luns, 6 de marzo de 2023

Fotos da xente de Labrada II.


Foto da década dos anos 20. Comenzando pola esquerda: A Xusta da Valiña, Alicia das Pícaras casada po Fondo da Vila; Mª Pepa da Valiña, Francisca, casada para Currovedo; Helena casada co Román e o Antoño da Valiña.

A da esquerda é Josefa Cortiñas (Mari Pepa), María Carracedo e José Carracedo, home de Mari Pepa.

O do medio é José Carracedo, flanqueado polos seus irmáns.

Basilisa de Verdes.

Os irmáns da casa de Verdes. Os tres de enriba son, comenzando pola esquerda: Arturo, Silverio e Restituto. Na parte de baixo: Rafael, José con sotana e Egidia Prieto Verdes.

Foto de Soledad Puente Lindín, de Tibián.

Foto de Josefa Puente Lindín, filla da Soledad. Foto da década dos 30.

 
Foto do 24 de maio do 1973, festa dos Milagres en Fanoi. Jesús Prieto, coa Soledad no colo, e Josefa Puente, matrimónio; Jesús era menciñeiro do gando, da casa da Tuxa en Xanaz.

Foto de finais da década dos 40. A parella da esquerda é o José do Artilleiro e a súa muller a María da Pardela. Os da dereita é a parella formada polo José da Pardela e Maria dos Ínsuas.

A Esperanza e a Oliva da Capeleira. Casadas co Edelmiro e co Serafín, respectivamente.                                                    
                       Elvira Rouco Pita e a Engracia do Carballal. Foto da década dos 40.

                        Foto da Herminia do Arnela.

               Foto da Herminia do Lois.

Foto da década dos 50. Da esquerda a dereita: O Francisco e o Celso do Sende; o José de Tezán co Carlos do Madanelos; Antoño da Capeleira e Arturo do Legazpi.

   Foto do ano 1957. Comenzando pola esquerda e de pé: José Luis Rouco no colo de súa nai Elvira Rivas, José Rouco, Oliva Carreiras ten no colo a súa filla Amelia Rouco, Serafín Rouco, Benedicta Rouco e Jesús Rouco. Na parte de baixo: Antonio López (Capeleira), Esperanza Rouco e Angel Rouco. A sra de diante supoñemos que é unha mestra.

Comenzando pola esquerda: Eusebia de Viveiro, Serafín do Anxel, Maria de Viveiro, Maria da Angelita, Eliseo do Coxo e Esperanza do Anxel.

    Foto do Brais coa súa filla Araceli, sentados na moto marca Sadrian matriculada no 1958.

Comenzando pola esquerda: Quiteria, Amelia de Carozo e Oliva da Capeleira, filla e nai; Carmen e Maruja dos Gabries; Mª Antoña da Capeleira, nai da Oliva; Nere da Choqueira, Ana e Albina de Viveiro e ....

Xente do Outeiro, o Calvo e a Casa Vella. Comenzando pola esquerda: José do Pablo, Antón Mª dos Pablos, Emilio Solmo, Josefa do Pablo, Vita, descoñecida e a Aida co Emilio, o seu fillo, no colo.

Da esquerda a dereita: Aida coa súa filla Ana, José, descoñecido, Emilio Solmo, Antonio do Filipares e a súa dereita a súa muller Carmina das Lucas, Celia, Vita dos Corulos eBasilisa das Lucas. Foto de principios da década dos 60.

Foto sacado na romaria do San Cosme. Comenzando pola esquerda: Cecilia e Maria de Adriano, Eva do Brais, Amandina do Candia, Araceli do Brais e o Brais.

No San Cosme en Galgao, 27 de setembro do 1974. Comenzando pola esquerda: Eva do Brais, Albina de Viveiro, Araceli do Brais e Leofé de Viveiro

Foto do 24 de maio do 1968, na festa dos Milagros, en Fanoi. Comenzando pola esquerda: Eva do Brais, Carmen do Pazo, Margarita de Carozo e Antoña do Pazo.

Comenzando pola esquerda: Carmén do Pazo, Herminda de Carozo, Eva do Brais e Consuelo de Miñotos.


Foto na romaria do San Cosme, 27 de setembro do 1964. Comenzando pola esquerda: Araceli do Brais, Matilde do Pazo, Mª Te do Marelo, Pili Cornide de Mondoñedo, Maruja do Pazo e Emérita de Cabana Pallaza.

               Foto do Brais co Nilo, neto del, no colo; 24 de outubro do 1970.

                         O Jesús do Veiguello e o José do Pablo.

                        Santiago da Pardela.

Foto do matrimonio formado por Dositeo Fraga López e Aurora Otero Carballo, do barrio do Campo dos Novos. Ano 1970, agosto.

    A Emerita de Chaveas na casa do Celso no Campo dos Novos.

 Foto do Jesús do Anxel coa sobriña e afillada Amelia.

                    Foto do Manolo de Camba, a esquerda; e o Policarpo do Fondo da Vila.

 Foto da primeira metade da década dos 70. Comenzando pola esquerda: Ibérica Castiñeira, Mª Emilia Rouco, Rafael Gómez e Antonia Rouco.

 Foto de finais da década dos 60. Enriba de todo, José Luis Rouco Rivas e antonia Rouco Román. No medio, Ibérica Mª. Carballeira Fernández, Mª. Amelia Rouco Carreiras e Jesús Cortiñas González. Debaixo un rapaz de Samarugo chamado Elpidio.

Da esquerda cara a dereita; Isaura de Adriano, Pepe do Maseda, Eva do Brais, Olguita do Porto Vello, Angel dos Carballiños, Restituta de Balseiro, Javier dos Carballiños. O que está en crequenas é un farmaceutico que estivo en Abadín de orixe Zamorano chamado Agustín.

    Nemesio do Curreiño, Josefa do Coto, Eva do Brais e detrás a Remedios e o Jesús do Coto.

Fotos sacadas nunha das variadas merendas que anticipaban as verbenas do verán. Aparecen nela, e comenzando pola dereita: Etelvina do Feliso, Eva do Brais, Josefa do Feliso, a señora con xesto raro é a Remedios do Coto, de costas a ela, o seu fillo Jesús (Carmino) coa sobriña no colo e detrás deles a Angélica, filla da Remedios casada po Arneiro.

Comenzando pola esquerda: Dario do Queitano, Eva do Brais, Estrella do Mariano, Ismael da Pedreira, Matilde do Pazo, Margarita do Ferreiro, Restituta de Balseiro e o Mario do Corsino de Espiñarcao.


Foto con rapazas de Labrada e Romariz, día da boda do Abel do Castiñeira e a Lola do Xeada. Comenzando pola esquerda: Hida do Villagal, Luz do Xeada, Guiteria do Chao do Covo e Mª Dolores (muller do Manolo do Carmelo).

      Eduviges Otero e Hipólito Román.

     Da esquerda a dereita: Jesús do Fondo da Vila, José Luis de Carozo e Hipólito de Camba.

 Os primos irmáns: José Manuel Rico, Amelia Rouco e Fortunato Rouco. 11 de xuño do 1977.

    Comenzando pola esquerda: Iberica Castiñeira, Amelia Rouco e Antonia Rouco.

Foto da segunda metade da década dos 70 sacada en Romariz, a casa que sae na foto na esquina superior dereita é a casa dos curas. Comenzando pola esquerda: Mª Emilia Rouco, Mª Josefa Rouco, Mª Oliva Pérez, diante dela súa irmán Mª Jesús; Mª Cruz Cuba, diante dela súa irmán Pilar Cuba; Herminda Pita e Marina Gómez.

Foto sacada súa igrexa, na esquina da sacristia. O fondo o Chao do Outeiro. Comenzando pola esquerda: Henar Román, Mª Sol do Antón Mª, as irmáns Etelvina, Josefa e Carmen de Lestide; a da dereita é Cruz, da parroquia de Cabaneiro.

Foto na que aparece xente, case toda, do barrio do Carballal. Plácido Requeijo, Genara Rivas, Nazario Anello, Mª Sol, de Samarugo e muller do Nazario; Engracia Carballeira. As nenas de diante son Ana e Esther Requeijo Rivas.

Foto sacada no restautante "A Tropicana" de Mondoñedo o día 5 de febreiro do 1972, boda da Emérita Carballido e de Policarpo Cortiñas.

 Foto do día do bautismo de Amable de Carozo, ano 1978. En primeiro termo o Narciso do Camba, seguindo: a súa dona María, Benedicta de Santiago, Mª Antoña da Capeleira, Rogelio do Anxel, Cándida Román Vázquez, José Irimia Valea, Gabino Terrón Salvatierra, José Manuel Rico Rouco, Hector Terrón Salvatiera, Pepe do Anxel, .......

    Pai e fillo. Daniel do Baroncelle e a dereita o seu fillo Delfino Corral.


    Matrimonio formado polo Narciso e a Maria da casa do Camba de Carozo. Década dos 90.

Foto sacada en Seidoiro. Foto da década dos 80. Comenzando pola esquerda e de pé: Mª Te Paz, Mª Jesús Pérez, Pilar Novás, Francisca Solmo e Pilar Cuba. Na parte inferior: Pilar Ares e Soledad Fernández.

Manuel Novás do Curreiño, barrio de Romariz, a esquerda; e a dereita, José Luis Rouco Román do Barral, Labrada.


Foto dos finais dos 80. Comenzando pola esquerda: Javier Prieto, José Luis Rouco, Henar Román, Mª Te Paz e descoñecida.

Foto no adro do ano 1986. Comenzando pola esquerda: José Manuel do Dourino, Verónica Cortiñas, Amable Terrón, Berta do Xuadento, ....

Despedida de solteira da Ana da Valiña. Comenzamos pola esquerda: Henar do Cordal, Pilar de Espiñarcao, Isaura do Campo dos Novos, Babila de Montouto, Mª del Mar da Casa Vella, Olga de Masma, Ana da Valiña, Rosario do Cepo, Nelli do Mario, Soledad de Tibián, Sara do Lino, Leonides do Fortunato, Magdalena de Mondoñedo e Verónica do Fructuoso.

Merenda en Seidoiro, mediados da década dos 90. Comenzando pola esquerda: Verónica do Fructuoso, Xesús Manuel do Policarpo, Manolo do Curraiño, Toño das Lucas, José Manuel do Viveiro, Oscar do Ferreiro, Emiliano do Chao do Outeiro, Senen das Carminas, Maite do Policarpo, Ruben do Ferreiro, José Luis de Rouco, Sandra do Servando, Miguel do Chao do Outeiro, José Antoño do Chao do Outeiro, Lino da Costa da Laxe, Babila de Montouto, Soledad do Tuxo, Rosy (amiga da Babila) e Celso do Antón María.

Ningún comentario:

Publicar un comentario