luns, 3 de abril de 2023

Luns emotivo. Contigo.

 

 
Eu non quero un amor civilizado
Con recibos e escena no sofá
Eu non quero que viaxes ao pasado
E volvas do mercado con ganas de chorar.

Eu non quero veciñas con pucheiros
Eu non quero sementar nin compartir
Eu quero catorce de febreiro
Nin aniversarios feliz.

Eu non quero cargar coas túas maletas
Eu non quero que elixas o meu xampú
Eu non quero mudarme de planeta
Cortarme a coleta, brindar á túa saúde.
 
Eu non quero domingo pola tarde
Eu non quero randeeira no xardín
O que eu quero corazón covarde
É que morras por min.

Eu non quero xuntar para mañá
Nunca souben chegar a fin de mes
Eu non quero comerme unha mazá
Dúas veces por semana, sen ganas de comer.

Eu non quero calor de invernadoiro
Eu non quero bicar a túa cicatriz
Eu non quero París con chuvieira
Nin Venecia sen ti.
 
Non me esperes ás doce no xulgado
Non me digas volvamos a empezar.

Eu non quero nin libre nin ocupado
Nin carne nin pecado nin orgullo nin piedade
Eu non quero saber porqué o fixeches
O que eu quero rapaza de ollos tristes
É que morras por min.

E morrer contigo se te matas
E matarme contigo se ti morres
Porque o amor cando non morre mata
Porque amores que matan nunca morren.
 
                                                  
                                                                                                  J. Sabina.
    https://youtu.be/GXAkzb4XT14