xoves, 6 de decembro de 2018

O Camiño Real


                   O Camiño Real a día de hoxe, xaneiro do 2019. O fondo o Cristo do Chiquito.

    Os camiños que hoxe percorremos son os mesmos que percorreron os nosos antepasados, os mesmos que permaneceron a través do tempo ata a actualidade, polo tanto, podemos imaxinar que pisamos rastros de outras pisadas e construímos pisadas para que outros nos sigan. Son os camiños polos que circularon os primeiros pobladores, fai uns 7500 anos, no periodo neolítico; e posteriormente nas etapas castrexa e romana ata chegar a idade media cos chamados camiños mediavales, posteriormente, xa no século XVIII, os máis importantes adoitaron o nome de camiños reais. Co facer de cada unha das culturas que poboaron a nosa terra, foran axudando a costruir e mellorando, sempre condicionados pola época e tipo de sociedade na que vivian, as infraestructuras que deixaran os predecesores camiñantes.
   Cando o 10 de xunio do 1761, no reinado de Carlos III aparece o Real Decreto expedido para hacer caminos rectos y sólidos en España; a finalidade do citado decreto era facilitar o comercio e o servicio de correos, aproveitando os camiños existentes. A denominación que se lles ía a dar era "Camiño Real". Se llama el más ancho, principal, fácil y cursado de los pasajeros, y el más público: y por eso tiene obligación las Justicias de tenerlo llano, y compuesto, y en partes empedrado. Llámase Real, porque es público, o guía a parajes grandes, y se camina por él con gran conveniencia.
   Os primeiros camiños reales foron aqueles que, saindo de Madrid, comunicaron a capital con A Coruña, Cádiz, Valencia, Barcelona e a Francia pola Jonquera. Pouco máis tarde, no 1851, os camiños reales foron clasificados en: generales, transversales, provinciales e locales. Para cada categoría dependía das poblacions que unían. Por norma xeral estos camiños tiñan un ancho adecuado a circulación de dous carros en ambas direccións, a distancia medíase por leguas, distancia que percorre unha persoa andando ou da cabalo nunha hora.
   O Camiño Real que atravesa a nosa parroquia, unía as cidades de Mondoñedo, (capital da provincia do mesmo nome no Antiguo Reino de Galicia 1550-1883 e sede episcopal) e Ferrol, (cidade portuaria que no século XVIII comeza o seu auxe coa construcción do Arsenal Militar e o nomeamento de Capital del Departamento Septentrional); sentido nacente - poñente. Entra na parroquia de Labrada, deixando Romariz atrás, polo lugar da Tumba; seguindo camiño a poñente pasamos polos lugares de Foxo Cabrito, Chao da Grade, Cristo do Chiquito, Casa Vella, Campo de Verdes, Paraños e chegamos o Campo dos Novos, onde cruzamos a estrada que une Gontán e Ferreira do Valadouro. Aquí segue dirección poñente e subimos a Besta, O Calvo, Coto da Capilla, Pena Parda, Valiña de Gradís, Campo Zarramallón, Seixos Albos e Fonte do Esterco xa limitando con Montouto. De aquí chegamos a Arca, as primeiras casas da parroquia de Montouto e déixase a estrada; collendo a esquerda subimos polas Pedreiras, Legua do Carro e Pedreiras de Arriba, xa chegando a Pena da Cadeira.


    O Camiño Real o seu paso por Paraños, Campo dos Novos, A Besta .... 04/2010.

                         Leguario marcando o camiño no Chao da Pena da Cadeira. 12/2018

   Podemos decir que todo ou case que todo o traxecto, desde o Campo dos Novos ata a Arca, a estrada seguiu o traxecto do Camiño Real, seguindo coa costume de aproveitar os traxectos máis antigos.
   Unha das grandes ventaxas que acarreou o camiño foi o transporte de mercadurias, posibilitando así a chegada de novos productos as vilas e as aldeas e tamén máis cantidade, abaratando os custes destes productos cara o consumidor. Tamén xurdiron as veiras do camiño unhas novas necesidades, entre elas pousadas e ferreiros. Tamén xurdiu a chamada arquitectura e cultura da neve.
   Relacionada con esta nova forma de traballo xurdiron o longo, e sempre preto, do Camiño Real as neveiras. Construccións feitas nas ladeiras dos montes e de cú o sol, e xeralmente en altitudes que rondan os 900 metros. Que se saiba no camiño que atravesaba o norte da provincia de Mondoñedo están catalogadas catro neveiras: a de Labrada, Montouto, San Simón (Monseibane) e Lousada.
   Referíndonos a Neveira de Labrada, está situada a unha altura de uns 900 metros. Construcción da que ainda queda a furada e restos das paredes laterais, feitas de pedra. Mide uns 3 metros de ancho por algo máis de largo, e aparentemente non asemella que fora moi fonda. A Neveira de Labrada dista da Pena da Cadeira, onde vira o Camiño Real cara o poñente, preto dun kilómetro. Recórdase un camiño de carro que unia os dous puntos e que serviría para transportar o xeo ata o Camiño Real, ainda que non exclusivamente para este mester.


Leguarios na Boca da Amosa, por donde pasaba o camiño desde a Neveira de Labrada ata a Pena da Cadeira.


    A Neveira de Labrada vixiando as primeiras augas do Rio Labrada, o fondo. 12/2018

    Fotos do interior da Neveira de Labrada. 12/2018

    A Neveira de Labrada vista desde a Pena da Cadeira. 1/2019.

    Vista da Pena da Cadeira desde a Neveira de Labrada. 1/2019.

   Máis preto do Camiño Real que a de Labrada, está a Neveira de Montouto. Dista uns 500 metros da Pena da Cadeira. Ainda hoxe se pode ver o camiño que une a Neveira co entorno da pena. Esta construcción está moito mellor conservada que a de Labrada ainda que con moito máis toxal no seu entorno. Tamén con moita máis capacidade de almacenaxe, pode ter uns 5 metros de fondo no sitio máis baixo.

    A Neveira de Montouto.

 Chao da Pena da Cadeira, camiño que une a Neveira de Montouto co Camiño Real. 12/2018

   https://www.youtube.com/watch?v=ivfH0qnPcbs

   Pode que a Pena da Cadeira fora punto de confluencia onde se arranxaban as mercadurías que se transportaban. Aparte o significado toponímico do lugar non deixa lugar a duda. Podemos ver, si o clima o permite, fermosas vistas en todas direccións.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
   Para poder entender esta nova forma de traballo, invito a ler o traballo feito por  Yesmine Seijas Álvarez (Licenciada en Historía da Arte) e Sofía Paleo Mosquera (Arquitecta) no libro A Neveira de Lousada no Camiño Mondoñedo- Ferrol, pasado presente e futuro; e tamén pubricado pola revista Hume Revista de Estudos Históricos Locais no seu número oito, e que aquí publicamos algúns párrafos:

Así pois, tendo en conta a súa totalidade e comezando por Mondoñedo, este
discorrería polos lugares de Romariz, Labrada e Montouto, en Abadín, para
continuar por San Simón da Costa e Vilapedre, no termo de Vilalba; entraría
logo en Xermade por Lousada e sairía por Roupar en dirección a As Pontes;
despois atravesaría Espiñaredo e Ponte Xubia, para finalmente chegar a Ferrol.

 ....................................................................................................................................

Vieiros deste tipo actuaron como soporte da actividade comercial dende
época medieval. E neste caso, a vinculación das neveiras co camiño non é
casual; as fontes orais constatan a existencia dun comercio do xeo que tería
como destino o porto de Ferrol, subliñando a dificultade do seu traslado
dende Lousada e as parroquias lindantes.

Non foi a obtención de xeo a partir da neve un labor exclusivo desta zona,
nin tan sequera de Galicia, senón que se tratou dunha práctica amplamente
estendida na Península Ibérica fundamentalmente a partires do século
XVI -coa chegada da Pequena Idade Glacial- ata ben entrado o século
XIX. Concretamente en Galicia, a explotación da neve parece que estivo
estreitamente vinculada co Císter; tódolos datos indican que a partires do
século XII (Sampedro, 1999), foi esta orde relixiosa a promotora de gran
parte das neveiras esparexidas por Galicia, cuxa maior actividade se acadou
no século XVII.

................................................................................................................................

Seguindo a tendencia dominante nas construcións da neve en Galicia,
aparecen a altitudes arredor dos 800-900 metros, preto dalgún cume, e
adoptando unha orientación norte.
Debían ser construcións máis ben modestas, semisoterradas na pendente.
Todas presentan características moi parecidas, se ben o estado de abandono
das mesmas e a persistencia da maleza nalgún caso, impiden establecer unha
comparativa en profundidade. Seguen formas rectangulares -se cadra a de
Labrada é algo máis ovalada, parecendo incluso aproveitar alguhna oquedade
natural do terreo-, e conservan en maior ou menor medida os muros de
mampostería de pedra conformadores do pozo. Quizais sexa a neveira de
Montouto a que mellor se conserva das tres, ou cando menos, na que o pozo
parece manter a súa integridade.

................................................................................................................................

O funcionamento da neveira producíase no inverno, momento no cal se
orixinaban as principais nevaradas do ano. Durante este tempo, o encargado
de poñer en marcha a neveira tiña que encargarse en primeiro lugar, de
conseguir o maior acopio de neve para poder gardala na neveira e a
continuación, pisala ata convertela en xeo. Este traballo requiría un gran
esforzo posto que o ideal, era obter laminas de xeo de arredor duns 50 cm
separadas por capas de palla que funcionasen coma illante e facilitasen ao

mesmo tempo, o posterior traslado. Ao longo deste proceso, era habitual
que se producise un certo desconxelamento destas placas de xeo e por iso,
as neveiras tiñan unha lixeira inclinación no chan e un pequeno desaugue
situado na súa base para que puidese saír a auga resultante. O traslado deste
material cara o porto de Ferrol producíase durante a noite, evitando así
acuciar o desxeo das placas (Riveira, 2013: 251) .


Un dos capítulos máis descoñecidos da historia económica de Galicia é o da cultura vinculada á explotación e comercio da neve e do xeo e a existencia de neveiras que, en diferentes puntos da nosa xeografía, e nun estado bastante precario ou incluso totalmente ocultas, aínda se conservan. Aínda que a conservación de neve para refrixerar alimentos e bebidas e para a súa venda existiu desde a antigüidade, constátase que foi unha práctica que floreceu entre os séculos XVI e XIX, en especial durante a chamada Pequena Idade Glacial.

Facíanse capas duns 50 centímetros, separadas por láminas de palla para poder cortar mellor os cachos de xeo que logo se transportaban en cabalerías con destino ao porto de Ferrol, normalmente de noite para conservalo mellor.

   O 16 de xaneiro de 1746, a Junta de Reino suplicou ao rei que ordease que os concellos se encargasen do coidado dos camiños, dando as ordes necesarias para reparalos e ensanchalos. Vexamos a carta: Sacra Real Magestad. Señor, es tan general en este Reino el desorden de los caminos y beredas reales, que aziéndose en las más partes de él poco menos que yntransitables tanto por lo pantanoso como por la hestrechés / a que les redujo la ambición de los dueños de heredades pegadas a ellos, que no puede remediarse este gravísimo ynconveniente, en que Vuestra Magestad se ynteresa mucho por la dificultad que allan los correos, sino suplicando el Reino a Vuestra Magestad se digne espedir su real zédula a los ayuntamientos, para que respecto éstos nombran cada año un rexidor comisario de polisía, tengan a su cargo el cuidado de los caminos, dando todas las providenzias necesarias a su formal reparo / y aziéndolos ensanchar asta la capazidad de quatro varas”. Se le hace saber al rey que, aunque en la real instrucción de los intendentes les previene de este encargo de cuidar de los caminos cada ayuntamiento, no se consiguió el “importante fin que se deseaba”. Pero como los dueños de las propiedades junto a los caminos recurrían la medida de ceder terreno para ensanchar los viales, se le pide al rey que dé “amplia facultad.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
                                         
                                          Viejos caminos sin gente.

   Hay pocas gentes que sientan simpatia por los caminos viejos. Eduardo Marquina, en uno de sus poemas, piensa con mucha delicadeza y emoción en el primero que los abrió. "Fué un mozo que pasaría por aquí cantando - la hierba no miraría que pisaba andando, - la guija que se salía de su pie saltando". Uno piensa con algo menos de ambas cosas en el que los cierra.
  Recuerdo un camino viejo, tan viejo y hondo, que las raices de los árboles que le daban sombra se retorcian en el aire a uno y otro lado. Era impresionante ver navegar los ataudes de los muertos hacia la iglesia por aquella corredoira empinada y profundaa.Un día, después de muy pocos años, ya no pude pasar por él. Estaba cegado. Cegado de sombras y de miedo a los difuntos, todo erosionado por las avenidas del invierno..
   Los aldeanos abrieron otro por tierras altas y abiertas, dando un enorme rodeo, a través de searas de centeno y patatares.
   ¿Quién sería el último en pasar por este viejo camino de muertos?
   Es triste la suerte de los viejos caminos abandonados. Menos mal, sin embargo, cuando se pierden totalmente, cuando dejan de ser caminos, y, a fuerza de hundirse, como el que mencioné, se convierten en regatos invernizos, alegres de aguas bravas y jóvenes. Lo malo es cuando quedan en caminos parados, en caminos sin gente, abandonados, solos.
   En Galicia hay muchos de estos. Al abrirse las carreteras, al desmoronarse los monasterios, al perder el rango de antiguas ferias, fueron ellos quedando sin gente, solos, con sus cruces mutiladas, con sus puentes derribadas, con sus fuentes cegadas, y unas hierbas más tristes que el olvido creciendo sobre su pecho.
   Uno de estos caminos es el viejo Camino Real de Mondoñedo a Ferrol. Pasaba entre las sierras del Cadramón y el Xistral   al N. y el Cordal de Toxoso al S. atravesando las puentes de García Rodriguez donde se bifurca a Ferrol y La Coruña.
   Yo no sé en que época se abrió, por que no me entusiasma pensar en su primer hollador. Los del pais cuentan que los correos de otro tiempo lo hacían de lucero a lucero. Yo tengo mis dudas. Es, desde luego, un camino heroico, de fuertes pendientes, solitario y de bellos y larguísimos horizontes. Hoy está cubierto de hierba y sólo se distingue por los mojones de granito que a un lado y a otro lo iban jalonando, de diez en diez metros, aproximadamente, para seguirlo en tiempos de nieve. Los tramos se marcaban por fuentes, rocas, oteros y cruceros: a Enfesta, Coro da Arca, Cristo de D. Lucas, Fonte Montouto, Cadeira, Penarredonda, Montemouro, Castelos de Requeixo, Fonte dos Cregos ....
   Del antiguo comercio de este camino sé apenas que por el circulaban el hielo de la Niveira de Labrada y Montouto hacia la ciudad departamental y la episcopal. Por él pasó en la primera mitad del XVIII el obispo de Mondoñedo Fray Antonio Alejandro Sarmiento de Sotomayor, el primer vicario castrense de Ferrol. En épocas más remotas, por el iba y venia, con su tropa de trastamares, el Conde de Traba y su mujer, a cumplir con el Santo Precepto en Mondoñedo, hasta que Gelmirez privó de este honor a la parroquial de S. Rosendo. a principios del siglo pasado, hacia el cuarenta, era frecuentado de milicianos y partidas carlistas. Estos conservan todavía los restos de su cuartel en la Fraga Vella. Luego lo fué solo de greas de caballos, de manadas de vaquitos de Gontán, de lobo y de vientos.
   El último que hizo este camino tengo para mi que fué Benedicto Moll.
   Benedicto era suizo y buscador de tesoros. En busca de una maravilloso estuvo en Santiago, donde le sucedieron estupendas aventuras. Aquí se encontró con Jorge Brow que le dió algunos cuartos. Fracasado en su empeño, se fué a La Coruña buscó el camino de Francia por el Real de Mondoñedo, donde se encontró con "una ciudad, ¡och! llena de canónigos, curas y frailes, todos más carlistas que don Carlos". Esto fué hacia 1840.
   Pero, como ya dije que los últimos viajeros de un camino me emocionan mucho más que los primeros, a este Benigno Moll le dedicaremos otro articulo un día cualquiera. Hoy quedé aquí, en el Camino Real de Mondoñedo, entre retamares y caminos de Francia.

Artigo de Aquilino Iglesias Albariño, publicado no diario "La Noche", o 15 de xulio do 1949.

.......................................................................................................................................................
    Recoñecer e agradecer o apoio e axuda de Antonio Reigosa Carreiras e de Antonio Riveira Requeijo, un de Zoñán e outro de Xermade. Foi de eles de quen me valín para poder comezar e ordear este traballo.
Bibliografia:
http://www.humehistoriaaspontes.com/uploads/4/0/8/8/40887849/revista_n-8_hume.pdf
 http://jesus-manuel.com/2015/10/31/los-caminos-en-las-actas-de-la-junta-del-reino-de-galicia-en-el-siglo-xviii/
https://carreterasengalicia.jimdo.com/2017/09/08/la-red-de-caminos-del-siglo-xviii-en-galicia/
http://www.vallenajerilla.com/berceo/barrenaosoro/caminosmedievales.htm
https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/camino-real-labrada-a-mondonedo-6481722
http://www.academiagallegabellasartes.org/gestor/archivos/237-302carmenmanso.pdf
https://jmpuentesr.wordpress.com/category/historia-de-los-caminos/
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_1990_Cartografia-Xurisdiccional-de-Galicia-no-Seculo-XVIII-inclue-mapas.pdf