luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Contradicións.

   

   Un día do verán do ano 2022...
 
   Non debo ser o xerme dun sufrimento nin tampouco de algo que poida producir unha incomodidade prolongada no tempo. Existen as condicionantes loitas de parella, esas que por momentos ofrécenche e noutros pídenche, sempre desde a perspectiva de respecto e amor, ese condicionante sempre é innegociable, sempre. Pero tamén desde a visión da verdade; esa que debes entregar a túa parella para concordar no coñecemento da vida. 
   Creo que a verdade é a maior fonte de sensacións que o ser humano pode experimentar, tanto para ben como para mal; pero sempre para achegarte ao descubrimento da realidade. Esas sensacións repártense en positividade no coñecemento que ofrece resultados decisivos para decidir.
   Ti, muller que achegas a miña existencia un todo dificilmente superable e á vez incompleto. E vou matizar a palabra "incompleto" xa que non é que estea a esperar algo concreto de ti, non. O concreto debo crer telo, o teu amor máis honesto, as túas ganas de ofrecermo, compartilo e usar os nosos leitos para facermo chegar .... Non radica aí o problema. 
   O problema son eu por sentir e querer á miña maneira, creo que da forma non de todo franca e axeitada.
   Explícome:
   Xa chegou o momento de non poder soportar por máis tempo o meu silencio, incómodo e doloroso; sen celos nin envexas. Non quero ter sitio para esas cousas que achegan ruindade. Pero non me vou a calar, e menos agora que nos debemos tomar unhas emocionais vacacións e estaremos nun forzado e forzoso silencio, que seguro axudará a organizar os andeis emocionais.
   Non soporto calarme por máis tempo o feito de imaxinar os teus desexados momentos e obrigacións de muller... compañeira. Non somos persoas que descoñezamos as "tarefas do fogar". E cústame moito o feito de calar os sentidos, deixar de vivir a parte mais importante e complexa de min; ese calado mundo interno, quizais translúcido.
   Como case sempre non che esixo nada, tampouco nada espero. Con todo, a miña presenza non é real se non é sincera. E o que menos soporto é calalo, poñendo en xogo factores tan importantes e á vez contraditorios: respecto e sinceridade.
   Sen a verdade, sen a sinceridade non se pode ter respecto a ninguén. E se quero respecto, precísanse os ingredientes axeitados.
   Non engurres o cello pola miña intromisión na vida, non te incomodes, non sintas dor ... valoremos estas cousas, que achegan verdade.
   Descoñezo o que puideses escribir pola túa banda na seguinte liña, descoñezo se nin tan sequera ten cabida unha simple vogal, ... palabra ou frase. Descoñezo.
   Indubidablemente con ... amor
 
 
   P.D_ Esperando a quen remitilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario