martes, 19 de abril de 2016

Verbas e refráns esquecidas.


 
   Se entre burros te ves, ornea algunha vez.
 
  Unha das valiosas perdas que nos trouxo a modernización no campo foi o esquecemento dunha gran parte da riqueza da linguaxe, esa que fai referencia os traballos que, non fai moitos anos, se facían dun xeito moito máis artesanal. As palabras que facían referencia o conxunto de traballos con vacas e carros, e todo o que se movía ao seu redor, ou tamén outros traballos manuais, van quedando na gastada mente ou no esquecemento.

   A finalidade é recoller esas fermosas verbas, tantas veces usadas, e agora case que esquecidas. O que se pretende é ser un dicionario, quizais imperfecto en algunhas palabras ou significados, pero leal ao escoitado as nosas xentes de Labrada.

 Abelaira: Lugar onde se dan os abelaos.
Abofé: Que é certo e verdadeiro.
Abondo: Cantidade de algo que chega ou pode que sobre.
Acabicornar: Poñer unha corda ao gando dende os cornos ata unha das patas dianteiras.
Acalentar: Facer que alguén, neno ou maior, deixe de sentir desacougo.
Acheite: Dise de unha persoa, xeralmente neno, pequeniño.
Acurrar: Conducir o gando para un lugar para poder atalo.
Adival: Corda longa e gorda que serve para atar a carga nos carros.
Adolar: Traballo do zoqueiro que facía o remate do día, a luz dun candil de carburo ou de aceite, e que consistía en rematar e pulir as zocas.
Afacerse: Adquirir un costume ou hábito.
Afotoirado: Que está excesivamente acariciado ou sobado. Afrixido: Que se encontra nun estado de cansazo ou excitación.
Agolletar: Unir de xeito firme os cordóns dos zapatos.
Agorgotar: Facer palleiros pequenos de herba. (Sinónimo de apalleirar).
Albaroque: Comida ou cea, a que se convidan canteiros, veciños, e familia; que se fai nunha casa o remate dunha obra.
Alboio: Construción pegada ou dentro da casa, e que serve para gardar leña, apeiros e ferramentas.
Alcacer: Cereal, principalmente centeo, que se sega en verde antes de que espigue e que se utiliza como forraxe para os animais. 
Alpibardo: Cousa imaxinaria que sirve para facer burla ou travesuras.
Alzadeiro:  Moble da cociña, sen portas.
Amarfallar: Palpar algo de maneira pouco coidadosa sen buscar un bo fin.
Amolarse: Causar ou sufrir molestia ou amolo.
Amolecer: Abrandar unha cousa.
Anasado: Cando unha persoa está agachado dobrando as pernas.
Andrómena: Cousa que se inventa ou discorre para enganar a alguén. 
Anxada: Ferramenta de traballos agrícolas, de boca ancha e que serve para mover e limpeza da terra.
Aloumiñar: Xeralmente refírese o xeito de acariciar un animal.
Apeadoiro: Panca do muíño que serve para poñelo en marcha e tamén para paralo de xeito automático.
Apinarse: Refírese ao carro das vacas, cando debido ao peso mal repartido e por cargar moito na parte traseira, levantase o carro da parte dianteira.
Apreixar: Agarrar de xeito forte a algo ou alguén.
Apricar: Refírese a acción de estar apurado ou con présa. (Aprícate que nos imos)
Aquelado: Palabra escoitada a Oliva de Xan. Entre outras acepcións, a Oliva referíase ao ben feito ou ben amañado.
Arangaño: Acción máxica que provoca certos efectos nunha persoa, nun animal etc., polo xeral negativos.
Ardís: Xeito usado para conseguir unha cousa.
Argallar: Neno facendo calquera cousa coa finalidade de divertirse.
Argallo: Cousa de pouca importancia ou valor.
Argana: Barbas da espiga de avea, trigo, centeo, etc.
Arredar: Pedir ou ordenar a alguén que se separe da persoa.
Arremendar: Imitar con intención de facer burla ou de provocar o riso.
Arrio: Forza ou capacidade para facer algo. (Tes moito arrio).
Arrudar: Son ou ruxido producido polas vacas cando demostran incomodidade ou molestia.
Artesa: Recipiente grande de madeira, con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan.
Asollar: Poñer ao sol o gran despois de mallar para que se cure ben.
Asorado: Dise de cando alguén se sorprende por un feito ou situación. 
Asixo: Regular.
Asubío: Botar aire pola boca, de un xeito agudo, axudado polos dedos ou cos labios, xeralmente para chamar a atención de alguén, ou para facer que soen as notas dunha canción.
Aterecer: A causa do moito frío, quedar entumecido.
Avagantar: Parar de chover de un xeito forte.
Avagou: Diminuír o caudal dun regato ou rio.
Avarente: En Labrada, refírese a unha persoa chea, amiga de dar. Con todo "avarento" significa todo o contrario, tacaño.
Avogosa: Cousa ou persoa que é positiva ou favorece a sorte.
Axado: Persoa que se encontra nun estado de abatemento, por mor dun esforzo.
Axirar: Nunha criba, virándoa de xeito circular; modo de limpar os grans da colleita de xeito circular para que todo o que non sexa grao quede no medio e así collelo para que non vaia para o muíño.
Azo (de medo): Verbo) Ter ou sufrir moito medo.
 
Bafo: Ten varias significados. 1.Pode referirse ao vapor que despide un corpo húmido e quente. 2. Aire quente ou vapores que se expiran pola boca. 
Baldado: Por mor dunha labor física, encontrarse moi canso. 
Bango (dar en): Algo inestable. Non dar un golpe co seu propósito.
Berce: Cama pequena onde se deitan os nenos pequenos. 
Biqueira: Parte da carga que vai situada na parte de diante no carro. 
Bifa: Bufanda. 
Bogada: Conxunto de roupa lista para lavar.
Bocexar: Abrir a boca involuntariamente por mor da fame, sono, etc. 
Bollón: Refírese a choiva de maneira intensa nun curto espazo de tempo. 
Bordelar: Xunguir outro par de bois  ou vacas máis o carro, cando as que tiran precisan axuda.
Borreca: Erupción cutánea producida de varias maneiras. 
Botoalla: Peza longa de pau que sobresae da parte anterior do chedeiro do carro e queda situada entre os dous animais xunguidos, e no extremo da cal vai unido o xugo a través da dobra. 
Bourear: Falar de tal xeito que se fai moito ruído. 
Brecar: Resposta en forma de son dos animais ante un ataque. 
Brégola: Refírese a unha muller pouco coidadosa da súa intimidade.
Brullo: Conxunto de roupas en que se envolven e enfaixan os recentemente nados. 
Bulleiro: Terreo onde nace ou se acumula auga, facendo un lugar lodoso.
Buqueira: Espazo entre dous vargos que serve de entrada para as leiras.
 
Cabuxo: Cría da cabra. 
Cádega: Anaco de cordel que pasa por debaixo do pescozo das vacas do xugo e que serve para suxeitalo, que une os canciles. 
Cainzo: Estrutura de paus con varas, vimbios ou paus entrecruzados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos.
Cal: Parte baixa do suco que se fai cando se ara. 
Caluga: Parte posterior do pescozo. 
Calugada: Dar un golpe da castigo na caluga.
Camalleira: Peza metálica, dentada por un lado, colgada do teito, que sirve para colgar os potes. 
Comer as 10, (comer a parva): Comida que se facía pola mañá nos meses do verán; o nome ven dado pola hora que se solía facer. Esa comida sempre se facía no lugar do traballo.
Cáncamo: Refírese a un animal de aparencia delgada ou de mala presencia.
Cancaño: Parte posterior do pé. 
Cancil: Cada un dos paus curvos en forma de U ou cada unha das barras de madeira que atravesan o xugo en sentido vertical, entre os que se cingue o pescozo do animal. 
Candongo: Referímonos a alguén de temperamento atravesado ou tamén folgazán. 
Canterlas: Fita metálica con que amañan as zocas fendidas. 
Cáparo: Graxa obtida do soro que quedaba o facer o queixo. Quentábase o soro e a graxa obtida aproveitábase para comer. 
Capizo: Anaco de tea, polo xeral xa moi usado, que se usaba para o vertedeiro. 
Carena: Refírese a gran cantidade de brasa para producir moita calor. 
Carpís: Tamén chamados calcetíns. 
Castrón: Macho da cabra.
Cearse: Xeito de facerlle camiñar para atrás, xeralmente a unha vaca ou cabalo, sen que se dea a volta.
Cezoiro: Atadura feita con pel curada de cocho que servía de unión entre o pértego e o rabo.
Chaldarse: Comportarse moi ben ou facer as cousas dun xeito inmellorable. 
Chanzos: Cada un dos paus horizontais que une as dúas pezas laterais das escadas e polos que se sube. 
Charamuza: Na lareira, miga de cinza que sube pola cheminea. 
Chareta: No lume feito na lareira, pequeno estoupido na leña que fai saltar as brasas. Chavella: Peza estreita de madeira que, colocada nun dos furados que hai na cheda do carro ou do arado, serve para suxeitar esta ao xugo.  
Cheda: Cada unha das dúas pezas do chedeiro onde van cravados os fungueiros.
Chedeiro: Piso ou plataforma do carro.
Chicote: Pequeniña cantidade de calquera líquido para beber.
Chinchilla: Chámaselles así os do barrio do Campo dos Novos. 
Chousume: Derradeiros mollos, cos que se pon remate a carga no carro ou tamén na meda. Cifra: Refírese o conxunto de aire forte e neve, producindo acumulación de neve en sitios baixos.
Ciscar ou escagallar: Botar o chan calquera cousa dun xeito desordenado.
Colo: Composto polos brazos, barriga e coxas, onde se poñen os nenos para durmir ou transportar.
Compango: Alimento sólido, carne, chourizo, queixo, ..., que acompaña o pan.
Cómbaro: Terreo sen cultivar que bordea unha leira. 
Conacha: Aparato xenital femenino.
Copeto: Recipiente onde se lle dá de comer ao can. 
Couza: Pequeniño insecto que come a roupa e a madeira.
Cozar: Fretar unha persoa ou animal contra calquera cousa por mor do proído. 
Crabuñar: Traballo específico e delicado, e que se fai para axeitar o fío das gadañas.  
Cribo: Instrumento formado por unha caixa circular cun fondo de coiro con furados ou cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para cribar certas sementes, como o trigo, centeo, etc., limpándoas daquelas partículas máis grosas que interesa separar. 
Cricas: Persoa anímica e fisicamente feble.
Cuiso: Sinónimo de becerro.

Dedas: Cada unha das extremidades e articulacións dos pés.
Dedos: Cada unha das extremidades e articulacións das mans.
Degresa: Ferida na pel, xeralmente producida polo frío, que se produce en forma de greta.
Deligras: Sensación que se experimenta no corpo ao ser rozadas por algo e que provoca involuntariamente a risa ou, tamén malestar.
Derregar: Establecer os límites das fincas dende dous puntos fixos sinalados con dúas pedras chamadas "marcos".
Desavogosa(o): Persoa que da mala sorte. 
Desenguedellar: Peitearse. Poñer unha cousa clara.
Desentretiñar: Quitar a graxa as tripas e limpalas.
Desmerecido: Persoa que se encontra en peor estado que noutra ocasión.
Devecido: Que se encontra ou vive nun estado de estremo desexo.
Discorrer: Dar voltas as cousas para sacar o maior proveito.
Doado: Cousa que se fai ou comprende de xeito sinxelo.
Dobla: Peza curvada feita de bidueira, cocida anteriormente no forno, que une o xugo coa botoalla a través da chavella.
Dondo: Refírese á persoa que se encontra cansa.
 
Eivarse: En Labrada, sufrir un dano físico importante, que lle impide valerse de algún xeito. 
Embelecarse: Envolverse un ou unha cousa de tal xeito, que é moi difícil de desfacer. 
Emprega: Nome que se lle da a cada unha das cabeza de gando vacún. 
Encaldada: Mestura de alimentos sobrantes dunha vivenda que se prepara para dar ao gando, xeralmente bobino ou porcino.
Enchente: Crecemento do caudal do río, debido a gran cantidade de choiva. 
Encoiro: Persoa que está sen nada de roupa. 
Encollido: Dobrar o corpo ou unha parte del. 
Encumbrar: Dise cando, en un día soleado, de súpeto escurece de un xeito significativo. 
Endego: Ovo que se deixa no niño da galiña para que vaia poñer alí. 
Endergar: Ver o lonxe unha cousa, sen poder distinguila.
Engre: Instrumento de ferro que, cravado na terra e coa axuda de un martelo específico, serve para cravuñar as gadañas.
Engrota: Oco feito nos valados, o nivel do chan, para que entrara a auga para regar as leiras. 
Enguedellar: Enredar o pelo ou calquera outra cousa.
Engurrado: Referíndose a unha persoa, medio dobrado ou con signos de debilidade. 
Enlizar: Poñer ou meter en guerra dúas ou máis persoas.
Entervar: Oir ou poñer atención sobre un feito.
Entoquinar: Contusión en calquera dos dedos ou das dedas.
Entumecido: Quedar o corpo ou unha parte sen sentido a causa do frío. 
Enxezgo: Facer un traxecto de xeito oblicua. 
Esbirro: Expulsión do aire, forte e repentina pola boca e nariz, por mor dunha alerxia ou catarro.
Escano: Banco de madeira para sentarse, situado preto da lareira, que por un lateral, e na parte de baixo, pode ter un hucho. 
Escariota: Refírese o animal que ten moi mal xenio. 
Escarpear: Desenredar a la. 
Escora: Obxecto que se pon diante ou detrás das rodas, que sirve de taco. 
Escotolido: Persoa que posúe algunhas formas de espelimento, maña ou enxeño. 
Esgarecer: Sentir unha gran debilidade, de tal xeito que se estea moi delgado.
Esguizo: Refírese a un cacho de madeira medianamente delgado que involuntariamente se caava nunha xunta do corpo.
Eslavas: Toda comida sobrante, e que por costume se lle da os cochos. 
Eslavuxar: Botar auga a algunha xunta do corpo, o corpo enteiro ou cousa, coa finalidade de limpala ou refrescala.
Esparexer: Estender o esterco nas leiras en distintas direccións. 
Espalecer: Parar ou desaparecer as tronadas. 
Espelir: Sacudir para que quede esponxoso. 
Espido: Persoa que está sen nada de roupa. 
Espiñazo: Fío do lombo, espiña dorsal. 
Espiteira: Moble da cociña onde se garda a louza e a comida. 
Espoltrar: Interromper de xeito involuntario ou provocado, o desenrolo dun feto no embarazo. 
Espreguizarse: Facer o xesto de estirar o corpo despois de un anaco de descanso. 
Esquecido: Deixar de sentir afecto por algo ou alguén. 
Estadullo: Pau feito de madeira forte e en forma gallo, que se pon na cheda, mantendo o carro horizontal mentres se carga. 
Estarabaco: Nada. (Non lle quedou estarabaco. Non lle quedou nada). 
Estarroar: Coller as herbas malas nunha leira con colleita.
Estrabo: En Labrada, para os da Casa do Fondo da Vila, era a corte pegada a cociña, que facía de corredor a outras cortes. 
Estrincar: Apoiarse ou suxeitarse con forza.   

Facha: Presa de palla acendida que serve para alumar. Antropolóxicamente falando, luz escintilante que percorre o ceo, e que se di que é premonición de morte, que cae encima da casa onde sucederá o feito.
Fachal: Buraco aberto nas paredes das casas, principalmente nas cortes, que serve para ventilar ou poñer cousas.
Fachenda: Aprecio esaxerado que alguén ten cara a si mesmo. Arrogante.
Fachineiro: Pequena abertura na parede dunha casa para dar luz ou para ventilar.
Fardelo: Saco pequeno que se usa para transportar grao ou fariña.
Feixe: Conxunto de cousas. Tamén se refire a un montón de herba atado con unha vincalla.
Fogaxe: Calor sufocante con aire quente.
Foleada: Reunión coa finalidade de festexar, aproveitando unha fiada ou outros traballos feitos en común. Acontecía en chozas, cortes ou lugares cubertos. Acompañados por gaiteiro ou acordeonista.
Folga: Cada unha das tres pezas ou repiques das campás que chaman para as celebracións.
Fornela: Lugar da casa onde se deixa a cinza do lume ou cando se coce.
Fouciña: Instrumento de labranza coa folla curva e mango curto, que se utiliza para segar.
Fouciño: Instrumento de labranza de folla grosa e forte, que se utiliza para rozar.
Fuciño: O nariz.
Fulero: Persoa pouco de fiar. Trangalleiro.
Furuncho: Grao grande duro e purulento formado na superficie da pel e no tecido subcutáneo.  

Gabela:  Feixe de toxo. 
Gafado: Que ten mala sorte. 
Gafar: Facerlle mal a alguén, tanto de feitos como de palabra.  
Gafo: Que é malo ou produce negatividade. 
Galaxe: Termo coloquial referente a parte interna da gorxa.
Galbana: Non ter ganas de traballar. 
Gandaina: Persoa, xeralmente muller, pillabán e alegre, de gustar dos praceres da vida. Garrida: Agasallo que se lle da os nenos, ben en forma de xoguete ou lambetada. 
Gávia: Rego que se fai pola parte de fora, ao redor de unha leira, e que pertence á leira en se. 
Gazmear: Refírese o típico son emitidos polos gatos en fase de celo. Tamén se refire o son que producen as pegas e corvos, animais de mal agoiro. 
Goro: Ovo incubado pero sen cría.
Gorxa: Conduto interno entre o padal e a entrada do esófago.
Grima: Medo grande e repentino. 
Guedellas: Pelo longo.
 
Illó: Lugar onde xurde a auga e desauga con dificultade, volvéndose o terreo brando.
Inzón: Algo extremadamente pequeniño. Tamén ácaro que produce a sarna.

Ladrairo: Táboas que se pon en cada un dos lados do carro para que non caia a carga.
Laiar: Expresar o sufrimento mediante choros, xemidos, palabras.
Laido: Persoa cun aspecto desfavorable.
Lamboada: Cousa de comer, de pouca cantidade e de agradable sabor.
Lambón: Persoa que come moitas lamboadas.
Lañado: Persoa astuta, e sagaz.
Larada: En partos múltiples, conxunto de crías recentemente nacidas.
Lareto: 1_Que fala con desvergoña, sen respecto algún.
              2_Persoa incapaz de gardar un segredo.
              3_Persoa que, no momento de contarlle algo, inmediatamente cóntallo á persoa que atopa. 
Larpán: Persoa que ten por costume  comer moito.
Leiro: Cacho de terreo.
Ligón: Instrumento de labranza que se usa para cavar, formado por unha pa de ferro de bordos cortantes en forma ovalada.
Lixosa: Cousa que está moi manchada.
Lizo: Afiar de xeito correcto cada un dos dentes dunha serra.
Lombeirada: Polo xeral, forte golpe dado no lombo con unha vara.
Lodo: Mestura natural de auga con terra.
Louza: Conxunto de utensilios que se empregan na cociña e no servizo da mesa.
Lumieira: Pequeno buraco aberto no teito do lousado, para dar claridade.
Lustroso: Algo que goza de moi bo aspecto.

Maino: Cousa suave ou que ocorre de xeito lento.
Manco: Falta dalgunha xunta do corpo.
Maniña: Dise do animal femia, que despois de ser nai algunha vez, non empreña e pasa épocas sen criar.
Maña: Ter o don de facer as cousas con xeito e facilidade.
Marañón: Variante de "garañón". Cabalo do monte que é semental.
Marcos: Pedra cravada no chan que sinala os lindes dunha leira.
Meda: Morea grande de mollos de cereal colocados ordenadamente que se fai no lugar onde despois se van mallar, polo xeral na eira.
Medeiro: Grupo de mollos de centeo, trigo etc., colocados de pé uns contra os outros, que se fai na leira despois de atar.
Mesto: Refírese a cando unha cousa, principalmente semente, está moi xunta.
Micado(a): 1_Alimento que traen os paxaros os niños para alimentar os seus fillos. 2_Alimento que se meteu na boca e que se volve o prato.
Miñaxoia: Persoa sen malicia, ou que ten pouco valor ou ánimo.
Miocada: Comida que os paxaros levan as crías cando están no niño.
Mol: Algo que esta brando.
Molida: Dise das cousas que están brandos. Prenda branda que se usa para amortecer o peso de algo.
Molime: Vexetais cortados, como toxo, felga ou xestas, que se bota no lugar onde están os animais para mantelos secos e para que fagan esterco.
Mollo: Brazado de centeo, trigo ou avea despois de atalo.
Morno: Sustancia ou comida que se atopa cunha temperatura ambiente
Mouro: Persoa de cor escuro causado por mor do traballo ou falla de aseo.

Nacente: Refírese ao punto cardinal do leste.
Norear: Dar voltas ou camiñar dun xeito sen definir ou sen un fin concreto.
Noxo: Sensación negativa, por mor do percibido polo cheiro ou vista.

O golpe: Nome co que tamém é recoñecido o raposo.
Ora: Exclamación na que se refire que é o momento xusto de parar.

Pabea:  Conxunto formado pola espiga e a palla do centeo, trigo, avea, etc.
Papón: Ser imaxinario co que se asusta os nenos. 
Parrafear: Dise cando dúas persoas conversan de xeito amoroso. 
Pastoriña: Oír voces, acompañadas ou non de imaxes ou luces, nos "camiños da igrexa", de procedencia relacionada a Santa Compaña. 
Pavea: Cana oca dos cereais, centeo, trigo, aveas, ... que une a raíz coa espiga.
Pavoría: Sensación de medo intenso. 
Paxel: Peza de calquera tipo de vestir. 
Peitoril: Pedre a altura do peito, de aí o seu nome, que fai de base nas xanelas. 
Peldurado: Lugar ou comezo da cheminea, feito de madeira, que sirve para poñer utensilios de cociña. 
Peneiro: Instrumento formado por unha caixa de madeira, con fondo de coiro con furados ou ben cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a fariña, a area etc. 
Perola: Recipiente pequeno que sirve para cociñar alimento. 
Pescozo: Parte do corpo que une a cabeza co resto do corpo.
Peterrear: Discutir de xeito continuado para conseguir algo. 
Pillabán:  Rapaz astuto e amigo de facer trasnadas.
Preada: Agasallo que se lle fai a alguén como pago ou agradecemento por un feito.
Preguiza: Sensación que se ten cando alguén non quere facer cousas.
Presoiro: Sustancia para callar o leite. Obtida despois de pelar a parte interna do estómago, cortala e botarlle unha boa cantidade de sal. Déixase repousar uns tres meses nunha cunca, pasado ese tempo, bótaselle o primeiro leite de unha vaca recentemente parida e o resultado serve para callar o leite. 
Prexón: Lugar individual na corte das vacas, onde se ata pola noite cada unha delas. 
Púcaro: Pucheiro de tamaño pequeno. 
Pucheiro: Recipiente de barro.
Pulazo: Pasto vello e de pouca calidade, xeralmente seco e moi esponxoso. 
Puleiro: Sitio enriba das cortes que serven para poñer aveños. Lugar nas cuadras onde dormen as galiñas 
Rafas: Anacos pequenos de comida, usados como complemento.Raiola: Intervalo breve de sol nun día chuvioso. En Labrada chamábaselles así os do barrio do Cordal. 
Rangueiro: Pau en forma de gallo, que se coloca na parte dianteira do carro e que serve para aumentar a carga.
Raxeira: Estar ao sol nun espazo de tempo determinado. 
Recuar: Dar marcha atrás. 
Refaixo: Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta. 
Refuxeiro (deixar): Dise cando a alguén non lle dan descanso. 
Regadeira: Ferramenta que se utiliza para abrir regos nas leiras para que discorra a auga e repartila.
Rei: Conxunto de tres mollos, atados entre si, que dá orixe a meda ou o medeiro.
Rel: Algo pequeno. 
Rela: Aínda que a palabra, etimoloxicamente falando ten un bo número de significados, en Labrada referímonos o xeito de non deixar nada de calquera cousa.
Relais (de): Subir unha forte pendente de xeito torcido, facendo zigzags. 
Remol: Brasas acesas conservadas entre a cinza.
Restra: Trenzas que se fan coas cebolas, ou similares, para penduralos. 
Rinchar: Son característico dos cabalos.
Rilleira: Cada unha das táboas laterais  da cama. 
Rosmar: Expresar de xeito pouco claro unha protesta ou ameaza.
Roxear: Con lume, poñer o ferro á temperatura de poder traballalo.
Roxón: Anaco de carne graxenta que queda despois de derreter as graxas do porco.

Sazón. Espazo de tempo indicado para sementar ou recoller as colleitas.
Sebe: Nas entradas das fincas, cerrume feita con varas cruzadas, xeralmente de xestas e toxos.
Sieiro: Vento de certa intensidade, de procedencia norte e moi frío; que é en marzo cando máis afecta á nosa comarca.
Soá: Espiñazo do porco.
Solecer: En Labrada enténdese como algo ou alguén que sae dunha situación complicada. Noutras partes da Galiza é sinónimo de (a)bordelar; pode que o nexo entre elas sexa ese. 
Soleira: Pedra na entrada da casa, xeralmente o primeiro chanzo  do patio da entrada.
Sonso: Persoa emocionalmente apagada ou atontada.
Soro: Líquido característico sacado cando se fai o queixo.
Subarco: Xeito de transportar algo utilizando para elo un ombro ou os dous. (Traer un saco de fariña ó subarco).
Suco: Porción de terra arada que queda entre cal e cal.
Súa: Palabra de varios significados. Neste caso refírese a "debaixo de...".

Talega: Saco pequeno que se colgaba á cintura.
Talloa: Banco pequeno, xeralmente algo máis alto que o tallo, de tres patas.
Tallo: Banco pequeno, de catro patas e sen respaldo que serve para unha soa persoa.
Tangue: Variante de "tanque". Vaso con asa, de cristal, barro ó metal, que sirve para beber.
Tega: Medida de capacidade equivalente a un ferrado.
Tego: Medida de superficie.
Temple: Momento no que o ferro roxo esta na temperatura idónea para poder traballalo.
Tempereiro: 1_Instrumento do tear que tensa a tea e iguala o ancho. 2_Pau que se pon dentro do trobo en forma de cruz. 3_Pau vertical do muíño que sae do ollo ata a engrada.
Testo: Tapa de calquera tipo de pota.
Tira Bargueiro: Tipo de cinto ou faixa, usado en caso de estar herniado e con un nódulo na parte interna de forma ovado, que se pon onde está a pel rota.
Tizón: Pau que se mantén ardendo por un lado, con chama ou sen ela,ou que está xa apagado ou mouro.
Toquear: Caer a cabeza por efecto do sono, cando non está apoiada.
Toqueno: Que ten un dedo ou un membro mutilado.
Tramoio: Personaxe falto de seriedade e mentireiro.
Trampa: Pasadizo para atravesar o río, feito con un carballo suficientemente ancho e con rilleiras para apoiarse.
Treitoira: Cada unha das pezas situadas na parte de baixo do chedeiro e entre as que xira o eixe do carro e que poden servir de freo.
Trinar: Estar inquieto ou con presa.
Trinca: Confrontación, disputa verbal.
Tripar: Pisar algo ou a alguén.
Tunda: Refírese a cantidade de golpes dados ou recibidos nunha pelexa. 

Ucho: Banco de forma rectangular e cerrado totalmente, sen respaldo, que se usa para gardar tixolas, louza ou compangos. Situado detrás do lume, na lareira. 
Ullar: Sitio da cociña en que se pon a leña que se ha de queimar. 
Upar: Levantar ou facer forza para situar a alguén nun determinado sitio.

Vaia o: Tamén "vaia home". Interxección que pode expresar amargura, sorpresa, ...
Vargo: Pedra grande de pouco grosor, que se crava na terra para cerrar unha leira.1
Vasallo: Vasoira que se confecciona con xestas ou pólas de loureiro e que se emprega para varrer o forno.
Vencello: Presa de pallas coa que se atan os feixes do centeo e trigo cando os atan na sega.
Vezar: Coller a costume de facer certa cousa, de xeito xeral refírese o gando.
Vianda: Alimento para o gando. Tamén se refire os sacos de grans que se levaban ao muíño.
Viorta: Atadura de palla retorcida, que se emprega para atar os feixes. 
Vincalla: Atadura de pólas retorcidas de carballo, bidueiro etc., para atar un montón de herba ou alga similar.

Xagaz: Animal de xenio dócil e tranquilo.
Xemer: Expresión da fatiga na xente cando fan un gran esforzo. 
Xingrar: En Labrada referímonos o feito de xogar, un ou varios pícaros. 
Xoina: En días de moito calor, distorsión óptica na paisaxe.
Xoto: Dise do animal pouco dócil e de mal xenio. 
Xugo: Aparello de madeira constituído por varias pezas ao que se suxeita, polo pescozo ou pola cabeza, unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado. 
Xunguir: Poñer o xugo os bois ou as vacas.
Zucio: Dise da persoa que aporta malas formas, feitos ou sintonía. 
Zunado: Persoa teimuda, mal intencionada.


          Contos, parábolas e frases esquecidas.

 -A randea é un atavío de madeira composto dun pau duns cinco metros de largo, chamado veo, que xira enriba dunha chanta, de algo máis dun metro de alto, cuxo espigo se mete nun furado do medio del. En cada punta do veo póñense dúas persoas, e cando se produce a caída, produce gran ledicia na xente da foliada. En Labrada a randea so andaba o martes do entroido.
- A boa fe: Xeito que se usa para reforzar unha resposta de afirmación ou negación, poñendo como testemuña a fe que tes en Deus.
- Andar a pixa carpida: Cando alguén anda encoiro ou con moi pouca roupa. Tamén se refire a quen anda con moita pobreza.
- As mellores gabelas sempre van na biqueira: Expresión sinónima, que indica que as cousas mellores ou presentacións sempre van por diante. 
- Botar a niñada o cuco: Refírese a cando escoitas o cuco pola mañanciña e aínda non mandaches ningún tipo de alimento o corpo; e a superstición di que todo o día andaras cansado e con sono. 
- Cama de folga: Cama que se reserva para os convidados.
- Cadela de Frade: (Forficula auricularia). Insecto. Existe a crenza popular de que se introduce polas orellas dos humanos.
- Comer de pique: Dise cando unha persoa come na man pan con algo de compango.
- Da perda un pelo. Refírese a calquera tipo de aproveitamento ante unha adversidade.
- Deixas medo: Non fagas caso, non te preocupes. 
- Dios mediante: Se Deus quere. 
- E igual que a manta de baixo: Refírese a persoa folgazana ou de pouco espírito.
- Esguizo: Parte moi pequeniña da madeira que se crava na pel. 
- Estar trinando: Dise de cando unha persoa ten presa.
- Foo: Este lugar coñécese na toponimia galega como un lagar onde se pon un cebo, xeralmente vivo, dentro dun círculo onde se mete o lobo e xa non pode saír por mor da altura do balado. O destino que lle esperaba o lobo era pasealo pola aldea, romperlle as pernas e botalo os cans, coserlle a boca, .... En Labrada temos esta toponimia onde se xunta a pista que pasa polo Pazo e se xunta coa rúa que sae de Gontán con dirección a Montouto, chamado "Foxo cabrito". Outro sitio coa mesma referencia é o chamado "Chao do Foxo"; sitio que está no camiño que sae do "Fondo da Vila" e que remata no "Ollo", situado ao norte da "Choqueira" ou da "Casa de Blanco".
- Fungón de sapo: Popularmente en castelán é coñecido como "bejín negruzco". Cogomelo de pouco valor nutritivo ou culinario, e de color branco, que cando se volve maduro vólvese marrón e rompe a pel e, solta un po marrón que son as esporas. En cada cogomelo hai billóns de esporas. Pódense atopar en prados e pasteiros.
- Ir os alpibardos: Feito ou xogo burlesco, feito entre varias persoas, que consiste en poñer a unha persoa, por regra xeral o máis inocente (parvo), nun lugar determinado aguantando dun saco coa boca aberta. O resto do equipo saen en busca do "alpibardo" coa intención de acurralo para que se meta no saco e así pillalo. O segredo está en que, mentres o inocente esta esperando termando do saco, os outros van de foliada.
-Lavar a bogada: Lavar a roupa que esta lixosa.
- O meu can colleu unha mosca: Cando ocorre un feito inesperado ou alguén o acomete.   
- Outra vaca no máiz da chousa. Cousa repetitiva.  
- Ourizo Cacho: Pequeno mamífero, co lombo e os lados cubertos de espiñas, lento no andar, e que se alimenta de insectos.
- Pequeno coma un inzón: Que é extremadamente pequeno. 
- Seo da manta: Que está comodamente no medio de algo.
- Vas pagar a branca da pousada: Refírese ao alto custo que vai supoñer facer ou comprar algo.
- Zurrar a badana: Pegarlle a alguén de xeito merecido.  


                                Fungón de sapo.
 

  - Pinchorra, sacarroña .... Anfibio de cor negro e con manchas amarelas. Por tradición é un animal que da receo e noxo. Crese que e velenosa, cousa que non é certo. O verse ameazada, solta un repelente de cor branco, tóxico, que produce irritación nos ollos e na boca dos predadores. Se perden algunha xunta do corpo, son capaces de rexeneralos.
- Dicía Manuel Cortiñas Rouco, veciño do Fondo da Vila, que a choiva do mes de nadal, empreñaba as herbas.
- A egua di: xear, xear, ata o meu pelexo encaramelar. A vaca di: chover, chover, ata o meu pelexo mollar. A ovella di: ventear, ventear, ata o meu pelexo secar.
- Pola Candeloria mitá do inverno vai fora, si chora ou deixa de chorar, mitá do inverno está de pasar.
- Di a vaca: Pásame a marzo e verás como pazo.
- Este neno moito me é, é fillo do meu fillo, é irmán do meu marido, é meu neto e é meu cuñado, e non foi feito en pecado, súa nai é miña sogra e tamén é miña nora.
- Cando vai para o monte vai engurrado e cando ven para a casa ven estirado.
- Póñome derriba de ti, sen compaixón algunha, e o mesmo tempo métoche, un cacho de carne cru.
- Dúas redondas e unha comprida, entre as pernas vai metida.
- Tin-tan pola vella de Gontán que me deu un cacho de pan como a cabeza dun can.
- Allí vienen nuestros padres, maridos de nuestras madres, padres de nuestros hijos y nuestros maridos mismos.
- Metelo duro, sacalo brando, coloradiño e pingando. 
- A auga de febreiro, fai o palleiro.
- Cando en marzo mallea en maio marzea. 
- Marzo esparabarzo; abril mollado; maio pardo e San Xoán claro, valen un carro de ouro cargado.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubli.
 - Seméntesme tarde, seméntesme cedo, hasta o mes de abril non me verás o pelo.
- O sol de abril e a lama de agosto botan o rico a pedir.
 - Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir.
 - Abril frío, fornos quentes, alegría para os meus dentes.
- O día tres de maio, o corbo e o lobo nado, e o raposo medio criado.
- En maio aínda a vella queima o pé o tallo, e unha miguiña que lle quedou, para o San Xoan o deixou.
- Maio turbo e San Xoán claro, témolo tempo ben compasado.
- Polo San Xoan sécalle unha raíz o pan, polo San Pedro a do medio e pola Santa Isabel fouciñas a el. 
- A auga polo San Xoán, tolle o viño e non da pan.  
- En agosto xa corre o sol como o lóstrego. 
- Polo San Bartolameu di o inverno aí vou eu.
- Pola Santa Lucía, reve a noite e medra o día.
- Como será, como non será, comer hoxe a galiña e matala mañá.  
-Píngole píngole pingaba, e mingole míngole miraba. E se píngole píngole non pingara, míngole míngole non miraba. 
- Estou por un camiño toda vestida de negro, nin son cura nin son frade, son o que dixen primeiro.
- Cando a garza vai para a terra, colle a brosa e fai estela.
- Cando a garza vai para o mar, colle os bois e ponte a arar.
- Facer a bogada.
- Si o cuco non ven o quince de abril, ou cuco morrer ou vir a fin.
- Desque ven o cuco, enche a cal e mais o suco.
- Si oes o cuco tres días despois de San Pedro, caba cabador, e non teñas medo.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------


   A sociedade ou cultura galega dos nosos antepasados estaba, aínda está, apoiada por un feixe de crenzas que aportaban un sustento de cara os momentos difíciles que tocaba vivir. Ante a carencia de medios para arranxar calquera atranco relacionado coa saúde, ben fose animal ou humana, ou tamén ante a perda ou extravío de calquera animal da casa; as xentes apoiábanse en crenzas que tiñan pouco de humanas e moito de divinas. Crenzas que estaban apoiadas especificamente, dependendo do tipo de dano,  en responso ou palabras que se recitaban un número determinado de veces, polo xeral nove.
   Había "palabras" para todo. Para curar calquera enfermidade ou para virar o tempo. Por exemplo, para cortar o lume das queimaduras, para as verrugas, para as rosas, etc. Outro tipo eran as chamadas "palabras retorneadas". Eran aquelas que te protexían cando o mal (demo), se aparecía de calquera xeito e momento para poñerte a proba. Eran retorneadas xa que estaban adornadas con moitas figuras vocais, de xeito que si a persoa posta a proba se enganaba mentres se recitaban as palabras, perdían o seu poder e o mal conseguía o seu fin.
   Para protexer aos animais o apoio baseábase en responsos dedicados a santos. De aí o grande apego os santos protectores dos animais. San Cosme, San Antoño, San Bartolomeu ...
Do mesmo xeito que pasaba coas "palabras", se mentres se recitaba o responso había un engano, era sinónimo de perda do animal. Tamén o número nove xogaba un factor importante; era o número de veces que había que dicir tamén cada responso.

   Palabras de San Juan, retorneadas.
   (Trátase dunha conversa entre o demo e unha persoa, o demo vai preguntando e a persoa respondéndolle).

   "Sábelas palabras de San Xoan, retorneadas? (demo).

    Eu chas direi, que ben as sei.

    Meu amigo, dime a unha.

    Amigo teu non; servo de Deus, si.
    A unha é o sol, máis claro que a lúa,
    onde Cristo vai e ven,
    A casa de Xerusalén,
    Dómine amén.


   Meu amigo, dime as dúas.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As dúas, dúas taboiñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as tres.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As tres, tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moises,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as catro.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As catro, catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as cinco.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As cinco, cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as seis.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As seis, seis cirios,
   As cinco chagas,
   O catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as sete.

   Amigo teu, non;  servo de Deus, si.
   As sete, sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as oito.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As oito, oito portas do Paraíso.
   As sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as nove.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As nove, nove croas de Anxos,
   As oito portas do Paraíso.
   As sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as dez.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As dez, os dez mandamentos,
   As nove croas de Anxos,
   As oito portas do Paraiso.
   As sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as once.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As once, as once mil virxes,
   Os dez mandamentos,
   As nove croas de Anxos,
   As oito portas do Paraíso.
   As sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as doce.

  Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As doce, doce apóstolos,
   As once mil virxes,
   Os dez mandamentos,
   As nove croas de Anxos,
   As oito portas do Paraíso.
   As sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.

   Meu amigo, dime as trece.

   Amigo teu, non; servo de Deus, si.
   As trece, trece raíñas de sol,
   pra que revente o demo maior
   E os que andan o redor.
   Os doce apóstolos,
   As once mil virxes,
   Os dez mandamentos,
   As nove croas de Anxos,
   As oito portas do Paraíso.
   As sete lámpadas,
   Os seis cirios,
   As cinco chagas,
   Os catro evanxelistas,
   Os tres patriarcas,
   As dúas taboíñas de Moisés,
   O sol máis claro que a lúa,
   Onde Cristo vai e ven
   A casa de Xerusalén
   Dómine amén.


   Para a nebra.

   "Levántete nebra
   do mundo da terra
   que aí ven San Xoán
   co seu roán
   aí ven San Martiño
   co seu cabaliño
   dicindo que tan de comer
   que tan de matar
   que tan de meter de cabeza
   no fondo do mar"

   Por Esther Cortiñas González

   Responso de San Bartolomeu.

   "San Bartolomeu se levantou
   E seu camiño andou
   E seu Santo Rosario rezou
   E a noso Señor atopou.
   - Pronde colles, ¿ay San Bartolomeu?
   - Voy pro ceyo, norabón.
   - E ¿qué vas a catar?
   - Herbas e maiciñas
   Pra curar chagas e fridas
   -Vólvete, ay San Bartolomeu,
   Que ch hei dar un tendón.
   Heiche dar unha tendalla
   Que nunca ha decir abasalla,
   N-a parte onde ti esteñas
   N-haberá meigos nin meigas
   Nin apedrerán pan nin cebeiras.
   San Felipe e Samurdán
   Prende o lobo e ceiv´o can.
   Sin pastor nin gardadore,
   A garda de Dios e
   Do anxel mayore
   Eisí seña encadenado
   Como rebegón d´os carros
   Y-as rellas d´os arados
   Nin comido nin adentado
   Y-a corte seña volteado
   Pol-o poder que Dios ten
   Y-a Virxen María. Amén".
    
   Transcrición do artigo publicado no xornal "Vida gallega", número 234, con data 1 de outubro do 1923; escrito por Eduardo Lence-Santar y Guitián. Citar que dito responso díxollo Pepa (Josefa de Carlos), muller do Ricardo do Bataneiro, a Eduardo nunha das súas visitas acompañando os cazadores nas monterías.
 
------------------------------------------------------------------------------------------------------------


   De seguido publicamos unha recompilación de ditos dos que a miúdo se escoitan entre as conversas das nosas xentes, coa boa costume de escoitar, este traballo de recompilación fixérono no seu día Xosé Antón Miguélez e Armando Requeixo. Gracias polo seu consentimento e intres, o seu cultural traballo podemos dalo a coñecer e desfrutalo.

- A escote.
- A poder de ....
- A pouco de ....
- A última sardiña rebenta ó burro.
- Aforrar (dicir, facer) algo.
- Agarrar o ferro polo quente.
- Aínda non saíches da casca.
- Andar (correr, patinar, traballar, ...) acentellado.
- Andar (non andar) con díxome díxome.
- Andar a escape.
- Andar coa mosca tras da orella.
- Andar coma quen pisa ovos.
- Andar con (algo, alguén) coma cos ovos.
- Andar cos pes de la.
- Andar levado do demo.
- Andar polo mundo.
- Andar xiringando.
- Apañar auga na peneira.
- Armar un batifoulo.
- As súas partes.
- Ata a morte vida forte.
- Bailar ó son que lle tocan.
- Baixar a cabeza.
- Baixar os santos do ceo.
- Barba de home tanto de canto come.
- Besta vella non entra en paso.
- Bo como o pan do coitelo.
- Bo como o pan de comer.
- Bota-lo carro diante dos bois.
- Bota-la cabeza de fora.
- Bota-las mans ós colares.
- Botar unha soneca.
- Busca-las voltas.
- Buscar cisco pros ollos.
- Buscarlle as cóxegas a un.
- Cada can lambe o seu carallo.
- Cada un fai papas da súa fariña.
- Cadrar (conforme, a man)
- Caer do burro en baixo.
- Caérselle a un a alma ós pés.
- Caeulle coma pez en bota.
- Cambiar poucas falas.
- Cambiei os ollos polo rabo.
- Comer (tomar) un pique.
- Chámalle burro ó cabalo.
- Chamar o que non hai.
- Chagar ás mans.
- Chegar e encher.
- Chéirame a chamusco.
- Cheirarlle a un.
- Chorar a fío.
- Chova que neve.
- Chover a (chuzos, bullón, cuncas, ceo aberto, Dios dar, caldeiros).
- Chover sobre mollado.
- Co arte do demo.
- Coma quen non quere a cousa.
- Como quen oe chover.
- Con máis voltas que (un muíño, a devadoira, raposo).
- Contento coma un cuco.
- Conto de orella , mala centella.
- Coñecer de vello.
- Coñecerlle a un o leite que mamou.
- Correr (andar) canto lle daban (as pernas, o coche).
- Cruzárselle os cables a un.
- Da perda, un pelo.
- Da-la cara.
- Dame pan e chámame can.
- Dar (caer) no allo.
- Dar con un (deu comigo, din contigo).
- Dar de si.
- Dar fachenda.
- Dar feito.
- Dar gloria.
- Dar na alma.
- Dar que cavilar.
- Dar que pensar.
- Dar que ver.
- Dar unha boa felpa.
- Dar xenio.
- Darlle a un o corpo que ....
- Darlle ben.
- Darlle sebo ás canelas.
- Darlles unha boa lupanda.
- Darse ben.
- Darse de couces co aguillón.
- Darse dunha mao ou perna.
- De cabo a rabo.
- De camiño.
- Déchesme na alma.
- Deitar ben.
- Deixar a cousa así.
- Deixar a?
- Deixar caer as cousas polo seu peso.
- Deixar correla auga.
- Deixar tremendo.
- Deixarse estar.
- Dereito coma un fuso.
- Descabezalo sono.
- Descansar como o rabo da vaca en agosto.
- Despertar ó can que dorme.
- Deter o camiño.
- Deuse en virala folla.
- Día por día, mes por mes.
- Dios nos aparte ....
- Durmirse nas pallas.
- E coa mesma.
- E peor o remedio cá enfermidade.
- E seica viches o lobo.
- É un Xan.
- En lei dereita.
- En todas partes hai que ver.
- En todas partes erguen e baixan.
- En todas partes hai cans descalzos.
- Enchelo ollo.
- Encherlle a un os fociños.
- Engurralas (baixalas) orellas.
- Entrar (non entrar) polo ollo dereito.
- Entrar por unha orella e saír pola outra.
- Erguer (ou non erguer) a cabeza.
- Esa pera rabo leva.
- Ese é o que lle pon o rabo as cereixas.
- Espavorirse (coller pavoria).
- Estar a velas vir.
- Estar a ....
- Estar aviado.
- Estar botando as mantas no hospital.
- Estar coma un buxo.
- Estar coma tres nun zapato.
- Estar de prestado.
- Estar de xenio.
- Estar emburrado.
- Estar entre cirios e auga bendita.
- Estar máis lavado ca un peixe no mar.
- Estar máis cheo que.
- Estar na verza.
- Estar na horta e non velas verzas.
- Estar na parra e non velas uvas.
- Estar no cravo duro.
- Estar no talego.
- Estar ó caer.
- Estar pasado.
- Estar pra gastar unhas mangas novas.
- Estamos?
- Eu non ando con díxome díxome nin pataqueiradas.
- Face-la pascua.
- Face-la vista gorda.
- Facela boa.
- Facer burla ou risa de un.
- Facer algo (comer, beber) de moca.
- Facer algo en quente.
- Facer algo do pé pra mao.
- Facer andar.
- Facer bo de alguén.
- Facer caso de alguén.
- Facer da boca cu!
- Facer de maneira.
- Facer mundos e marolas.
- Facer pola vida.
- Facer o caldo gordo.
- Facer unha morte.
- Facer as once.
- Facerse cruces.
- Facerse de rogar.
- Facerse o tolo.
- Falar a boca chea.
- Falar sen cancelas.
- Falso coma pola de figueira.
- Festa de moitos estalos.
- Fresco como unha leituga.
- Fulano non é a xema do ovo.
- Fulano ten lingua coma vaca rabo.
- Gardar lei a alguén.
- Gardarse de alguén.
- Gastar sombreiro.
- Gastar pólvora fina con gorrións.
- Haber as do demo.
- Haber razón (hai razón a ...).
- Hai roupa tendida.
- Ir (ou non) no meu carro a misa.
- Ir (vir, facer algo) nun santiamén.
- Ir a (máis, menos, mellor, peor).
- Ir catar.
- Ir dar a.
- Ir en tempo.
- Ir ida por volta.
- Ir para a (choupana, choupela).
- Irse o servido polo comido.
- Irse ó tacho.
- Írselle a un o santo ó ceo.
- Lavarlle a un os cascos.
- Levar algo ó subarco.
- Levar dous palmos de siso.
- Levarse como o pan e o leite (ben).
- Levarse como a cabra e o coitelo (mal).
- Limpo como a patena.
- Logo se lle sobe o galo ó poxigo.
- Lograrse (malograrse).
- Lucirlle o pelo a un.
- Lume de corozos.
- Lume de pallas.
- Madia leva.
- Maiormente.
- Máis contento que un cuco.
- Máis negro que as ás do corvo.
- Máis queixumeiro ca unha pita.
- Máis raro que os bispos.
- Malo será.
- Maldito un quero.
- Manda chover na Habana.
-Manda truco (carallo).
- Mandar todo o carallo.
- Mandar todo a paseo.
- Mandar todo a rodar.
- Mandarse moito.
- Marchar a escape.
- Medir o lombo.
- Medirlle as costas a un.
- Medo (tomar medo) fogal.
- Mete-lo zoco.
- Mete-los cans na bouza.
- Meter a culler.
- Meter o fociño.
- Meter o rabo entre as pernas.
- Meter polos ollos.
- Meterse (crego, soldado, ...).
- Meu dito, meu feito.
- Moitas pingas fan un rego.
- Molla-la palabra.
- Morra o conto.
- Moscou.
- Nacer de pé.
- Nin que me vise unha fada.
- Non dar boa espiña.
- Non dar palabra pequena nin grande.
- Non dar unha fala.
- Non dicir nin arre nin xo.
- Non entender nin papa.
- Non espantes a quen está durmindo.
- Non estar pra sécolas.
- Non gocei (probei) un alimento.
- Non hai can que o roia.
- Non hai quen (lle, me) tusa.
- Non hai unha sen dúas.
- Non pedir pan para o camiño.
- Non brilla o sol como un quere.
- Non ser ben.
- Non ter.
- Non ter ganas de danza.
- Non ter paraxe.
- Nunca deus me deu ....
- O choqueleo das pitas.
- O falar non ten cancelas
- O que ardeu, queimouse.
- O que manda non roga.
- Onde hai letras calan barbas.
- Onde hai patrón non manda mariñeiro.
- Onde te-los ovos , te-los ollos.
- Os máis deles.
- Outra vaca no ... (millo, maiz da Chousa).
- Pagar co lombo.
- Para ser ben.
- Pasa-la man polo lombo.
- Pasar algo pola man.
- Pagar con un  ....
- Pagar o sono.
- Pensar en xalundes.
- Pensando nos biosbardos.
- Pensar en cousas de lonxe.
- Peor que a fouce do demo.
- Perder a chaveta.
- Perder de ter.
- Perder de non ter.
- Petarlle ben.
- Pintar ben.
- Poñer a amolecer.
- Poñer a andar a un.
- Poñer a chaqueta o sol.
- Poñer a man no lume.
- Poñer a pan pedir.
- Poñer cara de ... (pau, ferreiro, cocho...).
- Poñer medo.
- Poñer peito.
- Poñer os beizos doces, labios doces.
- Poñerse como a lama; como un pito. Non nos quedou fío enxoito.
- Poñerse mal.
- Poñerse mol.
- Poñerse teixo.
- Por onde vai a ola que vaia a tapadeira.
- Por riba de burro, albarda.
- Por riba de burro, mallado.
- Por riba de caldo, sopas.
- Por riba de mel, filloas.
- Por últimas.
- Por un díxome díxome.
- Por un sácame unhas pallas.
- Por unha picallada.
- Pouco máis da.
- Pre ben ser.
- Préstalle (a un, a alguén) ben algo.
- Prometer montes e moreas.
- Que máis ten.
- Que queiras que non queiras.
- Que tal e que tumba, que tumba e que revira.
- Quedaches a velas vir.
- Quedarse no seo da manta.
- Quedarse por portas.
- Quedarse sen fala.
- Quedei atada.
- Quere pillar o ceo cós pés e non lle chega coas mans.
- Querer polos vivires.
- Querer un conto.
- Quitar a auga clara.
- Rápido como matar o lume.
- Rápido como un lóstrego.
- Rápido como unha centella.
- Reinar (mal ou ben) a un.
- Rilar no dente.
- Sabe o demo.
- Saber de ....
- Saio dun souto e métome noutro.
- Sair a pascua un venres.
- Sair as contas furadas.
- Sair máis cara a salsa co peixe.
- Sair o can cadela.
- Sair o ovo goro.
- Sair o tiro pola culata.
- Sair a (nai, pai, avó, avoa).
- Sair coa (miña, túa, súa).
- Saíu o can cadela.
- Se Deus lle mandara unha do revés.
- Se Deus o recollera.
- Se non é por fas, é por nefas.
- Se ... outro sol lle alumara.
- Sexa que xa.
- Sempre ten o as para matar o tres. (non saber perder).
- Sen xeito nin maña.
- Ser (ou non) da mesma corda.
- Ser (ou non) trigo limpo.
- Ser a nai do año.
- Ser ben.
- Ser como a mula do arrieiro.
- Ser de coidado.
- Ser doado.
- Ser feito á antiga.
- Ser moi cuco.
- Ser por demais.
- Ser un bo paxaro.
- Ser un bo peixe.
- Ser un boi de Belen.
- Ser un chispillas.
- Ser un pousafoles.
- Ser un zumezugas.
- Ser dunha camada.
- Suar a regos.
- Tanto ten.
- Tardábame como o pan pra boca.
- Tarde piaches.
- Ter a alguén baixo a pestana.
- Ter a mosca tras da orella.
- Ter algo da man.
- Ter algo no papo.
- Ter bo lombo.
- Ter cara de leite callado.
- Ter fumes.
- Ter madeira de ... (santo, ladrón, ...).
- Ter moitas caras.
- Ter o camiño.
- Ter o formigo no cu.
- Ter o leite nos beizos.
- Ter os pes como o remol.
- Ter, ou non, padriño.
- Ter un pe na terra e outro no estribo.
- Ter vara alta.
- Terlle olleira a alguén.
- Terse nas súas.
- Tirarlle da chaqueta.
- Tirarlle a un da lingua.
- Tocar madeira.
- Tocarlle a un o sacho, nabo, carallo, ...
- Toda a terra é pais.
- Todo lle sal feito.
- Tomalas como veñen.
- Tomar medo.
- Traballar pro inglés.
- Traer a mal traer.
- Tras do mel veñen os aguillóns.
- Tratar a baquetazos.
- Tratar en ... (comerciante de ...).
- Unhas lle veñen e outras lle van.
- Untala badana.
- Vai coma un toiniñé.
- Vaiche boa.
- Vámonos ver na pel da burra.
- Vas levar.
- Ven xente a peito.
- Ver algo da maneiro.
- Verlle as orellas o lobo.
- Veu Dios a vela.
- Vir, ou non,  a conto.
- Virlle ó pelo.
- Virse a un.
- Virse algo ó acordo.
- Xa non daba nin a pé nin a perna.
- Xan da guedella moito madruga  e tarde aparella.
- Xogar a falsa.
- ¡Chéirame a chamusco!
- ¿Estamos?
- ¡Leria, leria!
- ¡Non que logo! (¡xaora!).
- ¿Que se lle da a eles dos pobres galegos?

 
   10/01/1858. El País.
  "Casa en donde la mujer está afligida, no tardará en extinguirse".
 
   30/09/1913. Vida gallega.
  "Alí fan cal dí a campa de Gontá: dando dan.
  Mentras vas e mentras vés, xornada tés.
  Vicio poñas que non tollas.
  Moitos pitos, moito comen.
  A quen ll'has dal-a cea, non lle chores a merenda.
  A barba do home, si a gana tamén o come.
  A besta pol-a cebada non é cara.
  A boy rebelón, aguillón.
  A cera xunt'o santo, do devoto enxuga o pranto.
  A conta do chan, calquera tén man.
  A muller y-a galiña, á casa con día.
  A novez toda é torpez.
  Anque n'haxa unha branca, qu'haxa unha pranta.
  A ovella, co-a noite pr'a cortella.
  Auga de Febreiro, fai o palleiro.
  Aúna com'a galiña n-a casa, que pica e pasa.
  Boi vello de seu leva o rego.
  Bón está o can que non quér pan.
  Cada un tira tras do que lle tira.
  Caldo sin pan, dase ó can.
  Cando a garza vai pr'a terra, colle a brosa e fai estela.
  Cando a garza vai pr'o mar, colle os bois e ponte a arar.
  Cando a semana está de piollos, non val mudal-a camisa.

   31/01/1914. Vida gallega.
  "Ninguén se sentou na pedra, que falase ben de ela.
  Quen co'as maus non pode, c'os dentes acode.
  Valente po-o dente.
  ¡Con qué peixe ronca ó mar!
  Caldo sin pan, no inferno ó dan.
  Ao que non quer caldo, dánselle sete cuncas.
  O que un non quer, á outro lle ven ben.
  Cada un c'o seu caldo fai á sua sopa.
  Dalle Dios pan á quen non ten dentes.
  O que ten capa, escapa; o que n'a ten, escapa tamén.
  O que nunca tivo un porco e agora ten un vacoriño, sempre anda corrichiño, corrichiño.
  O martes, non te cases, non te embarques, nin o teu porquiño mates.
  Non se pillan as troita coas bragas enxoitas.
  Nin sirvas á quen sirveu, nin pidas á quen pideu.
  No niño do ano pasado, non hai paxaros este ano.
  Janeiro, giadeiro.
  O sol do Marzo, queima as damas no pazo.
  Por San Martiño, trompos ao camiño; pol-a Páscua, trompos á ascua.
 
   25/02/1914. Vida gallega.
  "Ave de pico, non pon á seu amo rico.
  Cada un vai á feira c'o que ten.
  Burro grande, ande ou non ande.
  O que pasou á Marola, pasou á mar toda.
  Muiño parado, non gana maquía.
  O que promete é non dá, no inferno as pagará.
  Palleiro sin palla, non se fai.
  Mais val roín coñecido, que boo por coñecer.
  Queira que non queira, ó burro ha de ir á feira.
  O que non ten pan, xa ceou.
  O que se muda, Dios o ajuda.
  O que naceu pra ochavo, non chega á carto.
  O que non chora, non mama.
  Perna lavada, non leva ó millo á cabana.
  Na cas do que jura, todo é desventura.
  Tal é ó carro, tales fungueiros leva.
  As nove en San Juan, con día dan.
  Boos días, díxolle ó gato as morcillas.
  Pol-o pan, baila ó can.
  Con augas paradas, non moen os muiños.
  Coca cajada non entra á moscas n'ela.
  Boi pequeno, en cornos crece.
  Xarro que moito vai á fonte, algunha vez rompe.
  O que moito escolle, ó mais roín colle.
  O que moito se apura, pouco dura.
  Leite con viño, fai de vello meniño.
  Predica, meu frade, que por un oido me entra é por outro me sale.
  A gana de comer, fai á vella correr.
  Quen dixo vila, dixo vida.
  Norte escuro, vendaval seguro.
  Bolo do lar, comer e soplar.
  Na candelaria: se chove ou venta, inda ó inverno entra; ja vente e deixe de ventar, mitá de inverno está por pasar.
  Ruibáns ao mar, vellas ao solar; ruibans ao monte, vellas á fonte.

   31/03/1914. Vida gallega.
  "Anda apurado como un gato con sete livianos.
  Si queres ver ao galleguiño, dalle un mandiño.
  O raposo sempre tira as galiñas.
  O que boa sorte ten, na galiña a ha de ver.  
  Baguiño a baguiño, fixo unha vella unha pipa de viño.
  Miña casiña , meu lar: quen te gabou non te soubo gabar.
  Quen malas mañas ten, tarde ou nunca as ha de perder.
  Deixa o ladrón, pero o fogo non.
  A man ao peito; a perna ao leito.
  Ao ferreiro da maldición, cando ten o ferro fáltalle o carbón.
  Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe.
  Bodas e festas, na cas do veciño.
  Viño con mel, sabe mal pro fai ben.
  O viño no lagar e as fabas no fabal.
  Do pan do meu compadre, boa rabanda ao meu afillado.
  Na cas de aquel home, quen traballe come.
  Val máis ruin muller, que boa manceba ter.
  De balde traballa o can, e mais leva pau.
  Dispois de que eu morra, nunca o moiño moa.
  Ese preito non chega a Cruña.
  Non ha de chover en Marzo mais que o que o rabo de un gato.
  Cando Marzo é ventarrón, en abril é choviscón.
  En Marzo poda o ricacho; en Abril poda o ruín.
  Quen teña forza no brazo, que cave e pode en Marzo.
  Hónrame na casa, que eu te honrarei na praza.
  En Abril, a sardiña val pernil.

   20/04/1914. Vida gallega.
  "Amigos como o can y-o gato. 
  A muller y a loba, do mais feo se namora. 
  A muller y a besta, a naide se empresta. 
  A muller y a gata, é de quén a trata. 
  A muller y a troita, préndese pol-a boca. 
  A muller que pega a seu home, fai ben se pode. 
  Antes de mercal-o becerro, facerlle o cortello. 
  Inda que non durma o ollo, descansa o oso. 
  A léngoa vaya e veña; as mans quedas. 
  Arden os cangos, quentémonos a eles. 
  A rico non debas y a pobre non pormetas. 
  As veces un ruin porco topa unha boa landra. 
  En Abril, canta auga poida vir. 
  A muller e a sardiña, quere ser pequeniña. 
  En Maio, aínda a vella queima o tallo. 
  Val mais onza de trato, que libra de traballo. 
  Os negocios, ou á veira do monte ou á veira da fonte. 
  A madrasta, o nome lle basta. 
  A muller que e cursidosa, deixa a gaita e colle a roca.
  Pasa a craba pol-a viña, tal é a nai, tal é a filia.
  Pasiño a pasiño, vaise andando o camiño.
  Chuvia con sol, non molla ao pastor.
  Entre novo e vello, fame de demo.
  Quen en Marzo non pode a sua viña, perde a vendima. 
  Pol-a Encarnación, os últemos helos son.
  Pau de cegó, pau de demo.
  Non hai pior cuña que a do mesmo pau.
  Se o fillo do malo é boo, ven o neto e saile ao abó. 
  Pol-a liña ven a tiña. 
  Quen sementa na lama, pouco colle ou nada.
  De pequeno verás que boi terás.

   15/04/1916. Boletín oficial del Centro Gallego de Buenos Aires.
 "O que se muda, Dios o axuda.
 Nunca falta un roto prá un descosido, nin un corno prá un astrevido.
 Deixa rodal-o can co-a roca y o gato co'a mazaroca.
 Meu pau de Holanda, d'a casa ven quen me manda.
 Val quen ten.
 Tanto vales, tante tes.
 A xaula feita, páxaro morto.
 O mozo pode morrer, pero o vello non pode vivir.
 Amoría madura, pinta a uva.
 Con pan e viño, ándase o camiño".
 
 
  Si naciches para martelo, do ceo cáenche os cravos. 
  Ramallo que nace torcido, xamais o seu tronco endereita.

   O cura de Abadín vendeo o cabalo por non darlle a ración de cebada, e agora vai dicir misa dacabalo da criada.




1 comentario:

  1. Bo día,

    Escribímoslle desde o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela porque nos gustaría falar con vostede sobre este vocabulario que publicou. Se nos puidese escribir a ilgsec@gmail.com, agradecémosllo.

    Un saúdo

    ResponderEliminar