luns, 19 de outubro de 2020

1919. As Sociedades de Socorros Mutuos

  
 
 
 
   01/07/1919. El Correo Español.
   "El sábado último, día 5, se celebró en Gontán (Abadín) un mítin católicoagrario, en el cual hicieron uso de la palabra el incansable propagandista y culto abogado Antonio Maseda Balsa, presidente de la Sociedad de Socorros Mutuos e Instrucción de Obreros católicos de esta ciudad, y D Vicente Saavedra, profesor del Seminario, los que, con sus claros argumentos, han conseguido convencer a los labradores de aquellas parroquias.
Después de terminado el mítin se constituyeron dos Sindicatos católicosagrarios, en la parroquia de Romariz uno, y en la de Labrada, otro.
Reina gran entusiasmo con tal motivo entre los labradores de esta comarca.
En las parroquias de las Goás y Abadín no tardarán en constituirse otros Sindicatos análogos.--F. P.".
 
   As Sociedades de socorros mútuos eran, basicamente, organizacións privadas, fundadas por un número de socios que se rexían mediante estatutos e as achegas dos socios, e que por regra xeral carecían de cor político. A finalidade era, mediante o asociacionismo, redistribuír as perdas entre todos os socios, partindo dos principios de solidariedade e autodefensa, ante as carencias sociais vividas en cada momento. O participar nas sociedades, pasabas de vivir da esmola a ter o apoio e compromiso económico e solidario.
   No artigo arriba exposto infórmase da formación dun sindicato na nosa parroquia, cousa que a día de hoxe é descoñecida para o autor do blog.
   Como exemplo comparativo do que puido ser aquela asociación, amosamos a continuación un exemplar das bases da creación dun sindicato. Neste caso é o creado na parroquia de Santa María de Vilamor, no concello de Mondoñedo.
 

    Material cedido por Andrés García Doural, o meu reiterado agradecemento.