luns, 26 de xaneiro de 2015

As penas.


                                                        A R G.
Iniciales de Angel Rouco Grandio, Pedra do balado de xunto a igrexa. As iniciales foron picadas polo Anxel.


Pedra picada atopada no balado do adrio.

Fermosas formas nas rochas feitas o amparo do tempo, tempo quizás milenario, tempo quizás sen presencia humana coñecida, tempo intemporal.As fotos foron feitas en Pena Contreira, Penas do Castro, Penas do Sota e Pedrouzo.

 
Penas do Castro, fronte o barrio de Xuadento, en Labrada. A foto foi sacada no ano 2013, e tamén está publicada no Blog " O noso Patrimonio".  Ten as erosións típicas de unha rocha asentada horizontalmente e sen embargo asemella levar en posición vertical moitísimo tempo. É indiscutible que mirándoa ten unha linguaxe e unha expresión inquietante.

Unha pedra fosilizada no medio dunha pena.



   Pena Montol.







    Penas no monte do Cordal.


A Pena do Corvo. Preto de Pena Contreira. Nela ano tras ano aniñan os Corvos.

     Pena preto da Cabana do Capitán.

Pena Contreira dénde as Penas do Castro.

Pena Contreira.

Unha das penas que forman o núcleo rochoso chamado "Penas do Sota", nela vése con claridade que lle falta un cacho e tamén parte do furado usado para meter a mecha, por mor da explotación usada para facer as casas da zona. O fondo a esquerda podemos ver os barrios do Carvallal e Chao do Covo e a dereita a parte este do barrio do Cordal. Ano 2018.

As penas do Castro.

Desde o Pedrouzo vemos a Pena Contreira o fondo a dereita, as Penas do Castro e esquerda e no medio as Penas do Sota.

    O Pedrouzo.

 
Penas nas Valiñas da Ovella.
Na última foto vemos que un canteiro non acabou o seu traballo.
 

 A Pena Grande. 
Mole granítica que sobresae no medio do pastizal do mesmo nome no barrio do Barral. Eríxese coma se fose un marco que quere dividir non se sabe moi ben o que. 
Na última foto pódese ver os restos do furado de unha barrena que serviu para partir a pena e, aproveitala para facer unha casa ou unha palleira.