mércores, 24 de xaneiro de 2024

A pedra de Toxoso.

 
    Foi moita a pedra que o noso monte de Toxoso nos regalou, foron moitos os carros que transportaron esa pedra e moitas as mans que a traballaron para facer, entre outras cousas, as nosas casas e palleiras. Os entendidos opinan que é un granito de boa calidade e que deixa traballarse ben. Eses homes que poñían os ollos na cantería e coas rudas mans e dedos esmagados debuxaban as pedras para darlles forma segundo as necesidades, eran os escultores nunca recoñecidos e pouco valorados.
   Unha das persoas que traballaron a pedra dos nosos montes era D. Ramón Martinez Insua. Home moi ligado a vila de Mondoñedo; foi concelleiro e no ano 1916 nomeado alcalde. Tamén era arqueólogo, e mestre de pintura e escultura. Da faceta de escultor ven a súa relación coa pedra granítica dos montes de Toxoso.
   Corría o ano 1888 cando esculpiu a imaxe de Sta. Catarina para o Seminario de Mondoñedo, como mostra deste feito achego a seguinte nova:

   06/01/1889. Galicia diplomática: reviste de archivos, bibliotecas, historia, ...
   "Noticias que nos comunican de la ciudad de Mondoñedo nos llenan de regocijo con una nueva esperanza para las glorias artísticas de Galicia.
   Según ellas, (y son autorizadísimas), el Sr. D. Ramón Martínez Insua, modestísimo cuanto inteligente artista, suscriptor á Galicia Diplomática, ha terminado una nueva obra, notable por diferentes conceptos. Consiste esta, en una estatua colosal, para altura, representando á Santa Catalina. El Excmo. Sr. Obispo do Mondoñedo, propuesto arzobispo de Santiago de Cuba, Sr. Gós y Macho, (también ilustre suscriptor de esta humilde Revista patriótica) proyectó las obras de un segundo cuerpo en el palacio del Seminario; y al terminarse el gran ático de la fachada se colocará de remate la referida escultura.
   Mide esta imágen, construida de granito especial fino llamado de la cantera de Tojoso, dos y medio metros apróximamente y es apreciada por los inteligentes como muy entendida obra, y por los hijos de Mondoñedo con mucha estima por cuanto uno de ellos, el Sr. Martínez Insua, acaba de darse á conecer como artista en trabajos de este género dificil en los efectos de la perspectiva.
   La prensa local de Mondoñedo tributa, con este motivo los merecidos lauros al artista, y nosotros por nuestra parte no solo le felicitamos sinceramente, sinó que suplícamos para él todo apoyo para abrirle con mano franca y protectora los difíciles caminos del arte".
 
Imaxe de Sta. Catarina na parte superior da fachada do Seminario de Mondoñedo.
 Imaxe cedida por Andrés García Doural, administrador de "Miscelania Mindoniense".