venres, 6 de outubro de 2023

Venres emotivo. O adeus.

 
 

 
En verdade dígovos que o adeus non existe:

Se se pronuncia entre dous seres
que nunca se atoparon,
é unha palabra innecesaria.

Se se di entre dous que foron un,
é unha palabra sen sentido.

Porque no mundo real do espírito
só hai encontros e nunca despedidas,
e porque o recordo do ser amado
crece na alma coa distancia,
como o eco nas montañas do crepúsculo
.

جبران خليل جبران بن ميکائيل بن سع 

martes, 26 de setembro de 2023

Martes emotivo. Os teus fillos ....

 
 

 
Os teus fillos non son os teus fillos,
son fillos e fillas da vida,
desexosa de si mesma.

Non veñen de ti,
senón a través de ti,
e aínda que estean contigo,
non che pertencen.

Podes darlles o teu amor,
pero non os teus pensamentos,
pois eles teñen os seus propios pensamentos.

Podes abrigar os seus corpos,
pero non as súas almas,
porque eles
viven na casa do mañá,
que non podes visitar,
nin sequera en soños.

Podes esforzarte en ser como eles,
pero non procures facerlles semellantes a ti,
porque a vida non retrocede nin se detén no onte.

Ti es o arco do cal os teus fillos,
como frechas vivas,
son lanzados.
Deixa que a inclinación,
na túa man de arqueiro,
sexa para a felicidade.
 
                                                                                       جبران خليل جبران بن ميکائيل بن سع
 
 
        

xoves, 14 de setembro de 2023

Xoves emotivo. Nana cruel.




Dúrmete, que xa estás a salvo de todo
O Sol foise entusiasmado
Saíulle ben
Este atardecer.

Dúrmete, que che vou a cantar
Unha nana tan cruel
Como a realidade
Era unha vez
Unha humanidade.

Eu que, eu que pensaba
Eu que cría firmemente no amor
Hoxe xa sei que non, que xa non importa
E que á vida hai que buscarlle outra razón
E busco nas cores do atardecer
E non a encontro.

Eu, que pasaba as noites en negociación
Eu, que te espero
Eu, que fixen cada segundo outro mundo mellor
Eu, que te espero
Eu, que velaba as noites enteiras.

Eu que, eu que querería poder contarte
Que aí fóra está a vida e só hai xente
Que quixese comprenderte
E abrazarte e alegrarte
E axudarche sempre.

Eu, que estudei ao ser humano, dígoche
Que non, que xa nada espero
Eu, que tentei comprender os seus motivos
Que non, que xa nada espero
Eu, que quixese atoparme contigo

Eu que, eu que pensaba
Eu que cría firmemente no amor
Non! Hoxe xa sei que non, que xa non importa
E que á vida hai que buscarlle outra razón
E busco nas cores do atardecer
E non a encontro.

Dorme, que aí fóra
Só hai monstros, só hai xente
Que te compra e que te vende
Que te odia e que che mente
Que tee rouba, que te mata
Que te viola e que non sente nada

Dúrmete, que xa se foi o Sol
Que tiña que facer, dixo, e marchouse
E prometeu volver ao amencer.
 
               Roberto Iniesta.

https://youtu.be/uKhnwdijf-8?si=xPIdlPuH3MoaMCAI
 
 

luns, 28 de agosto de 2023

Luns emotivo. A parábola do neno e a maceira.


 
 
   Hai moitos anos existía nun sitio de Labrada unha enorme maceira. Nese sitio vivía tamén un neno que a quería moito e todos os días xogaba ao redor dela. Subía ata o cume e ela dáballe sombra. El amaba á maciñeira e a maciñeira amaba ao neno.
 
   Pasou o tempo, o neno creceu e nunca máis volveu xogar ao redor da enorme maceira. Un día regresou e escoitou que lle dicía.
 
   – Estou moi triste. Vés xogar comigo?
 
   Pero o raparigo contestou:
 
   – Xa non son o neno de antes que xoga ao redor das árbores. O que agora quero son xoguetes e necesito diñeiro para compralos.
 
   - Síntoo, dixo a árbore. Non teño diñeiro. Pero suxíroche que tomes todas as miñas mazás e as vendas. Desta maneira ti obterás o diñeiro para os teus xoguetes.
 
   O raparigo tomou todas as mazás,  obtivo o diñeiro e sinteuse contento. Tamén a árbore se sinteu feliz. Pero o raparigo nunca volveu despois de obter o diñeiro e a maciñeira volveu estar triste.
 
   Tempo despois, o raparigo regresou e a maciñeira púxose de novo contento e preguntoulle.
 
   – Vés xogar comigo?
 
   – Non teño tempo para xogar; debo traballar para a miña familia e necesito unha casa para a miña muller e fillos. Podes axudarme?
 
   – Síntoo, dixolle a maceira, non teño unha casa, pero podes cortar as miñas ramas e construír a túa casa.
 
   O home cortou todas as ramas da árbore, que se sinteu feliz, e o home non volveu. Certo día dun cálido verán, o home regresou e a maceira sinteuse alegre de novo.
 
   – Vés xogar comigo? -preguntoulle a maceira.
 
   - Estou triste e volvéndome vello. Quero un bote para navegar e descansar.
   Podes darme un?
 
   A árbore contestou.
 
   - Usa o meu tronco para que poidas construír un e así poidas navegar e ser feliz.
 
   O home cortou o tronco e construíu o seu bote. Logo foise a navegar por un longo tempo. Finalmente regresou despois de moitos anos e a maceira díxolle.
 
   – Síntoo moito, pero xa non teño nada que darche nin sequera mazás.
 
   O home respondeu.
 
   – Non teño dentes para morder, nin forza para escalar. Xa estou vello.
 
   Entón a árbore con bágoas nos seus ollos díxolle.
 
   - Realmente non podo darche nada. A única cousa que me queda son as miñas raíces mortas.
 
   E o home contestou.
 
   – Non necesito moito agora, só un lugar para descansar. Estou tan canso despois de tantos anos….
 
   – Bo, díxolle a maceira. As vellas raíces dunha árbore, son o mellor lugar para recostarse e descansar.
    Ven, senta comigo e descansa.
 
   O home sentou xunto á maceira e esta alegre e risueña, deixou caer algunhas bágoas.