venres, 21 de maio de 2021

As estelas da memoria.

    

Tamén necesitaba saber que demo me pasou ese día, non esquecía a data. Recoñezo que foi un día moi denso ... O martes comecei a tararear unha canción, máis ben, un poema dentro de unha canción. "Palabras para Julia" na versión de Ismael Serrano, (cantas versións do poema de Goytisolo); ben, estiven cantándoa percorrendo imaxes do pasado, como dedicándolla. E tal interpretación doíame.

 
   ".............................................
   Entonces siempre acuerdate
   de lo que un día yo escribí
   pensando en ti
   como ahora pienso.
   ...............................................
  
   Tal foi o meu erro que para mitigar, ou canalizar, tal desastre, recorrín a miña parte canalla, ao apoio Sabinero. Buscaba unha frase axeitada as necesidades do corazón e a procura da conciencia.
   E apareceu a canción que suxería unha despedida.
 
  "Hace demasiados meses
   que mis payasadas no provocan tus
   ganas de reir.
   ......................"
 
 
   E non era o que buscaba nin necesitaba.
   Pero xurdiu  do meu repertorio máis interno algo que non definía nada, pero que me doía.
    
   "..............................................
   Y la vida siguió
   como siguen las cosas que no
   tienen mucho sentido.
   .............................................."
 
   E ao final chegou Aute, sempre disposto a socorrerme. Decidido a escribir algo para min, algo que sabía que me ía a gustar. Co seu cigarro, (por el, non me importaría volver a lear un cigarro), no seu debuxado papel, e garabateou o seguinte:

   ".............................................................................
   Estaba yo, ¿te acuerdas?, contándote estas cosas
   junto a la puerta del Museo del Prado.
   Un hombre se acercaba, muy amable nos dijo:
   Está prohibido que estén aquí sentados.
   .............................................................................."
 
   É de supoñer que para expresar coa semellante exactitude a situación que vivíamos, necesariamente, tivo que vernos.