Auga que naces fresca
ti, que saes sen presa;
dos furados que traen segredos
do fonda da nosa terra.
Ti naces no Corruvedo
ou nas fontes do Chao do Outeiro;
baixas amodo unhas veces
e outras regalas medos.
Auga que maina baixas
ti, que nos regalas dozura;
arrólaste en cama verde
no leito de quen te estima.
Namoras os nosos prados
cando nos regalan flores;
lavas camiños estreitos
lameiros, tristes, espidos.
Quixeches nacer en Labrada
escolliches o teu destino;
ou baixas cara a Portela
ou ficas na "De Xaniño".
Xuntas facedes regos
frescas, claras, unidas;
andades ben agarradas
baixades bicando niños.
Ides limpando o fondo
do namorado pai Miño;
levádelo aló, tan lonxe
moito, e non esquecido.
Pasados uns feixe de anos
volverás á túa Labrada;
nos días de vento e torbóns
mollando e bicando a faciana.
Manuel Rivas Cortiñas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario