Este é un anaco da obra escrita por Leopoldo Rojo Iglesias, "O cacique", pertence a escena VIII.
Quero facer expresamente mención a esta escena, xa que me falou dela o Elias do Ferreiro, díxome que coñecera a unha persoa, non se recorda quen era, que a recitaba de memoria.
O ALCALDE
<< Cand`están sin tabaco os fumadores
sofren ben máis que unha muller n`as dores
Pois n-ese vicio n-hay un refuxeiro
Y-antes matalo, ven pedir primeiro
Y-e tan turrón o vicio e y-e tan malo
Qu`o que o colle non pode xa ceibalo
En festas e comiolas derradeiro,
Ven o "puro" qu`ha ser como`on fungueiro
E s`o amo d`a casa e ben honrado
Ao traer habaneiro e máis inchado
¿Qu`entresa qu`os que fuman cheir`o alento
S`esí pode ceibars`o ouro o vento?
Pois sacar pra cigarro o peito pau
Naid`o fará agasa un toleirán>>
PERUXO D`A CASA
<<Que verdá conta, ¡certo!
¡Eso xaora!
Pro pa falar así, algunha feita chora ...
O ALCALDE
(Le)
<<Esí, hom, esí, pasái sin pan e viño
Pra fumar, o diario, o cigarriño
Pois se vos ha saber millor que mel
Pouco entresa qu`amargue com`o fel.
Dios vos dia a vosoutros ben tabaco
Y-a mín que m'hencha de bon pan o saco>>.
LEOPOLDO ROJO IGLESIAS