sábado, 8 de xullo de 2017

Varios camiños para unha verdade.


   
    Lugar da Cabana do Capitán. Foto sacada desde o monte de Labrada. 2017.

   Xa facía un tempo que levaba pensando en como enfrentarme o feito de expresar a zozobra que se padece, sen laiar, sen expresar un victimismo facilón, mais ben, todo o contrario, buscar o xeito de sentir dignidade polo convencemento e a seguridade de ter feito un traballo nobre e serio. A dedicación en tempo, modo e formas foron exquisitas. E debo recoñecer que non teño a certeza de poder chegar a ese fin concreto, polo menos á neutralidade obxetiva que supón verse aldraxado na dignidade individual e colectiva.
   Todo ven dado polo feito de poder e saber comprender a diferencia existente entre verdade e xustiza. Diferencias que cada un de nós pode describir ou captar según o entenda ou lle conveña; pero a "verdade" é unha das que poñen o cumio da dignidade humana, unida tamén a outra palabra que se pode poñer no mesmo escalón, é á persoa "xusta". Se van unidas ambas palabras nun resultado final, pódese dicir que o resultado é o ideal.
  Decimos que a verdade tan só ten un camiño. Certo, indiscutible. O feito da verdade no percorrido, pode ter diferentes condicionantes, e eses mesmo poden variar o resultado final; pero cando chega ese resultado, ese é o que dictamina a verdade. Pero a verdade endexamais vai unida ou se correlaciona coa alburgada. Son antagónicos.
  A xustiza, como vai de xeito paralelo, pero por distintos e sinuosos canles, escuros e incertos carreiros, sendeiros cheos de lexítimas e verdadeiras falsedades que desembocan, algunhas veces, en resultados de procedencias falsas ou dudosas e se convirten en situacións e absolutas mentiras legais. Sen embargo, a xustiza si pode ir corelacionada coa mentira, e facer de esta unha falsedade legal, dictaminada por uns señores que en absoluto teñen a humilde e posible certeza do erro, engano ou equívoco. O sistema xurídico ten tal poder que na nosa sociedade teñen o dereito do erro; e se eso ocurre, o peor é o sentimento de derrota da dignidade.
   Eu, como veciño e comuneiro de Labrada, e a título particular, podo dicir que vimos de sufrir un dos episodios mais inxustos e irracionais que se poda experimentar. Pa entendernos describirei os acontecementos do xeito mais neutral e sen a paixón unilateral que se me pode supoñer ao ser parte. Paseniñamente._
   Todo comenza hai moitos anos, séculos; cando as parroquias, figuras de terreos xuridiscionais, tiñan os seus límites territoriais marcados pola racionalidade, pola respetuosa palabra dada de xeito recíproco entre os veciños que compoñían cada unha delas. Os nosos veciños, Fanoi, Romariz, Figueiras, Oiras, Pereiro, Montouto, A Costa, Samarugo, Corbelle e Castromaior, sabian, e sabemos, cales son os límites territoriais de cada unha delas. Claro que pode haber algunhas e pequenas diferencias polos distintos topónimos dos lugares por onde descorren os límites, pero nunca ata o punto que aquí se expoñerá.
   Os problemas de deslinde entre Labrada e Castromaior.


Antigo peche de pedra que separa os Concellos de Vilalba e Abadín. O peche de alambre fíxose entre as Comunidades de Labrada e Corbelle. O fondo as Penas da Fame.
 Fotos desde Pico Verde, na Comunidade de Samarugo. Alambrada que separa a Labrada e Corbelle na foto anterior, o fondo as Penas da Fame; e Labrada e Samarugo, o fondo as Penas Mouras.

                                      A verdade.
   As comunidades de Fanoi, Castromaior e Labrada confinan no lugar chamado "Cabana do Capitán", onde ainda na década dos 90 se podía ver, aquí dou fe, as paredes e lousa, afumada por certo, dunha caseta feita de pedra. Por desgracia para a nosa comunidade, a apertura de pistas para o mellor acceso aos montes, derrubaron a caseta. Entre as silveiras e plantacións posteriores fixerón que a maioría, non todas, das pedras talladas desapareceran, ben enterradas ou roubadas.
   Xa moito antes da década dos anos 1950-60, data na que o Estado Español a través da "Dirección Genaral de Montes" posteriormente "ICONA", furtounos parte do monte para que foran plantados. Os de Labrada e Castromaior sabíamos onde confinábamos, os lugares e nomes por onde transcurria a imaxinaria liña de separación. Coa chegada das autonomías creáronse os "Xurados Provinciais de Montes" coa finalidade de dar legalidade a eses confinamentos entre as chamadas "Comunidades de Montes". Intentaron dar legalidade, e fixérono, pero de xeito aberrante. Unilateralmente, sen consultar as comunidades ou representantes. Fixérono, moitas veces, sen pisar os montes a deslindar, algunha vez, dependendo das incidencias climatolóxicas, resgardados en lugares públicos.
   Eu, fillo e neto de gandeiros, teño ben aprendido as delimitacións da nosa parroquia, polo menos no que me compete a Fanoi, Castromaior, Corbelle, Samarugo e A Costa; xa que son as comunidades máis proximas o contorno onde exercían as tarefas de gandeiros os meus antepasados e eu mesmo exerzo. De ben pequeno meu avo e meu pai ensináronme o nome de cada zona do monte. Cando se podía andar polo monte libremente, sen alambradas, foron moitas as veces de ir buscar vacas a Seber, a Ponte do Bouso, as Penas Altas, o alto e a veiga do Cerro, Pico Verde, Cabana do Capitán, Alto de Liceiras, as Veigas de Corbelle e Samarugo, a Pena de María, a Pena de Torres, Penas da Fame, Penas de Moas, Campo de Prado, Penas Mouras, Penas de Cociñas, Fonte de Toxoso, o Abrular, Pena Bermella, Regos da Vica, .... Por certo, hai uns regatos que nacen en varias fontes na ladeira sur das Penas Mouras e que se xuntan, chamados os Regos da Vica, que discorre de xeito paralelo o peche verdadeiro, en dirección sur, sureste e que se une o regato "Arnela" ou tamén "Portela". Fágolles unha pregunta os comuneiros de Castromaior, como se chama devandito regato?
   Tamen a comenzos dos 80, tiven o privilexio de traballar espodando pinos na chamada "plantación" que coincideu cando se abriron as primeiras pistas polo monte. Espodamos a soldo do ICONA veciños de Labrada, A Costa, Samarugo, Corbelle ... E como garda forestal estaba José Rico. Da cuadrilla de Samarugo era encargado Jovito Goas. Espodamos os Monte de Portela, no das "Señoras de Begonte" (mercado por Edelmiro López), o corta lumes que subía dende a Ponte do Bouso ata o alto de Liceiras. Desde o rego de Portela, ladeira do Castelo Grande, Veiga do Cerro, Pico Verde pasando polo Castelo Cativo, Laguna, Rego Salgueiro, pode decir que os límites que daquela existian, verdadeiramente ninguén os mudou, polo menos co acordo das comunidades....

   Falando da familia "Montenegro"; o Monte de Portela adquirido por Edelmiro López; pódenme dicir os comuneiros de Castromaior o nome dos deslindes entre a súa Comunidade e Edelmiro?
    Según documento privado feito polo cura D. Manuel Regal Ledo, na casa dos curas en Romariz, con data 8 de xaneiro do 1987, e estando representados as xuntas rectoras de ambas comunidades; firman un acordo de deslinde, quedando claro os puntos, e coa firma da totalidade dos directivos de cada comunidade:





   Por certo, resulta bastante sospeitoso que a comunidade de Castromaior, representados polas súas sucesivas xuntas rectoras, descoñezan a existencia do documento arriba exposto. No momento da firma fixéranse dous documentos identicos, eso ten un nome: eliminar provas para terxiversar os feitos. E os comuneiros de Castromaior deberían estar interesados en coñecer o significado da palabra "terxiversar". Porque ao final, non deixaremos de ser veciños e de vernos. E os de Castromaior, cando falen ou pensen en Labrada, farano de maneira arrogante e altanera. E os de Labrada, sentiremonos moral e fisicamente estafados. ¿Ou os arriba firmantes vivos, ou os descendentes dos que xa morreron negan a firma, e por tanto a súa legalidade? E con todos os respetos para os fillos do Serxio do Coira, presidente no momento da firma, deberían pensar se co seu xeito de proceder honran a figura do seu pai.
   Ainda máis, Antonio Carracedo, o músico; veciño hoxe de Castromaior e que naceu en Labrada, no barrio da Poza, en Tibián, sabe moi ben donde é a "Cabana do Capitán", xa que parte das pedras da casa donde vive proceden dos restos da cabana. Sábeno os de Castromaior e tamén os de Labrada, pero no momento do carrexo das pedras no monte non había os intereses económicos que hai hoxe. 
   Chegado aquí quero facerme cargo da responsabilidade que ten a Comunidade de Labrada; practicamente a metade. Se no momento da firma do acordo, van os dous presidentes, o Sergio do Coira por Castromaior e o Angel do Balbino por Labrada, ou as seguintes directivas; levan ao notario para que o escriture e deste xeito pase a ser documento público e de seguido o presentan no Xurado de Montes, xa estaba todo resolto.
   Outro documento que especifica claramente  os puntos onde chega a parroquia de Castromaior é a seguinte acta de deslinde feita polo noso Concello de Abadín e o de Vilalba:






   Aclarar que o lugar chamado "Par de Penaredonda", os de Labrada coñecémolo polo nome de "Penas da Fame". Punto donde confinan Corbelle, do concello de Vilalba, e Labrada e Castromaior.
   Castromaior ten un representante no noso concello, en calidade de concelleiro, chamado José Ramón Ramil Verdes, sería capaz o citado concelleiro de non recoñecer a legalidade dunha acta feita no ano 1927 polos representantes do Concello de Abadín? Pode que se así o fai, o que el firme, ten a legalidade e validez que el otorga os que outros fixeron.
   Por mor de que, desde a Conselleria de Ganaderia obrigouse a sanear todo animal vacún, Labrada declarouse "zona endémica" e obrigoúsenos a cercar a nosa comunidade. Xa que tiñamos o citado acordo de deslinde firmado con Castromaior, fixemos o peche desde a Cabana do Capitan ata as Penas da Fame, nunha liña recta. Continuamos co peche seguindo o antigo valado de separación dos concellos de Abadín e Vilalba, que a vez separa a comunidade de Labrada coas de Corbelle, Samarugo e A Costa. Coas comunidades do Concello de Vilalba fíxose amigablemente, ainda que tendo pequenas discrepancias pero sen a necesidade de  xudicializalas.Seguindo logo polo resto das comunidades colindantes, Montouto .... E pregúntome, onde estaba a comunidade de Castromaior neses intres?
   Ningunha das sucesivas directivas de Castromaior reclamou o monte que lles outorgaran no 1979.  Dependendo como se mire, por sorte ou desgraza, existen outros documentos plenamente legais que ratifican os anteriormente expostos.
   Cústame entender que todos os veciños, sexan comuneiros ou non, de Castromaior, compartan e sufran de unha herdanza tan inmoral, sexan xeneticamente tan procaces todos eles.

                                     A legalidade.

O día 30 de outubro do 1978, data na que o "Jurado Provincial de Montes Vecinales en Mano Común de Lugo" describe os informes solicitados os distintos organismos para facer os deslindes dos montes das parroquias de Labrada e Castromaior. No citado documento aparecen unhas descricións de lugares, acompañadas dun mapa por onde se dibuxa con unha liña por onde confina cada comunidade. Por certo, e de xeito moi significativo, os funcionarios que fixeron dito deslinde, non solicitaron a ningún veciño de Labrada información sobre a concordancia dos puntos coa realidade. Descoñezo seo fixeron cos de Castromaior e comunidades veciñas..
   http://mediorural.xunta.gal/rexmon/arquivos/cficha/27/278_cficha.pdf
   http://mediorural.xunta.gal/rexmon/arquivos/cficha/27/285_cficha.pdf

   Coa revisión das "carpetas ficha" de Labrada e Castromaior, queda claro por onde chega cada comunidade. Legalmente non hai dúbida, pero verdadeiramente non é así.
   Cando no ano 2004-5 se empezou a facer o parque eólico da zona en conflicto, foi cando empezaron os problemas. Labrada sabe que verdadeiramente o monte é da nosa comunidade e Castromaior sabe que legalmente perténcelles a eles. A comunidade de Castromaior non reclamou nin se beneficiou en nada dende o ano 1979 ata o 2004, nin pastoreo, nin extensificación, nin cinexéticamente, nada. Por que? Non se sentian verdadeiramente titulares!
   Cando Desarrollos Eólicos empeza a pagar, Castromaior empeza a cobrar os aeroxeneradores instalados legalmente no monte deles. Coa sana intención de solucionar a situación creada polo Xurado de Montes, representantes da nosa comunidade fixo todo o posíbel para manter todas as reunións precisas para solucionar a controversia.
   Gustaríame facer pública unha anécdota moi significativa. Todas as veces que fixemos reunións no monte sempre nos citábamos na "Cabana do Capitán". Os representantes da comunidade de Castromaior sempre foron pro verdadeiro punto, nunca pra o que lles otorgou o Xurado de Montes. Significativo?
   Ante a imposibilidade de chegar a un acordo, a Comunidade de Labrada decideu presentar denuncia no xulgado de Mondoñedo. Curiosamente, o avogado representante da Comunidade de Castromaior, propuxo, de palabra, un acordo polo que recoñecian a "Cabana do Capitán" no punto verdadeiro, pero subindo ata o "Alto da Neveira". Cabe mencionar que comuneiros legalmente citados das comunidades de A Costa, Samarugo e Corbelle foron declarar ante a xuiza titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2, Dña Ana Mª Bande Ramudo, que as ditas comunidades eran colindantes coa de Labrada; aparte outros testigos que declararón o mesmo. Como poden ser as citadas comunidades colindantes de Labrada desde sempre e vir o Xurado de Montes e decir que non? Cando a comunidade de Castromaior se reuniu coas de Corbelle, Samarugo e A Costa para tratar peches ou deslindes? Por certo, Castromaior non presentou ningunha testemuña. Quizais non precisaban deles?
   Labrada si presentou testemuñas, como xa dixemos, todos eles das comunidades veciñas, agás D. Manuel Regal Ledo, autor da redacción do documento privado exposto anteriormente, que no seu momento era veciño e cura de Romariz. As testemuñas foron os seguintes:
   - Manuel Regal Ledo, veciño de Candia.
   - Siverio José Fernández Debasa, veciño de Corvelle.
   - José Antonio Barro Fraga, veciño de San Simón da Costa.
   - Luis Díaz Cuba, veciño de San Simón da Costa.
   - José López Rouco, veciño de Samarugo.
   - José Mª Cabana Rey, veciño do Pereiro.
   - José Manuel Rodriguez Castiñeira, veciño de Fanoi. Esta testemuña, despois de dar a súa palabra, declinou a súa presenza por asuntos particulares.
   Durante o transcurso do xuizo, que por certo, foi preciso repetir xa que fallou a grabación; as respostas ou actitudes físicas, os síntomas euritmicos que se poideron ver na sala, non son dignos de xente de unha suposta e obrigada ecuanimidade. Se alguén se da por aludido, ou cre que lle falto o honor, que sepan, que son percepcións sensoriales en resposta a un feito.
   O día 6 de febreiro do ano 2015 celebrouse o xuizo, a sentenza fíxose pública o 3 de xulio do mesmo ano. Non vou publicar a totalidade do veredicto, pero si esta frase: "La referencia a la colindancia de Castromaior con las tres parroquias de Villalba  (Samarugo, Corbelle e San Simón) y la imposibilidad de que así sea  no es un dato suficiente para destruir la presunción contenida en las resoluciones clasificatorias del Jurado sobre los linderos en los montes litigiosos”. Sórdida, e incluso contradictoria conclusión. A Audencia Provincial de Lugo, como así taméno TSXG corroboraron a ausencia de tento. Esa falla de tento só supón unhas 270 Ha.
   Negáballe legalidade a verdade.

                                                       
Manuel Rivas Cortiñas, de Labrada.