venres, 17 de maio de 2024

Xoves emotivo, 17 de maio.

 
 

 
Se soubese.
 
Se soubese que esta fose a última vez 
que te vexo saír por esa porta, 
daríache un abrazo, un bico
e chamaríate de novo para darche máis.
 Se soubese que esta fose a última vez 
que vou oír a túa voz,
gravaría cada unha das túas palabras para poder oílas 
unha e outra vez indefinidamente.
 Se soubese que estes son os últimos minutos que te vexo,
diría "quérote"
e non asumiría, tontamente,
que xa o sabes.
 Sempre hai un mañá e a vida
dános outra oportunidade para facer as cousas ben,
pero por se me equivoco
e hoxe é todo o que nos queda,
gustaríame dicirche canto te quero, 
que nunca te esquecerei.
 
                                                                                                Gabriel García Márquez.