San Xoán de Lagoa, do concello da Pastoriza, e parroquia veciña das parroquias de Quende, Fraias ou Abadín. O deslinde natural entre o noso concello e a parroquia de San Xoán de Lagoa faino a serra coñecida como "Corda de Neda". Serra que cara ao oeste estríncase nos cementos da Terra Cha.
Facemos esta pequena mención sobre a nosa parroquia veciña xa que chegou as miñas mans unha importante xoia fotográfica onde sae xente de San Xoán de Lagoa, sacada ao redor do 1915. Nela podemos ver algunha pancarta, na que se pode ver á esquerda di:
"QUEREMOS LEGALIDAD
EN EL
REPARTO DE CONSUMOS".