luns, 28 de agosto de 2023

Luns emotivo. A parábola do neno e a maceira.


 
 
   Hai moitos anos existía nun sitio de Labrada unha enorme maceira. Nese sitio vivía tamén un neno que a quería moito e todos os días xogaba ao redor dela. Subía ata o cume e ela dáballe sombra. El amaba á maciñeira e a maciñeira amaba ao neno.
 
   Pasou o tempo, o neno creceu e nunca máis volveu xogar ao redor da enorme maceira. Un día regresou e escoitou que lle dicía.
 
   – Estou moi triste. Vés xogar comigo?
 
   Pero o raparigo contestou:
 
   – Xa non son o neno de antes que xoga ao redor das árbores. O que agora quero son xoguetes e necesito diñeiro para compralos.
 
   - Síntoo, dixo a árbore. Non teño diñeiro. Pero suxíroche que tomes todas as miñas mazás e as vendas. Desta maneira ti obterás o diñeiro para os teus xoguetes.
 
   O raparigo tomou todas as mazás,  obtivo o diñeiro e sinteuse contento. Tamén a árbore se sinteu feliz. Pero o raparigo nunca volveu despois de obter o diñeiro e a maciñeira volveu estar triste.
 
   Tempo despois, o raparigo regresou e a maciñeira púxose de novo contento e preguntoulle.
 
   – Vés xogar comigo?
 
   – Non teño tempo para xogar; debo traballar para a miña familia e necesito unha casa para a miña muller e fillos. Podes axudarme?
 
   – Síntoo, dixolle a maceira, non teño unha casa, pero podes cortar as miñas ramas e construír a túa casa.
 
   O home cortou todas as ramas da árbore, que se sinteu feliz, e o home non volveu. Certo día dun cálido verán, o home regresou e a maceira sinteuse alegre de novo.
 
   – Vés xogar comigo? -preguntoulle a maceira.
 
   - Estou triste e volvéndome vello. Quero un bote para navegar e descansar.
   Podes darme un?
 
   A árbore contestou.
 
   - Usa o meu tronco para que poidas construír un e así poidas navegar e ser feliz.
 
   O home cortou o tronco e construíu o seu bote. Logo foise a navegar por un longo tempo. Finalmente regresou despois de moitos anos e a maceira díxolle.
 
   – Síntoo moito, pero xa non teño nada que darche nin sequera mazás.
 
   O home respondeu.
 
   – Non teño dentes para morder, nin forza para escalar. Xa estou vello.
 
   Entón a árbore con bágoas nos seus ollos díxolle.
 
   - Realmente non podo darche nada. A única cousa que me queda son as miñas raíces mortas.
 
   E o home contestou.
 
   – Non necesito moito agora, só un lugar para descansar. Estou tan canso despois de tantos anos….
 
   – Bo, díxolle a maceira. As vellas raíces dunha árbore, son o mellor lugar para recostarse e descansar.
    Ven, senta comigo e descansa.
 
   O home sentou xunto á maceira e esta alegre e risueña, deixou caer algunhas bágoas.