domingo, 29 de novembro de 2020

A festa dos vellos de Labrada. 1988-1989.

Como xa comentamos noutro capítulo, outro logro que saíu na etapa na que Regal e Miguélez pregoaron a súa fe polas nosas terras, foi a estrañada "Festa dos vellos", un xeito de recoñecemento os obxectivos logrados e dos traballos dos nosos maiores. Cada ano distinguíanse o home e a muller de máis idade, a el con un caxato e a ela con unha coroa. Os tempos mudaron, as persoas foron tomando sendeiros distintos e as boas prácticas e costumes deixáronse so na memoria. Miguélez segue recrutando adeptos a causa e Regal loitando pola causa.
   O harmonioso día en que se xuntaban no adro de Labrada velliños chegados dende Curro Vedo ata a Casa do Vizoso, ou dende O Pazo ata Sisalde; conseguíase compartir un sen fin de encontros e recordos; moitos anos de experiencias enriba dos subarcos e moita ledicia de poder xuntarse un ano máis. A pesar de que a realidade facía ver que xa estaban no atardecer do seu percorrido pola vida, transmitían unha forza e unha ledicia que nos enchía a todos. Pode que tamén fora o seu agradecemento por valorar o súa andaina facendo camiños para os que viñéramos detrás tropezásemos menos que eles.



A esquerda a Milagros de Nisio, bailando a Henar, Eusebia da Choqueira, Mª Te do Perrote e Albino do Fondo da Vila. O neno da dereita, que está de costas é o Luis do Rafael, o sr de viseira é o José do Mariano.

A esquerda o José do Mariano, a Margarita do Ferreiro, Policarpo do Fondo da Vila e Inocencio de Camba. Sentados: o Jesús de Xan e o Jesús de Xanáz.

A esquerda o Adelino do Porto Vello, descoñecidos, o da camiseta branca o Hector do Pazo, Belarmino, Carlos de Santiago, descoñecido e o da dereita de todo o José de Rouco.

Na parte de riba; O Jesús da Angelita, María de Xan e a Josefa de Santiago. Na parte de baixo; a Aurea das Gagas, Josefa da Tuxa, Filomena dos Gabries, Palmira do Pazo, Josefa das Gagas, Toña do Cordal e Eduardo da Felisa.

    
    Grupo de gaiteiros de Muimenta amenizando o Festa.
 
Maio do 1988, día da Festa dos Vellos. Facendo as ofrendas diante do altar: Manuel Rivas do brazo de súa avoa Alicia; Elvira Rivas, Josefa do Tuxo e a Evangelina do Civil.

                                                                           1989

A Margarita do Ferreiro e tamén a Paquita, monxa, repartindo chocolate os nenos: Rubén dos Currás, Curro Vedo, Alberto do Cordal, Amable de Carozo, Emma, Javier do Chendo, ....
 
Na parte inferior-esquerda e con gorra, Jesús Vizoso Vidal. Sentados: Granada do Perrote, Emérita de Chaveas, Josefa de Níseo, Antoña do Cordal, Hermelina e Isidoro do Ferreiro, Hilda do Villagal, Ramón e Vita da Casa Vella, Eusebia da Choqueira, Jesús de Santiago, Filomena dos Gabries, Ricardo do Perrote e Divina de Carozo atendendo as nenas. Detrás deles a Mª Té do Perrote e na parte superior esquerda as irmáns Angélica e Esperanza Otero Vivero.

Comezando por detrás de todo: Antoña da Juanita, Antoña de Xán, Oliva de Carozo, Josefa de Santiago, Mª Jesús do Belarmino, descoñecido, Oliva e Jesús de Xan. De pé cos brazos cruzados: Mª Josefa de Santiago e Albina do Chendo. Na parte do medio: Josefa de Balseiro, Elvira de Carozo, Articiana das Carminas, Maria e Agripina da Angelita. Sentados na parte dianteira: Maria e Xusta do Coto, Jesús de Paz, Jesús do Anxel, Alfredo, José Mª e María da Caveira e a da dereita de todo é Amandina, cuñada da María de Garcia.


Na parte traseira da foto e comenzando pola esquerda: Eduardo do Coto, Serafín de Carozo, Edalia da Fonte, María de Carozo, Luz do Habanero, Esperanza do Garelo e o José do Cadrado de Currovedo. Na parte de diante: Francisca de Curro Vedo, Carmen da Fonte e Josefa do Garelo.



Sentadas. A Toña do Cordal, Hermelina do Ferreiro, Filomena dos Gabries, Xusta de Curro Vedo, Xusta da Valiña e a Josefa de Nisio.
 



                           A Xusta de Curro Vedo e e a Vita da Casa Vella, bailando.


    A Palmira do Pazo e a Josefa de Balseiro.

                     A Maria da Angelita, de Raíña da festa e a Carmen de Requeixo.

Na parede o Narciso do Camba e o Monsito (Monsieur) do Requeixo; debaixo, o Cordal e a Isabel do Porto Vello e a Vita da Casa Vella; diante a Palmira e o José Mª de Garcia, como Rei da festa.

                          Jesus de Paz do Campo dos Novos.

   A Soledad da Tuxa coa Cristina do Choqueira no colo.

O Jesús do Anxel mirando para o seu neto Oscar, no colo de súa nai. A dereita da foto a Mª Jesús do Belarmino.

   
                               O Ricardo do Perrote, animado polos veciños, subindo o pau.
 

                       O José Luis de Rouco, conseguindo o difícil reto de subir ao pau.

De pé o Andres, xenro do Angel da Costa da Laxe; Suso de Nisio e Germán da Angelita. Tirados no chan e tamén comezando pola esquerda: José Luis de Rouco, Miguel do Chao do Outeiro, Carlos de Santiago, Jesús da Angelita, Emiliano do Chao do Outeiro, Cesáreo do Campo dos Novos, Lito do Pepe do Chiquito, José Manuel de Tezán, Pepe do Chiquito, Plácido do Eleiterio, Ana do Plácido, Manolo da Poza, Isaura do Campo dos Novos, José do Requeixo e Javier da Cesina.

   Os gaiteiros, de Muimenta, facendo un descanso.
 
 
      O Narciso e a Maria de Carozo, traendo a burra para participar na divertida carreira.

    O José Luis de Rouco , a esquerda, e o Jesús do Fondo da Vila na carreira de burros.
 
                         O Jesús do Fondo da Vila.

    Intentando gañar a carreira entre os xinetas José Luis de Rouco e Jesús do Fondo da Vila.

    Veciños mirando a carreira de burros.

 Nenos facendo a Carreira de sacos. Comezando pola esquerda: Marisa do Monsito, Mª Josefa de Rouco, Mª Carmen de Curro Vedo, Amable de Carozo, Alberto do Monsito, José Manuel do Dourino, Rubén dos Currás e Luis da Cabeira.

Os ágapes preparados para convidar os asistentes. Na foto están: Rubén Cortiñas, Margarita González, Mari Té Paz, Yumara Carracedo, Rosa (monxa), Henar Román e Marcos Carracedo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario