San Antoño
É costume que unha vez o mes e sempre en xoves se celebre a misa na capela do San Antoño. Na foto aparece reflexado un momento da celebración sen cura. Comezando pola esquerda: Valentín dos Agustís, Dourino da Casa Vella, José do Antón María, Hipólito da Basilisa, Suso do Pablo, Sonia e metade do José Manuel do Dourino.
Continuación da foto anterior; comezando pola esquerda: Leofé da Costa da Laxe, Luz dos Bispos, Dolores do Lois, Esperanza dos Viveiros, María de Insua, Lino da Costa da Laxe e Benedicta dos Curulos.
Fonda e emotiva reflexión feita por Manuel Regal Ledo no ano 2010. Nela expresa, cos pés firmemente arreigados na terra, o seu parecer relixioso sobre a celebración da romaxe do San Antoño. Con unhas soterradas pinceladas de tristura, quere mostrar o valor das xentes que honran as súas crenzas.
Ver esta foto onde se ve unha casa con moitos anos, choivas, neves e ventoadas vividas; ver pasar moitas xentiñas por diante e tamén dar abrigo os seus moradores en outros tempos pode que non nos diga nada máis que gozar da súa rústica beleza. Está situada en fronte da casa do Benxamín, preto da Casa Vella no barrio do Outeiro.
Aquí foi onde estivo a primeira capela do San Antoño de Padua. Capela que foi fundada e erixida o 11 de maio de 1690, por escritura ante o escribano Antonio Leal, otorgada en Muras, polo Licenciado Don Antonio Garcia (ou Díaz) Otero, presbítero, era cura párroco de San Felix de Roupar e supostamente tamén da feligresia da hoxe chamada Santa María do Aparral. A capela foi edificada no dito lugar fronte a casa de Xacobo Prieto e próxima a de Francisco Cortiñas. Dita capelanía debía ser nominativa e laical e de sucesión perpetua a xeito de vínculo e morgado, sen que nela teña intervención algunha o ordinario diocesano nin outro xuíz ou prelado, si non soamente pa visitala. Era vontade do fundador que soamente fora rexida polo Capelán. Éste dicía misa o luns, na honra de S.Antonio de Pádua e sábados na honra da Santísima Virgen, era obriga dicila todas as semanas; exceptuando._
17 de xaneiro, día de San Antonio Abad.
1 de febreiro, día de San Ignacio.
13 de xuño, día de S.Antonio de Pádua.
29 de xuño, día de S. Pedro.
16 de xulio, festividade da Virxen do Carmen.
29 de xulio, festividade de Santa Marta.
8 de setembro, natividade da Nosa Señora.
29 de setembro, día de S. Miguel.
Destacar que poñen os documentos que "en ningún tempo do mundo se poida facer eclesiástica nin colativa polos señores ordinarios de este bispado nin de outros. E condición que a capela sexa lega e os seus bens sexan meramente profanos e leigos". Aparte da capela en si, posuía propiedades, terras e por suposto vivenda. As terras eran arrendadas entre os veciños e estes pagaban a renda. Debido a redención a capela quedou en un total abandono e paso do tempo fixo que a capela se fose deteriorando, de tal xeito que sufriu espolio e un abandono total. Tamén por causa de non recibir as rendas por parte dos arrendatarios; e de decisións políticas nunha época convulsa con respecto o clero.
A capela foi dotada de diferentes bens entre os cales podemos citar:
No lugar de Tras da Lamosa o casal e lugar de Goia e os montes de Goia en San Andrés de Lousada; metade do lugar de Castiñeira de Arriba en Santa Maria do Burgo; os sotos e castaños de Lagoa do Valadouro; o lugar de Castrillón na feligresia de Figueiras; as tres cuartas partes das casas e lugares de Voz do Rei, feligresia de San Xoán de Lagoa; todas as casas e lugares de Francas en San Martín de Corvelle; varias fincas na mesma parroquia; a finca de Conzado e Rigueira de Estoa; dúas pezas da herdade en Castiñeira de Arriba na parroquia de Labrada e o lugar contiguo a ermida de San Antonio.
O patrono sería Antonia López de Seijo, sobriña do fundador que vivía con el mismo.
Foi a principios do século XX, aló polos anos 1915, 1916, 1917, 1918 cando grazas a achega de todos os veciños de Laborada se reedifica a Capela no lugar en onde hoxe se encontra, en Coto Fernando. Hai unha relación documentada das cantidades aportadas por cada un dos veciños Pon o documento que non podía haber mellor sitio, o abrigo de uns carballos e un vistoso lugar.
Foron varios os sacerdotes que desempeñaron o seu cargo nesta Capelanía, entre eles moitos de Labrada:
Rosendo González no ano 1725.
Domingo Cayetano López Lorenzo no ano 1752.
Francisco de Camba no ano 1809.
Xacobo Emeterio no ano 1814.
José da Riba y Otero no ano 1820.
O S. Antoíño celebrase con unha misa na súa capela e despois no campo situado mais abaixo, durante o día séguese gozando da festa e música. Este dia e un día de gran devoción pos veciños daquela zona e tamén pos labregos e gandeiros da zona. Destaca a poxa que se fai no campo da festa das ofrendas feitas por veciños tales como unto, queixos, manteiga, uños, orellas, sedas ou calquera outra cousa que se lle queira ofertar o Santo. A poxa faina un veciño, que nos últimos anos é o Dourino da Casavella, tamén chamado o Civil, a pesares de que vai perdendo arraigo é algo que se segue mantendo.
Un empuxe importante pa esta festa é a ruta cabalar que fica no campo da festa organizada por un grupo de veciños amigos dos cabalos; fan un recorrido pola parroquia e acaban con unha merenda.
Cabe salientar que ata non fai moitos anos xuntábanse un gran número de merendas, tanto de veciños da mesma parroquia ou de outros lados, Montouto, Fanoi, ou o Pereiro. Lémbrome con ledicia ver os cómaros do arredor das leiras cheos de cestas con lacos, touciños e quizais un pan de centeo ou millo e no mellor dos casos de trigo; acompañado da cántara de viño. Todo isto era unha mestura de gran merenda de todo para todos, non faltaba as cantigas nin os fermosos contos de xente e amigos que facía tempo non se viran.
Pode que as poxas que se fan no campo da festa sexa o que queda de tempos pretéritos; é de supoñer que pa conseguir cartos pa sustentar a capelanía se fixesen estas poxas.
A capela, que proximamente cumprirá un século no lugar, foi restaurada fai poucos anos. No ano 2008, e grazas o traballo feito polo cura que neses anos rexía a nosa parroquia, Rubén Prieto, e sobre todo, e o máis importante, grazas a aportación económica feita pola Comunidade de Montes, fíxose un importante arranxo no tellado e no interior da capela. A cruz de pedra que está sita enriba da porta estaba no cemiterio parroquial, tamén enriba da porta vella, antes de ser reformado. Xa entrando a esquerda está a pía da auga bendita; feita de pedra. Comentou o Dourino que antes estaba a dereita e foi cambiada nas obras de restauración.
Outros topónimos en Labrada que se asocian a este tipo de lugares son na "Capeleira" onde se cre que houbo unha capela, outra no barrio do "Carballal". Todas elas con crego propio.
A Capela de San Antoño en xaneiro do 2014.
A pía da auga bendita da capela de S. Antoño. Labrada.
Merenda do Fondo da Vila. Ano 1962. Os tres de diante son: Olimpia coa filla Ilda en brazos, Villagal e Margarita. Empezando pola esquerda: Isidoro, Emiliano, Araceli do Brais, a esquerda da Ilda a Eva do Brais, Albino. A esquerda do Villagal: Amina, Carmen de Balseiro, Alfredo detrás da Margarita, Fidencia e Alicia.
Ermelina pola esquerda, Acacio de Balseiro ... o señor máis alto de boina, é Santiago das Leiras, o pai do Domingo de Montouto.
De pé e empezando pola esquerda: Carmen González, Servando, Jesús do Villagal, Araceli e Eva do Brais e Isidoro coa Ilda nos brazos. Sentados: Policarpo, Restituta, Fidencia, Carmen e José Antoño do Acacio, Amina da Valiña, Olimpia e Margarita.
O Domigo da Vacariza e o Serafín do Anxel de merenda e de contos.
A Sra Balbina de Juanito, do barrio de os Currás. Sacada no Outeiro día de San Antoño, o lado do campo da festa.
A Felicia, o Elias do Granadero, a Ofelia e o Gonzalo, no campo da festa no Outeiro o día de San Antoño.
Xogando o futbolin na festa do san Antoño. Empezando pola dereita: Eva do Brais,
Dina do José Mª, Servando das Pablas, José dos Agros, Abel do Leiro a esquerda do José de
Sisalde, Telvina do Coto, e a esquerda de todo o Moisés do Vizoso; a rapaza da esquerda en primeiro plano é descoñecida.
13 de xuño do 1973. Levando as andas e comenzando pola esquerda: Cresencio da Costa da Laxe, Suso de Lestide e José Pérez de Estelo. Detrás e recoñecidos: Albina de Viveiro, Esther do Fondo da Vila, Angel da Costa da Laxe e Jesús do Veiguello.
Poxa no San Antoño do ano 1990. Levando a poxa o Jesús do Salvador, Dourino do Civil e José do Antón María.
Da esquerda a dereita: Dosinda de Diego, Demetrio das Vigas e Genma do Tibián. Ano 1990
Rubén do Ferreiro e a Cristina da Choqueira, no San Antoño.
A Eusebia da Choqueira coas súas netas. Detrás, de loito e con pano na cabeza, a Evangelina.
Campo da festa do San Antoño. Ano 1989.
Ano 1999. Orencio e Manolo do Chao do Covo.
Ano 1999.
San Antoño. 12 de xuño do ano 2004.
12 de xuño do ano 2004. De pé empezando pola esquerda: Suso do Teófilo, Verónica Cortiñas, Amandino Saavedra, Rita, Miguel Cortiñas, Maria Luisa do Coutada, Rocio de Nisio, Belén do Chao do Covo. De crequenas: Angel da Torre, Manuel do Veiguello, Antoño do Chao do Outeiro, Rubén do Ferreiro e Luis do Teófilo.
12 de xuño do ano 2004. Os citados na foto anterior mais: A Milagros de Nisio de brazos cruzados, a esquerda dela o Camula de Currovedo, diante de crequenas o Toño e o Hipólito das Lucas, o Cesar do Articiano abrazado polo Luis do Teófilo e a esquerda deles o Carlos de Pardoiro.
12 de xuño, ano 2004.
A misan no San Antoño. 11 de xuño do ano 2005.
11 de xuño do ano 2005.
O Ricardo do Garipol camiño da capela para escoitar a misa. 11 de xunio do 2011.
Misa de S. Antoño. 11 de xuño ano 2011.
Preparando a celebración da eucarestía no S. Antoño. 11 de xuño ano 2011. Entre outros, podemos recoñecer o Jesús do Redondo a esquerda con visera, Luis do Veiguello coa man dereita no peto, Oscar e Gabriel Cortiñas de costas, Adelina Otero da Xesta, José do Requeixo con boina a esquerda da porta da capela, Lino do Anxel do Balbino co banco nas mans, a monxa Izaskun con un caxato, escondida detrás dela a Isolina de Xan, a Esperanza da Capeleira, a Nere da Choqueira e a Pilar, nora do Anxel do Balbino.
San Antoño, 11 de xuño do ano 2011. A esquerda Damiana Vega da Arxentina, Jesús González (o Coutada), Albina e Eulogio Castiñeira, Narciso Trastoy Maseda de Montouto, Jesús da Angelita, Camila da Arxentina, Margarita do Ferreiro e Olga Terrón de Masma.
Verbena do S.Antoño. 11 de xuño do 2011. A dereita Manuel Rivas, a esquerda del Damiana Vega e de costas Sebastian, Arxentino e irmán da anterior.
2014
2015.
Chega o mes de xuño e como todos os anos ven acompañado do San Antoño. Comenzan as festas, as reunións de amigos e familiares. O día 13 e 14 celebramos o San Antoño de Pádua na capela situada no lugar chamado Coto Fernando; e como de costume nos últimos anos, tamén a ruta a cabalo organizada pola asociación "Cabaleiros de Labrada".
Quero engadir que están a cumprirse nos vindeiros tres anos o centenario da refundación da capela no lugar ónde hoxe se encontra.
A continuación pódense ver imaxes da festa do san Antoño deste ano 2015.
Romeiros de Labrada e Montouto diante da Capela.
O Modesto de Currovedo levando a cruz na procesión do santo.
Nazaria do Carballal, Dourino e Adelino da Casavella e Antoño da Capeleira, veciños de Labrada á saída da misa.
Oscar do barrio dos Currás, escondido detrás, Jesús do Portovello, Miguel, Lino, Emiliano e Marisa.
Xa no campo da festa, a xente bailando.
As irmás Irene, Isolina e Lídia; Josefa, cuñada das anteriores e a María do José Mª de Ínsua.
O Ricardo do Garipol , coa súa dona María Benilde.
En primeiro plano a Mª Carmen das Tarandeiras.
Mollando a palabra, a esquerda o José do Paridoiro xunto do Pape do Pazo.
O Luis do Veiguello de conversa co Elias do Cordal.
O Rafael do Mariano falando co Adelino da Casavella.
Angel do Balbino, Rafael, Hermitas, Luis do Veiguello, Elias do Cordal e Adelino da Casavella.
Mollando a palabra e conversando na foto de riba. Na de baixo, arreando o baile.
Cabalos descansando despois de facer a ruta polos nosos montes o mesmo día da romaría.
2016.
Celebramos neste ano o centenario da refundación da capela do San Antoño. De feito, fíxose mención na misa celebrada polo cura Cristóbal Rivas. Díta mención correu a cargo do Toño das Lucas, que fixo un fermoso percorrido pola história da capela, dende a fundación no ano 1690 ata o día de hoxe. Como outros anos, tivemos ruta a cabalo, e festa con orquestra.
A continuación, un reflexo do acontecido:
Imaxen de San Antoño.
Argemiro dos Fornos, Eliseo do Correiño, Xusto do Castiñeira de Romariz, o Abelardo, sogro da Marisa do Monsito; Narciso de Montouto, Armando da parroquia do Carmen de Mondoñedo; José do Paridoiro, Jose Luis do Xordo, e a dereita, solo, o Victor da Serra de Montouto.
Os dóus nenos da esquerda son o Brais, fillo da Esther da Casa Vella, a Íria, filla do José Manuel da Casa Vella. O Dourino da Casa Vella, Damiana, compañeira do que aquí subscribe. Silvia, muller do Rubén dos Currás. Emiliano do Chao do Outeiro, Rubén dos Currás, a dereita a Albina do Chendo, a Margarita dos Currás de costas, e a dereita de todo o Eulogio do Chendo.
O Toño das Lucas recordando os tempos da capela do San Antoño.
Na misa do San Antoño. Sábado día 11 de xuño do 2016.
Benedicta dos Corulos e o seu home Narciso do José Mª de Ïnsua.
Retrato do 12 de xuño. José Luis de Rouco, Alejandra, filla do Daniel do Salvador, el a súa esquerda e ambos debaixo do paraugas; Erminio, Eusebio, Suso de Lestide, David, José de Rouco, Ricardo do Garipol e Elias do Vellagal.
Domingo, día 12 de xuño do 2016. Arreando baile na sesión vermú.
2017.
Festa do San Antoño do ano 2017, celebracción da misa, día 10 de xuño, a sombra dos castiñeiros centenarios.
Coa axuda dun fermoso día e con gran concurrencia de xente de Labrada e de outros lugares, un ano máis honramos o santo Antoño. Tamén, como ven acontecendo estes anos atrás, celebrouse a VI Ruta a Cabalo o San Antoño, con uns douscentos cabaleiros, tamén chegados de veciños lugares, e que fixeron o xantar nunha gran merenda no campo da festa, diante da casa do Valentín dos Agustís.
Esperando o comezo da misa. Os señores sentados a cada un dos lados dos santos son, a esquerda o Narciso e a dereita o José de Rouco. Sentados e empazando pola esquerda: a Dina, Mª Carmen das Tarandeiras, Benedicta dos Curulos, Estrella de Currovedo, Genara do Veiguello, Incógnito, incógnita, Eladia de San Simón, Maruja de Merlos, Nere da Choqueira, Jesús Manuel Cortiñas, Antonia Rouco, Rosita da Valiña de Montouto e Amelia de Carozo. De pé, a esquerda da foto: Carmen, dona do Manolo da veiga, Babila da Veiga de Montouto e súa irmán Isolina do Tuxo, a seguinte que está soa é a Esther do Carballal.
Continuación do retrato anterior. Seguindo cara a dereita, e a esquerda da Amelia de Carozo: a Eusebia da Choqueira, Adelino de Salgueiro. No banco do lado dereito, en primeiro termo o Luis do Veiguello, a súa dereita a súa dona Esther, a señora de pelo roxo é a Delfina de Salgueiro. O do fondo de pé é o Carlos de Paridoiro.
Sentadas: a Quiteria do Chao do Covo, Virginia do Valentín dos Agustís, Erundina de Viveiro, Erminia do Casabella de Romariz, Daniel da Choqueira, María Herminia do José Mª do Ínsua e a Articiana das Carminas. De pé: Angel do Tuxo, O Suso do Coutada, detrás Gonzalo Cuba, José Prado, o Modesto de Currovedo con sombreiro escuro, detrás o Antoño da Capeleira con sombreiro claro, incógnito, Sandra Oyero, David, casado coa Angeles do Salvador, Angela muller do Daniel do Salvador, el a súa esquerda; o da camisa rosa e o Manolo da Veiga.
2018
Levando a cruz o Pepe de Arriba de Romariz acompañado polo Angel do Balbino, detrás a Ana do Carballal, Carmen de Lestide, Pacita do Valentín, Celso do Antón, Adrián da Mari Sol ...
Os irmáns, Genara e Luis do Veiguello arreando baile na sesión vermouth. A dereita a Genara dos Fornos e o xenro do Andrés da Barqueira; a esquerda a Antoña do Chao do Outeiro, David, home da Angeles do Salvador; Eduviges do José Mª e Angeles do Salvador falando; Toño das Lucas e Ricardo do Garipol.
https://youtu.be/q652frvvrWY
https://youtu.be/gV6rL0ydezY
Ningún comentario:
Publicar un comentario