xoves, 24 de novembro de 2016

Rivas Cortiñas, os de onte.



                                              Manuel Rivas Cortiñas.

   Querida familia, queridos amigos, labradeses. De seguido intento desfacer o camiño percorrido polos nosos devanceiros, avos de outros avos e un pouco pai de todos nós. A partires de agora soaranvos uns nomes descoñecidos pero familiares, situarédelos cada un de vos no Barral ou Fondo da Vila que queirades crer ou imaxinar. Lugares de armonia, beleza, dor ou esperanza. Intento poñer a cada persoeiro que aparece no seu xusto contorno e momento. Preciso da vosa inestimábel axuda, por favor;  para as moitas emendas que, seguro, xurdirán. Tamén é preciso a nosa unión para facelo mellor, para que cada un dos nosos ancestros se convirtan en San ... ou Santa ... nos nosos corazóns.
   Coa morte dos nosos devanceiros morreron moitos valores da vida na aldea. A felicidade que nos debía supoñer a existencia neste mundo que nos toca compartir, o que supón poder sentir a experiencia da vida, que moitas veces truncada polos males do noso ser: egoismos, tancor, tirrioa, envexas .... E moito máis nas aldeas, xa que, fomos educados, polo menos eu, e paradoxas da vida, nunha cultura de portas abertas.
   Cada un de nós sabemos onde queremos chegar e buscamos o xeito e os camiños para conseguir as nosas propostas. Pero non é menos importante saber de onde vimos e quen nos puxo aquí e para que. O que a continuación propoño, como xa dixen, é un percorrido de vida en sentido contrario, en retroceso; dos devanceiros da familia Rivas Cortiñas.
   O significado dos topónimos Barral e Fondo da Vila teñen o seu significado.
   Barral quere decir "lugar onde hai barro"; tamén se pode referir ao lugar onde hai unha fortaleza dende a cal se divisan as propiedades.



    Fondo da Vila, é mais complexo. Dado que o lugar tiña o nome de "Lugar de Miranda", antigamente "Miranda" referíase a terras de Mondoñedo ou o seu val. Tamén era a "Vila", baixar a "Vila de Mondoñedo". Non esquezamos que Mondoñedo foi capital de provincia ata 1833. A miña teoría é que: xa que era a derradeira casa do barrio do Xuadento, Juadento na idade media, a que estaba mais o "fondo" do barrio e as terras eran da "Vila", foi derivando ata quedar no que hoxe coñecemos "Fondo da Vila".


      Casa do Veiguello.

  Eu, Manuel Rivas Cortiñas, son fillo de Luis Rivas Rouco e de Mª Esther Cortiñas González.
   - Luis Rivas Rouco nace no Barral, fillo de
   - Manuel Mª Rivas Blanco do Barral, fillo de
   - José Mª Rivas López do Barral, fillo de
   - Purificación Antonia Rivas, solteira, do Barral, filla de
   - Josefa Rivas López, do Barral, filla de
   - Carlos da Riva, do Barral, fillo de
   - Esteban da Riva.

 
  

   















Manuel Mª Rivas Blanco.                                                     Mª Josefa Rouco Pita.

    Luis Rivas Rouco nace no Barral o 6 de xullo do 1926 e casa con Esther Cortiñas González o día 30 de abril do 1960. Luis era fillo de Manuel Rivas Blanco.
   Manuel Rivas Blanco (O Veiguello), natural do Barral, nace o 12 de agosto do 1895 e falece o 10 de setembro do 1985. Casa con Mª Josefa Rouco Pita o día 19 de xullo de 1922, os dous de 26 anos. No momento do feliz acontecemento contaban con unha filla en común, Mª Edesia, que nace o 8 de abril de 1920 e falece o 15 de xaneiro do 1932. Aportan a vida outros cinco fillos: Elvira Rivas Rouco que casa con José Rouco Vidal. Jesús Rivas Rouco que casa con Purificación Barro de Montouto. Luis Rivas Rouco, anteriormente citado. Antonia Rivas Rouco, falece con cinco días o 10 de xaneiro do 1928  e Genara Rivas Rouco que casa con Plácido Requeijo. Manuel é fillo de Jesús Mª Rivas López.
   Jesús Mª Rivas López, fillo de solteira, nace no Barral o 18 de nadal do 1871 e falece con 25 anos, o 1 de setembro do 1897, a causa da Fiebre Tifoidea. Casa na parroquia de Romariz con Carmen Blanco Madarro o 4 de agosto do 1892. Aportan tres fillos o matrimonio: Angela, Manuel e Pura Rivas Blanco.
   Angela casa con Cándido Vivero López e teñen os seguintes fillos: Agripina, Jesús, Mª Concepción, Emérita, Manuel e Germán. Faleceron sendo nenos: Remigio que faleceu o 21 de maio de 1927, outro Remigio que falece o día 12 de setembro de 1928 e Dalmacio que falece o 1 de agosto do 1937.
   Carmen Blanco Madarro queda viuva de José Mª Rivas López no ano 1897. Do matrimonio quedan os tres fillos citados: Manuel, Pura e Angela Rivas, ésta casa con Cándido Vivero e teñen a Agripina, Jesús, Maria Encarnación, Emerita, Manuel e Germán; da casa da Angelita. Cándido foi emigrante na Arxentina. Pura casa para o Chau do Outeiro con José López, o "Chendo", e teñen unha filla chamada María.
   Carmen o quedar viuva casa en segundas nupcias con Luis Balseiro e froito da unión nacen: Nicanor, Pura, Aurora, Policarpo e Remedios, todos en Romariz. Luis Balseiro ven vivir o Barral xunto de Carmen Madarro, pero dado que o trato que daba os fillos do matrimonio anterior non era o mellor, marcharon vivir a Romariz, á casa da procedencia de Carmen. Carmen Blanco Madarro, veciña de Romariz, é filla de Juan Mª Blanco e de Angela Madarro Cordeiro de Sta. Mª de Gondar no concello de Lugo. O trato tan malo que daba "Balseiro" a Manuel, Pura e Ángela describese na seguinte anécdota:
   - O Veiguello, Manuel, era o maior dos tres irmáns do primeiro matrimonio e sentíase na obriga de facer de pai e protector das súas irmáns. Con moitos atrancos puido comprar o "Prado da Fábrica" que pertencia a igrexa. Balseiro, o casar con Carmen, quíxolle xogar a falsa o Veiguello e quedarse co "Prado da Fábrica". Unha noite, Balseiro estando na casa do cura con D. Andrés. O Veiguello enterouse que estaba alí e baixou coa escopeta para matar a Balseiro, pero entre o Jesús da Angelita, e outros, convenceron o Veiguello para que non fixera tal cousa. E así foi, deu media volta e voltou para a casa.
    Jesús Mª e fillo de Purificación Antonia Rivas López.
    Purificación Antonia Rivas López, non casoú; é filla de Josefa Rivas López.
   Josefa Rivas López, solteira, ainda que no testamento de data 9 de setembro de 1880: "a resultas de relaciones amorosas que mantuve con soltero y con aptitud de contraer matrimonio y sin necesidas de dispensario". Creo e podo afirmar que o pai de Purificación Antonia Rivas López era Santiago Díaz xa que en outros documentos aparece en relacións amorosas. Josefa Rivas era fille de Carlos da Riva.
   Carlos da Riva casa con Baltasara López Requeijo. Carlos e Baltasara, aparte da mencionada Josefa, tamén tiveron a Juana, María, e Mª Josefa. A Josefa quedou a vivir na casa patrocial, as outras dúas casaron en Labrada.
   Según acta de defunción María Rivas López falece o día 13 de agosto do 1905. Filla de Carlos e Baltasara, casa con Domingo Otero, e tiveron dous fillos, José e Lucia. José na casa patrocial e Lucia reside en Romariz.
   Con data 20 do novembro do 1877, no documento de partixa de Carlos da Riva, aparecen un bon número de propiedades, tanto en Labrada como nas Goás, Cabaneiro, Abadín, S. Vicente de Lagoa no concello do Valadouro. No Pereiro, o lugar do "Celeirote" e outro chamado "A Garita"; outro en S. Martín de Corvelle do concello de Pastoriza. Os catro últimos lugares tíñanos como bens forais. Para mellor imaxinar a amplitude das posesións do Carlos da Riva, decir que nun documento de data 14 do nadal do 1858, o citado Carlos compra a Juan da Riva a "Casa do Balseiro", situada no Barral, e tamén os montes que van desde "A Croa hasta llegar al Campo de la Talaya, bajando al Porto Escourido y subiendo al Puente Labrada y desde aquí a la primera marcación".
   Carlos da Riva y Otero e Baltasara López Requeijo tiveron a primeira filla, Josefa, estando solteiros. Foi recoñecida  con data 11 de novembro do 1858.
   É probábel que o citado no párrafo anterior, Juan da Riva, fora irmán de Carlos. Se así fora, Juan estaría casado con Luisa Rivas, e o 17 de febreiro de 1908 morreríalles un fillo chamado Pedro Rivas Rivas.
   Carlos da Riva y Otero, en documento do 1841, figura como "Alcalde Primero Constitucional del distrito de Abadín y Presidente del Ayuntamiento".
   Carlos morre o 9 de setembro do 1876 con 78 anos, e Baltasara morre o 23 de marzo do 1871. Carlos da Riva era fillo de Esteban da Riva. Os derredeiros datos foron encontrados en documentos de partixas, e nas partidas de defunción de Carlos da Riva aparece como pai Juan da Riva e nai María González.
   Esteban da Riva casa con Josefa, que naceu no barrio do Cordal. Ela queda viuva e volve a casar con Cosme Prieto, do segundo matrimonio ten dous fillos, chamados Carlos e Ramón Prieto. O Ramón tiña a residencia en S. Juan de Castromaior.

Casa de Pita.
   Luis Rivas Rouco por parte materna é fillo de Mª Josefa Rouco Pita, que nace no barrio da Lamacide o día 1 de outubro do 1895 e falece o día 1 de xullo do 1962.
   María Josefa Rouco Pita casa con Manuel Rivas Blanco, aparte os citados fillos con Manuel Rivas Blanco, tivo un fillo de solteira de nome Edesia Rouco Pita, que nace o 8 de abril de 1920 e falece o 15 de xaneiro do 1932  Mª Josefa era filla de Luis Rouco Francos
   Luis Rouco Francos, con 75 anos, morre o 3 de agosto do 1934 , casa con Antonia Pita Pena o día 7 de outubro do 1895, el con 26 anos e ela con 25. Tivo, aparte de Mª Josefa; Valentín, Elvira; Ricardo que nace o redor do 1893 e morre o 1 de marzo do 1901 con 8 anos, Carmen que nace no 1888 e falece o 20 de febreiro do 1889. Valentin, home de fortes conviccións relixiosas, non casou; foi carteiro durante moitos anos. Elvira casou con Ramón Requeijo Requeijo, froito do matrimonio nace un neno chamado Edelmiro Requeijo Rouco, morre o día 21 de novembro do 1964 con 41anos.  Edelmiro foi un home culto, estudiou na Universidade. Antonia Pita Pena  morre con 68 anos o día 8 de outubro do 1926. Luis Rouco Francos era fillo de Carlos Rouco.
   Carlos Rouco, do barrio da Lamacide. casa con Tomasa Francos, ela de Candia.
   Antonia Pita Pena, filla de Antonio Pita de Santiago de Somozas e Carmen Pena de Labrada.

   A casa de  "O Veiguello" está situada no Barral. A historia da casa e dos seus moradores está chea de suposicións e poucas certezas. O único certo é que o apelido Rivas, ou anteriormente da Riva; pertence vencellado a esta casa e o lugar ata onde hoxe coñecemos, que é ata finais do século XVIII.
   O nome de "Veiguello" dise que fai referencia a algún antepasado que orixinariamente veu do barrio da "Veiga" de Montouto, cousa que ata o día de hoxe non atopei dato que o desmentira ou confirmara. Tamén se fai referencia a esta casa como que foi casa de curas, tamén cousa que a día de hoxe non podo confirmar nin desmentir. O que si é certo e que estaba unida a casa da Angelita, está enfrente, a través dun pasadizo elevado. Tamén pertencia a mesma casa a que hoxe é a casa das Carminas (do Senén), xa que ainda se conservan as portas, agora tapadas, que unian os cuartos e as cortes. Tamén orixinariamente, a casa tiña un patín, que comunicaba o cuarto de atras coa aira. O patín media uns tres metros de largo por dous de ancho, de parede cega ata o nivel dos cuartos logo suxeito en duas columnas de pedra e a tres augas. A antiga casa de pedra foi a residencia da familia ata que se derrubou totalmente no ano 1998 para facer na que hoxe vivimos.
   Cando a casa vella, na segunda metade da década dos 60 foi lousada de novo e postas as madeiras, encontráronse varias moedas. Entre elas, de Fernando VI, de 1756. De Carlos III, de 1787. De Fernando VII, de 1820, 1824, 1831. De Alfonso XII, de 1878, 1879.

   Fondo da Vila, lugar de Miranda.
 
   

 
  













Emiliano Cortiñas Rouco.                                   Mª Carmen Alicia González Cortiñas.

   - Mª Esther Cortiñas González, nace no Fondo da Vila.
   - Emiliano Cortiñas Rouco, nace no Fondo da Vila.
   - Manuel Cortiñas Rouco, nace no Fondo da Vila.
   - José Cortiñas, nace no Fondo da Vila.
   - Luis Cortiñas, nace no Fondo da Vila.
   - Ciprian Cortiñas nace en San Simón da Costa

    Mª Esther Cortiñas González nace o 15 de marzo do 1936 e casa con Luis Rivas Rouco, o día 30 de abril do 1960; do matrimonio nace Manuel Rivas Cortiñas. Mª Esther era filla de Emiliano Cortiñas Rouco.
   Emiliano Cortiñas Rouco nace o 14 de xaneiro do 1904 e falece no Fondo da Vila o 27 de nadal do 1968. Casa o día 23 de xullo do 1928 con Mª Carmen Alicia González Cortiñas. Esta nace no Cordal o 2 de xullo do 1905 e falece no Fondo da Vila o 15 de xaneiro do 1989. O matrimonio aporta 9 fillos adultos e 6 que faleceron, ben o nacer ou de cativos: Fructuoso, + Nena, Fidencia, Evencia, Albino, Esther, + Isabel Corsina, + Servando, Jesús Manuel, Policarpo, Edmundo e Servando, + Jorge e  Mª Carmen, + Neno. (A nena nada entre Fructuoso e Fidencia, foi enterrada no adro da igrexa sen bautizar. Isabel Corsina e Servando foron bautizados. Jorge e Mª Carmen eran de un mesmo parto. O último parto era un neno e naceu morto os 7 meses de xestación). Emiliano era fillo de Manuel Cortiñas Rouco.
  Manuel Cortiñas Rouco nace o redor do ano 1870 e falece no Fondo da Vila o día 11 de Marzo do 1939. Casa con Rosa Rouco Francos o 14 de xuño do 1893. Rosa nace o redor do ano 1870 e morre o 16 de febreiro do 1937 con 66 anos. Casan o 21 de xuño do 1893, son fillos  deles: Jesús Cortiñas Rouco que casa para o Chao do Cobo con Generosa Fernández Barreira: Ricardo, Claudio, Domingo e Edelmira son os seus fillos.  Santiago Cortiñas Rouco que casa para o Cordal con Antonia González Cortiñas: Efrén, emigrado ao Brasil; e Olimpia Cortiñas González. Emiliano Cortiñas Rouco queda vivindo no Fondo da Vila, na casa patrocial, e casa con Mª Carmen Alicia González Cortiñas: Fructuoso emigrado para Pamplona; Fidencia emigrada para Pamplona; Evencia, emigrada a Buenos Aires; Albino, carpinteiro e residente en Labrada na casa do Ferreiro no barrio dos Currás; Esther, residente en Labrada, na casa do Veiguello no barrio do Barral; Jesús Manuel, residente en Labrada, na casa do Morto no barrio do Chao do Outeiro; Policarpo, emigrado para A Coruña; Edmundo, emigrante en Londres, Pamplona e A Coruña; Servando emigrante en Londres son os seus fillos. Albino Cortiñas Rouco, casado para o Cadramón con Rosa García, e que falece no 18 de Xulio do 1962. Ortensia Cortiñas Rouco casada para o Cordal con Acacio Cordal Balseiro: José Antonio, Carmen, Leandro e Restituta son os seus fillos. Do matrimonio faleceron varios fillos. José Mª Cortiñas Rouco, morre con 8 días de vida do 9 de xulio de 1894. Claudio Cortiñas Rouco, nace no Fondo da Vila o 18 de marzo do 1898 e morre no mesmo lugar o día 20 de outubro do 1918 por mor dunha gripe; tiña de profesión carpinteiro. O neno José Mª Cortiñas Rouco nace no Fondo da Vila o 2 de xaneiro do 1902 e falece o 7 de maio do 1904. Unha nena chamada Mª Edelmira Cortiñas Rouco; nace o 27 de febreiro de 1910, e morre a causa de "debilidad congénita" o día 1 de febreiro do 1915. Outro neno tamén chamado José Mª Cortiñas Rouco nace o 31 de decembro do 1912 e morre o 23 de agosto do 1913. Manuel era fillo de José Cortiñas Rouco.
   José Cortiñas Rouco casa con Francisca Rouco Fraga. Do matrimonio nacen dous nenos, Mª Josefa (Pepa) e Manuel Cortiñas Rouco; ela solteira sen descendencia coñecida. Tamén morreu de viruela un neno con 14 anos de idade chamado Jesús Mª Cortiñas Fraga. 
   Aparte o citado José,  quedan varios irmáns casados en diversos barrios de Labrada: Baltasara, Jacobo, Carlos, Luis e Ramón Cortiñas Rouco, Luis falece con 23 dias o día 22 de novembro do 1858. Jacobo Cortiñas Rouco morre con 82 anos o 5 de outubro do 1902 no barrio da Fonte Vella, (casa de Xacobe); casado con Dominga Rouco Fraga, deixando dous fillos: Domingo e Josefa Cortiñas Rouco. Domingo Cortiñas Rouco casa con Amalia Carballeira, de Corvite; do matrimonia nacen: Adriano, Elvira e Dominga Cortiñas Carballeira. Tamén dous nenos chamados Aquilino que falece con un ano de idade, a causa de diarrea crónica, o día 23 de decembro do 1880 e Pedro que falece con 2 anos de idade o 7 de xullo do 1890 por mor de unha meninxite aguda.  Elvira Cortiñas Carballeira, casa para o Cordal con Jesús González González. Carlos Cortiñas Rouco morre con 84 anos o 17 de decembro do 1911 no barrio do Outeiro, casou con Ramona Solmo Fernández e deixan seis fillos: Francisco, Domingo, José, Ramón, Josefa e Carmen.
   Francisco foi un home que viaxou a Habana varias veces; suponse que voltou a vivir definitivamente en Labrada xa que, morreu no ano 1933, a noite do nadal con 67 anos. Está enterrado no nicho do Benjamín no noso cemiterio. Foi interventor do Banco de España en Cuba.
   Domingo, emigrado a Arxentina e co tempo comprou unha facenda en Córdoba, (Arxentina); é de supoñer que fixo algún viaxe a Habana, xa que temos fotos del remitidas desde a illa. Casou aló e froito do matrimonio naceu unha filla chamada  Mª Celia Cortiñas, crese que o segundo apelido era González. Mª Celia casou con un ciudadán italiano, pero por mor da guerra civil foise perdendo o contacto que tiñan co Jesús de Paridoiro. Morreu na Arxentina.
   Anecdótica resulta a nova seguinte publicada no diario El lucense con data 07/03/1900:
   "Providencias del Juzgado de primera instancia de Becerreá citando a Vicente Arias y Jacobo Fernández López, para que el 16 de Mayo próximo se presenten ante la Audiencia Provincial, y del Fiscal militar de esta plaza encargando la captura del soldado Domingo Cortiñas Solmo, natural de Labrada, ayuntamiento de Abadín".
   Pois resultaríalles dificil encontralo!!
   José Cortiñas si que foi para A Habana e alí se atopaba cando a illa loitaba pola súa independencia contra a invasión Española e, foi chamado a filas e alí pelexou do lado Español.Cando Cuba se fixo independente José regresou a Labrada.
    Foto postal de Domingo Cortiñas remitida desde a Habana, Cuba.
                   Outra foto de Domingo Cortiñas na Habana.

   José Cortiñas Solmo, coñecido polo "José de Carlos" casou en segundas nupcias para a Besta (Paridoiro) con Josefa Solmo Fernández o día 6 de setembro de 1910, con quen tivo dous fillos chamados América e Ricardo, que faleceron, América o 12 de xaneiro e Ricardo o 3 de de febreiro, ambos os dous a idade de 6 anos no 1920. Na data do falecemento de José Cortiñas, o 11 de marzo do 1953 con 80 anos, enterrado no noso cemiterio no nicho do Jesús de Paridoiro; deixa recoñecido un neno chamado Jesús Solmo Fernández. Josefa Solmo Fernández morre o 15 de abril do 1939 con 64 anos de idade. Antonia Solmo Fernández, irmán da anterior, morre o 23 de abril do 1929 con 40 anos de idade, deixando un fillo de 3 anos chamado Jesús Solmo Fernández. É de lóxica concluir que o neno chamado Jesús era fillo do citado José de Carlos.
   Josefa Cortiñas Solmo casa con Ricardo Fernández Cabado, non deixan descendencia e viven na casa vulgarmente coñecida como da "Rachanoia". Casa que está situada no lugar onde antigamente estaba a capela do San Antoño. Traen de caseira a Josefa da Carballeira de Espiñarcao e queda na casa como herdeira e con un fillo chamado Benjamín. Ricardo Fernández, coñecido tamén polos nomes de Ricardo de Paz ou do Bataneiro.
   Carmen Cortiñas Solmo morreu solteira contando 38 anos o 5 de marzo do 1921. 

                 O neno é Jesús Solmo, (o Jesús de Paridoiro) xunto a súa tia Josefa Solmo.

    José de Carlos ou tamén José Cortiñas Solmo.

Ramón Cortiñas Rouco morre con 82 anos o 5 de xulio do 1915 no barrio da Lamacide, casado con Francisca Pena Lopez. Deixan tres fillos: Jesús, ausente en Buenos Aires, Mª Josefa (Mª Pepa da Valiña) casada con José Carracedo. Antonio, emigrou tamén a Buenos Aires pero volveu e casou con Remedios Diaz. A Mª Josefa Cortiñas e José Carracedo falécelles un fillo, de nome Luis, con 16 meses de idade, o día 18 de xaneiro do 1915. Minerva Cortiñas González, nace no Carvallal e morre, solteira, no Fondo da Vila o 19 de xaneiro do 1874 con 70 anos. Era filla de Ciprián Cortiñas e Luisa González, naturales do barrio do Fondo da Vila.. Os pais de José Cortiñas Rouco son:
    Luis Cortiñas González e Lorenza Rouco. Luis natural do Fondo da Vila, nace aló polo 1793, e falece con 61 anos o 22 de novembro do 1854. Lorenza nace aló polo 1791 e falece o 4 de agosto do 1859. Luis Cortiñas era fillo de:
   Ciprián Cortiñas casa con Luisa González . Ciprian foi o Cortiñas que nace no barrio da Besta, en San Simón da Costa. Aparte do anteriormente citado, teñen outros fillos; Luis que falece o 21 de Novembro do 1858 con 23 ( dias ou anos). Minerva, nace no Carvallal e morre, solteira, no Fondo da Vila o 19 de xaneiro do 1874 con 70 anos. Bernarda, que falece no Fondo da Vila, o 29 de xaneiro do 1874 con 81 anos.
   Outro lazo dos Cortiñas foi para a Capeleira. O Antoño da Capeleira, fillo de Mª Joséfa López Carreiras.  Mº Josefa era filla de José Mª López Cortiñas e Antonia Carreiras. O extrano é que, José Mª, posúe o apelido Cortiñas, era fillo de solteira, o pai era Pedro de Blanco, e o nome da nai é Dolores López Rouco. Dolores falece en setembro de 1909. Era filla de Manuel López e de Baltasara Rouco.
   A casa do Fondo da Vila, tamén "Lugar de Miranda" pertencia a unha familia moi rica da cidade mindoniense; esta oficialmente situada no barrio da Choqueira, o amparo dunhas fermosas e soleadas vistas. A casa de pedra, grande e antiga. É de supoñer que a parte da cociña vella sexa o primeiro lugar da vivenda do Fondo da Vila e con posterioridade edificouse o frente que hoxe coñecemos. Sabemos, aparte os documentos atopados, por oídas que os Cortiñas viñeron do barrio da Besta na parroquia da Costa, (San Simón), tamén a sogra de José Cortiñas, os documentos atopados indican que era de San Simón da Costa. Ciprián veu casar para Labrada, é de supoñer que viñeran vivir de caseiros o "Lugar de Miranda" xa que o lugar do seu falecemento esta situado no Fondo da Vila. Quen adquiriu o lugar en propiedade suponse que fora ou José ou Luis Cortiñas. Aínda que para compralo non tiñan diñeiro, deixoullo Dolores Lopez, da Capeleira. 

 Foto do ano 1966. Na ventá do cuarto cativo, o matrimonio formado por Mª Carmén Alicia Gonzálea Cortiñas e Emiliano Cortiñas Rouco.

   Cordal.
   Mª Carmen Alicia González Cortiñas, nace no cordal o 2 de xullo no ano 1905. Jesús González González e Elvira Cortiñas Carballeira son os seus pais. Da unión nacen, aparte a citada: Otilia, Antonia, Xusta, Policarpo, Carmen e Isidoro. Tamén un neno de nome Aquilono Cortiñas Carballeira que falece con un ano de idade, a causa de diarrea crónica, o día 23 de decembro do 1880.
   Jesús González González nace O Pazo o día 15 de xaneiro do 1887, fillo de Antonio González e de Andrea González Pérez. Que era neto por liña paterna de Bernardo González e de Rita Fernández, do Pazo; e por liña materna de Juan González e Rosenda González (Gómez) Pérez, do Cordal. Sendo neno vai vivir o Cordal para gañar unha herdanza; e casa con Elvira Cortiñas Carballeira, de Corvite. Jesús González e fillo de Antonio González.
   Antonio González Fernández casa con Andrea González Pérez.
   Os pais de Andrea son Juan González e Rosenda González do barrio do Cordal.
   Amalia Carballeira Pérez, nace en Corvite e casa con Domingo Cortiñas Rouco, (Casa de Xacobe), do matrimonio nacen catro fillos: Dominga , Elvira, Adriano e Antonia Cortiñas Carballeira, esta falecida o 12 de maio de 1885. Elvira casa para o Cordal con Jesús González y González e do matrimonio nacen: Otilia, Antonia, Mª Carmen Alicia, Justa, Policarpo, Carmen e Isidoro. Dominga casa para  A Caveira con Manuel Camba Hermida. Adriano casa con Benita González da casa do Habanero,casa tamén coñecida po do "Tres Reas"; teñen por fillos a: Adelina, (emigrada a Buenos aires), Cecilia, Antoño, Amaro, Adoración, Maria e Teadoro.

Casa do Jesús das pícaras, no Cordal. Detrás: Carmén, Isidoro e Toña. Diante: Efrén, Jesús González González, Olimpia e Elvira Cortiñas Carballeira.

Foto da familia Cortiñas González. Empezando pola esquerda: Fructuoso, Fidencia, Esther, Evencia(Ortensia), Alicia, Emiliano e Santiago (Albino). Diante da Ortensia o Edmundo; diante da Alicia o Jesús Manuel; e diante do Emiliano: Servando no colo e Policarpo. 

Comezando pola esquerda, os homes da fila de arriba: Jesús Manuel, Edmundo, Servando, Fructuoso, Policarpo e Santiago (Albino). No medio, e do mesmo xeito, as tres irmáns: Mª Esther, Fidencia e Evencia (Ortensia). Na fila de baixo e tamén da esquerda cara a dereita: Emiliano Cortiñas, Alicia González e Albino Cortiñas.


    Ano 1979, en Bos Aires. Xusta, Otilia, Alicia e Carmén en Bos Aires.

Diante da casa do Fondo da Vila, pode que unha das ultimas fotos de todos os irmáns xuntos. Ano 2000: Servando, Edmundo, Policarpo, Jesús Manuel, Esther, Santiago, Evencia, Fidencia e Fructuoso Cortiñas González.
   Datas.
   08/03/1931. Vallibria.
   "Ha sido nombrado por la junta de autoridades  de esta provincia, maestro en propiedad da la escuela de Romariz, a D. Santiago Cortiñas Rouco".