venres, 19 de abril de 2024

Venres emotivo. "¿O amor doe?".

      
                                                               19/04.
            
 
O amor doe.
Doe cando queres dicir
"quérote" e non o podes facer.
Cando queres dar un abrazo
e non atopas os brazos
de quen ti queres ter.
 
Doe cando non está o sorriso
que tanto queres ver
ou cando non sentes a doce voz
do "bos días" ao amencer.

Doe cando hai un baleiro
que asolaga todo o noso ser
ou cando esperamos pacientes
a caricia que non pode ser.

¿O amor doe?
Doe cando o silencio é berro
que ninguén o pode escoitar
ou cando os pasos se perden
nunha inmensa escuridade.

Doe cando se estrañan os bicos,
que hoxe non se poden dar
ou cando se soña esperto
en noites de soidade.

Aínda cando o amor doe,
se está presente de verdade,
aniña os máis nobres sentimentos
que é imposible de ocultar.

O amor cando é sincero,
ama sen esconder o que sente
porque o amor que sabe amar,
aínda desde a dor,
xamais pode ser indiferente.

 
                             RODOLFO BARRIOS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario