luns, 26 de outubro de 2020

Os proxectos ferroviarios en Abadín


    Para situarnos no tempo, expoño isto a finais do ano 2020, concretamente roldando as datas da feira de Santos.
   Analizando a información  e os acontecementos que xorden no tempo, e que non deixan de amolar a razón que un sente pola terra que che fai seguir; atopámonos coas posibilidades que puideron facer medrar o noso concello, e que foron xurdindo co paso do tempo. Xa non só o concello, tamén toda a Terra Chá, e esa outra terra tan esquecida que ve saír o sol cando quenta e alumea todo o Xistral.
   Fagamos un exercicio de imaxinación, complicado polo tema da proposta pero útil e necesario para espertar certas inquedanzas.
  Nese exercicio, tamén sono, vemos un ferrocarril que uniría a mariña coa Terra Chá, forzosamente pasando polas terras de Abadín, facendo medrar, aínda que non quixeran, as nosas parroquias, á feira de Gontán, o concello e as nosas vidas. Imaxinemos un parque empresarial que sería o eixe principal da nosa feira, na que tería acollida unha industria xurdida dos traballos e froitos da comarca. Situación que facilitaría o asentamento da xente hoxe espallada por aí adiante. E que a día de hoxe, apuxada polo seu propio impulso, tería un peso moi grande na economía local empuxado pola gran cantidade de parques eólicos da zona e o que todo iso podería xerar, ....
   Pero non se fixo fai case 100 anos, non se fixo fai 30 e pode que, pola costume, nos custe imaxinar facelo agora!
 
   Ano 1883. Varios diarios. 
   O longo do ano 1883, cítanse varios proxectos da construción do ferrocarril que una a costa norte de Lugo co que ven de Madrid a A Coruña. As alternativas eran, ben dende Rábade ou Baamonde, e con remate en Ribadeo. Sempre pasando por Abadín e citando a feira de Gontán pola súa importancia gandeira; sen esquecer a feira da "De monte" en Cospeito.
 
   23/08/1886. El lucense.
   "Los terratenientes cuyas fincas han de ser expropiadas en los distritos de Abadín, Castro de Rey y Cospeito para la construcción de las obras de la segunda sección, trozos 3º,4º,5º de la carretera provincial de la Estación férrea de Lugo a Gontán, pueden presentarse dentro del término de ocho días ante el Alcalde de sus respectivos distritos a hacer la designación de perito que les represente en las operaciones de tasación; pues de lo contrario se entiende que se conforman con el nombrado por la administración".

    24/08/1904. El norte de Galicia.
    "... unir la proyectada línea ferroviaria de la Costa con la que une Madrid a La Coruña por otras transversales; debiendo partir una, desde Pozo Mouro, acercarse a Lorenzana, atravesar el Masma por donde pudiera mejor ganar la altura del Convento de los Picos y de la Infesta, con lo que Mondoñedo quedaría servido; acercarse a la importante feria de Gontán, en el distrito de Abadín, cruzar la Tierrallana al Puente de Otero y terminar el Lugo".... 

    Ano 1925. La Voz de Galicia.
    Outro pulo que se lle dera o proxecto do citado tren foi no, aló polo mes de abril do citado ano. Nunha das columnas de La voz de Galicia sae publicado un artigo que pon o seguinte:
"En primer lugar, que su coste no habría de ser tan elevado cual si se tratase de atravesar terrenos montañosos, como lo son la generalidad del pais gallego, pudiendo asegurarse que hasta la Xesta, perteneciente al ayuntamiento de Abadín, el terreno, aunque en ciertos puntos accidentado, es casi llano, de suerte que en todo este trayecto de 67 kilómetros, solo habría de como obra de consideración el puente sobre el rio Miño.
Lo más costoso sería la bajada de la sierra de Mondoñedo, 12 kilómetros, por las obras de fábrica que habrían de construirse, más puede asegurarse que hay de sobra material para ellas casi al pie de la obra, con la particularidad de que no es necesario ningún tunel, al menos por el estudio hecho por el Ingeniero Sr Rivera, bordeando la ladera Samordás-Fiouco...
... es formidable el número de auto-camiones que circulan por Villalba y Mondoñedo, procedentes de las Estaciones del ferrocarril de Lugo, Rábade y Baamonde para surtir Villalba, Abadín, Mondoñedo, Ferreira del Valle de Oro, Villanueva de Lorenzana, Foz y toda la marina de Ribadeo y aún más allá. Esto independiente del transporte de ganado para el embarque de la estación de Lugo procedentes de las ferias de Villalba, Gontán, Mondoñedo ...".
Incluso se constituiu en Mondoñedo un grupo chamado Comisión Pro-ferrocarril firmando un escrito de solicitude:
" ... se hace un recuento de los valores que atesoran los pueblos del Norte de Galicia.
Suscriben dicho documento los alcaldes de Mondoñedo, Vivero, Abadín, Barreiros, Cospeito, Germade, Lorenzana, Orol, Valle de Oro, Villalba, Alfoz, Cervo, Foz, Jove, Muras, Otero de Rey y Puentes de García Rodríguez y otras significativas personas".
Destacar que o concello de Abadín comprometíase a facer unha aportación de:
"El de Abadín con doscientas mil pesetas en metálico, la expropiación de los terrenos necesarios para la vía y estaciones y material para éstas, dentro del término municipal".
 
   No periódico La Correspondencia de España y Extranjero, na páxina 4, con data do 29 de maio do 1925, publicouse o seguinte artigo:
   O ferrocarril Marín-Ribadeo.
   "A comisión encargada de facer os traballos para conseguir a realización do proxecto do ferrocarril  Marín-Ribadeo, que tanto interesa a Galicia, especialmente á provincia de Lugo, accedeu á información aberta polo Consello Superior de Ferrocarriles, presentando un informe que é a síntese das aspiracións da provincia, e que demostra dun xeito claro e terminante as vantaxes desta liña férrea que fai ben os centros produtores e, como consecuencia, os consumidores dunha grande rexión que anhela á construción desta liña desde 1860.
   Non é preciso poñer de relevo a importancia agrícola e industrial do territorio comprendido entre Mondoñedo e Vilalba, que será atravesado por este ferrocarril.
   A liña férrea percorrerá  de 95 a 100 quilómetros, pequena distancia, que será o suficiente para que poidan comunicarse os pobos seguintes:
   Ribadeo, Espiñeira, A Devesa, Rinlo, á comarca de Cabarcos, Barreiros, Foz, portos e pobos deste concello, Vilanova de Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Cospeito, Castro e a comarca da Terra Chá. Acadará o benefício a uns 140.000 habitantes. Nesta zoa celébranse 732 mercados e 534 feiras. O tráfico actual acada a unhas 100.701 toneladas. A poboación agrícola componse de 24.00 familias, repartidas en 229 parroquias, pertencentes a 18 concellos.
   Isto ben chega para probar rotundamente á necesidade da construción do ferrocarril a que nos referimos, co cal fará o goberno unha gran obra patriótica, e que aparte valerá para mudar unha rexión que hoxe encóntrase a dous dedos da ruína, nun venero de riqueza".
 
    18/08/1925. Renovación.
    "La Comisión pro Ferrocarril de Mondoñedo dió en estos días evidentes señales de actividad y acierto en las gestiones que realizó primero en el balneario de Mondariz ante el Presidente del Consejo de Ministros y luego en La Coruña.
El día 10 del actual salió para Mondariz una comisión integrada por los señores Agrelo y Balsa, Presidente y Vocal respectivamente de la Comisión Gestora pro Ferrocarril, y los señores González Redondo, Alcalde de Mondoñedo; Novo, Alcalde de Villalba; Rivas, Alcalde de Abadín; Puente, Alcalde de Muras, Román Sillo, Secretario y representante del Ayuntamiento de Germade; Rico y Lozano, Alcalde y Secretario, respectivamente, del Ayuntamiento de Lorenzana; Paz y Fernández, D. Ramón, 1º y 2º Teniente Alcalde de Barreiros; Couto y Leitón, Alcalde y concejal de Foz; Carrera, Anllo y Anllo don Gerardo, Primer Teniente Alcalde, Depositario y Secretario de Cospeito. Causas imprevistas impidieron llegar a Mondariz a los representantes de los Ayuntamientos de Vivero, Orol, Jove, Cervo, Trabada, Alfoz y Valle de Oro.
El día 11 a la una fué recibida la Comisión por el Sr. Primo de Rivera en el gran Hotel Peinador...".