Eu que tremelicaba de frío
mollado por todas as choivas
de todos os nenos pobres
e de todos os esmoleiros
e ti, volcán de mel
Eu que estaba só ao fin
no medio de tanta xente
buscándote
e ti, como un bosque cheo de paxaros
Lévame oculto no teu pelo,
lévame no teu cabelo,
lévame xunto aos teus seos,
lévame.
Repóusame nos teus outeiros amorosos,
chámame á túa fonte
onde o pracer é húmido
e corre gacela branca.
E ti que coñeces o meu corpo
por todos os camiños doces
que trazaches cos teus dedos
e coa túa boca.
Deixa pousar en ti os meus ollos
cansos de loitar con tanta néboa,
feridos os meus pés de tanto caer,
de tanto caer,
comerei sorrisos da túa árbore.
mollado por todas as choivas
de todos os nenos pobres
e de todos os esmoleiros
e ti, volcán de mel
Eu que estaba só ao fin
no medio de tanta xente
buscándote
e ti, como un bosque cheo de paxaros
Lévame oculto no teu pelo,
lévame no teu cabelo,
lévame xunto aos teus seos,
lévame.
Repóusame nos teus outeiros amorosos,
chámame á túa fonte
onde o pracer é húmido
e corre gacela branca.
E ti que coñeces o meu corpo
por todos os camiños doces
que trazaches cos teus dedos
e coa túa boca.
Deixa pousar en ti os meus ollos
cansos de loitar con tanta néboa,
feridos os meus pés de tanto caer,
de tanto caer,
comerei sorrisos da túa árbore.
Amancio Prada.
https://youtu.be/KCiASLYvAts?si=x4DxrbYVpfZyX_ZX