domingo, 14 de maio de 2023

Leopoldo Rojo Iglesias.

 
                                          Foto de Leopoldo Rojo Iglesias do ano 1933.
 
N-o corutiño da serra
deixoume miña maiña
unha pequena casiña,
lonxe dá farsa e-d´a guerra;
está n-o mellor da terra.
...
 
 
     A casa nova do Leopoldo, pegada a ela estaba a casa vella, hoxe derrubada.
 
   Natural da parroquia de Fanoi, Leopoldo Rojo Iglesias naceu no ano 1888 no barrio de Tezán, o 23 de marzo; e finou o 21 de xaneiro do 1985 na mesma parroquia. Era fillo de Aquilino e de Remedios. Non casou nin tampouco tivo fillos.
   Fillo dunha familia acomodada, os primeiros estudos realizounos en Mondoñedo, no Seminario de Santa Catalina. Xa no ano 1904 matricúlase na Escuela Normal Superior de Maestros de Santiago de Compostela con sede en Lugo; a que hoxe sería a Facultad de Ciencias de la Educación.
   Xa no ano 1906, e tamén por libre, matricúlase no Instituto de Lugo para estudar bacharelato obtendo ao ano seguinte o Grado Superior en Maxisterio e é Premio Extraordinario na súa promoción. Dous anos despois, no 1909, obtén a cualificación de sobresaliente ao rematar a súa etapa de bacharel.
   No ano 1910 instálase en Compostela, primeiramente na avenida de Raxoi e logo na rúa Fonte de Santo Domingo; para facer a carreira de Dereito en Compostela, aínda que non chegou a rematala. Cousa que non lle impediu no futuro e xa en Fanoi facer documentos e aconsellar a calquera veciño que reclamara a súa axuda. A súa estadía na cidade universitaria remata no curso 1920-1921.
   Os anos en Compostela acércano aos movementos intelectuais da época, cousa que o marcará ao volver para Fanoi e condicionará de cara ao futuro.
   Foi un home comprometido coa vida social,  política e cultural de Abadín. Loitador social en contra da tiranía predominante na época e tamén home progresista e involucrado na política do concello. Alíñase coa idea do movemento Solidaridad Gallega, idea xurdida no ano 1907 onde a finalidade é a defensa dos intereses dos traballadores agrarios; moi en contra do poder dominante e arraigada idea caciquil.
   Leopoldo Rojo, firme defensor do agrarismo, sendo tal que presidiu nos anos 1923 e 1924 o Consello de Vixilancia do Sindicato de Romaríz.
   Para aumentar os ingresos domésticos e de xeito ocasional, exerceu tamén de mestre particular.
   Da man da Segunda República presenta a súa candidatura nas eleccións do 1933 polo Partido Galeguista.
   Foi militante de Izquierda Republicana e delegado gobernativo nas eleccións do 1936; saíndo nomeado concelleiro nas mesmas eleccións.
   Tiña un gusto pola escritura e colaborou en publicacións varias; Guau ... Guau de Foz, Don Fino e La voz de Mondoñedo, sempre baixo pseudónimos. Obtivo varias mencións por artigos e poemas, en concreto un "accesit" nos Xogos Florais das Festas do San Froilán do ano 1915.
   Aínda que non puido rematala, comezou a escribir unha obra de teatro titulada "O Cacique" e que foi recuperada conxuntamente con outros relatos na súa casa de Fanoi por Manolo Regal e Xosé A. Miguelez. Finalmente a obra foi publicada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no ano 2020. Na sinopse da citada publicación di o seguinte:
   "Libro que recupera un texto teatral inédito de Preguerra asinado polo escritor Leopoldo Rojo. Incorpora un estudo biográfico, literario e lingüístico ...".
 
Portada do Libro "O Cacique", de Leopoldo Rojo Iglesias.
 
   Coa chegada da ditadura a súa faceta de escritor e home socialmente comprometido, víronse truncadas. Axeitouse as condicións e as costumes que a época impoñía. Por mor do seu pasado político recibiu todo tipo de presión incluíndo malleiras das xentes do novo réxime; cousa que o obrigaron a mudarse de casa  e de parroquia; durante un tempo foi vivir a Castromaior a Casa do Bouso.
   Pasando os anos e diminuíndo a rabia, viviu como un veciño máis, labrego e gandeiro; un namorado das árbores froiteiras, ao redor da casa tiña todo tipo de esas árbores. Os rapaces da época tanto de Fanoi como de Cándia non desaproveitaban a ocasión para probar as froitas, e de camiño, sacarlle os malos fumes que Leopoldo tamén gastaba. Tamén neses tempos fixo partillas e documentos que axudaban ao sustento do seu fogar.
   Leopoldo non tiña ningún familiar directo e rematou o seu camiño na Casa da Palleira, en Fanoi.
   Non puido estrear a nova casa que el fixera.

     A casa do Leopoldo.
 
   Leopoldo, xunto a outros veciños do concello de Abadín, e baixo a lei chamada "Ley de Responsabilidades Políticas" foi expedientado, expediente nº 56/1940; e finalmente padeceu castigos de diversa natureza.
 Quizais o que máis dano lle fixo tivo reflexo na súa creación literaria e non poder aportar a sociedade as ideas innovadoras do espertar agrario e labrego.
 
 
           
 
   Ley de Responsabilidades Políticas.
 
    17/03/1936. El Pueblo Gallego.
    "Días pasados tuvo lugar la toma de posesión del nuevo Ayuntamiento de Abadín, que está integrado por D. Santiago Gaute Pardiño, D. Manuel Bouso García, D. Pedro Alonso Marañón y D. Ramón Guerra Val; concejales de elección popular: D. Angel Verdes Saavedra, D. Salustiano Pardo Rego, D. Marcelino Campos García, D. Luis Balseiro Graña, D. Pedro Ínsua Sacido, D. Telesforo Fol Sanjurjo, D. Daniel Portela Expósito, D. Luciano Goás Pérez y D. José Antonio Fraga.
    La filación de los nuevos concejales es la siguiente: D. Ramón Guerra Val, socialista, y D. Santiago Gaute, CEDA. Los restantes, Izquierda Republicana.
    Actuó de delegado gubernativo D. Leopoldo Rojo Iglesias; quien pronunció un discurso exaltando las excelencias de la democracia republicana y recomendando a los nuevos concejales la defensa de la legalidad administrativa, siendo aplaudido por la concurrencia que acudió a la toma de posesión.
    Fué elegido alcalde el incansable luchador D. Angel Verdes Saavedra; primer teniente, D. Telesforo Fol sanjurjo; segundo teniente, D. Salustiano Pardo, y síndico, D. Pedro Alonso Marañón.
   Deseamos a la nueva Corporación toda clase de éxitos".
 
   Feitos como o que arriba informa o Progreso fixeron que Leopoldo fora xulgado e condenado polos tribunais xurdidos na ditadura. Tribunais militares presididos por xuíces parciais que en moitos casos a finalidade era a procura do escarmento ante o dereito do pensamento libre e obxectivo.
   Leopoldo era un claro obxectivo da persecución e represión sufrida pola sociedade simpatizante de esquerdas. O seu expediente ten data de comezo do día 01/08/1940.

      Comezo do Expediente de Leopoldo Rojo iglesias.
 
   16/08/1940. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
   "ANUNCIO DE INCOACIÓN DE EXPEDIENTE DE RESPONSABILIDADES POLITICAS"
   Conforme a los artículos 45 y 46 de la Ley de 9 de Febrero de 1939 (Boletín Oficial número44) se hace saber que, por aparecer indícios de responsabilidades políticas, sa han incoado expedientes de responsabilidades contra las personas que figuran en la siguiente relación:
Nombre: Leopoldo Rojo Iglesias. -- Profesión: Labrador. -- Estado: Soltero. -- Vecindad: Fanoy- Abadín. -- Tribunal Regional que ha ordenado la incoación: La Coruña. -- Fecha de acuerdo: 6-8-1940. -- Juzgado provincial que instruye el acuerdo: Lugo".
 
 
                                  Informe remitido polo alcalde Aniceto Seijo.
 


             Informe remitido polo concello explicando as actividades políticas de Leopoldo.

                                 Informe remitido polo Jefe Local da Falanxe de Abadín.


   O vinte de xaneiro do ano 1941, notifícaselle a Leopoldo Rojo Iglesias a posibilidade de no prazo de dous días a presentación no tribunal de Responsabilidades Políticas dun escrito de defensa.
 

Carta manuscrita con Medidas de Prueba de Leopoldo Rojo Iglesias. 1940.
 
Resolución do xuíz asignándolle unha cantidade mensual ao Leopoldo.
 
 
   Aparte dos señores citados na exposición arriba publicada, "Que los señores que abajo se detallan, informan acerca de la conducta anticaciquil, política-social y religiosa del vecino de Fanoy Leopoldo Rojo Iglesias, y si efectuó o no propaganda en favor del Frente Popular y de los partidos de izquierdas":
   -- D. Manuel González Sampedro, cura de Ourol.
   -- D. Jesús Iglesias López, veciño de Abadín.
   -- D. Claudio Vidal Carracedo, veciño de Fanoi.
   -- D. Narciso Bello Rego, veciño de Fanoi.

          Oficio remitido polo xulgado de Abadín citando a Leopoldo Rojo Iglesias. 1941

Carta manuscrita de defensa de Leopoldo Rojo Iglesias. 1941.


                                   Sentencia con data do 24 de febreiro do 1941.

                     
 
    
   Acta notarial número seiscientos diez y siete.
 
   "En la ciudad de Mondoñedo a trece de Diciembre de mil novecientos veinte. Ante mi; Don José Barja y Alonso, abogado y notario de los Ilustres Colegiosa de La Coruña, vecino de esta población, Delegado general y archivero de protocolos del partido__
 
   Comparece:
 
    El Señor Don Florencio Alvarez Ossorio, mayor de cuarenta años, casado, empleado, vecino de Madrid; con cédula personal del corriente ejercicio.__
   Como candidato proclamado por la Junta Provincial del Censo, para las elecciones a Diputados a cortes en este Distrito de Mondoñedo, tiene a mi juicio, la  capacidad legal necesaria para otorgar la presente escritura de mandato a cuyo efecto __
 
Dice:

  Que confiere poder a los señores siguientes __
   ..........

   Don Leopoldo Rojo Iglesias, Don José María Reygosa y Don Angel Verdes Saavedra de Abadín.


 Escritos de Leopoldo Rojo Iglesias que aparecen no sumario.
 
 
Primeira páxina do libro que aparece na imaxe, adquirido en Santiago por Leopoldo.
 
Inscrición no citado libro co nome de Leopoldo Rojo.
 

 
 
 
 


 


   NOTA: Considero que non debera ser eu a persoa que tiña que dar a coñecer a vida e sobre todo a obra literaria do noso veciño Leopoldo.
   Non teño nin a formación nin a capacidade para facer o traballo que humildemente expoño, e si me atrevín foi coa única finalidade de poñer ao protagonista no lugar que lle corresponde na sociedade de Abadín.
   Tivemos e temos veciños que levan o nome de Abadín selado diariamente no seu día a día en forma de diversas calidades culturais; o caso de Leopoldo Rojo Iglesias, e o do seu libro "O Cacique"; o noso concello como primeira institución local tiña a obriga social e moral de presentar o libro e así dalo a coñecer para que tivera, como mencionei antes, un xusto recoñecemento.
   Pero aínda non é tarde.
 
   P.D_ Debo dar as grazas as persoas que me facilitaron a información que no artigo aparece, e por desexo expreso de algún interesado, non podo facilitar nomes.
   Ao portal dixital Galiciana, que foi de onde saquei a documentación referente ao seu procedemento xudicial.
   Ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
   A Armando Requeixo, por "custodiar" o orixinal de "O Cacique".
   A Xosé A. Miguelez, por rescatalo das mans do esquecemento.
   A Manolo Regal, por empuxar, facilitar e facer crer.
   E aos veciños que non quixeron esquecer a figura do Leopoldo de Tezán.
   E ao Leopoldo....


   

2 comentarios:

  1. Grazas pola recopilación e relato Manuel. Necesitamos máis persoas coma ti, que sintan Abadín como o fas ti. Noraboa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Eduardo. Grazas pola visita e polo comentario. Saúde.

      Eliminar