Morrer soñando, si, mais se se soña
morrer, a morte é soño; unha xanela
cara ao baleiro; no soñar; nirvana;
do tempo ao fin a eternidade aprópiase.
Vivir o día de hoxe baixo a insignia
do onte desfacéndose en mañá;
vivir encadeado á desgana
¿é seica vivir? ¿e isto que ensina?
¿Soñar a morte non é matar o soño?
¿Vivir o soño non é matar a vida?
¿A que poñer niso tanto empeño?:
¿aprender o que ao momento ao fin se esquece
escudriñando o implacable cello
-ceo deserto- do eterno Dono?
Derradeiro poema de D. Miguel de Unamuno, escrito o día 28 de decembro do 1936, tres días antes de falecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario