago, pai do anterior; tirando pola manivela o Manuel da Angelita e facendo as tarefas de limpeza do gran o Jesús da Angelita.

Empezando pola esquerda: arreando os pantalóns, o Manuel da Angelita; á esquerda a súa irmá Agripina; a Maite do Fondo da Vila, de costas a Articiana das Carminas; o da camiseta e gorra verde é o Carlos de Santiago; o da dereita é o "bilbaíno" de nome Carlos Bargos; a rapaza da dereita de todo énos descoñecida.

Na aira do Veiguello, o Barral, coidando no gran que está asollado; o Jesús da Angelita, e o matrimonio Esther e Luis do Veiguello.

https://youtu.be/5a57eEqOaj4

Malla no outeiro no ano 1989. Na foto de riba a esquerda o maquinista, veciño de San Bartolomeu de Corbelle e con bigote o Antoño das Tarandeiras. Na foto de baixo, en primeiro plano o Pepe das Lucas, detrás a María dos Agustís, a do pano branco non sabemos; a seguinte que agarra o brazado de palla é a María do José Mª de Insua, detrás dela a Celia das Lucas, con pano branco a Elvira das Tarandeiras e detrás de todo o Carlos de Paridoiro.
 
A Chousa do Fondo da Vila acolle a definición do momento. Segando os irmáns Albino e Jesús. O Candido de Santiago e o Oscar, ollando para a cámara.


Foto sacada na feira de Gontán. Catro "bilbaínos" axudándolle a vender un becerro o Luis do Veiguello. A esquerda, na foto, con boina Eduardo da Felisa do barrio do Coto.
   

    A María de García no curral, dándolles verzas os cochos.

Pelando nos cochos na casa do Veiguello, de costas o Luis, Senén, Albino, José Luis de Rouco, e Fructuoso. Ano 1992.

Foto de 1997 no pajar do Veiguello. Fructuoso, Germán, Oscar; de costas o Jesús da Angelita, Fidencia, e Rubén.

                                 O José Manuel de Tezán.

Chegado o San Martiño nas aldeas chega a gran festa da matanza. Momento no que no día que se metía a carne no baño de salgar xuntábase a familia pa comer os "roxos".

En épocas pasadas os cochos cebábanse  con verzas, patacas, farelo e os sobrantes da casa, por tanto a carne tiña un sabor moi bo. Todo o proceso de crianza, cebo e matanza facíase dun xeito totalmente artesán. A partir do momento de estar o cocho morto e pelado, cóllese na escada e cólgase,  ábrese pa sacarlle as tripas e a graxa e deixábase así ata o outro día, ou incluso dous días.

Na foto saen: Veronica, Articiana, Fidencia, Manuel, Manolo, José Luis, Albino, Jesús da Angelita, Esther, Policarpo, Serxio, Luis e Jesús.
 
 
 
   Autorizacións necesarias para a matanza dos cochos. Ano 1965
 
                                                  
O Peldurado e a Lareira.
Que riqueza poder definir por un mesmo a lareira e non  ter que recorrer o dicionario. Ese lugar da cociña onde se facía o lume, elevada do resto do chan  coma se fora unha escaleira, arrimada a parede e polo xeral nunha esquina, ben preto da fornela pa así botar a cinza que era o que quedaba despois de unha longa noite de contos,fume e charamuzas. Tamén  ben preto estaba o ullar e unha mesa de levante onde comían os da casa e si había xente de fora a comer tamén se usaba a maseira que a función principal era pa amasar a fariña pa facer unha fornada de uns bos bolos de centeo acompañados da bola de torresmos.
A lareira era o lugar común en onde, sentados no escano ou no hucho, xuntábanse o redor do lume tanto a xente da casa como algún que outro veciño. Mentres que enriba do lume podía haber unha pota nas trepias coma colgada na camalleira ían contando contos de todo xénero. Recordo con morriña os contos de medo que ían saíndo de cada un dos "tertulianos lareiregos"; contos que facían alusión as "visións", "voces" "luces" ou "olor a cera".
Mentres a noite ía pasando tamén podías saber o tempo que ía facer os vindeiros días; dependendo do color do lume, que  en certos momentos e de certas formas tiña aspectos estraños, fixándote no aspecto da labarada teu avó ensinábache a ser meteorólogo. Tamén así, mentres o fume ía saíndo,por certo non todo, polo peldurado se tocaba noite de neve podías ver caia algunha folerpa pola cheminea. E sen esquecernos que colgada nos cravos das vigas estaban colgadas os xamóns, cacheiras, touciños, lacóns e as restas de chourizos e chanfainas procedentes da matanza feita en San Martiño.


Facendo chourizos na casa do Veiguello o Barral.
Manuel da Angelita, Mª Jesús do Belarmino, Margarita do Ferreiro, Albino do Fondo da Vila e o Jesús da Angelita.


 Fermosa foto da Ersilia do Campo dos Novos xunto da Emerita de Chaveas diante do forno, a fornela, tizóns na lareira, os chourizos colgados nos cainzos ...

Cocendo na casa do Veiguello, o rodo no chan, o lume no forno e os bolos tendidos na maseira.

    Belarmino e Gonzalo facendo leña para queimar no inverno.

    A familia o completo da casa do Garipol. Ricardo, a súa dona María e Maribel

O Germán, Albino, Margarita e Isidoro descansando na Valiña da Pereira, buscando no gando.

Marcando nas eguas. O Jesús do Fondo da Vila, Eulogio e Isidoro mirando. Oscar, Rafael e Emiliano agarrando e Miguel marcando.
 
Ferrando unha besta diante da casa do Moises dos Bispos, no Outeiro. Termando dela o Moises, agarrando do pé, José Luis e ferrando Jose (o Xordo).
 
O Barral, diante da casa do Veiguello, descansando dun día de traballo; a esquerda o Luis do Veiguello e o Jesús da Angelita a dereita, separados pola anxada.

O froito do noso traballo ía venderse a feira de Gontán. Ovos e galiñas, coellos, algo de gra, manteiga e queixos, peles de calquera animal, eguas, becerros e vacas, e cos cartos gañados podíase traer un pouco de aceite, e, se cadraba, un polo de trigo.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Case nunca o traballo do gandeiro e labrego foi respectado e valora como se merece, así e todo, sempre foi unha clase social basicamente loitadora. Pero, grazas o espertar e o empuxe, as cousas mudaron. Empezouse unha loita individual, interna; e tamén unha loita social. Esa loita en algún momento levounos a facer algo que non estábamos acostumados: berrando, protestando e manifestándonos. Exemplo de iso é a seguinte foto.


Tratorada de protesta en Abadín, diante do concello. A esquerda Mª Jesús Pérez Rouco, Gonzalo de Cándia e Antonia Rouco. Ano 1990.

Chegada das primeiras tecnoloxías a Labrada, na casa do Brais instalando unha antena de televisión. Comenzando pola esquerda: o Brais, Prudencio da Dolores, Nestor de Candia e o neno e o Nilo.
Eran os anos 50 cando comezaron a chegar as primeiras e contadas radios a Labrada. Xa nos finais da década dos 60 comezaron a instalarse os primeiros televisores, tamén en contadas vivendas, na taberna do Carreiras no Cordal, na casa do Mariano na Cabeira, no taberna do Fieitiña, no Campo dos Novos e no Tele Club do Outeiro. Pola novidade, ás noitiñas enchíanse as cociñas das casas con televisión de xentes de todos os barrios, dificultando o normal goberno da vida nesas casa e tamén incluso a cea e o descanso. Eran tempos cheos de fraterdidade e compartimentos veciñal.

As montería.

             Vida Galega. Ano 1923.

    Ruben Cortiñas sendo neno xa aspiraba a ser cazador. Foto sacada nos Currás.

Foto do ano 1996, diante do pajar do Veiguello, no Barral. Xóvenes cazadores, comezando pola esquerda: José Manuel Prieto, Ruben, Miguel e Oscar Cortiñas.

A xente da nosa parroquia ten un estreitísimo vínculo cos montes que a rodean, o monte foi moi importante para o seu desenvolvemento e progreso. Nel medraron moito gando bovino e cabalar, sen esquecernos do ovino e caprino; o monte deu moita leña e incluso tamén deu soldos. A día de hoxe Labrada ten case 2000 ha de monte, dos cales gran parte están plantadas de pinos. 
Durante as décadas dos anos 50 o estado roubou os gandeiros, xa que o monte foi sempre comunal,  toda a superficie de monte que hoxe ten pinos; mentres esa madeira medraba nas parcelas pechadas e custodiadas por gardas forestais, o gando non podía pastar en esas parcelas. E se por algunha causa os animais se internaban o garda poñía multas polos estragos ocasionados, multas que na maioría das veces os infractores apenas podían pagar. O diminuír a extensión no monte  por mor da reforestación, a xente decidiu cerrar montes que estaban moito máis preto das casas. As terras de labranza estaban nos "vilares". O paisaxe de hoxe en nada se parece o de hai 40 anos e moito menos o de hai 80; a parroquia era moito máis en coira, apenas vexetación e, o que hoxe son pasteiros e chousas, antes era hermo.
Labrada sempre foi de ter moita cabana gandeira e un gran inimigo  foi o lobo; esa relación de sempre entre o home e o lobo!
Os maiores contan contos dos danos do lobos, dos encontros entre os homes e o lobo, da sensación que vivía as xentes cando se cruzaban con el. Contan que o ver o lobo tiñas a sensación de voar, outra era que o pelo erizábase, gran parte era, supoño, por a suxestión, por medo ou por lendas mitolòxicas; hai documentación escrita e fotográfica de algunha monterías. Uns fermosos relatos regálannolo Eduardo Lence-Santar, cronista de Mondoñedo alá pola década dos anos 30.
   "Aínda os lobos campan en moitas parroquias de Mondoñedo, de día e de noite, matando e comento vacas, bestas, cabras e ovellas; e por iso fanse monterías de cando en vez nos concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Pastoriza e Valadouro.
   Onde máis monterías se fan e na parroquia de Labrada, concello de Abadín. 
   Nos estivemos na que tivo lugar o 27 de Maio de 1922 en Toxoso.
   Toxoso é un monte que se ergue a uns 900 metros sobor do nivel do mar e pertence a citada parroquia.
   Formaron a manga  segundo se adoita , os cordos seguintes que se puxeron polo orde que se citan:
   Montouto, San Simón de la Cuesta, Samarugo, Corbelle, Fanoi, Romariz e Labrada.
   As cordas trouxéranse da balsa e estaban en Porto das Carreiras, preto delas atopábanse os mangueiros, os contramangueiros e o monteiro maior de Abadín, D José Pedreira, coñecido por Pepe dos Agros. 
   Fixeron as corridas as parroquias de Candia e Castromaior e parte da de Fanoi. Houbo catro velas; unha en Penarredonda, outra en Pena do Formento, outra en Pena Camposa e outra no Castelo Grande. 
   Fixéronse dous fumazos antes das seis da maña. O primeiro nos Chaos e o segundo no Coto do Cerro. Logo saíron as corridas; a de Fanoi polas fragas de Fanoi e a de Candia polo Coto do Cerro e, a de Castromaior polo canal de Portela. Nas armadas había homes con armas de fogo.
   Son as seis e media. Pouco despois berra a vela de Penarredonda con cantos folgos tiña, o tanto que acena con un pano: 
   -O looobo...! O loboooo!
   E o lobo choutando coma un condenado aparece baixando cara o Porto das Padreiras. O monteiro maior, con un colmeiro na man dereita, erguendo os brazos berra:
   -Os de Montouto! Os de Labrada! Os mangueiros e contramangueiros!
   E todos din:
   Non, por aquí non foxe o lobo!
   Fanse disparos de escopetas dende as armadas e en Rego da Goia cae morto o lobo.
   -Quen o matou?
   Meu amigo Andrés Balseiro, monteiro de Romariz.
   E con esto rematou a montería, a que asistiu unha parella da garda civil de Mondoñedo.
   E o lobo foi pro Balseiro, quen lle cortou a cabeza e presentouna o secretario do Axuntamento de Abadín, que segundo costume, deulle cinco pesos, pagou a pólvora das corridas e puxo cravada en unha táboa, que se espetou rentes da carretera a cabeza do lobo.
   A manga é a xente que a modo de unha ferradura arrodea o monte onde se fai a montería.
   Os cordós son a xente que forman a manga e cada un ten seu monteiro.
   As cordas son unha grosa rede de uns 20 metros de longo e tres de alto, que se pon nunhas estacas chantadas na terra a modo de semicírculo na cabeceira da manga.
   Os mangueiros son seis ou oito homes dos máis fortes e valentes, que tan a cada lado das cordas, armados con culmeiros e o chegar cabo deles os lobos, guíndannos deixándoos engazellados, e logo,  en unión dos contramangueiros, que son outros tantos homes valentes e fortes, teñen colmeiros tamén e atópanse a carón, bótanse a eles e mátanos.
   O monteiro maior é nomeado polo concello; dirixe a manga nas monterías, impón as multas que lle parece  e, cando os lobos son mortos nas cordas, a el lle tocan.
   As corridas son xente que sae tirando tiros e berrando para que os lobos fuxan cara as cordas.
   Os fumazos son lumes que anuncian o comezo das monterías.
   As armadas son sitios onde se poñen homes con armas de fogo dentro da manga a uns mil pasos das cordas. O comezar as monterías a xente das cordas está rara; pero o ir avanzando as corridas cara as cordas, vaise poñendo mesta xa que se corre para adiante.
   Ten obrigación de concorrer ás monterías unha persoa de cada casa, sendo home onde hai home, e muller onde son todas mulleres.
   Se no fai o monteiro maior  pódelle botar unha multa de un a cinco pesos. De comezalas monterías, tanto os homes coma as mulleres, que non o fagan cara os lobos ou se retiren dos cordóns son multados.
   Os homes, agás os das armas de fogo e algúns outros que van con armas de fogo, levan fouces ou colmeiros; e as mulleres, fouces ou colmeiros tamén.
   Non pode haber dúas mulleres xuntas, senón entre homes".


De esquerda a dereita, e xente recoñecida: Jesús do Salvador, Daniel do Campo dos Novos, José do Barreira, Jesús do Enrique, Eulogio do Chao do Covo, o Sr Alcalde D. Pedro Carreiras, Gerardo, .... 

http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?idImagen=11907017&path=1171130&idBusqueda=420&presentacion=pagina&posicion=9


    A Fraga das Vigas dende Pena Montol. 
  
   O lugar dos Agros o fondo, e máis aló a Fraga Vella.

Débese destacar que se encontran varias referencias relacionadas con lobos e Labrada; nas que se menciona a gran cantidade de lobos espallados polos nosos montes. Como exemplo para que se vexa o número de lobos que pode chegar a haber nas montañas de Labrada, faremos constar que nunha montería celebrada en maio de 1927, foron mortas sete de ditas feras.
Debido a gran cantidade de estes animais, fixéronse monterías os días 9, 10, 11, 12 de abril de 1938 nos montes de Toxoso e Fraga das Vigas. Concorreron e alas as parroquias de  Montouto, Labrada, Romariz, Fanoi, Candia, Castromaior, San Simón da Costa, Samarugo, a aldea de Estelo e outras xentes de outros municipios. 
Nunha de esas monterías matáronse tres raposos e teríano sido tamén catro lobos; pero estes, debido a néboa, puideron romper o cordón feito pola parroquia de Samarugo, non sin que unha das feras non fose ferida no lombo con unha forquita.
A manga formárona uns 120 homes e mulleres, os cales estiveron tan ben dirixidos que se movían matematicamente. Dirixiu a batida Angel Grandio, de Labrada, montero maior de Abadín, seguindo as indicacións do valente e veterano ex montero maior , D. José Pedreira, o Pepe dos Agros, quen, a pesar dos seus 78 anos de idade, presentouse armado de unha forte forquita.
Rematada a montería do día 12, por indicación do Pepe dos Agros celebrouse un aplazo, montería improvisada sin cordas, na Fraga da Moradoira na parroquia do Pereiro, dando por resultado a morte de unha loba e dous zorros. 
A cabeza do lobo e da loba foron colocadas nun poste.

    A fraga e a casa das Vigas.

   O lugar de As Vigas.

Son moitos os contos de lobos que chegaron os nosos oídos contados por cazadores. Contos que nos traían pas nosas lareiras unha pavoría, transmitíannos unha sensación de roxelo e odio cara un animal que vive como sempre viviu e onde sempre viviu. Penso que somos nos os que lle impedimos vivir de acordo as súas leis de can salvaxe.
Non me esquecerei da montería a que fun que se fixo nos montes de Labrada, Fanoi e Castromaior, sendo eu rapaz. Recordo que se matara un lobo nos que son hoxe montes de Castromaior, nun porto que había no río Arnela, en fronte do Castelo Grande. Alí veu morrer un lobo, que se non recordo mal, matara o Antón María. Recoñezo que sentín mágoa polo lobo. Pero o que non chego a entender, aínda hoxe; que moita da xente que alí había liábase a darlle unha malleira o lobo cando xa estaba morto. A rabia que as xentes transmitiron en ese momento, se fosen lobo, seguro que botarían escuma pola boca, entón eu pregunteime; en que nos diferenciamos deles?
Véñenseme á memoria vellos cazadores que no seu tempo saían de mañanciña os conexos, as lebres, os furóns; homes amantes do seu deporte que non entende de choiva ou frío. O Daniel do Campo dos Novos, Civil, Antón María, Pardela, Pepe do Ánxel, o Morto, Veiguello, o Cura vello. E tamén pode que a volta, pola noite, nos contaran os moitos tiros que tiraran a animais cheos de sorte.
   28/04/1934. El Pueblo Gallego.
   "Todo este último invierno han ocasionado en los términos de Abadín, especialmente en las parroquias de Labrada y Romariz, graves perjuicios a los labradores, las manadas de lobos que recorren grandes distancias, destrozando los ganados en una zona que alcanza desde Aguajosa, en el Ayuntamiento de Riotorto, Bretoña en el de Pastoriza y Abadín, sin que los labriegos encuentren medios eficaces para librarse y librar sus ganados de las garras  de esas fieras que les matan vacas, caballerias, ovejas y cabras que se crian en las montañas y sierras  de los tres municipios.
   En las noches del viernes al domingo (del 19 al 22 de este mes) en la parroquia de Romariz, mataron cuetro caballerias y dos vacas.
   Los montañeses que tienen toda su riqueza ganadera en los montes, están alarmados por los destrozos que les causan las manadas de lobos que pueblan los campos de la montaña. Hace pocos días que mataron cuatro de esos animales dañinos; pero son tantos los que hay, que no pueden evitar que las pérdidas continúen en sus ganados.
   Aseguran los labriegos que las guaridas de esos carnívoros, son las espesas y casi impenetrables selvas de la Fraga de Rioseco, en los términos de este municipio y Pastoriza.
   Es necesario que las autoridades de los cuatro Ayuntamientos, Mondoñedo, Pastoriza, Riotorto y Abadín, organicen batidas, a fin de exterminarlos.
   ¿No se paga un impuesto para combatir las plagas del campo? Pues, ¿esta no es una plaga y de las peores? Reclámese al Estado algunos recursos de esta partida y organícense batidas y páguense guardias armados que vigilen y defiendan los ganados de las fieras que los destrozan en gran cantidad.
   Se concentran fuerzas para perseguir un malhechor o un cazador furtivo, y no se crea la guardería rural para la defensa contra los animales dañinos; y si esto no se hace, que sería lo más eficaz, que los cuatro municipios organicen monterias para exterminar a esos lobos que campan libremente, sembrando el terror entre los campesinos y la ruina en sus míseros hogares".
   19/05/1965. El Pueblo Gallego.
   "En el lugar de Labrada y en el monte Tremoal, habitaba una partida de lobos que causaron tremendos destrozos en la ganadería. Sin ir más lejos, hace tan sólo unas horas devoraron cuatro potros.
   El Gobernador civil autorizó una batida en la que intervinieron, además del Alcalde de Abadín, fuerzas de la Cuardia Civil y vecinos de varias parroquias de aquel Ayuntamiento. Sólo durante la mañana se ha conseguido dar muerte a dos alimañas. Una de ellas un lobo de 65 kilos, y otra loba en estado de gestación, con cuatro crias dentro.
   Es posible que esta cacería se repita, porque todavía tiene que quedar por ahí algún lobo más suelto".
 Se pesaron o lobo dun xeito correcto ... foi unha boa caza!

Agosto do 2015.

Por mor dos numerosos ataques que nos montes de Labrada e parroquias veciñas ven producindo o lobo, celebrouse unha montería o domingo dous de agosto do ano en curso nos montes de Labrada, Montouto e Romariz. Foi unha montería moi concorrida tanto de cazadores como de xente pa afalar nos cordóns. Veu xente das parroquias de Estelo, Pereiro, Montouto, Quende, Abadín, Candia, Fanoi, Cabaneiro, Castromaior, Corbelle, e Samarugo.  
Os cazadores xa estaban nos seus postos as nove da mañá, organizados polos cazadores máis veteranos, como presidente do coto de caza, o Fieitiña, O Oscar dos Currás e o seu irmán Rubén, Miguel do Chao do Outeiro, tamén o Dourino da Casa Vella e o seu fillo José Manuel, entre outros. Tamén participaron outros cotos e outros cazadores de fora na organización, como o José Antoño do Cándido do Mariano. A esa mesma hora que tamén empezaron os cordos que saían de Fanoi afalando cara os montes de Labrada, tamén polo camiño foise xuntando xente de Labrada, dos barrios de Tivian, Barral e Caveira; eran as once cando chegaron as xentes dos cordóns os chaos de Veiga Rubia e deuse por remada esta primeira montería sen nin tan sequera ver un lobo. De seguido fomos para as Costas do Sol, dende Pedrido ata Marzán, os das corridas non deixaron de berrar para escorrentar o lobo cara as escopetas, pero todo foi en balde. 



Fotos de Testelo e Cerdeira, As Costas do Sol e Espita Bella, Río Pedrido e o Coto do Cadramón.
O remate xa era hora do xantar e, no chan da Cabalar, ao pé da pista que baixa cara as casas das Vigas, montouse un gran merenda na que participaron todos os monteiros. Fíxose como se fixo sempre e como se aprendeu dos máis vellos, todo era de todos, os que non levamos xantar non pasamos fame nin sede. Era unha sensación tan normal, esa sensación estábao a converter nun feito moi agradable. Tamén é certo que nos comentarios escoitábase certa frustración xa que non saíra aínda ningún lobo.


    Foto 1_ O fondo xente de Cabaneiro, e diante Damiana, Gabriel,Oscar, Rubén, Miguel, detrás seu irmán Emiliano, José Manuel e Dourino.

Pasaba algo das tres cando os veciños de Estelo empezaron a pegar berros e tirar fogos dende o Curro do Bispo e da Fraga Vella cara a Fraga das Vigas, na recosta que da contra o Tremoal, sitio onde teñen os seus postos os cazadores. Aquí eran pasadas as cinco, e tamén sen o cobizado premio, rematamos as monterías na nosa parroquia.

    Foto 2_ Xente das corridas camiño dos seus postos.

Pa rematar o día fomos ata a veciña parroquia de Galgao, onde tamén o lobo fai das súas fechorías, puidéronse ver, pero tampouco quixeron entregar o pelexo.

Se nos cinguimos o feito de para que estaba destinado o día, foi un moi mal día, se pensamos máis aló, por un día traballouse en comunidade, sen egoísmos, entregando cada un a súa boa vontade.


   Foto 3_  Emiliano, Miguel e José Manuel, o fondo, cazadores de Castromaior.

   Foto 4_ Veciños de Estelo.

    Foto 5_ Veciños de Fanoi, Labrada e Pereiro repoñendo folgos.

   Foto 6_ Veciños de Castromaior e Corbelle.
                                       
    Foto 7_ Xente participando nas corridas. Diante, o Julio de Gontán.



    Fotos 8_ A Fraga das Vigas e Pena Montol na vertente norte.

 

   Usando a cabeza.


                  Antigos exemplares de ratoeiras.
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario