luns, 6 de marzo de 2023

Restaurante-Bar Niza.

    A casa familiar do Fidel do Gringo nos anos 70, onde está o "Restaurante- Bar Niza".
 
 
   "O Niza", popularmente coñecido entre a xente de Abadín é un dos locais de referencia na preparación de pratos de todo tipo de carne, incluíndo a relacionada coa fauna salvaxe. O seu merecido recoñecemento chega á moitos lugares de Galiza como tamén de fora da comunidade. Non é de estrañar que comensais con un padal exquisito se acheguen ao restaurante para degustar os pratos que nel se ofrecen.
   O mestre do forno era o "Fidel do Gringo", que sendo mozo saíu de Fanoi acompañado das gañas de prosperar lonxe das terras de Abadín. Esa finalidade levouno a traballar a Lleida, onde comezou a coñecer o gusto pola restauración.
   Hoxe quen leva o negocio é Sonia co seu home Suso. Loitando cada día para que perdure o gusto pola preparación da boa carne; con amable e xentil trato conseguen que te vaias coa presa de volver o máis axiña posible.
   Fidel Vidal Requeijo naceu en Fanoi o día 13 de xuño do ano do 1936. Fillo de Claudio e de Adelina; Claudio natural tamén da parroquia de Fanoi e Adelina con antepasados tamén en Romariz.
    María do Pilar Fernández Fernández era natural de San Miguel de Neira de Jusá, hoxe coñecida como Baralla. Naceu o 18 de maio do 1949; filla de Adolfo e de Aurora e a súan residencia nas terras de Abadín foi froito do destino que ao Adolfo lle asignaron sendo gardo civil.
   Pilar e Fidel casaron na Capela da Fátima de Gontán o mes de xaneiro do ano 1969 e froito do matrimonio naceron Sonia, Claudio e Adolfo.
    Unha amigable loita entre "O Niza" o outro referente do bo comer como é "Casa Goás" por acoller aos visitantes, e pode que con pouco recoñecemento, fan de Abadín un lugar de referente gastronómico.
    Antigamente esa fronte de casa era coñecida como a casa do "Gringo", na que había unhas cortes nas que se gardaban animais que viñan para as feiras de Gontán ou tamén de animais que se atopaban extraviados ou sen dono.
   O alcume de "Gringo" polo que era coñecido o Sr. Claudio; víñalle dado polo feito de emigrar á Arxentina.
   Casualmente Adelina, a que despois sería a súa muller, tamén emigrou a Arxentina. Pero non foi na emigración onde se coñeceron. Foi nas terras de Abadín onde comezaron a formar o seu futuro. 
   Comezaron tendo unha pequena taberna no mesmo sitio onde está hoxe. E tamén saían as festas coa taberna, o medio de transporte que usaban era o carro, que tanto valía para carretar unhas pedras para facer unha casa como levar unha cántara de viño para unha festa.

     "Restaurante Niza" en Febreiro do 2023".

    Ao lado da antiga grella, e co cigarro na boca, o Sr. Adolfo, acompañado do cura D. Ramiro.
 
 
 Na entrada do bar e comezando pola esquerda: Pilar, Toñito do Morto, Cesar Goás co Fito no colo e a Mari do Genaro.
 
 
                           A esquerda o Pedro do Morto acompañando ao Fidel.

                   O Fidel e a súa esquerda o José Antoño dos Titos.
 

      O Fidel e o Andrés da Barqueira.
 
Os tres quintos que aparecen diante son o Fidel do Gringo, o Andrés da Barqueira e o Dámaso da Pardela.

     Voda da Pilar e do Fidel, 26/01/1969.


Día da voda da Pilar e do Fidel. Os noivos detrás e sentados a Felicitas de Gontán, o Manolo do Valdés e a outra é descoñecida.
 

     Comezando pola esquerda a Aurora, avoa materna, e a Adelina, avoa paterna.

Na coñecido como "Feira do Gando" en Gontán ao lado dos castaños, a Sra. Aurora cos netos Claudio e coa Sonia.

 A Sra. Aurora cos seus netos: Claudio, Adolfo e Sonia Vidal.
 

Día da boda do Luis da Pulpería e da Leonilde celebrada na casa do Niza. Comezando pola esquerda: a Verita de Montouto, a, a Dolores de Labrada, a Pilar e detrás o Luis. 31 de decembro do 1977.

Procesión do día da festa en Fanoi, diante e a esquerda o Fidel e a esquerda o Teodoro das Laguceiras.
 

     O Sr. Adolfo e a Sra. Aurora fotografados no "Alto da Corda".

Na fila de arriba e comezando pola esquerda: Irene dos Titos, Pilar do Niza, Leonor do Nacho de Fanoi. Do mesmo xeito e na fila de abaixo: Fe do Muiñeiro, Elvira do Valdés e Mª Carmen da Granada de Candia.

      Cazadores no aparcamento de Abadín diante do colexio.

Comezando pola esquerda: Mercedes do Chato do Guizán, Irene dos Titos, Esther do ferreiro, Mari do Genaro, Olga do Pazo e Pilar do Niza.
 
Comezando pola esquerda: Armando dos Titos, Gonzalo do Genaro e Victoriano (fillo de garda civil).
                                A Pacita do Gringo e o Herminio, coñecido polo Panadeiro.

Comezando pola esquerda: Mercedes do Chato, Mari do Genaro, Mª Carmen da Granada, Irene dos Titos e Pilar do Niza.

                                      A Pilar xunto co seu irmán Manolo.

Comezando pola esquerda: Mari do Genaro, Mercedes do Chato, Pilar do Niza, Aurea do Fidalgo, María Oliva do Muiñeiro, Irene dos Titos e Mª Carmen da Granada.

Comezando pola esquerda: Olga do Pazo, María asunción (filla dun garda civil), Irene dos Titos, Pilar do Niza, Mari do Genaro e Lidia de Estelo.

Comezando pola esquerda: Aurorita do Fidalgo de Castromaior, Consuelo dos Titos, Maria Asunción (filla do garda civil), Irene dos Titos, Pilar do Niza e Mari do Genaro. O rapaz é o Suso do Genaro (falecido o 21/10/1965).


     Mallando en Abadín.

Foto sacada na ponte diante da casa do Muiñeiro, en Gontán; día da voda da Fe do Muiñeiro e do Eulogio da Torre. A esquerda da noiva a madriña de voda (Aurea); detrás dela o Jaime do Goás, con gafas Mª Oliva, irmán da noiva; a súa esquerda con unha flor no pelo a Remedios dos Titos, o rapaz é descoñecido igual que a señora da súa esquerda; a de gafas e a Anita de Carreiras, a súa esquerda é descoñecida, a Mari do Genaro, Aurita de Castromaior, Irene dos Titos e detrás dela Javier de Candia; a esquerda da Irene a Pilar do Niza. O Sr con boina Eladio do Salustiano, pai do noivo; Ederia de Candia e diante dela o Armandito do Claudio. A esquerda da Ederia e detrás está a Carmen do Guizán. As dúas mulleres da esquerda son descoñecidas.
 
     Adelina Requeijo na que hoxe é o aparcamento en Abadín.



     Construcción do colexio, principio da década dos 70.


Comezando pola esquerda: o Manolo do Basanta, José Manuel e Martín do Maragato, O fito e o Claudio do Niza e o José Manuel da Torre.


Ningún comentario:

Publicar un comentario