mércores, 4 de decembro de 2013

De Lavrada a Labrada, pasando por Laurada.

                                                                            
                                               Antes.
A fértil terra na que pisamos, sustentada maioritariamente por rochas graníticas que nos montas da nosa parroquia saen o exterior caprichosamente, ten unha idade aproximada de 295 millóns de anos. Este granito formouse a consecuencia dunha colisión entre dúas grandes placas tectónicas chamadas Gondwana e Laurrusia producido hai 350 millóns de anos. Unha desas dúas grandes placas, concretamente Gonwana somerxíuse por baixo da outra nun proceso no que se alcanzaron elevadas temperaturas que produciron a fusión da placa mergullouse. Esa fusión xerou magmas que subiron para a superficie da Terra en forma de volcáns dos que o granito de Labrada correspondería a parte mais profunda que por iso arrefriouse en profundidade hai 295 millóns de anos.
Aproximadamente 95 millóns de anos despois a erosión afondou tanto que chegou a poñer na superficie da terra o granito (que estaría a uns 12-20 km de profundidade aínda que agora o vemos en superficie.
Chaman a atención os grandes bloques de granito que están espallados pola superficie do terreo. Ben, o certo é que estes grandes bloques formáronse cando o granito estaba subindo cara a superficie da terra (aínda que sen chegar a saír). O magma granítico producido polo rozamento cos outros materiais que o rodeaban foi o que rompeu o granito en bloques que son os que agora vemos espallados pola superficie do monte.
(Datos aportados por Juan Ramón Vidal Romaní, profesor emérito do Instituto de Xeoloxía da Universidade de Coruña. Desde aquí o meu agradecemento pola desinteresada achega, amabilidade e achegamento a tan modesta causa).




  Apuntes históricos de S. Pedro de Labrada.
    A nosa parroquia pode que lle puxeran o nome de Labrada grazas a súa fertilidade en case que toda a súa extensión,  37 km cadrados. Os primeiros poboadores da nosa parroquia fixérono rematada a última glaciación,  uns 7500 anos, no etapa chamado neolítico; o xacemento máis importante de esta época encontrase no Tremoal, no lugar chamado Curro Vello. Neste asentamento atopáronse varios discos musterienses e núcleos de explotación centrípeta. Outro xacemento é o de Xestide, é o máis importante do epipaleolítico situado do Noroeste da península; a súa ocupación dátase do 6200 a. c. O redor do xacemento hai unha serie de abrigos naturais o carón de penedos, que servía de vixilancia a estes poboadores para poder cazar.  Outros xacementos están catalogados na nosa parroquia, "túmulos" e "petróglifos". Hai dous túmulos  localizados no Chao da Fouce e outro en Pena Redonda. Os petróglifos tamén están no Chao da Fouce.
   Outro lugar en Labrada sitúase en Portela. Zona que abarca dende Castromaior ata Penas do Castro. O Castelo Grande, situado no monte, nos límites entre Fanoi e Castromaior; e tirando cara ao noroeste, estaba acompañado do Castelo Pequeno, situado nos límites entre Fanoi e Labrada. Crese que na zona citada pode haber outros asentamentos pero que aínda non están catalogados, tales como O Pedrouzo e Penas do Castro. 
    << Quero facer un apartado con respecto o "Castelo Grande", dada a proximidade e os vínculos existentes entre Labrada e o citado Castelo.
   Cando non fai moito tempo, o monte era un lugar sen peches nin limitacións físicas e delimitado só nas boas costumes veciñais; as xentes de Labrada sabíamos que o "Castelo Grande" era un pedazo de monte dos de Castromaior. Se a palabra "Castelo" foise respectando no tempo, seguro que o antigo "Castro" deu pé a edificar no mesmo lugar un Castelo ou Fortaleza existente na zona,  e que fai referencia del o rei Fernando II, na data do 10 de setembro de 1178, que o manda derrubar. É de supoñer que dita orden non foi executada, xa que no ano 1202 xa estaba de novo edificado. Tamén se sabe que a viúva do Mariscal Pedro Pardo de Cela, pasou os últimos anos da súa vida na Fortaleza de Castromaior >>.
   Os asentamentos estaban sempre situados en zonas de tránsito animal, e por tanto é lóxico pensar que Portela, que significa "porto" ou "lugar de paso", fora tamén un bo lugar para instalarse. 


Lugar de Xestide. Tamén se pode ver o fondo os montes desde Pena Contreira ata a Neveira. O monte "mouro".
O Castro de Portela visto dende o lugar chamado "Cabana do Capitán" no monte de Labrada.
 
   Temos anotacións con data 18 de maio de 922, ou 912; da nosa parroquia en diploma de doazón por parte de  D. Ordoño II a favor de San Martiño de Mariz e ao Bispo Savarico II do "valle de Labrada".
   En documentos que figuran no Archivo Diocesano aparecen varias mencións a nosa parroquia, a lugares e a veciños da época. Con data 13 de novembro de 1402, o bispo D. Álvaro de Isorna ordena realizar unha pescuda sobre o señorío e xurisdición da freguesía de Labrada e sobre as luctuosas que pagaban os veciños ó Cabido. No citado documento aparecen lugares que ainda se coñecen hoxe co mesmo nome; Xestide (Gestide, o), Escourido e Xuadento (Guadento). Aos tres nomes citados, engadimos o lugar de Xanaz (Ganaz), cando xa no século XV aparecen mencións de eses lugares en documentos depositados no Archivo de la Real Chancellería de Valladolid.
Pero o máis fermoso e que no documento aparece o nome de Laurada.

   "Este he o tralado de huna pesquisa que foy enna flegesia de Laurada por mandado de noso sennor obispo don Aluaro por la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma bispo de Mendonedo oydor enna audiençia / de noso sennor el rey et por mandado do cabiidoo da iglesia de Mendonedo et por Iohan das Figeyras coengo de Mendonedo et por Pedro Meendes rasoeyro et por Gomes Peres do Castro notario sobre lo senorio / et juridiçon do dito lugar de Laurada commo perteeçia ao dito sennor obispo ou ao dito cabiidoo et outrosy en raçon das loytosas dos que se finaren enno dito lugar caes et de caes persoas perteesçian / ao dito sennor obispo ou ao dito cabiidoo et como se husara senpre estas cousas a qual pesquisa foy sacada por nos notarios sobreditos enna flegesia de Laurada trese dias de nouenbro anno Domini / mºccccii annos en estos testemoyos que se siguen etPedroo Ares de Janas premeyro testemoyo de Laurada jurado et preguntado por o primeiro arraconllo en rason do sennorio et juridiçon diso que o dito cabiidoo et / aministrador que por el andaua avia enno dito lugar et Laurada os touros et os enprasos et os ousios et os forros et os abantadiços et voses et preguntado por o segundo et terçeiro arraconllos en raçon das / loytosas diso que as loytosas dos omes et mulleres et orrfoos fillosdalgo desta fligesia de Laurada que eran do bispo de Mendonedo quando con elle viuesen ou de qualquer outro sennor quando con el viuesen / et as loytosas dos ommes et mulleres orrfoos forreiros que eran da amestraçon et o
bispo ou outro sennor con quen elles viuesen que non avia loytosa enno forreiro sobredito et o cabiidoo eso meesmo que non / avia loytosa ennos filosdalgos segundo dito he en maneira que nehun non deuia mays que hua loytosa pero quando hun de estes filosdalgo non viuesen con sennor algun que as loytosas delles que eran do bispo / et a do forreiro do cabiidoo et que esto vira hussar des quaraenta annos aaco et el esto daua por çerto et diso mays que viindo o bispo pousar por pesoa a dita fligesia de Laurada hua ves enno anno que lle deuia
todo / homme forreiro que y morase de cada anno mea teega de çeuada et hun carneiro et hua galinna et esto que o non avia ennos forreiros que avia en Geestido nen Escourido. Et Afonso Peres de Tinay morador en / Laurada segundo testemoya jurado et preguntado por a dita rason do senorio diso como esta testemoya sobredita et en rason das loytosas diso commo este testemoya sobredita que eran as dos fidalgos do bipo quando con el viuesen et quando / con el ou con outro sennor alguo no viuesen que eran do bispo de Mendonedo et os dos forreiros da iglesia de Mendonedo et o bispo que no avia ennas dos forreiros et auia ennas dos fidalgos et diso dos forreiros commo diso esta / outra testemoya et que esto daua por çerto. Et Diego Fernandes de Laurada iii testemoyo jurado et preguntado por o primeyro arraconllo en rason do senorio et juridiçon que ha o bispo de Mendonedo enna fligesia de Laurada ou o cabiidoo da iglesia de Mondonedo / diso primeyramente que o cabiido que avia o terço da apresentaçon da iglesia de Laurada et que husara senpre de trager enna dita fligesia moordomo que husase por ella et este moordomo quando os hommes han contenda / dan seys soldos et vira pagar aquelas cousas sobre que contenden et as partes infianse sobre aquela contenda por auer(?) o juys da terra et o juys da terra julga a fiadoria et o que fica condanado paga ao moordomo / trinta soldos da moneda corrente da fiadoria et leua o juys tres soldos por mandamento et o juys se os non pode liurar inbiaos ante o vigario et ha mays o cabiidoo en esta fligesia as voses et os ousyos des et oyto / libras por ousyo et o abantadiço se o y ouuer direitamente. Iten diso que o forreiro que deue cada anno ao cabiidoo media fanega de çeuada pello çuramin dos bodos et hua galinna et quarenta et oyto soldos por presentaçon / et deue a loytosa ao cabiidoo et deue o forreiro
hua ves enno anno se o bispo veer a pousar a esta fligesia ao bispo un carneiro et trinta paes et hua galina et media fanega de seuada por o çuramin dos / bodos et esto diso que o non deuia o ferreiro que morase en Geestido ou en Escourido nen ao cabiidoo nen ao bispo. Iten diso esta testemoya que o omme fidalgo et muller filadalgo et o fijo fidalgo que deue / a loytosa a aquel sennor con que viuer pero se fidalgo non viuer con nenguno deue a loytosa ao bispo por senoria saluo os que moren en Geestido et en Escourido et se algun seruiço
demanda o cabiidoo / deue a ser julgado pello bispo. Et diso mays que o amestrador do cabiidoo que fas a tales en Geestido et o juys de Costas de Montes fayllo [...15] o vira senpre husar de lta (cincuenta) annos aa/co et que o husara asy por o cabiidoo en trinta annos et que oyra senpre que asy se husara et el que o auia por çerto. Et diso mays que as mulleres dos fidalgos que pagauan as loytosas se se finauan de/poysmente de seus maridos segundo que as pagauan seus maridos et os orrfoos delles eso meesmo pero que os orrfoos en quanto abian padre ainda que lles trousese(?) sua nana que non deuian loytosa. Item diso / que o aministrador que avia y trinta soldos por couto. Et esto daua por çerto. Iten Johan Valam morador en Laurada quarta testemoya jurado et preguntado por lo primeiro arraconllo en rason da juridiçon diso que o terreiro que era do amestrador /preguntado por o segundo et terceiro arraconllo en rason das loytosas diso que oyra deser que as do omme forreiro et muller et orrfoo forreiro que era do cabidoo et a loytosa do omme et muller et orrfoo fidalgos que era daquel sennor / con que viuian en maneira que o forreiro et o fidalgo que non pagauan mays que hua loytosa cada hum. Et o senorio da dita fligesia he do bispo et delo que non sabia mays. Iten Afonso Lopes de Beestar morador en Laurada v testemoya jurado /et preguntado por o primeiro arraconllo en raçon do senorio diso ue non sabia saluo que o terreiro et o moordomo que andaua polo amestrador que leuaua o touro et o enpraço et a
fiadoria et as boses et ho abantadiço et / aquel que dese fiador por ante o juys de costas de montes do bispo que llo avia de rescebir o terreio et o que fose condenado que pagaria a fiadoria ao moordomo que eran trinta soldos et o mandamento ao juys que eran tres soldos et os / que o juys non liurase que os avia de lançar por ante o bispo ou por ante seu vigario. Et o bispo hua ves enno anno qando veese ao dito lugar de Laurada que lle deuia omme forreiro media teega de çeuada et hun carneiro et trinta paes et huna galina. Et preguntado por as loytosas diso que as loytosas dos ommes forreiros et mulleres et orrfaos forreiros que eran do cabidoo et as loytosas dos hommes fillosdalgo que eran do sennor con / que viuesen. Iten diso mays que o omme et muller et orrfoo fidalgo non viuendo con nengun sennor que eran as loytosas ben destes amos de que fosen ben de Mondonedo et en huns et en outros que non avia en cada / hun mays que huna loytosa. Et esto que o vira senpre husar de lta (cincuenta) annos aaco et que esto daua por çerto. Iten Pedro de Bouças morador en Laurada vi testemoyo jurado et preguntado diso commo Diego Fernandes. Iten preguntado por o segundo / et terçeiro arraconllo en raçon das loytosas diso que os ommes forreiros et mulleres et orrfoos que dauan as loytosas ao cabiidoo et non deuan loytosa a outro sennor nenguno. Et as loytosas dos ommes / fidalgos et mulleres et orrfoos fidalgos que eran do bispo quando con el viueren et quando non que eran doutro sennor con que viuesen et estes filosdalgo quando non viuesen con nengun sernnor diso que eran as / loytosas deles do bispo de Mondonedo. Iten diso que d-Escourido nen de Geestido que non viran y loytosa leuar. Et delo que non sabia mays. Et Johan Eanes de Geestido morador en Laurada vii testemoya jurado et preguntado por / o senorio et loytosas diso segundo diso Pedro de Bouças. Et Diego Gomes do Geedento morador en Laurada viii tetemoya jurado et preguntado por o senorio et loytosas diso que o moordomo que era do cabiidoo ha as loytosas / diso commo Diego Fernandes et diso que non sabia dello mays. Et Pedro Garçia de Geadento viiii testemoya jurado et preguntado por o senorio et juridiçon et loytosas diso que o maordomo que era do cabiido que as lotosas dos / forreiros et das forreiras que eran do cabidoo et que non deuian loytosa a outro sennor alguno ainda que con el viuesen. Et que as loytosas dos fillosdalgo et mulleres orrfoos fillosdalgo que eran do sennor / con quen viuesen et que non deuian loytosa ao cabidoo et en rason de senorio et juridiçon diso commo Pedro de Bouças et que esto daua por çerto. Et Afonso Nouo de Tunga(?) x testemoya jurado et preguntado por / o senorio et juridiçon diso como Afonso Lopes et diso en rason das loytosas dos filosdalgo que as deuian ao sennor con quen viuesen et as dos forreiros ao cabiidoo et delo que non sabia mays /. Iten Pedro Eanes Palmeiro xi testemoyo jurado et preguntado por o sennorio et juridiçon diso como Diego Fernandes preguntado por as loytosas diso commo Pedro Garçia do Geadento. Et Afonso Martines de Geestido xii testemoyo jurado et preguntado por o se/norio et juridiçon et loytosas diso que o moordomo que era do cabidoo et que as loytosas dos ommes filosdalgo et mulleres et orrfoos filosdalgo que eran do senor con quen viuan et tamben das mulleres / et orrfoos fillosdalgo que morian depoys seus maridos que eran do sennor con que viuia o marido et non deuia a outro nenguno loytosa et diso que as loytosas dos forreiro et mulleres et orrfoos forreiros / que eran do cabiidoo et non de outro sennor alguno ainda que con el viuesen et esto que o daua por çerto. Et Fernan de Melleiros morador en Laurada xiii testemoya jurado et preguntado en rason do senorio et juridiçon diso / que o moordomo que era do cabiidoo et diso das loytosas dos ommes filosdalgo et mulleres et orrfoos filosdalgo que morian depoys seus maridos que eran do sennor con que viuia o marido que non de outro / algun et diso que as loytosas dos ommes et mulleres et orrfoos forreiros que eran do amestrador et non doutro sennor ainda que con el viuese et diso mays que os orrfoos filos
dos fillosdalgos nen dos forreiros / en quanto foren seus padres viuos ainda que lles moresen suas madres que non deuian loytosa en nengua maneira et que o vira senpre asy husar et que esto daua por çerto. Et Diego de Beesta morador / en Laurada xiiii jurado et preguntado pollos ditos arraconllos en rason do senorio et juridiçon et loytosas diso como Fernnan de Melleiros et que esto daua por çerto. Et Afonso Lois do Geedento morador en/ Laurada xv testemoyo jurado et preguntado polos ditos arraconllos en rason do senorio et juridiçon et loytosas diso commo Fernan de Melleiros et que esto daua por çerto. Et Aluaro [...10] morador en Laurada xvi testemoyo / jurado et preguntado polos ditos arraconllos diso commo diso Fernan de Melleiros et que esto daua por çerto. Et Fernan Eanes morador en Laurada xvii testemoya jurado et preguntado pollos ditos arraconllos diso do feito do / senorio et loytosas commo Fernan de Melleiros tirando que non sabia commo pagaua a loytosa o forreiro et que non sabia dello mays pero que oyra deser que a pagaua ao amestrador. Et Ruy Lopes / xviii testemoyo jurado et preguntado pollos ditos arraconllos et por cada hun deles en rason do senorio et loytosas diso que as loytosas dos filosdalgo et mulleres et orrfoos filosdalgo que eran do sennor con quen /viuesen et as loytosas dos forreiros mulleres et orrfoos forreiros que eran da amestraçon en maneira que cada hun segundo dito he non deuia mays que hua loytosa. Et Johan Amado do Outeiro xviiii testemoyo / jurado et preguntado polos ditos arraconllos et por cada hun delles en rason do senorio et loytosas diso que as loytosas dos ommes filosdalgo et mulleres et orrfoos filosdalgo que eran do sennor / con quen viuesen et as loytosas dos ommes forreiros et mulleres et orrfoos forreiros que eran da amestraçon en maneira que cada hun segundo dito he non deue mays que hua loytosa. Et Aras Peres do / Geadento morador en Laurada xx testemoyo jurado et preguntado en rason do senorio et juridiçon et loytosas diso commo Fernan de Melleiros et esto meesmo das loytosas concordou con o dito Fernan de / Melleiros et esto daua por çerto. Escrita en Laurada dia et mes et anno sobreditas testemoyas Pedro Lopes Afonso Fernandes Johan Carualido Pedro Salgado Diego Pando Ruy Salgado et Johan do / Saparo et outros. Et eu Gomes Peres notario publico jurado dado do bispo de Mendonedo enno seu obispado et villas et lugares del que a esto presente foy et que a presente(?) escriui et en ella puge meu synal que tal he en testemoyo de verdade a qual foy feita por mandado do dito sennor obispo.

Tamén se cita que con data 22 de novembro de 1407, sendo bispo Álvaro de Isorna, otorga documento de foro a favor de Nuño Freire de varios cotos, entre eles o de Labrada; por tanto pasabamos a ser terra dos "Andrade". 
   O 20 de maio de 1417, reunido o cabildo e presedido polo prelado, confirma a cesión que o canónigo Lopo González fai do arrendo  da administracíon de Labrada en favor do chantre Pedro Mariño de Lobeira.
   O Mariscal Pardo de Cela, home feudal, que falece executado o 17 de decembro do 1483, despois de facerse forte no "Castelo da Frouxeira".son varios os veciños que atopamos no Arquivo da Chancelería de Valladolid que loitaron no asedio do citado castelo. Nesta relación aparecen todos os fidalgos que acudiron ao cerco da Frouxeira e que presentaron, posteriormente, preito de fidalguía. Aparecen Roi Lorenzo fidalgo da parroquia de Espiñarcao. Na declaración doutra das testemuñas, esta vez un fidalgo de 60 anos veciño da parroquia de San Pedro de Labrada, tan só se mencionaba ao contendente:“que sabia que el dicho Ruy Lorenço, que contendia, fue a servyr, como ome fijodalgo, por mandado de los Reyes, nuestros padres, al çerco de peña Froxeyra, quando llamaron a todos los fijosdalgo de aquella tierra”. Outro fidalgo que pelexou para derrotar o Mariscal foi o veciño de Galgao Xoán Díaz. Estes señores que despois presentaron xuizo na Chancelería de Valladolid para conseguir o título de "fidalgos", foron mandados polos Reis Católicos.
   Por certo, a viúva do Mariscal Pedro Pardo de Cela, pasou os últimos anos da súa vida na Fortaleza de Castromaior.
    Outro nobre veciño noso que aparece en apuntes históricos é o nobre Ares Cao, "ome figos dalgo" , da "Casa de Guadento", dada a súa condición de "fidalgo" e militar, era mester loitar o lado do rei. Foi chamado por Juan II para pelexar en Baza para expulsar os moros de Granada, onde faleceu. Casado con Sancha Fernández con quen tivo un fillo chamado Alonso Díaz de Labrada, de quén aparece unha ejecutoria en Valladolid con data 10 de maio de 1512. Sabemos tamén que, descendentes da Casa de Guadento emparentaron cos de "A Torre de Labrada", que estaba situada xunto a igrexa de San Pedro. Todo apelido "Labrada", que aparece nos séculos XVI e posteriores provén da descendencia de dita torre-pazo.
 
   "A Torre de Labrada", que os apuntes históricos a situan xunto a igrexa, nada se recorda dela. Pero si quero apuntar que no ano 2004, cando se ampliou o adro, eu, de casualidade, vin unha parede enterrada a uns dous metros partindo dende a soleira da porta de fora da casa Rectoral. A parede de pedra, estaba moi ben paredada, semellante a parede da parte baixa da igrexa. Eu non digo que aquelas pedras foran da Torre, pero o que si digo e que nada tiñan que ver coa Casa do Cura nin con construccións recente
 
   Cando Carlos I, no ano 1528 mandou facer un censo na Coroa de Castela; en Labrada eran 71 veciños que pagaban entre todos 469 reales. Despois da revisión censal, tiña que pagar cada  "pechero", 169 maravedis,( os maravedis eran moedas feitas en cobre e os reales eran en prata).
 
   A finais do século XVI aparece no Colexio Fonseca:
"Juan Fernández Sanjurjo, natural y vecino de San Simón. Se casó con Ana López, que era natural de San Pedro de Labrada.
Ana López era hija de Juan García de Otero, natural y vecino de San Pedro de Labrada, del lugar de Outeiro, y de Inés López, natural de Santa María Magdalena de Fanoy. (Fonte: xenealoxia.org. José Manuel Moreira Docampo)
Esta Inés López era, a su vez, hija de Pedro de Carracedo, natural de Fanoy, del lugar de Fornos, y de María López, que era hija de Roy Díaz de San Martín, de San Martiño das Figueiras. Pedro de Carracedo y María López construyeron la casa de Fornos en 1580, según constaba en inscripción situada en la propia casa".
 
   En 1587.
   "En Real Cédula de recepturia, dada en Madrid, a 7 de febrero de 1587, repartiendo a la provincia de Mondoñedo los maravedís que le tocaban pagar de 454, cuentos del servicio ordinario y extraordinario que en las Cortes que se estaba celebrando alli y comenzaran el año anterior se habian al Rey por los procuradores para la guarda y defensa y conservación de los reinos y para otras cosas muy importantes, figuran los partidos que la formaban, los cuales eran los siguientes:
   ... Labrada, ....
   (Eduardo Lence Santar y Guitian. Cronista Oficial de la Ciudad).
 
   No 1587 Felipe II ordenou os bispos que fixeran un censo, chamado Censo dos Obispos, xa que a igrexa tiña o poder suficiente como para facer un listado dos veciños e das súas posesións; en Labrada aparecen 64 casas.
 
   Xa en 1591 eran en total 103 veciños, dos cales 100 eran pecheros, 2 curas e 1 fidalgo. Decir que se lle denomina "pechero" o veciño que tiña a obriga de pagar os impostos. Os fidalgos e o clero estaba exento de calquer imposto. Tamén decir que eran moi poucos as persoas que pusuían terras en propiedade, case todas eran do clero e dos fidalgos.
 
   Aparece, con data 5 de novembre do 1593, un traslado notarial, feito no ano 1629, da escritura expedida polo Cabildo a favor de Juan da Raña e de alonso Díaz, veciños de S. Pedro de Labrada, pola que os aforaban, para eles dous, a partes iguales, e para os seus fillos e netos, o casal chamado de "Trasdolombo", sito na devandita feligresia de Labrada, coa súa casa e unha cortiña contigua, heredades de labranza e de montes. O citado lugar pertenecera a Gómez Cadrado, con 3 terreos sitos no lugar das "Cancelas", lindando todo elo no camiño da igrexa. Fixouse o canon foral en 7 reales de plata, de 34 maravedis, a pagar por S. Martín. Destacar tamén, que a venta do citado casal, trouxo diversos pleitos entre o Cabildo e os citados propietarios. 
   Labrada aparece en documentos depositados no Arquivo do Reino de Galicia. No ano 1608, aparece a seguinte mención: " Los vecinos del partido de San Pedro de Labrada y Juan García con Alonso de Luaces, sobre reparo del puente del Pedrido".
 
   No ano 1638: "María Alonso, viúva, con Juan de Luaces, sobre los montes del lugar de Xanaz.
   Conta El eco de Galicia:
    "D. Antonio Díaz de Labrada, Escribano de Mondoñedo, en 6 de Mayo de 1686, ordenó que, en la Parroquia de San Pedro de Labrada (Abadín) se fundase con 40 fanegas de centeno, un Monte de Piedad para pobres y una capellanía nominativa, en el altar de Nuestra Señora la Grande, con 20 misas rezadas todos los años". (Publicado o día 30/10/1909, no diario El eco de Galicia: órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sub-Americanas).
 
   En 1692.

   "En un repartimiento de dicho año, hecho por Blas Vidal Gómez, Repartidor General de la Ciudad provincial de orden del Licenciado D. Manuel Canel, Abogado de la Real Audencia de Galicia, Alcalde mayor y Regidor perpetuo del Concejo, de 6.616 reales y medio que habia de pagar de los 5.000 ducados conque S.M. y señores de su Real Consejo mandarán asistir de los asuntos de Sisas y Millones, Alcabadas y Cientos, figuran las cantidades repartidas a cada entidad que fueron las siguientes:
   ...
   A la Graña de Villarente, 487 maravedis.
   A Moncelos, 706.
   A Quende y Gontán, 120.
   A Candia y Varoncelle, 991.
   A Castromayor, San Pedro das Goas y Aldige, 876.
   A Labrada, Espiñarcao, Romariz, Fanoy y Frayas, 1.272.
   A Concejo de Villarente, 2109.
   A Abadín, 495 maravedis.
   ...
   (Eduardo Lence Santar y Guitian. Cronista Oficial de la Ciudad).

   Aparece outro dato no ano de 1768, no que se indica que en Labrada hai 368 veciños e 4 fidalgos.


   A riqueza mais fermosa que ten un pobo e a súa xente, esa xente non ten por que vivir no lugar onde lle gustaría vivir. A xente sempre foi de aquí para aló e o revés; labrada foi unha  aldea de emigración. Canta xente se foi a "hacer las americas" e non volveu. Cantos fillos e netos de Galegos viven nas "americas" e descoñecen a terra dos seus antepasados. Ogallá, polo menos saiban onde estamos.

   1795. Diccionario geográfico universal .... Antonio Vegas.
   "LABRADA: hay dos filigresías en España de este nombre en Galicia; la una está en la Provincia de Betanzos, Jurisdición de Monfero, y la otra en la Provincia de Mondoñedo, Jurisdición de Costas de Monte. La primera es de Señorío Abadengo, que pertenece al Monasterio de Benedictinos de Monfero, y la segunda, de Señorio Eclesiástico que pertenece al Reverendo Obispo de Mondoñedo; y las dos tienen Alcaldes Ordinarios por sus respectivos señores".
  
   1825. Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal. Sebastián de Miñano y Bedoya.
   "San Pedro de Labrada, feligresia eclesiástica de España en Galicia, provincia y obispado de Mondeñedo, jurisdición de Costa de Montes, Juez ordinario. 94 vecinos, 534 habitantes. Situada en el terreno más ínfimo, montañoso y áspero de toda esta diócesis y tan árido que no hay siquiera un árbol frutal. Produce centeno, avena y patatas. Dista 3 1/2 leguas de la capital y 19 1/2 de Santiago. Contribuye 1549 reales 3 maravedies".
 
   1832. Diccionario Geográfico Universal. Antonio Bergnes de las casas.
   "LABRADA (San Pedro de), feligresía eclesiastica de España, en Galicia, provincia, obispado y a 3 1/2 leguas de Mondoñedo y á 19 1/2 de Santiago; jurisdición de Costas de Monte. Juez ordinario. Población 534 habitantes. Situada en terreno árido y el más montañoso y áspero de toda la diócesis. Produce centeno, avena y patatas".

   1847. Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de españa. Pascual Madoz.
   "Labrada, (San Pedro de). Feligresía en la provincia de Lugo, 7 1/2 leguas; diocesis y partido judicial de Mondoñedo y ayuntamiento de Abadín: sita sobre los margenes de los riachuelos Villagüente y Jestide, disfruta de buena ventilación y clima templado y bastante sano. Cuenta 150 casas distribuidas en los lugares de Agros, Barral, Cabeira , Cabozo, Cordal, Corrubedo, Juadento, Lamacide, Lestide, Outeiro, Pazo, Tibian y varias casas. La iglesia parroquíal es única y su curato de entrada y patronato de D. José Varela y Luaces; el cementerio aunque reducido no perjudica para nada a la salud pública por su buena ventilación. Hay una hermita con la advocación de S.Antonio, de fundacion particular. El término confina por norte con Sta María de Montouto; por éste con Estelo; por sur con S. Juan de Romariz, y por oeste con S. Simón de la Cuesta y Santiago de Samarugo; estendiéndose de norte a sur 3/4 de legua y 1 de éste a oeste. Tiene fuentes de buen agua y le bañan los indicados riachuelos Villaguente y Jestide, aquel tiene origen en los montes de Tojoso, y este en la cuesta de Sol,  desaguando el primero en el rio de Abadín y el segundo en el rio de Tronceda. El terreno participa de monte y llano, aquel poblado de combustible y pasto, y este de mediana calidad. Los caminos vecinales y mal cuidados, y el correo se recibe por la capital del partido. Produce trigo, centeno, avena, patatas y mijo; cria ganado vacuno, lanar, cabrio, de cerda y caballar. Hay alguna caza. Industria: la agricola, 6 molinos harineros y los oficios necesarios para el uso del pais. Población: 150 vecinos, 800 almas.
 
   01/11/1853. Boletín Oficial de la Provincia de Orense.
   "El Juez de primera instancia de Mondoñedo cita, llama y emplaza con término de treinta días naturales á contar desde ia inserción del presente en los Boletines oficiales á Domingo Cabeza, de San Pedro de Labrada, distrito de Abadin, á fin de que comparezca en la cárcel de partido á responder á los cargos que contra él resultan de la causa formada por hurto de fruto á Juan Vivero; advertido de que su rebeldía á las convocatorias judiciales le parará perjuicio; y á la vez escita á las señoras autoridades para que procuren la captura del Domingo, y caso de obtenerse sea puesto á disposición del juzgado, estampándose al intento á continuación sus señales. Mondoñedo octubre 17 de 1853. José María Ulloa.
   Señas. Edad 23 años, estatura 5 pies y 2 pulgadas, pelo y ojos castaños, nariz afilada, barba poca, cara larga, color bueno; viste pantalon de estopa, chaleco de candil del país con mangas, gorra de burel y madreñas".
 
   29/07/1882. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
   "Juzgado de 1. a instancia de Mondoñedo.
   Don Alfonso XII, por la gracia de Dios Rey constitucional de España, y en su nombre D. Celestinoo Arias Gago, Juez de primera instancia de la ciudad de Mondoñedo y su partido.
   Por la presente llamo, cito y emplazo á Antonio Vidal Alonso, vecino de la parroquia de San Pedro de Labrada, cuyas señas á continuación so expresan, para que en el término de quince dias, contados desde la inserción de esta requisitoria en el Boletín oficial de esta provincia y Gacela de Madrid, se presente en este Juzgado á fin de ser notificado de la sentencia dictada en la causa que se le siguió por lesiones á Juan Román, y emplazado por término de diez dias para ante la superioridad, prévio nombramiento de abogado y procurador; advertido que de no verificarlo será declarado rebelde y le parará el perjuicio á que haya lugar; y al propio tiempo encargo á las autoridades asi civiles como militares procedan á la busca y captura de dicho sugeto; poniéndolo á mi disposición, caso de ser habido.
   Dado en Mondoñedo á 24 de Julio de 1882.—Celestino Arias U. Gago.—Nazario Seco.
   Señas del procesado.
   Edad 28 años, estatura alta, pelo y ojos castaños, nariz regular, cara delgada y color moreno".

   04/07/1884. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
   "Juagado de 1ª instancia de Mondoñedo.
   Don Edelmiro Trillo y Señorans, Juez instructor del partido de Mondoñedo.
   Por la presente, llamo, cito y emplazo á Antonio Requeijo Fernandez, natural y vecino de la parroquia de San Pedro de Labrada, de 25 años, hijo de Lúcas Requeijo y Luisa Fernandez, soltero, labrador, sin apodo, de estatura corta, pelo y ojos castaños, nariz chata, barbilampiño, color bueno, que se halla ausente con ignorado paradero, á fin de que dentro del término de quince dias, á contar desde la inserción de esta requisitoria en el Boletín oficial de la provincia y Gaceta de Madrid, se presente en la cárcel pública de este partido para responder á los cargos que le resultan en la causa contra él instruida por lesiones; bajo apercibimiento de que, no verificándolo, será declarado rebelde y le parará el perjuicio á que hubiere lugar con arreglo á la ley.
   Al mismo tiempo, ruego y encargo á todas las autoridades y dependientes de la policía judicial se sirvan proceder á la busca y captura de dicho sugeto; poniéndolo, caso de ser habido, á mi disposición en la referida cárcel, con las precauciones convenientes.
   Dado en la ciudad de Mondoñedo á 2 de Julio de 1884.—Edelmiro Trillo.—Ante mi, Antonio Ferreiro y Hermida, por Seco".

   29/03/1899. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
   "Hago saber: que, por providencia del día de hoy, ha sido admitida, sin perjuicio de tercero y salvo mejor derecho, una solicitud presentada en este Gobierno por D. Pascual Isasi Isasmendi, vecino de Bilbao, por la que desea adquirir la propiedad de 12 pertenencias de mineral de hierro con el nombre de Asunción, sitas en el paraje llamado Cuesta Verde, parroquia de San Pedro de Labrada y Ayuntamiento de Abadín: lindando á todos rumbos con monte común.
   Verifica la designación de dicho registro en la forma siguiente:
   «Se tendrá por punto de partida el ángulo Norte de la casa de Luís Gil, y desde él se medirán al Norte 300 metros, al Sur 300 metros, al Este 100 metros y al Oeste 100 metros, y levantando perpendiculares en los extremos de estas líneas, se cerrará el perímetro de las 12 pertenencias solicitadas.»
   Lo que se anuncia al público á los efectos de los artículos 23 y 24 de la vigente ley de Minas, señalando el plazo de sesenta días para la admisión de reclamaciones.
   Lugo 28 de Marzo de 1899.—Ricardo de Guzmán".
 
   07/04/1899. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
   "Secretaría.—Minas
   DON RICARDO DE GUZMÁN Y GALTIER,
   SECRETARIO DEL GOBIERNO CIVIL DE ESTA PROVINCIA.
   Hago saber: que, por providencia del día 4 del actual, ha sido admitida, sin perjuicio de tercero y salvo mejor derecho, una solicitud presentada en este Gobierno por D. Manuel Castedo Sanfiz, vecino de esta ciudad, por la que, como apoderado y á nombre de D. Pascual de Isasi Isasmendi y Adaro, de Bilbao, desea adquirir la propiedad de 12 pertenencias de mineral de hierro con el título de Violeta, sitas en el paraje llamado Cuesta Verde, parroquia de San Pedro de Labrada, Ayuntamiento de Abadín: lindando á todos rumbos con
monte común.
   Verifica la designación de dicho registro en la forma siguiente:
   «Se tendrá por punto de partida la esquina Norte de la casa de Luis Gil, y desde él se medirán: al Norte 300 metros, al Sur 300 metros, al Este 100 metros y al Oeste 100 metros, y levantando perpendiculares en los extremos de estas líneas se cerrará el perímetro dé las 12 pertenencias solicitadas.»
   Lo que se anuncia al público á los efectos de los artículos 23 y 24 de la vigente ley de Minas, señalando el plazo de sesenta días para la admisión de las reclamaciones.
   Lugo 6 de Abril de 1899,—Ricardo de Guzrnán".

  Traxe dos aldeáns de Labrada, preto de Mondoñedo. (Historía de Galicia. Murguía)

   Existen numerosos apuntamentos, tanto en xornais ou na lenda popular sobre a vida en Labrada, é de sobra coñecido polos veciños moitas situacios de un notorio interés histórico, que non se soubo valorar no seu momento. E que chegan os nosos oidos de un xeito lonxano e pode que mezclando a realidade e a suposición. Imos sacar a luz apuntes atopados e, tamén verdades oídas._ 
   Preto do barrio do Pazo, como o seu nome así o reflexa, houbo un pazo, os documentos din que estaba no lugar chamado "Escourido" xa confinando con Romariz. Así o expresa no libro "Galicia: hisoria e imagen", publicado por Ramón Blanco Arean en 1979, cando fai mención de Labrada: 
"S. Pedro de Labrada, a parroquia máis montañosa do municipio, soar do pazo de Labrada, onde no lugar de Escourido, do barrio de Pazo, houbo unha torre cuxas pedra foron utilizadas polos veciños para diversas construcións". Serba, foreiro da páxina web "xenealoxia.org", describe que en "Escourido" existeu un Palacio y Torre.
    Cando nos anos 70 no pazo vivía o Argemiro e a Genara, cos seus fillos Pepe e a Elva, facíano nunha casa que estaba pegada á dereita da de Palmira. No frente a casa tiña nunha pedra un escudo tallado, e as pedras da entrada tiñan adornos tamén labrados nas canterías. A día de hoxe nada se conserva; suponse que as pedras foron enterradas nas corredoiras, ou, dado o calamitoso estado das vivendas, esteñan tiradas no medio das silveiras.
   Volvendo o lugar de "Escoirido", abaixo do Pazo, perto  do camiño que une os barrios do Pazo e a "Casa Vella" en Tibian; suponse que oubo unha ferrería xa que en diferentes décadas mais recentes sacouse unha boa cantidade de escoura. Tanto en carros como xá na década dos 70 en transportes mecánicos depósitandoa no lugar chamado "Fuxe Cabrito".
 
   4 de novembro do 1901 no Boletín Oficial da Provincia de Lugo publica a seguinte nova:
   "Don Octavio Cancio y Cuervo, Secretario del Gobierno Civil de esta Provincia.
   Hago saber: que, por providencia del día 29 de Octubre último, ha sido admtida, sin perjuicio de terceros y salvo mejor derecho, una solicitud presentada en este Gobierno a las doce del mismo día por D. Venancio Saavedra Lorenzo, vecino de Aldige, distrito de Abadín, D. Jose de Domingo Berastegui de Madrid y por D. Mausfeldt Henry Mills de Londres, por las que desea adquirir 90 pertenencias de mineral de hierro con el título de Cleopatra y Marco Antonio, sitas en los términos de de las parroquias de Romariz y Labrada, del Ayuntamiento de Abadín, y parajes que nombran Veiga das Anduriñas, Costa de Area y Casal de Cabana, en terreno común: lindante por todos rumbos con terreno de igual clase, excepción hecha del punto de partida , que lo es de propiedad particular y alguna que otra finca que lo es de igual propiedad, que probablemente se comprenda dentro del perímetro.
   Verifica la designación de este registro en la forma siguiente:
   <<Se tomará como ó por punto de partida el centro del de prado de riega que en propiedd  y colonia posee Domingo Rico, de Romariz, sito en dicha de Romariz, y paraje que se nombra Veiga da Ferreira, o sea el mismo de partida que se fijo para el registro de la mina Eureca de 170 metros de largo, fijandose la primera estaca; desde ésta se medirá también en linea recta y en dirección Oeste 32º al Norte 5200 metros, fijándose la segunda estaca; desde ésta se trazará otra linea recta de 170 metros de largo en dirección Sur y se fijará la tercera estaca, y desde ésta se medirán también en linea recta 5200 metros en dirección Este 32º al sur, hasta encontrar el punto de partida, quedando así cerrado el perimetro del paralelogramo que comprende las 90 pertenencias solicitadas.>>
   Y correspondiendo a este registro el nº, 1928, se hace público por medio de este periódico oficial en cumplimiento y a los efectos de los artículos 23 y 24 de la vigente ley de Minas, señalándose el término de sesenta dias para la admisión de reclamaciones.
   Lugo 2 de Noviembre de 1901. - Octavio Cancio".
 
    07/04/1910, no diario El Correo de Galicia, publica a seguinte nova:
  "Comunican de Abadín que el empresario de las minas de Romariz y Labrada, piensa comenzar muy en breve las obras de explotación de las minas, a cuyo efecto ha encargado ya las herramientas necesarias para que puedan dedicarse al trabajo algunos obreros".
 
   01/07/1908, no diario "El norte de Galicia", sae publicada a nova seguinte:
   " Han presentado en este gobierno civil, D. Domingo Otero, José Cordal Otero y Julian Cabana Otero, vecinos de Labrada, en el ayuntamiento de Abadín una solicitud oponiéndose a la concesión de 30 pertenencias de mineral de hierro y otros metales con el nombre de Otilia interesada por  D. Venancio Saavedra Lorenzo".
 
   23/04/1913. El Regional; informa do seguinte:
   "Ha sido desestimada la oposición formulada por D. Domingo Otero y otros vecinos de Labrada, contra la cesión a Venancio Saavedra Lorenzo del registro minero denominado Otilia y registrado al número 2896".
 
   10/11/1913, El Regional, publica o seguinte:
   "Habiendo renunciado D. Venancio Saavedra Lorenzo , vecino de Aldige, en el ayuntamiento de Abadín, a todos los derechos que puedan corresponderle en el registro minero Otilia, número 2896 de su expediente, sito en el referido ayuntamiento; se declara franco y registrable el terreno que comprende dicha mina".
 
    23/03/1921. El Regional.
   "El Ayuntamiento de Abadín acordó solicitar de este Gobierno la instrucción del oportuno expediente para la declaración de utilidad pública de los siguientes caminos vecinales:
   Uno que partiendo de la feria pública de Gontán terminé en los términos de Ferreira del Valle de Oro, pasando por Campo dos Novos, Puente Gestide de Abajo, Pena do Ovo y Tremoal; longitud 14 kilómetros.
   Otro de ocho kilómetros de longitud que partiendo de la feria de Gontán termine en Campo dos Novos, de la parroquia de Labrada, pasando por el lugar de Coto y Puente Labrada. 
   Otro de cinco kilómetros de longitud, que partiendo de Campo dos Novos, en la parroquia de Labrada, termine en los confines de Viveiró, del Municipio de Muras.
...".
 
   25/11/1926. El Noticiario Gallego.
   Sobre a escola de Labrada informa que está vacante. "Labrada; Ayuntamiento de Abadín; escuela mixta para Maestra. 1293 habitantes".
 
   01/1953. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo.

   "LABRADA Y CASTROMAYOR 
 
   Ordenanzas del año 1707

   En nuestro trabajo «Ordenanzas de las jurisdicciones de Labrada v Castromayor, del año 1707». consta que dichas Ordenanzas fueron hechas por Su Merced D Fernando Roxica Montenegro, Juez ordinario de ellas el 15 de Marzo, ante Antonio de Saavedra, y que son las mismas, figura la siguiente:
   «Iten que tampoco se atreban ni sean osados a cortar, talar ni dicipar en las fragas y deesas desta dha Jurisdicción por el pie ni por la rrama sin dexar orca y pendon antes tengan grande cuydado con la conservación dellas y de los montes y de no arrancar cepas ni toxos por el pie y de plantar todos los años que dispone la ley rreal, pena de que afeutándose lo contrario seran castigados conforme a derecho».
   Sigue a ésta, otra ordenanza que dispone que «ninguna persona cierre, ocupe ni aprese los términos comunes y concixiles, exidos y abrabaderos de los ganados que tuvieren ocupados y apresados desde el tiempo que contiene la leí los abran, franquen y vuelban al estado que antes tenían dentro de nuebe días pena de que no lo aciendo se les obligará a ello a su costa y serán castigados por la innobediencia»".
 
   25/12/1964. El Progreso.
   " Electrificación de Labrada y Montouto, presupuesto, 1.295.000 Pesetas".
 
   26/09/1993. La Voz de Galicia.
   "Las obras subvencionadas por la Diputación ...
La traida de aguas a Tibián  en Labrada; 1.500.000pesetas, ...".
 
   17/11/1994. La Voz de Galicia.
   "El Ayuntamiento de Abadín aprobó en el pleno celebrado ayer una inversión de veinte millones de pesetas para traidas de agua. Las parroquias veneficiadas serán las de la zona norte del municipio: Labrada, Montouto, Romariz y otras. La mitad de dicho presupuesto procederá del Plan Operativo Local de este año, y el resto, de una partida presupuestaria de la Diputación a la que renuciaron varios ayuntamientos incluídos en las comarcas de acción especial. El sistema de esta traída de aguas consistirá en varios depósitos que se suministrarán unos a otros en cadena, desde el más alto, situado en Labrada. El ayuntamiento sólo tendrá que aportar la maquinaria para realizar los trabajos".