xoves, 24 de xullo de 2025

Xoves emotivo. Unha cama.

 

... unha cama e o seu momento, adoita converterse nun lugar no que as emocións apodéranse da razón e converten esa situación nun momento único, condicionado pola causa ou orixe. 

   En situacións así, dúas persoas pluralízanse e convértense en tres; nosoutros, ti e eu. Achegando libremente cada unha delas o seu ego máis íntimo para converter ao receptor no seu cómplice e confidente. Derrotando rubores e á vez creando camiños que crías andar, e talvez si, seguro que si os andaches noutro momento e noutro lugar, pero un recoñece que os camiños son tan variados como as metas e os acompañantes ....