luns, 5 de abril de 2021

A dignidade de Toxoso.

   Uns dos deberes dunha sociedade cívica debe ser o obrigado coñecemento e respecto da súa historia, e tamén comprometerse a unha reflexión moral co fin de dar a coñecer o verdadeiro camiño que nos trouxo ata o "hoxe" presente.

    Son demasiadas as veces que a nosa comunidade de montes, e supoño que outras tamén, está composta por membros que a única finalidade é o ben individual, quedando os obxectivos da comunidade esquecido pola envexa egocéntrica do individuo.

   Resulta un paradoxo pertencer a unha comunidade de montes co devezo do ben individual.

   Desde a miña posición dentro da comunidade de Labrada quero dar a coñecer unha  reflexión, penso que economicamente importante para a nosa e outras comunidades, moral para todos e eticamente tamén para outros organismos.

   Desde fai xa tres décadas vimos arrastrando un conflito, tamén tratado neste blog, (https://labradeses.blogspot.com/2017/07/varios-caminos-para-unha-verdade.html), coa comunidade veciña de Castromaior, con unha imperiosa necesidade de darlle solución, pero con moi poucas gañas de atopar unha saída amigable.  Ese conflito condiciona relacións de familias, amigos e de veciños. Arrastra ao enfrontamento de grupos ou asociación, tales como cazadores. E vai levar nas vindeiras xeracións a desconfianza entre dúas parroquias condenadas ao entendemento e a procura de solucións, incluso pode que a costa da verdade.

   O conflito ten unhas cifras; son pouco menos de unhas 300 ha conflictivas, das cales a metade están plantados de pino, con unha idade de uns 70 anos. Quero referirme a este apartado, ao da plantación.

   A plantación fíxose a finais da década dos 50 con un importante investimento económico, momentáneo; pero sen esquecer que para poder facer a plantación, as políticas que naquel momento rexían e o goberno existente, quitáronlle dun xeito forzoso o aproveitamento do monte que os veciños viñan facendo. Aparte do semellante roubo de dignidade, calquera dano que o gando fixera na plantación, o propietario recibía a correspondente sanción económica. Iso supuxo anos de carencias engadidas e sometemento; sentir o medo, a continua cádega no pescozo.

   Xa nos tempos da democracia, a Xunta volveu aos lexítimos propietarios os montes, non sen cumprir unha serie de requisitos sempre correndo para o regato que leva á conveniencia da administración. 

   Eses anciáns pinos esperan pacientemente, moi cansados de estar de pé. Algún aínda aguantando o empuxe do vento, outros secos e xa dobregados. Os que aínda esperan, teñen a sorte de sentir o aloumiño do vento, veña do vendaval ou do norte. Outros días séntense sós e perdidos no medio da nebra; quero pensar que cando senten a caricia da choiva ou do sol, sábense uns privilexiados, tanto pola vida que senten, como tamén pola fresca sombra que regalan. Pero saben que están ocupando un sitio que outros máis novos deberan usar e sentir.

   Están cansados de esperar pola dignidade das xentes.

   Polo meu traballo do coidado do gando e a súa paciencia de dar abrigo a ese mesmo gando, vémonos case que todos os días e somos compañeiros desde fai moitos anos. Por isto, quixera, no seu nome, pedir as comunidades de montes de Labrada e Castromaior, ao Concello de Abadín, ao Distrito Forestal, a Delegación Provincial de Medio Rural, a todos eles individualmente e tamén en conxunto; que miren polo ben social e comunitario, que teñan a dignidade histórica de respectar o traballo feito pola xente que nos deixou esa herdanza. Uns que falen e outros que fagan de mediadores, pero todos coa responsabilidade que cada un teñen.

   A cegueira do egoísmo, aos responsables das comunidades, non nos permite ver o resultado dun pacífico entendemento, pero da por resultado que teríamos un beneficio económico moi necesario e, de seguido, poñeríamos en produción con unha planta nova ese monte. E o máis importante, seríamos mellores comunidades e respectariamos a historia, faríamos un cumprimento e deixaríamos un agasallo natural, de vida, como eles nos deixaron.

   Toxoso estaba onte, está hoxe e si vivo, estará mañá.



 

venres, 26 de marzo de 2021

De agosto a abril.

 

   Era xa primavera e ao lugar onde quería ir, quedaba lonxe. Aínda que ese camiño xa se percorrera noutras ocasións e tamén, ese viaxe se fixera noutros tempos; desta vez en nada se asemellaba as outras viaxes. Quizais tiña un certo parecido a aquela primeira vez, no agosto de ese ano.

   Nese ano esa viaxe facíase con incerteza, ilusión e moita xuventude na mochila.

   Recordaba con certa nostalxia que non fora difícil convencer a seus pais para que lle deixaran ir a ese campo de traballo, incluso pode que pensaran que lle viría moi ben estar dúas semanas fora da casa, noutra cultura e noutro xeito de vida, con outra xente e outra fala. Sabían que podían confiar nela; con dezasete anos, xa apuntaba no desenrolo individual e independente, cousa que a caracterizou a posteriori. Descoñecía que esa viaxe a ía condicionar para sempre, toda a súa vida.

   Coñecera un rapaz do lugar co que comezara unha relación, a cal se baseaba na condicionada adolescencia. Esa adolescencia que ten os principios na mirada e no silencio dos ollos e no acercamento tenue e sutil, nas verbas inconexas. Non se decataron que tamén na adolescencia o tempo quizais corre tan descontrolado como na vellez.

   
   Os dous sabían que non ían ter a posibilidade de mañá e quizais por iso decidiron vivir aqueles derradeiros días con tanta inxenuidade como intensidade. Sen razoalo sequera, sabían que xuntos tiñan moitas gañas de descubrir as tarefas de querer e tamén as de sentir, pode que grazas a iso e a súa infinita capacidade de dar, e protexidos pola sempre aliada noite, foron capaces de imaxinarse toqueando encoiros, e conseguiron espertarse vestidos. A claridade do día e unha intempestiva presenza trouxéronos o día de non ter, erroneamente, mañá.
    
   No regreso a súa vida na cidade, non lle resultara nada doado despegarse do lugar, das xentes e do rapaz, quizais pagara un alto prezo en sentimentos; os recordos e morriña por aquel rapaz sempre regalaban algunha bágoa, suspiros e un enfermizo silencio... ata hoxe.
   
   Agora decatábase ata onde aquela viaxe a condicionara tanto, e tamén o silencio.
 
   As condicionadas circunstancias da vida fixeron que certo día aparecera de novo aquel rapaz e, outra vez, volvera a condicionala, e outra vez, tamén para ben. Agora as súas vidas estaban carentes de inxenuidade, e tamén carentes dunha felicidade que se busca e non se atopa. Ela, pode que sen querer, decatouse que tiña temor e o mesmo tempo estaba leda. Tamén as novas emocións facían tremer o seu corpo e a súa conciencia, facíanlle experimentar unhas sensacións tan inimigas unhas das outras, que a madurez do seu corpo quedaba sen folgos. E estaba contenta, … ou namorada. Agora sabía que tivera tantas ausencias como tantos recordos.
 
   Entre as dúas viaxes transcorreran estudos, familia e descendencia; tamén unha responsabilidade laboral acorde co empeño posto para conseguilo. E tamén unha ficticia tranquilidade que estaba condicionada pola traicionera causualidad da vida.

   Era consciente de todo o que ía xurdindo o seu redor, pero o que máis lle gustaba era a sensación da realidade. Analizando o acontecido aquela mañá, decatouse que a auga que a acariciaba, tamén lle facilitaba a limpeza, tamén espiritual, e a mudanza do seu corpo. Viaxaba para un esperado encontro con resultado descoñecido... pero tiña algo seguro, ía onde habita o esquecemento e o recordo.

    A Casa da Nieves, no Barral.

xoves, 18 de marzo de 2021

Sucesos escuros de Labrada. Os Madanelos. II

   "Os Madanelos" foron unha familia chea de vicisitudes, ao longo do seu andar entre nós viviu a pobreza de comezos do século XX, algún dos seus integrantes visitou a cárcere; e algo tan funesto como a guerra civil cambioulles a vida, e coa perspectiva do tempo transcorrido, podo dicir que para ben.
   Marcelino e Manuela son os Madanelos máis vellos que os veciños de hoxe, 2018, recordan naquela casa. Imos facer historia.
   Ramón da Fraga estaba casado con Magdalena Vivero e tiveron tres fillos, Marcelino, Luisa e Manuela.
   O máis vello foi Marcelino Fraga Vivero, nacido o día 25 de abril de 1876.
   Luisa Fraga Vivero, nace o 22 de setembro de 1882 e falece en novembro de 1884.
   Manuela Fraga Vivero, nace o 20 abril de 1886.
   Os dous primeiros nacen no barrio do Cordal e Manuela xa nace no barrio da Casa Vella.  
   Marcelino e Manuela, dentro da pobreza da época, fixeron a casa que hoxe é do Jesús do Salvador; pero antes viviron a Laxe. Ningún dos dous casou pero ambos os dous deixaron descendencia. Marcelino é pai de Ságira Leiro Blanco, nacida o 09/07/1924 e recoñecida a posteriori por Marcelino, pasando a apelidarse Fraga Leiro. Manuela tivo por fillo a Magín.
  
Magín Fraga Vivero nace o 29 de xaneiro de 1917 no barrio da Casa Vella.

     Barrios do Porto Vello, Casa Vella e Outeiro.

   A desgracia cébase cos dous irmáns cando en marzo de 1930 aparece morto no lugar chamado Marco do Antón María, o veciño de Silán, Gerardo Rojo Cordeiro (ver apunte nesta páxina con data 25 de marzo do 1930). Por causas, que se saiba a día de hoxe, pouco claras; incúlpanos, son detidos e van a cárcere onde pasan varios anos. Magín con 13 anos queda só e vai vivir a casa do José Mª de Viveiro.


      Nota publicada no diario El Compostelano con data, martes 25 de marzo do 1930.

   Magín Fraga Vivero foi a guerra civil e estivo polas terras de Castela, máis concretamente por Valladolid, onde coñeceu a que sería súa muller, Josefa Zarzuelo. Casan aló e regresan para Labrada, a vida da aldea na postguerra non era doada e a Sra Josefa non se afacía. Marchan de novo para Valladolid onde teñen tres fillos, Isabel, Magín e Mercedes.
   Cando Magín e Josefa viven en Labrada ven a visitalos unha irmán de Josefa, Felisa, e trae un meniño moi novo, chámase Carlos. Dadas as penurias e necesidades da época súa nai regresa a Valladolid e Carlos queda a vivir no Campo dos Novos na casa do Sende. Pasa a súa nenez indo a escola e alindando nas vacas. O Celso do Sende fíxolle unha mesa con pupitre só para el. O Celso casa con Arsilia e fan unha casa nova; Carlos queda a vivir na casa patrocial do Sende coa Xusta. Cando a Xusta queda viúva de guerra decide emigrar a Buenos Aires e Carlos vai vivir a Tezán e aínda sendo raparigo, certo día a súa nai vén a buscalo e regresa a Valladolid, aínda que segue mantendo unha boa relación con Labrada e as súas xentes.


                       Carlos Zarzuelo, fillo de Felisa e sobriño do Madanelo.
 
   28/03/1930. El Pueblo Gallego.
   "En virtud de orden del Juzgado de Instrucción de Mondoñedo, fueron detenidos Marcelino  y Manuela Fraga Vivero, cuñados de Gerardo Rojo Cordero, vecino de Muras en Ferreira, que como se sabe, fué encontrado su cadáver en el campo, sin que se sepa hasta ahora quien fué el autor de la muerte.
   Marcelino y Manuela, son vecinos de de la parroquia de Labrada, en el Ayuntamiento de Abadín, y fueron detenidos a causa de la declaración prestada por un niño de 13 años, hijo de la última, que manifestó que su tío había disparado un tiro contra el Gerardo, matándole y transladándole después al lugar en que fué hallado su cadaver.
   De las diligencias practicadas después de la detención de los citados cuñados no parece que sean culpables del delito de referencia.
   El asunto sigue intrigando cada vez más al vecindario, por el carácter misterioso del crimen, sin saberse el punto en que fué cometido, pues todo hace suponer que se transladó a Gerardo desde donde el hecho se había consumado".
   29/03/1930. El Pueblo Gallego.
   "Por un error de transmisión en el último momento de nuestra conferencia de ayer, dimos como cuñados de Gerardo Rojo Cordero, vecino de Muras, en Ferreira, cuyo cadaver fué encontrado en un monte, a Marcelino y Manuela Fraga Vivero, los que parece ser son los autores del crimen.
   Los cuñados del muerto, Antonio Lamas, Pedro Vázquez y Ramón Varela, que habían sido detenidos, fueron puestos en libertad por no haber resultado nada contra ellos en virtud de las diligencias practicadas.
   Marcelino y Manuela Fraga han sido encarcelados y puestos a disposición del Juzgado de instrucción que atiende al asunto.
   Son vecinos de la parroquia de Labrada, en el término municipal de Abadín, y viven con un hijo de Manuela, llamado Magín, que declaró que su tío había disparado contra Gerardo una escopeta -- según ayer manifestamos-- transladando después su cuerpo al monte donde fué hallado.
   El Rojo tenía relaciones íntimas con Manuela y se cree que el móvil del crimen fué el robo.
   Marcelino negó haber cometido el delito, pero realizada una investigación por la guardia civil en su domicilio, se vió que en una blusa de él había manchas de sangre, así como en otras ropas, que fueron lavadas y puestas a secar precipitadamente en un horno.
   Todo hace, pués, suponer que el misterio que envolvía este crimen ha quedado esclarecido".
   15/05/1918. El Progreso.
   "HISTORIA CRIMINAL DE LUGO.
   Gerardo Rojo Cordero, hombre casado, vecino de la parroquia de Santo Estevo de Silán, en Muras, y conocido ladrón de caballerías y ganado vacuno, mantiene relaciones amorosas con Manuela Fraga Vivero, pero por razones que no se exponen, los amantes rompen su concordia. Tanto que el 25 de febrero el cadaver de Gerardo aparece en un monte denominado Alto da Furna, entre Muras, Abadín y Ferreira de O Valadouro. Además de otras lesiones, presenta un balazo en el pecho, tiene destrozado el maxilar inferior y otras lesiones de arma blanca en el rostro.
   Después de dos días desaparecido, sus familiares observan la llegada de su montura, que regresa sola al domicilio.
   Las primeras diligencias conllevan la detención de Antonio Lamas, Pedro Vázquez y Ramón Varela, cuñados de Gerardo, pero pronto recobran la libertad al no encontrárseles nada inculpatorio. Por el contrario ahora se detiene a los vecinos de la parroquia de San Pedro de Labrada, en Abadín, Manuela y Marcelino Fraga Vivero, la amante de la víctima y su hermano como autores del crimen. La detención la realizan el sargento Ángel Prado Sanjurjo y los guardias Alejo Prado Santos y Manuel López Rodriguez, que son felicitados por ello.
   Los dos son encarcelados y puestos  a disposición del juzgado. Viven en Labrada con el hijo de Manuela llamado Magín, quien declara que su tío ha disparado una escopeta contra Gerardo, llevando luego su cuerpo al monte donde aparece. Pese al lío amoroso entre ellos, el móvil del crimen podría haber sido el robo.
   Marcelino niega haber cometido el delito, pero realizada la investigación por la Guardia Civil en su domicilio, se descubre una blusa con manchas de sangre; así como otras ropas con los mismos restos que fueron lavadas y puestas a secar precipitadamente en un horno".
 
   Xa, ao tal Gerardo Rojo, tentárano matar con armas de fogo no ano 1922 cando regresaba da feira de Gontán. Conseguiran ferilo con disparos de escopeta e non o puideron rematar con unha pistola xa que se encasquillou (páxina 6 do "El Correo Gallego" do día 02/04/1922).

luns, 8 de marzo de 2021

Sucesos escuros de Labrada. O Neto de Labrada.


   Nesta serie de capítulos que comezamos aquí, trataremos episodios delicados facendo referencia a situacións vividas por veciños da parroquia de San Pedro de Labrada. Tratarémolos coa oportuna delicadeza e respecto tanto para os protagonistas como para es seus familiares. Non é a miña proposta molestar a ninguén, soamente mostrar o ocorrido o longo do noso tempo. Todos o que aquí se expoñen, está recollido en periódicos da época en que se cometeron os sucesos.
   Intentando recoller opinións das xentes que viviron os sucesos, atopeime coa dolorosa exposición nalgún dos relatos.

domingo, 21 de febreiro de 2021

A costume de ser alcalde ....

   ... ou o xeito de abrigar os santos.
 
   Pasaron case que 38 anos desde as eleccións municipais de maio do 1983, data na que o Sr López Rancaño saíu elixido alcalde de Abadín a fronte da lista de Coalición Popular. Desde entón pasaron nove maiorías absolutas, moitas oportunidades para medrar, algún desencontro con compañeiros de partido; e moito autoritarismo despótico e caciquil.
   Os adxectivos usados na definición, son o resultado da relación que tivo, e segue tendo, ao longo da súa traxectoria política, xa non tanto coas outras forzas políticas, que tamén, senón máis ben coas confiadas e xenerosas xentes do noso concello.
   Para poder situar ao personaxe no seu contexto adecuado, aclaremos que o noso alcalde, despois de uns 40 anos vivindo no medio de nós, aínda non ten claro de envellecer no medio de nós, toda sensación que transmite é que non. O que transmite, nun porcentaxe alto, é un fraudulento uso dos bens que posúe polo cargo, transitorio, que ocupa.
   Calquera veciño que teña un principio de dignidade e xustiza, ten que doerlle o camiño percorrido polo concello na etapa do mandato do sr López Rancaño como alcalde. Eu, como un deses veciños, propóñome transmitir e dar a coñecer algunhas cousas que demostrarían o pouco cariño que ten o alcalde polo noso concello; a pouca fe nas súas xentes e o e desprezo para para cada un de nós.
   Vaia por diante o meu total respecto para os resultados electorais que o PP acadou en cada unha das eleccións municipais nas que gañou por maioría. E aquí é onde ven a primeira mostra das súas maneiras. No seu momento, nunha conversa que mantivemos os dous, saquei o meu lado crítico coa súa xestión; a resposta que obtiven foi a seguinte:
   -- "Si, tan mal o fago que sigo sacando maiorías absolutas".
   Xa non só comigo, é de sobras coñecido o seu mal temperamento ante as críticas ou opinións desfavorables sobre a súa xestión. A soberbia é tal, que chega ao punto da autosuficiencia, de tal xeito que se convenceu de ser o dono, en posesión, dos destinos do noso concello. Son de sobra coñecidas as ideas que ten sobre o xeito de gobernar o concello; os concelleiros do seu partido e que saíron elixidos democraticamente, tenos por imperativo legal. El goberna autoritariamente, iso, moralmente, tamén define os seus mal chamados concelleiros, mellor lacaios.
   Neste novo ano que comezamos fai pouco, estivéronse cambiando os contedores da recollida do lixo, algo que era moi necesario. Para saber cales foron os criterios que seguiron para acometer a obra, non logramos unha resposta coherente. Explícome, no lugar chamado Campo de Prado e onde depositamos o lixo os barrios de Carozo, Chao do Outeiro, Barral de Baixo, Barral de Arriba e Campo de Chao; con un total de 14 casas habitadas continuamente e dúas esporadicamente. Para este lugar foron designados dous contedores, entendemos que insuficientes. Pode que o responsable da asignación do número de contedores teña razón para a instalación desa cantidade. Si así é, no lugar do Fuxe Cabrito, lugar onde están os contedores do barrio do Pazo, con unha vivenda habitada continuamente e outra esporadicamente, puxeron igual cantidade de contedores que en Campo de Prado.
   -- No Fuxe Cabrito dous contedores para dúas persoas.
   -- En Campo de Prado, dous contedores para trinta persoas.
   Asemella non usar a ecuanimidade no reparto. Terá algo que ver unha casa que adquiriu un señor que non vive en Labrada, como segunda ou terceira residencia? Ou é outra cacicada? Si tendes ocasión, preguntade no concello.
   Os que coñecedes Labrada, podedes ver a importante transformación que sufriu o contorno da igrexa. Pois esa mudanza de aspecto, correu toda a cargo dos fondos da Comunidade de Montes Toxoso I e II, Tremoal e Vigas de Labrada. O alcalde, e non será por non solicitar, non ten a ben nin sequera asfaltar os dez metros ata a entrada do adro pola parte posterior da Casa do Cura. A resposta que sempre atopamos é a seguinte:
-- Vosoutros podédelo facer que tedes moitos cartos.
   Labrada, como comunidade de montes, ven arrastrando desde fai tempo un litixio con Castromaior, outra comunidade tamén deste concello, sobre deslindes. A xunta reitora da Comunidade de Montes de Labrada ten rexistrados varios escritos neste concello para axudar a clarexar e solucionar o mencionado desencontro; a resposta que se conseguiu e por boca del, entendo que desafortunada, foi a seguinte:
   -- "Non pretenderas que ispa a a un santo para vestir a outro?"
   Pero a cousa non remata aquí. Esta comunidade de Labrada ten outro problema de deslindes coa comunidade de San Simón da Costa, neste caso do concello de Vilalba. Os topónimos dos puntos de referencia da liña do IGN están perfectamente detallados en toda liña desde o punto de confluencia entre Cospeito, Vilalba e Abadín; non así na zona que comprende e delimita as dúas comunidades citadas; as Penas Mouras, Fonte de Toxoso  e Penas da Amosa. Nestes puntos os topónimos descritos non se corresponde coa liña, e polo tanto supón unha importante alteración e perda de superficie para a comunidade de Labrada (Abadín), onde se atopa tamén o parque eólico de "Monseivane".
   Coñecedores da situación na alcaldía de Abadín, e polo tanto o sr alcalde, non lle supón ningún pudor que a nosa parroquia, Labrada, perda superficie e tamén ingresos por pago da renda dos aeroxeradores. Poñámonos no caso que desde a alcaldía, ou incluso tamén outras parroquias, definan a situación como "un problema entre estas dúas comunidades". Estaría ben recordar que esta alcaldía goberna e gasta, nun importante tanto por cento, dos ingresos do Canon Eólico, que aportamos as comunidades que vivimos e ollamos cara o Xistral. E o Canon Eólico dos aeroxeradores que están na zona en conflito con San Simón da Costa está a cobralos Vilalba.
   Será tan solidario o noso alcalde que non quere que pasen frio os santos de Vilalba?
   Isto ao sr López Rancaño, alcalde de Abadín, non lle importa.