Cando alguén decideu deixar atras a casa que o acolleu cando naceu, e en cada paso que dá, afastándose
das bágoas e pranto de seus pais; deixaba seguridade, e en moitos casos
fame. Tamén deixaba mozas ou mozos, home ou muller e fillos, nados ou
non. Ilusións, amizades, amenceres coñecidos e atardeceres para a
mocidade. Ese día, como outro día calquera, tamén camiñaba pola
corredoira, pero o outro día ían, quizais, para o muiño; hoxe van para
un mundo descoñecido.
Mundo, lingua e xente descoñecidos, e case sempre
co pensamento e certeza de que nunca máis tornarían a súa casa. Nese día
comenzaba o despoboamento da nosa aldea, Labrada. A emigración en Labrada non é só do segundo lustro do século XX. Suponse
que no século XIX, fuxindo da fame, veciños nosos tiveron que partir
camiño "das americas", os destinos eran maioritariamente Cuba e Bos
Aires.
Aquí ímos poñer cara as persoas que
emigraron de Labrada, agradecemos os veciños, familiares e amigos que
voluntariamente cederon os retratos. Anímo os que ainda recelan, que se
animen a compartir con nós.
Foto de Cándido Cordal, sacada na Habana. De ahí a casa do "Habanero".
Cándido Vivero en Buenos Aires.
Domingo Cortiñas Solmo. Buenos Aires. 1912
Filomena Solmo. 1914
Filomena e Rosa, 1914. tias maternas do Jesús de Paridoiro.
A familia Pico, foi unha familia que emigrou por completo a Arxentina. Vivían de caseiros preto da Besta, no lugar chamado hoxe "Aira Bella" nunha propiedade de uns señores de Castro de Rei, tamén dos citados señores era o lugar donde viveu Carlos Cortiñas (casa do Benjamín) no barrio do Outeiro. Ambos lugares foron comprados polo Cortiñas xa que o fillo de Carlos, Francisco foi apoderado en Cuba do Banco de España.
Foto do 20 de maoi de 1953. Manuel de Enrique en Buenos Aires.
Carta do Manuel do Enrique para Jesús da Angelita.
XUSTA
Justa González Cortiñas, arribou a Arxentina o 5 de abril do 1938. Fixo a travesía a bordo do Monte Pascoal. Formou familia na Arxentina, nunca volveu a terra.
EFRÉN
O Efrén, coñecido con ese nome entre as xentes de Labrada, pero o nome del é José Mª Cortiñas González e de profesión mecánico, fillo da Antoña González e de Santiago Cortiñas. Nace o 21 de Marzo do 1927, emigrou o Brasil onde arriba o 15 de novembro do ano 1952, zarpou de Vigo no buque Juan de Garay. Non volveu á súa terra.
ORTENSIA
Ortensia do Fondo da Vila. De nome Evencia e de profesión modista, filla de Emiliano e de MªCarmen Alicia, saleu do porto de Vigo embarcando no buque Yapeyú, e arribou a Arxentina o 29 de setembro do 1958. Formou familia, casou con Manuel Rios e regresou a terra.
Certificación do Consulado Español na Habana.
Antoña do Ferreiro, a súa filla Beatriz e o seu xenro Enrique, en Venezuela.
Foto do 1962. O Antoño do Adriano acompañado do seu fillo Lino e a sua dona Brígida. Como moitas parellas nos seus inicios, emigraron. Mondoñedo, A Coruña, Pamplona foron os sitios en onde viviron.
A Beatriz do Ferreiro.
Foto do día 3 do Nadal do 1995. A Brígida, casou co Antoño de Adriano. Viviron en Mondoñedo, A Coruña e Pamplona, onde se estableceron definitivamente e deixaron descendencia, o seu fillo Lino.
Beatriz e a Margarita dos Currás. Foto de 1963.
Antoño do Adriano, o Lino e Fructuoso.
Foto sacada en Pamplona no ano 1966. Da dereita cara a esquerda: Servando do Fondo da Vila, Armando do Chao do Covo, Fructuoso do Fondo da Vila e Luis de Arzúa.
Foto na aire do Ferreiro. Empezando pola esquerda: Oscar Cortiñas, Hermelina Rouco, Brígida Rouco con Mónica, súa neta, no colo; Mª Jesús Pérez, Antonio Cortiñas con Raquel, súa neta, no colo e Margarita Rouco. Antoño e Brígida ficaron en Pamplona xunto co seu fillo Lino.
Foto sacada en Pamplona o 17 de outubro do 1971. O día da boda de Felicia Cuba, de casa Juanito dos Currás. A esquerda Gonzalo Cuba González, á súa esquerda a súa dona Celia Rouco Román. E a dereita Emilia Rouco Román.
Postal enviada por Emilia Rouco desde Zaragoza. Muller emigrada a Zaragoza e posteriormente viveu e traballou en Pamplona, ata o seu regreso para Labrada.
Xente do barrio do Outeiro e Casa Vella, emigrada a Vizkaia na década dos anos 60. Foto sacada posiblemente en Santurce o 5 de xuño do 1966, dia da primeira comunión de Ana. Comenzando pola esquerda: os matrimonios formados por Pepe das Lucas e Celia; Jesús do José Mª coa Aida e os dous fillos, Emilio e Ana; a dereita de todo a Vita e o Narciso.
Labrada sufreu varias formas de emigración, unhas máis severas que outras. A de comenzo de Siglo XX, a Cuba; e da década dos 50, 60 e 70 foron por mor da moita necesidade. Se emigrar é marcharse do sitio en ónde naciche, na foto do pé vemos distintas maneiras dela, xentes emigrada en distintas épocas. O Jesús, o fondo, emigrou do Cadramón para Bilbao e despois a Madrid na década dos 60 e o casar con Olguita, a dereita, ésta tamén emigrou. Oscar tamén se foi a traballar a Chavín e casou para Masma con Olga. Maite, filla da emigración, nada na Coruña pero con fondo arraigo en Labrada, emigrou a traballar a Francia. Outras dúas fillas da emigración son Mª Luz e Verónica. A primeira, filla de Jesús e Olguita, nada en Madrid e, casa con Ismael, éste tamén fillo de emigrantes castelans manchegos. Verónica, nada en Pamplona e filla de Fructuoso e de Ermitas, retornan para Vilalba, por tanto éla emigra; e casa con Amandino.
O Sr Aparicio. Veciño de Labrada que inmigrou para a nosa terra. Home nado en Portugal, en Viana do Castelo en 1903. Na década dos anos 30 veu traballar de canteiro e quedou a vivir en Labrada no barrio do Cordal, conoceu a súa muller Evilasia e casaron; froito do matrimonio naceu a Modesta. Foron moitas as cociñas económicas feitas polas súas mans. Foi un dos bos albañiles que había na parroquia.
09/12/1965. El Progreso.
"De forma repentina ha fallecido en Madrid donde se encontraba accidentalmente residiendo doña Pilar Campos Gil, cuyo cadáver fué transladado a su parroquia natal de Labrada (Abadín), a donde acudieron numerosas personas de esta ciudad a sus funerales y conducción, uniéndose a sus innumerables convecinos que la acompañaron a su última morada, en prueba del aprecio por ella sentido.
A sus hermanos y demás familiares, y especialmente a su hija Maria Teresa, nuestro más sentido pésame".