luns, 13 de marzo de 2023

Luns emotivo. Rota camíñase igual.

 
   
   Dille que non a amas. Que non soñas con morrer ao lado dela. Que na foto dos teus soños non é que non a vexas, se non que nin a imaxinas.
 
   Avívaa. Explícalle que a túa ausencia é por desamor, e non por medo. Que o teu corazón non bombea o seu nome. Faille entender que a súa intuición está equivocada. Que o que non dis e porque non o sentes, non porque non che sae ou non te animas. Rómpelle o soño de fadas. Rite diante da súa cara. Que se decate de que ti non es Peter Pan. Que non viñeches a rescatala de este mundo.
 
   Avísaa. Cóntalle que ti cerraches este conto fai un intre. Pídelle que siga sen ti. Asegúralle que non tes nada para darlle. Que non che apetece regalarlle, nin sequera, o tempo que che sobra. Mátaa coas palabras. Co desprezo e a indiferenza. Termínalle esa agonía e mátaa de unha vez. Necesita que lle cuspas a verdade nos ollos e que entenda, a forza, que non che importa unha merda. Déixaa libre. Pídelle que non te chame máis. Pídello porque non entende. Dillo de unha vez. Grítallo, si ves que ela insiste.
 
   Que nin se che cruza pola cabeza regalarlle un domingo na túa puta vida. A ver si entendes home. Necesita morrer de dor. Merece renacer. Axúdame que a min non me escoita. Axúdalle que soa non pode. Vai morrer so por unha anaco. Eu coñézoa. Meterase na cama, afundirase aí adentro hasta afogarse nos seus choros, e despois vai saír reciclada , como fai sempre.


                                                                                                                     Lorena Pronsky.