A Cándida do Sende; Cándida Maseda Raña, abuela de José Rico Fernández. Foto da década dos 40.
Foto diante da casa do Celso. A dereita o Celso, Ersília, o resto descoñecémolos.
Pouca xente coñecemos de aquí. O terceiro home de pé, empezando pola esquerda, de boina e garabata e o Celso do Sende. O home de pé que está a dereita de todo é o Francisco do Sende, O rapaz que esta a dereita, sentado no chan, é o José de Tezán.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Cándido Vivero e a súa dona Angela Rivas, Cándido emigrou a Arxentina sendo mozo e voltou para casar con Angela Rivas, froito do matrimonio naceron Jesús, Agripina, Mª Encarnación, Emerita, Manuel e Germán. Podemos ver a Angela con unha vestimenta típica: pano na cabeza, mantelo e zocas.
A fermosura da idade, da rudeza da labrega, que tanto vale para cargar un carro de esterco ou facer un pucheiro de caldo, admírase nesta foto de Agripina Vivero Rivas. O seu belo sorriso, as súas laboriosas mans é resumo do placer de saberse chegada moi lonxe.
Nada mellor que uns chourizos afumados, ver o lume e os tizós e sentir o fume na gorxa.
Cantas foron as horas que as personiñas da foto compartiron o redor do lume. Aquí gobernábase a casa, cando sementar e recoller as colleitas; ordenabase o traballo para o día seguinte. Por esa cheminea subía o fume e baixaban charamuzas e tamén se sabía se nevaba xa que por ela tamén caían folerpas; en noites de tempestade tamén podían baixar lóstregos. O que si seguro fuxiron foron tempos de lembrar.
O Manuel da Angelita. Casado coa Articiana da Casa das Carminas. Bo veciño.
Verán do no 2004. Veciños do barrio do Barral e empazando pola esquerda: German Vivero, Luis Rivas, Esther Cortiñas,Jesús Vivero, Angel Carlos Rouco, Mª Felicia Díaz (Articiana), Benedicta Rouco e Jesús Rouco. Sentadas: Agripina e María Encarnación Rivas.
Mª Antoña da Capeleira.
Manuela Grandío.
Os tres irmáns do Sende, de esquerda a dereita: Celso, Domingo e Francisco Rico. O da dereita e o José, fillo do Francisco.
A Henar, Antoño da Valiña e o Javier da Cesina, diante. Comenzos do 1970.
Yumara e Marcos Carracedo Román. Ano 1987.
Foto sacada A Valiña o redor do ano 1961. Empezando pola esquerda, o Mario, o Angelito do Catadoiro e o Lino sentados na bicicleta. No medio a Henar sorrindo e collida da man polo seu pai, o Virgilio. A nena que está en brazos do Virgilio é a súa sobriña, Mª José, filla do José do Román.
Jorge Paz, o Jorge do Perrote. 1/5/1971.
Foto sacada en Carozo, na eira da casa do Anxel. A Gema do López, a Genoveva, a Oliva e a Elvira. Quero destacar o típico calzado que levaban as mulleres, neste caso as catro; a "zoca chinela". Tamén o palleiro de palla e o fondo o vilar do Cordal e o Campo de Carreiras.
A esquerda o Celso do Sende, no medio o Domingo de Carreiras, o da dereita "incógnito".
Foto remetida por José Rouco Vidal.
Pepe de Carozo, (José Rouco Vidal), o da esquerda, no servicio militar. Ano 1950.
Quero destacar a postura das boinas, unha miguiña torcida.
Inda que a idade nos fai gastar certa beleza; destacase a que cada un deles posuían na súa xuventude.
Foto dos anos 50. A Maria do Carracedo coa Urcesina, súa filla, no colo.
Ano 1950. Foto das irmáns Joaquina, a esquerda, e Camila Cuba Fernández.
Ano 1950. O da esquerda é descoñecido, no medio é a Ermitas da Poza, e a dereita o Plácido do Carlitos-
Ano 1950.. Foto da Casa do Carracedo. A da esquerda é a Ermitas da Paza e a dereita a Edalia de Xanaz. O home é descoñecido-
O Sr do medio é o Serafín do Anxel, e o da dereita o Antoño do Carracedo. O da esquerda é descoñecid.
Foto do 1950. Da esquerda cara a dereita: o matrimonio formado por María do Carracedo e Jesús do Choqueira; o da boina na man é o Jesús do Casa Vella, o que está detrás e o Antoño do Granadero, o rapaz é Martín da Atalaia, (morto electrocutado); Josefa do Otero de Espiñarcao, a dereita Josefa, a nai do Dodolino; e a dereita de todo a Elvira do Veiguello. Debaixo o matrimonio formado pola María e o Dodolino, no medio Orcesina, filla maior do Jesús do Choqueira e da María do Carracedo.
Foto do arredor do 1950; sacada xunto a igrexa nos prados da Fábrica, o fondo o cemiterio. De esquerda a dereita: Ermínia e Dosinda de Lois; a Dolores do Cordales, o Lois da Marica, a Luz dos Vispos, o Jose do Lois, o Carlos do Madanelo, a Ersilia, o Celso e Francisco do Sende.
Da esquerda a dereita: José Antonio do Acacio, Edmundo do Fondo da Vila, os dous seguintes sonnos descoñecidos. O lado dereita da foto o Arturo do Legazpi, a Sra ten da man unha nena, pero descoñecemos quen son.
En primeiro termo a María do Narciso, a súa dereita a Benedicta do Barral e a Mª Antoña da Capeleira. Foto sacada en Carozo.
O Morto; Cándido Rouco Díaz.
Casa do Garelo, o Cordal. Da esquerda a dereita: Carmela de Vaineiro, Antoña de Casa das Pícaras, Elba do Requeixo, José do Garelo, Herminia do Garelo, Eulalia do Garelo, Clara do coxo e a Asunción dos Toñico.
Fotos sacadas o día da boda da Lola do Xeada co Abel do Castiñeira. A primeira foto e na esquerda o Jesús do Vellagal, no medio o Antoño do Xeada e á súa dereita a María, filla de este. Na segunda foto: Antoño do Xeada, Anita do Coto, descoñecida, Dina, descoñecida, Guiteria do Chao do Covo, Dalia de Xanáz e a Hilda do Vellagal.
Familia Carracedo, comenzando pola esquerda: Os irmáns Antoño, Dodolino, Emilio; Jesús, o pai; Jesús, fillo; Josefa, nai; e María, filla.
Josefa Coira, nai do Dodolino do Carracedo.
Foto nunha romaría. Comenzando pola esquerda: Maria, irmán do Dodolino; Josefa, nai da María e do Dodolino, a súa esquerda; Antoño, fillo tamén de Josefa; e o da dereita é Martín (Atalaia, morto electrocutado).
Foto sacada en Xanáz, Dodolino e a súa muller Maria
Foto sacada en Xanáz. Comenzando pola esquerda: O Suso da Aurea, María Gómez (Arxentina), Maria do Carracedo, Aurea das Gagas e Suso.
Foto sacada no carro do cabalo. A rapaza, Mª Carmen, é prima do Jorge; Jorge e chamando o Dodolino.
Casa do Carracedo. Comenzando pola esquerda: o matrimonio formado por Dodolino e María Antonia, Suso e Jorge, fillo do matrimonio.
pai Luis a esquerda e Valentín de Pita, tío avó, a dereita.
Mª. Amelia Rouco. Foto do ano 1962.
José Manuel Rico Rouco, do barrio de Tezán. Foto do 5-10-1968.
O José Luis de Carozo. Foto da segunda metade da década dos 50.
Foto da segunda metade da década dos 60, diante da casa de García, na A Caveira. Agachado o Alfredo. Empezando pola esquerda e na parte de arriba Jesús Vizoso, María Portela, Pilar Paredes, mestra da escola de Carozo; o neno e Jesús Vizoso, Efigénia Vidal. Diante da Pilar, súa irmán Pepucha, Mª Carmen Vidal Portela e a súa esquerda, a María de Arnela.
Foto sacada nos últimos anos da década dos 60, no curral de García. De pé, e empezando pola esquerda: Alfredo, D. Avelino, o cura; e o José Mª. De pé, na parte dianteira e diante de seu pai, a Mª Carmen. O seu carón e sentadas, a María, nai da Mª Carmen; Pacientina, nai do Sr Cura e a Consuelo, muller do José Mª.
Outra foto da Casa de García. Esta vez a sombra do pajar na aira. Principiando pola esquerda: A Mª Carmen, María de Arnela, Pepe e a súa esquerda súa nai María, diante dela D. Avelino e a dereita de todo a Sra Consuelo.
Na casa do Perrote dia de San Pedro. Empezando pola esquerda: a Mª Te, Ricardo, a Encarnación, a Ermelina do Pazo, a Elpidia e a Granada (irmán da Encarnación).
Foto con data do 8 de Marzo de 1970. O Acacio de Balseiro e a súa esposa Hortensia.
A familia de Camba. O matrimonio formado por María, a esquerda, e o marido Inocencio a dereita. No medio o Pedro xunto á súa nai e o Manolo xunto ao seu pai.
O Hipólito de Camba. Home que, lastimosamente, faleceu sendo moi xoven. Traballaba vendendo xamóns por todo o país.
A Oliva da Capeleira, Jesús da Angelita e Josefa de Viveiro.
Esta foto garda unha entrañable história. Xa falecido o Jesús da Angelita, o mirar nos petos do traxe, tiña atadas con un fío unhas fotos, entre élas a que se publica arriba. Quero pensar que as escollera para deixarmas.
Hilda do Villagal e Quiteria do Chao do Covo. Xaneiro de 1971.
Foto do ano 1977. Diante do Concello en Abadín o día que mediron os "quintos". Empezando pola esquerda: José da Lourdes do López, Carlos do Chendo, Jorge do Perrote, Hipólito(Juan) do Quiatano, Gonzalo do Barreiro, Pepe do Portorrio e Delfino do Baroncelle.
Foto da metade da década dos 60. O Jesús do Villagal e a súa esquerda a Olimpia, súa cónxuxe. Diante a nena da esquerda é a filla de ambos os dous, Hilda. A nena da dereita é a Isabel Legazpi, do Arturo e da Luz da Casa do Habanero.
Foto sacada no adro de Romariz. O Arturo do Legazpi coa súa dona Luz e a filla de ambos, Isabel.
O Alfonso dos Carballiños, da casa do Silvestre, e a Araceli do Bráis.
O Teadoro de Adriano.
Antoño de Adriano.
A Eva do Brais con súa prima Isaura.
O Jesús do Anxel coa súa afillada Amelia, a Ibérica e Antoña do Chao do Outeiro.
Eduviges do José Mª, Elia de Currovedo e a Eva do Bráis.
Foto cedida polo Toño das Lucas. Ainda que non se coñecen con seguridade as persoas da foto, sospeitamos que o fulano da esquera é Emilio Solmo, irmán da Basilisa, que faleceu no ano 1963. A muller de saia branca crese que é a Aída das Lucas, tamén irmán da Basilisa.
Emilio Solmo do Outeiro. Falecido sendo xoven.
A Virgínia do Valentín dos Agustis, a Élia de Currovedo; a Consuelo, filla do Cándido de Carozo; a Dina do José Mª e a Avelina do Curraiño.
Da esquerda a dereita: Rocio de Nísio, Ana de Viveiro, o matrimonio formado pola Eusebia e o Daniel da Choqueira, e a dereita de todo unha das netas.
Na foto aparece, a esquerda, a Evencia do Fondo da Vila. Sentada, a Dosinda do Carballal e a súa esquerda a María de Arnela.
Foto de arredor da década dos 80. De pé e empezando pola esquerda: Pepe, de A Costa; Elvira Cabana da Ponte, Maribel da Vacariza, Angel do Catadoiro e Carmén de Lestide. Agachados: Marisa Vizoso de A Balsa e o sr de gafas descoñecémolo.
Veciños de Labrada xunto o mar. Na parte de arriba, empezando pola esquerda: Daniel da Choqueira, Erundina de Viveiro, Antoño da Capeleira, José do Pablo, Albina de Viveiro e Policarpo do Fondo da Vila. Na parte de baixo: Arturo de Viveiro, Carmén de Dionisio e Albino do Fondo da Vila.
José Antoño Otero Solmo. Arredor do ano 1965.
Matrimonio formado por Dalmacio da Pardela e Basilisa das Lucas cos seus fillos José Antoño e Hipólito.
Foto de comenzos da década dos 60. Basilisa das Lucas co seu fillo José Antonio Otero Solmo.
De esquerda a dereita: a Basilisa do Lucas, a Elpidia do Zulo, a Evangelina do Civil e súa nora Antoña.
Na boda da Eduviges, en Xixón. De esquerda a dereita: Suso, o "Miragalla" e a súa esquerda o Herminio, irmán da noiva. Detrás o Toño do Lucas e o seu irmán Hipólito.
Bautizo de Amable Terrón Rouco. O cura é Xosé Meiriño López. Ano 1978.
Foto no lousado da casa do Veiguello. Sentado Cesar Rivas e a súa esquerda José Luis Rouco Román.
Foto sacada no Campo dos Novos. Detras e empezando pola esquerda: Dosinda do Lois, Isaura Fernández Requeijo, José do Requeixo, Pilar Díaz do barrio de Espiñarcao. Diante: O da funda é un veciño do Valadouro, ferreiro, coñecido polo Pepe do Antón; Emerita de Chaveas e a Ersilia do Lois.
Foto na casa das Carminas. O Manuel da Angelita, Articiana e Carlos de Santiago.
Veciños do Barral. Ano 2002. En primeiro termo o Luis do Veiguello, seguido dos irmáns Jesús e Germán e o Carlos de Santiago.
Foto de comenzos do ano 2000. Empezando pola esquerda: José Rouco Román, Luis Rivas Rouco, Mercedes Rouco Gómez, Gonzalo Cuba González, Mª Esther Cortiñas González. Anasada Mª José Rouco Román.
A Sra Evangelina da Casa Vella. Foto sacada día de San Antoño do ano 2006.
Domingo de ramos do ano 2011, 17 de abril. Fructuoso do Fondo da Vila, Felicia de Casa Juanito, Albino do Fondo da Vila, Serafín do Anxel, Isidoro de Casa do Ferreiro e a Ermitas da Casa Vella. A persoa que vai camiñando de costas á foto con unha aguillada atravesada nas costas é o Gonzalo de Casa Juanito. Están sentados diante da Casa do Ferreiro no barrio de Os Currás.
1 de outubro do 2011, no barrio dos Currás, Felicia Cuba e Albino Cortiñas.
Mª Felicia Díaz Rouco e Esther Cortiñas González.
Foto de xuño do 2015. O Dourino do Civil, Nazario do Carballal, Adelino da Casa Vella e o Antoño da Capeleira.
A foto foi sacada o día 4 de xaneiro do ano 2015 a saída da misa. Empezando pola esquerda: Eulogio Castiñeira do Chao do Outeiro, Jesús do Fondo da Vila, Silvia, casada con Rubén de Os Currás; a Esther do Fondo da Vila, Jesús da Angelita, Mª Te do Perrote, a Isolina da Casa da Tuxa, José Pérez, o Belarmino do Barral xunto o cura, o Cristovo.
Foto no adro da nosa parroquia, con data 11 de xaneiro do ano 2015. Empezando pola esquerda: Javier de Casa do Oracio, Vanesa coa súa filla Adriana, esta xunto a seu pai Suso do Teofilo; Senén do Manuel da Angelita, Silvia a dereita do seu home Rubén de Os Currás, Gabriel e o seu pai Oscar, tamén do barrio de Os Currás. Máis a esquerda o Adelino das Viveiras, o José Manuel do Viveiro, o Carlos do Paridoiro e o Antoño da Capeleira.
O Luis do Veiguello, a Benedicta da Casa de Santiago, Valeriano de Carlitos. Germán da Angelita, Esther do Fondo da Vila e a Felicia, (Articiana) das Carminas. Foto nos curras do Barral. Día 29 de abril do ano 2015.
O Jesús da Angelita enramando a casa. 23 de xunio de 2015.
Foto do 23 de xuño do ano 2015. Sacada no Barral, detrás da casa do Veiguello. O Jesús da Angelita, a Felicia, conocida pola Articiana das Carminas, o Luis do Veiguello e a súa dona Esther, e a esquerda de todo o Germán da Angelita.
Estou encantada de atopar estas fotografías que tantos recordos me traen, eu son dos Sendes, neta de Domingo, sobriña neta de Celso. Coñezo xente que aparece nas imaxes e que tedes sin edentificar, sobre todo das que doou Sandra.Quero dar a noraboa a quen tivo esta magnífica idea. Parabens
ResponderEliminarOla Irene. Son Manuel, o responsable do "traballo" que aquí se expón; gracias pola visita e o comentario. E de supoñer que nos coñecemos. Estaría moi ben de que lle puxeras nome a esa xente que descoñezo, por favor; xa queda pouca xente para nomealos.
EliminarDe teu avó teño un educativo recordo, contoche: era aló polo 1976-77, pasamos pola tenda, supoño que a comprar roupa, coñecíanos, claro; despois dos saúdos e conversas de rigor, recordo que tiña a rádio encendida, e había un programa concurso dirixido a nenos da escola. No concurso fixéron unha pregunta e o Domingo díxome que si a sabía, dábame 25 pesetas. A pregunta decia que era un "istmo" .... Eu trouxen no peto para Labrada 25 pesetas, que para a época era diñeiro.
Un saúdo.
Grande trabalho Manolinho...impagável...Por certo numha foto que mencionas ao Artur do Habanero (Legazpi) e nom reconheces à mulher e à nena ao seu caróm, eu deduciría case com certeza que som a Luz e a Isabel...Apertinhas
ResponderEliminarNessa foto sai o Edmundo do Fundo da Vila, que como sabes foi criado na Casa das Pícaras, polo que era vizinho e a foto semelha ser de ppios dos 60s polo que as datas semelham cadrar...Apertas
ResponderEliminar