As Veigas do Tremoal e o fondo a esquerda o pico das Costas do Sol, no medio o da Espita Vella e a dereita o do Cadramón.
O monte de a Laguna, Chao da Fouce, Neveira e a Boca da Amosa. Foto sacada desde o monte da Tumba en Romariz. Ano 2016.
Foto sacada desde as Penas do Formento, no cortafuegos de Pena de Cabritos, pena que aparece na marxen inferior esquerda da foto. O fondo o pinar xudicializado coa comunidade de Castromaior. O fondo o pastizal da Neveira. No medio dos pinos aparecen o Rego Salgueiro, a dereita; e o Rego do Acibro, centro-esquerda na foto. Ano 2017.
Quizais un dos maiores sustentos o longo dos anos do labrador e gandeiro foran os montes en man común, comunidades de montes ou montes veciñais, chamados dos tres xeitos. Século tras século a superficie a monte estaba ahí para ser aproveitada, case sempre de xeito común, quitado algún aproveitamento individual. A maioría das hoxe fincas particulares, pode que todas, foron terreos abertales e sen dono. A costa de moito traballo, os veciños foron pechando cachos do chamado monte e que hoxe son pradeiros; veciños que naceron nos primeiros anos do século XIX recordan a monte en reximen comunitario as fincas hoxe apropiadas legalmente. Exemplos de esa situación son os Sistos, Moas, Albariñas, Cróas, Fonte Sagrada, ....
No que hoxe coñecemos como Monte en Man Común, tamén na década dos cincuenta e sesenta do século XX, caváronse rozas para recoller un pouco de gran, ben de centeo ou de avea. Aínda hoxe se poden ver restos dos peches das citadas leiras. Os Montes en Man Común, antes do 1940 eran montes de disfrute compartido e con algunhas normas creadas polos veciños ou en todo caso, rexidos polo código civil. A primeira normativa sacada como Montes en Man Común é do ano 1989 e, sucesivamente, foron modificando leis ata a de xuño do ano 2012.
O longo da década dos anos 50, comenzaron a facer valados para poder plantar pinos no que a posteriori se coñecería como a "plantación"; xa no ano 1946 se ten constancia de plantar na zona da Fraga Vella. Foron anos custosos para os gandeiros, xa que por cada emprega que entraba na "plantación", carrexaba unha sanción económica polos danos ocasionados, sempre polo número de plantas destruídas. A xente tiña que ir cuidar o gando, tanto ovino, caprino, bovino ou cavalar. O estado quedouse en propiedade co monte e fixo del o que lle pareceu, tanto se podía facer un pastizal na Neveira como plantar pinos no Ouroso.
A primeira Xunta Rectora da comunidade de Labrada foi nomeada no ano 1987, eran tempos nos que saíamos do manexo dictatorial da administración. O monte pasaba a ser de novo propiedade, relativamente, dos veciños; o gando podía pastar libremente, pero a madeira seguía a ser propiedade do estado. Ata que coas sucesivas loitas e reivindicacións a madeira tamén pasou a ser propiedade das comunidades, non sin antes ter un plan de ordenación e cada comunidade non ter deudas adquiridas coa administración por mor de calquera tipo de traballo feito na comunidade e relacionadas cos montes.
Foto publicada no diario El Progreso, o día 27 de novembro do 1966, adxuntada a un artigo sobre a implantación de pastizais en montes comunitarios.
O Pastizal de Pena Grande roturado e ardendo os terróns. Ano 1985.
Comuneiros do Outeiro pechando o pastizal de Lestide. Na foto de baixo: Antoño das Tarandeiras con gorra clara; Jesús do Salvador no medio e Licesio a dereita. Ano 1985.
Clavando nas estacas co petón, o da dereita é o Teodoro do Valentín, os outros non sabemos. Ano 1985.
Veciños baixando do monte despois de levar o gando pastar. A esquerda o Serafín do Anxel e a dereita Eulogio Castiñeira.
22/02/1967. El Progreso.
"Cursillo de ganadería y edificación de un edificio para un Teleclub en Labrada.
En días pasados se celebró en la localidad de Outeiro (Labrada), la clausura de un cursillo sobre Alimentación y Cuidados del Ganado con cargo al P.I.O., y llevado a cabo por el Servicio de Extensión Agraria de Mondoñedo; desarrollando las clases técnicas y prácticas: don Angel García Sanz, veterinario titular de Mondoñedo; don Francisco Cuéllar Moratalla, técnico del citado servicio, y los agentes del mismo, don José Recemil Tábora y don Mariano de Leiva y Vega.
Al mismo asistieron la totalidad de los vecinos, aúnque tan solo son 15 los jóvenes becados para su participación.
Entre los frutos del cursillo, está el conseguir despertar las inquietudes para el desarrollo de los problemas de la comunidad, tal como haber iniciado la construcción del edificio para instalar un Teleclub y su biblioteca, pués ya han solicitado su autorización correspondiente del Ministerio de Información y Turismo, así como todos los beneficios que otorga.
Dichas obras son construidas por sus propios medios y es de destacar la renuncia del importe de las 15 becas para tal fin.
Proximamente, llevarán a cabo la instalación de una báscula para pesar su ganado y desean la construcción de un puesto aplicativo de Inseminación Artificial, para el cual, están dispuestos a aportar terreno y prestación personal.
Por parte del personal técnico de Extensión Agraria de Mondoñedo y el señor Veterinario don Ángel García Sanz han llevado a dicho lugar y parroquia de Labrada entre otras que ya han practicado dichas conferencias y estímulo a los labradores que tan agradecidos y satisfechos por sus enseñanzas recibidas, felicitando así sus actividades profesionales por parte de quienes recibieron las mismas".
13/12/1983. La Voz de Galicia.
"Na agricultura tradicional galega, aquela da que dixo Gallástegui que era perfectamente funcional para os medios de que dispoñia o noso labrego, o monte tiña un papel moi importante.
A explotación agraria compoñíase de terras labrantías, prados e cortiñas e leiras de monte a toxo ou repoboadas, algunhas de carballos que se cepaban pra obter a leña para o lume, a madeira para os carros, grades e outros terbellos e as vigas para as casas. En bocarribeiras de Ourense e Lugo tamén tiñas importantes soutos de castiñeiros que, ademais da madeira, proporcionaban as castañas, tan importantes na alimentación de persoas e animais. Modernamente predomiñan os montes repoboados de piñeiros e eucaliptos.
Máis da mitade da terra da explotación agraria era a de monte, parte do cal era toxeira que se anovaba periódicamente sementándolle unha ou dúas colleitas de trigo ou centeo pra voltar a botalas a toxo albar que se aproveitaba para estra-las cortes do gando e pra matenza das bestas.
No monte pastaba o gando na primavera na que en calquera lado medran as herbas ventureiras.
Pero, ademáis dos montes de propiedade privada, moitas parroquias tiñan montes comunáis nos que facían rozas, collían o mato para estra-las cortes e apastaban o seu gando. En algunhas parroquias era tan importante que viña a ser o medio de vida principal das súas xentes.
Pero aló na década dos corenta, o Estado usurpou os montes comunáis facendo repoboacións forestáis incontroladas que, en moitos casos, foron un fracaso e, en todos, despoxando ós veciños dunhas propiedades que lles proporcionaban os medios de vida, obrigándoos, a veces, a ter que emigrar.
Nos anos sesenta eu viaxaba a cotío por toda Galicia e facía unha sección titulada <Fiestra> nun xornal vigués. O que facía era tirar unha foto de algunha cousa ou feito que me chamara a atención e logo facía un comentario.
Pois ben, conservo un daqueles traballos titulado ¿Pinos ou carpazas? encabezado con unha foto na que dous irmáns, veciños de Lorenzá -os irmáns Palacios- miden un piñeiro de catorce anos nos montes do Cadramón; piñeiro que non tiña máis de un metro vinte.
Cando alí, resumindo, que paráramos a xantar nunha taberna de Labrada, concello de Abadín. E mentres xantábamos ouvimos falar e metimos baza. Enterámonos de que aquí se fixera unha repoboación masiva facía anos, ainda que os resultados non foron moi brillantes. No monte chamado Coto do Cal os pinos prantados fai catorce anos non chegan a un metro de altura. Noutros como no chamado Veiga do Tremoal, pinos de dez anos non acadan vintecinco centímetros de alto. Mais ca pinos semellan carqueixas. E pra eso privaron os veciños destas tesas cumes do seu medio de vida; vacas e cabalos bravos que percorrian a serra, ben afeitos as duras condicións do clima da montaña.
A falcatruada fora tan patente que -no tempo da miña crónica- xa se intentaba correxi-la, acotando as zonas máis húmidas pra fecer pasteiros nelas. Así, para aqueles veciños que tiñan algunhas terras propias que lles permitiron sobrevivir, chega ainda unha certa compensación, pois agora poden de novo manter gando nas zonas de pastoreo. Pero moitos, os mais pobres, tiveron que abandonar os seus lares e marchar sabe deus a onde. E todo porque o mandonismo de turno impoñía a súa dura lei, sen importarlle as consecuencias que puidera ter para as xentes campesiñas.
Afortunadamente os tempos cambearon. Hoxe non sería posible facer algo semellante. Hoxe, incluso, os paisano da zona máis apartada, protestarían e farían valer os seus dereitos.
Pero as falcatruadas son malas de remediar. Lévase anos falando da devolución dos montes ós seus lexítimos donos. Pero, como en Galicia a parroquia ainda non ten personalidade xurídica -malia que figura no Estatuto de Autonomía a posibilidade de facelo- as cousas van tan amodo que chegaremos a netos sen velas resoltas.
E eso importa moito porque unha lexislación realista e axeitada neste ámbito, pode completar a extensión territorial das empresas familiares agrarias e das cooperativas comunitarias que chegaron ó teito das súas posibilidades económicas, condicionadas por falla de terra.
Sabemos de algunha que acadaron xa esta posibilidade, pero outras vexetan, atravesando unha verdadeira penuria que somente un incremento territorial lles permitirá superar.
Dixen antes que os tempos cambearon, pero as situacións inxustas mantéñense, pois ós veciños a quenes se lles privou dun medio de vida por facer un consorcio no que eles non tiveron nin arte nin parte, deberían ter unha xusta compensación, entregándolles a parte que lles corresponde directamente a eles, sen intervencións dos axuntamentos , e despois tería que artellarse un sistema de axudas e incentivos para poñer eses montes en explotacións, según as súas calidades e posibilidades forestais ou gandeiras. Para favorecer unha explotación comunitaria poderíase contemplar a posibilidade de que aqueles veciños que minoritariamente non quixeran participar, quedaran privados das produccións obtidas por un determinado número de anos, ainda que se lles respetara o seu dereito ó monte, que recobrarían cando se integraran, cos seus veciños, nunha explotación axeitadamente planificada. O Servicio de Extensión Agraria podería ser o tutor da posta en marcha deste sistema que podería dar nova vida a moitas das aldeas que hoxe esmorecen lamentablemente".
Traballos de plantar pinos nas Valiñas da Ovella, febreiro do ano 2016.
Foto sacada desde Pena Contreira. Ano 2016. A dereita parte do Pastizal de Chao da Fouce, máis aló o de Pena Grande e o fondo Romariz.
Autorización para pastar no monte plantado.
Non quero deixar pasar a oportunidade de achegar uns datos e opinións sobre a situación no momento actual, ano 2017.
Como ben dí o Sr Pousa Antelo, os tempos mudan: É moi certo que os montes foron usurpados aos veciños pola administración, pero tamén é certo que os montes non tiñan unha produción axeitada. Non podía haber un bo pastoreo, o monte estaba completamente pelado, sen abrigos, con toxo bravo e queiroga.
Unha dúbida que expoño, é a seguinte, qué pasaría se o monte seguira sendo veciñal e non o repoboara a administración? A comunidade de Labrada, sen datos firmes na man, pero si orientativos, ten uns importantes ingresos pola madeira do monte comunal. Aparte, un importate sistema de abrigo proporcionado pola plantación. O pino por naturaza é unha pranta quente, que plantada dun xeito apropiado, permite medrar os pastos e así, o gando, ter abrigo e pastos nos momentos de extrema climatoloxía. Por outra banda, a cultura dos cogumelos, por pouca xente explotada na zona, podería ser unha importante fonte de ingresos, e no medio dos nosos pinos saen varias clases de cogumelos. Por tanto, a miña impresión é que, coñecendo os condicionantes, temos monte para pináceas, pasteiros e toxeiras.
Comenta o Sr Antelo no seu artigo, que en zonas exclusivas os pinos non medraron; moi certo. Pero falta un analisis mais amplo para saber as causas, aparte da climatoloxía. Saber de que xeito se preparou a terra, ou a cantidade e tipo de fertilizantes aportado e tamén o tipo de planta e saber a súa procedencia. É certo que tamén o gando ao entrar na plantación comía o gromo e así, o non ter guía, deixaban de medrar. Tamén as fortes e prolongadas nevaradas facían que os pinos non poidesen sair de xeito convinte.
Fora da plantación, no monte pelado a climatoloxía non permite criar un bo pasto para o sostento do gando. Dende outono ata abril as choivas son constantes e nos meses propios de inverno o pasto está moi deteriorado, e menos mal que agora xa non neva como antaño; e no verán a calor e a pouca terra vexetal fan que os pastos se volten secos moi rapidamente.
Foto do ano 2015. As Veiga de Marzán, o fondo a Neveira.
O pastizas da Veiga do Carballal, tamen se pode ver o dos Chaos e o do Porto Cibreiro. O fondo a Arca de Montouto, o Caranco e as Costas do Sol a dereita, Espita Vella e Coto do Cadramón. Ano 2017.
Foto sacada desde a ladeira Este da Neveira. Vista de Cas Xil, Pena Chantada, Os Chaos, A Veiga, o Pedrouzo .... Ano 2016.
07/11/1984. La Voz de Galicia.
"A unos 31 millones de pesetas asciende la inversión que efectuará la Xunta de Galicia a través de la Consellería de Agricultura en la transformación de varios montes de la parroquia de Labrada, en el municipio de Abadín. El vecindario de este lugar en una reunión llevada a cabo el pasado lunes y a la que asistió el delegado de la Consellería de Agricultura en Lugo, Alcalde Paz, aprobó el correspondiente anteproyecto. Estas transformaciones es muy posible que comiencen a llevarse a cabo antes de que finalice el actual año.
Los montes afectados son el Toxoso 1 en las zonas de Pena Grande, O Redondo, Veiga de Carballal y os Chaos de Caxil, y el Toxoso 2, en las zonas de Cute, Marzán, Tremoal, y As Veigas. La cantidad que tiene previsto invertir la Xunta asciende a un total de 30.777.600 pesetas y los vecinos, según el anteproyecto que aprobaron, tan sólo tendrán que prestar la mano de obra.
Este proyecto consiste en la roturación de 175 hectáreas rasas en los terrenos más idóneos y los de poca pendiente exceptuando los repoblados de pinos. Está prevista la construcción de zanjas de desague en aquellas zonas que presenten problemas de drenaje.
Estan zanjas tendrán una longitud total de 1300 metros con unas dimensiones de 0,70 de profundidad y 1,20 de ancho.
El proyecto contempla, además, la mejora mediante calado, abonado y desbrozado de veinte hectáreas de monte arbolado que servirá como refugio a los animales y también como zona de pasto en épocas duras de invierno. A su vez tienen prevista la construcción de un total de 25 kilómetros de cerca de la parte transformada y de mejora del bajo arbolado.
Esta transformación se completa con la mejora, mediante calado y abonado, del pastizal conocido como Seidoiro de la parroquia de Labrada. Además construirán quinientos metros de caminos con firme de maccadan que permitirán el acceso a las distintas zonas.
Por último también tienen previsto construir tres alpendres de doscientos cincuenta metros cada uno que servirán como refugio al ganado en invierno y en épocas de frío y otras inclemencias climatológicas. Por último también adecuarán un total de tres abrevaderos.
La Xunta invertirá 19.250.000 pesetas en las operaciones de transformación del monte en pastizal; 300.000 en zanjas; 327.600 en el drenaje; 170.000 en la mejora de pastizales; 4.640.000, en caminos; 2.250.000, en cobertizos; 383.000 en los abrevaderos más 582.000 en diversos apartados".
Outro importante pulo da nosa comunidade foi a creación dos pastizais citados anteriormente, e outros feitos a posteriori. Eso fixo que se poideran utilizar mais pastos e de maior calidade, aportando forraxes para o ensilado e así poder aumentar a cabaña gandeira. Ainda que nas condicións dos proxectos, a comunidade tiña que poñer a man de obra, sería ben aclarar que non se fixeron as naves e os materiais aportados pola Xunta perdéronse no monte ou foron utilizados para mester pouco relacionado coa comunidade.
Lamentablemente non todos os comuneiros estamos preparados para traballar como comunidade e de xeito cooperativista. A maioría só quere e mira o ben persoal. Coa lexislación actual, na que se permite o uso e administración dos montes por parte das comunidades, o mellor xeito de aproveitamento do monte é, baixo a meu punto de vista, un réximen comunal, na que todo animal que pastara no monte estivera baixo unhas normas que proporcionara unha ausencia total de conflictos entre os membros da comunidade e entre ésta e os organismos públicos. Un xeito moi rentabel sería o aproveitamento comunal; de tal xeito que, a comunidade, por tanto os comuneiros, fora unha cooperativa que aproveitara todo o que se refire o monte de xeito asociado e colectivo e non individualista. Xa que, por exemplo, a madeira é de todos, pois tamen as vacas, eguas, ou calquera animal rentable fora da comunidade e colectivo e non a título individual. Os cuidados e traballos serían por turnos e repartidos entre os comuneiros. Recoñezo que, por mor da mentalidade egoista e interesada, sería complicado o desenvolvemento, pero tampouco obrigatorio para os comuneiros, só para comuneiros voluntarios.
Antigo valado na comunidade de Labrada e que separa a usurpada Finca da Fraga Bella cos montes da citada comunidade. Ano 2016.
Pastizal das Veigas do barrio do Campo dos Novos. O fondo os tres cotos: as Costas do Sol, Espita Vella e Coto do Cadramón. Foto do ano 2016.
Foto sacada no ano 2016 desde O Coto Vello. A dereita o Chao do Pan. parte do Caranco, o fondo a neveira Nevada, a esquerda o barrio do Calvo, a ensenada central son As Veigas de Vilariño e Rego das Galiñas.
Foto sacada desde O Coto Vello, ano 2016. A dereita o pastizal de Marzán e o fondo o Caranco e o Chao de Montouto.
A día de hoxe, aparte da xusta e boa xestión dos Montes Comunales, un dos grandes problemas e inquedanzas son os deslindes, que no seu momento a administración non fixo de maneira xusta e a día de hoxe deixa nas mans das Xuntas Rectoras o labor.
Como xa se comentou, os montes son unha importante fonte de ingresos nas comunidades, desde sempre polo pastoreo, pero agora hai que engadir, dependendo das zonas; a madeira, os parques eólicos, cogumelos, etc. Labrada non se libra do errático manexo da administración referente os deslindes.
No ano 2017 só ten oficialmente deslindado coa comunidade de Fanoi. Con Romariz tentouse, pero os puntos ainda que concordan os nomes, non así os lugares. Aparte Labrada e Romariz arrastra outro problema chamado Fraga Vella; lugar que co paso do tempo pasou a medrar de tal xeito que abarca parte de Estelo, Romariz e Labrada.
O deslinde con Castromaior está xudicializado, (http://labradeses.blogspot.com.es/2017/07/varios-caminos-para-unha-verdade.html).
E os deslindes coas parroquias do Valadouro ainda non se intentou, como tampouco con Montouto.
Outra posibilidade que ofrecen os nosos montes e o da practica do deporte: caza, senderismo, deportes de orientación e outros, quizais descoñecido por algunha xente, que se practica voando: o parapente. Como mostra vai o seguinte enlace:
https://youtu.be/skwMUFKtuHE
Outra fonte de proveito son os variados tipos de rochas, ainda que maioritariamente graniro, que se atopan nos montes.
Xa na extensa época romana, os montes da zona, e concretamente o longo do cauce do río Pedrido, (o río de tras do Cordal) fixéronse algunhas explotacións mineiras. Proba diso son os restos de escoria, material que queda despois de fundir e escoller aqueles que interesan. Pódese ver no mesmo río, e xa en Romariz, un filón de pedra brilante, e crese que os mesmos romanos poideron sacar pequenas cantidade de plata. Xa nos comenzos do século XX tense constancia de pequenos fornos para fundir materiais mineiros, tanto no río Pedrido como no Labrada.
11/07/1908. El Norte de Galicia.
"Han presentado en este gobierno civil D. Domingo Otero , José Cordal Otero y Julián Cabana Otero, vecinos de la parroquia de Labrada, en el ayuntamiento de Abadín una solicitud oponiéndose a la concesión de 30 pertenencias de mineral de hierra y otros metales con el nombre de Otilia interesada por D. Venancio Saavedra Lorenzo.
Aló polo ano 1995 a multinacional finlandesa Outukumpu, levou a cabo unha serie de prospeccións nos montes de Romariz e Labrada para atopar un filón de cinc e plomo. A intención era atopar cinc e cobre e que fora rentable para abrir galerías subterraneas. Apareceron constantes mostras de cinc e plomo, e tamén ferro, pero non garantizaban a rentabilidade económica da explotación.
Foto de La Voz de Galicia.
Outra mina, esta vez de granito e a ceo aberto, estaba Os Agros. Monte que lindan coa parroquia do Pereiro. Mina que se mantivo en funcionamento ata que a xustiza lle deu a razón a comunidade, logo das denuncias presentadas no xulgado de Mondoñedo pola Comunidade de Montes en Man Común de Labrada. A mina estaba sendo explotada pola empresa Ingemarga, arrendataria do terreo ilegalmente collido pola familia Pernas Cabanas.
Mámoa no monte de Toxoso, situada entre os nacementos dos regatos das Valiñas da Ovella e do Rego dos Pelouros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario