xoves, 10 de agosto de 2023

Pedro da Riba. En nomine ei amen.

                              Testamento de Pedro da Riva, ano do 1749.
 
    "Saiban, cantos esta carta pidan, que é testamento, derradeiro e postrimera vontade de Pedro da Riba ; veciño de esta freguesía de San Pedro de Labrada.
   Estando enfermo e na cama, e na idade natural que Deus serviu darme, e no meu san xuízo e entendemento; e para que as miñas cousas queden ben ordenadas e dispostas, fago este, meu testamento.
   Primeiramente mando a miña ánima a súa maxestade, que a criou e a redimiu a conta da súa preciosa sangue na árbore da verdadeira cruz, e o corpo á terra de que foi formado, onde sexa sepultado nesta parroquia:
   Mando que as miñas carnes pecadoras sexan sepultadas no coro desta parroquia. Tamén mando que o día do meu enterro oito sacerdotes, digan misa pola miña ánima, a súa esmola acostumada e outro tanto o día das miñas honras.
    Tamén mando unha ofrenda con catro cestos con pan e carne, un carneiro vivo, unha ola de viño, un cuarto de vaca e tres reais; e outro tanto o día das miñas honras. Máis un touciño para ambas as funcións. Tamén mando para gastos da casa, oito fanegas de pan, dous ferrados de trigo, un boi e unha vaca e unha carga de viño; e outro tanto o día das miñas honras.
   Tamén mando que ao outro día do meu enterro chamen catro sacerdotes que digan misa pola miña ánima e veñan comer á casa; a súa esmola será de tres reais.
   Tamén mando que despois que falecera, se me diga unha misa no altar privilexiado do Santo Cristo de las ánimas na Santa Catedral da cidade de Mondoñedo.
   Tamén mando que se diga unha polas ánimas de meus pais, outra polo Ánxel da miña garda e santo do meu nome; outra á Nosa Señora do Carme; outra á Nosa Señora do Monte; outra á Nosa Señora dos Remedios; outra ao glorioso San Pedro; outra ao apóstolo Santiago; outra á alma dos meus avós; outra á alma de meus tíos Andrés Díaz e Antonio Díaz; outras dúas por penitencias mal cumpridas; outra á Nosa Señora da Guadalupe; outra á Nosa Señora de Pastoriza; outra ao glorioso S. Ramón e outra ao glorioso San Caetano.
   Tamén mando vinte e cinco misas para a miña ánima, a súa esmola tres reais.
   Tamén mando aos meus fillos, Francisco e Josefa da Riva, toda a herdade que teño en Tivián, sita nesta freguesía, coa mesma carga e pensión, e unha misa de aniversario que teña á herdade.
   Tamén mando redención de cánticos a Santísima Trinidad, e máis alegacións, a súa esmola acostumada.
   Tamén aos meus cumpridores executores testamentarios, ao meu irmán Lucas da Riba, ao meu fillo Pedro Lorenzo Da Riba, para cumprir a cargo dos meus bens, e sen prexuízo dos seus.
   Feito na miña casa e morada, a once de decembre, ano de mil setecentos corenta e sete.
   Sendo testemuñas: Roque Bentoso, Bartolomé do Campo, Bentura Balseiro, Melchor Fernández, Vicente Otero; todos veciños desta freguesía.
 
 
   Certifico eu, o infraescrito cura, está cumprida esta memoria, simple testamento, o abaixo cura, dispuxeron que morreu Pedro da Riva, que foi de esta freguesía, canto ao propio, e para que conste asínoo.
   En San Pedro de Labrada, oito de abril do mil setecentos corenta e nove.