Non che pido que me deas un bico,
nin que te desculpes cando penso que estás equivocado.
Nin sequera che pedirei que me abraces cando máis o necesito.
Non che pido que me digas o fermosa que son,
Non che pido que me digas o fermosa que son,
aínda que sexa mentira,
nin me escribas nada fermoso.
Nin sequera che vou pedir que me chames
para dicirme como estivo o teu día,
nin para dicirme que me estrañas.
Non che vou pedir que me agradezas
por todo o que fago por ti,
nin que te preocupes por min
cando os meus ánimos están no chan,
e por suposto, non che vou pedir
que me apoies nas miñas decisións.
Nin sequera che pedirei que me escoites
cando teña mil historias que contarche.
Non che vou pedir que fagas nada,
Non che vou pedir que fagas nada,
nin sequera que esteas ao meu lado para sempre.
Porque se cho teño que pedir, entón xa non o quero.
Porque se cho teño que pedir, entón xa non o quero.
Frida Kahlo.