domingo, 21 de agosto de 2022

A Ermitas

 

A Ermitas con amor e agradecemento:

Querida Ermitas, 
Como che vai amiguiña, na terra da luz e da paz,
no berce de todos os amores?
Seguro que ben, moi ben,
Deus non é requeno, é espléndido e contigo seguro que tamén o estará sendo.

Matinando en ti, no teu nome, Ermitas,
viñéronseme á cabeza cousas que quero compartir contigo.
Xa sabes que Ermitas, é coma quen di Ermida, e Ermida é unha capela,
como por exemplo a capela do San Antonio do Outeiro,
que tanto coñeciches e visitaches.
As Ermidas ou capelas aldeáns están case sempre algo apartadas, soas, 
de cando en vez son visitadas polos veciños,
son espazos sagrados,
porque alí se achegaba a xente desexando verse libre dos seus pesares diarios.
E Deus escoitaba, vaia se escoitaba.
Deus e a xente intercambiaban amores e servizos.
 
 E mira ti, Ermitas,
que dei en pensar que todo ser humano levamos unha ermida no noso propio corazón;
o noso corazón dalgunha maneira tamén é como unha ermida, un espazo sagrado,
unha ermida soa moitas veces, apartada, á que algunha vez se achega alguén suplicando amores, ofrecendo amores,
pero da que moitos tamén foxen,
incluso nós mesmos evitamos entrar no noso propio corazón, na nosa propia ermida.

Ti, coma eu, coma todos os que aquí estamos,
levamos no noso corazón unha ermida sagrada.
A túa ermida
foi gozosamente visitada primeiramente polos teus pais, Manuel e Evangelina
e polo teu irmán Dourino, con quen te criaches.
Pasando os anos, foi o Fructuoso do Fondo da Vila  quen petou á porta desa ermida 
que ti eras, e houbo pracer e festa ...
e apareceu a Verónica, que encheu de esperanza a ermida que ti eras.
O teu corazón converteuse nunha ermita visitada, unha Ermida en festa.
Coa Verónica, o Amandino,
coa Verónica e o Amandino, a Icía,
e familias dun lado e do outro entrando e saíndo polas portas do teu corazón.
Que ben, canto pracer! Daquela os bicos ganaban todas as batallas.

Labrada, Pamplona, Vilalba, Casa Vella,
a túa ermida foi cambiando de lugares e de cores.
E zas, de golpe a desgraza, a enfermidade, 
a morte foi escurecendo o interior da túa ermida, 
do teu corazón. 
Que dolorosos eses desapegos obrigados!
Fuches atopando mans coidadoras, familiares ou non,
que seguiron visitando a túa ermida,
que seguiron alimentando en ti o lume sagrado do amor coma un remol.
E así ata a túa morte.

E agora, iso cremos,
a túa ermida está plenamente habitada.
Na fonte de todos os amores, que é Deus,
reencontrácheste cos amores todos da túa vida,
todos eses amores que te foron facendo muller feliz:
os teus pais, a túa Verónica, o teu Fructuoso,
tantos veciños e veciñas que te querían
e que comparten contigo un lugar no seo de Deus.

Gozámonos sabéndote feliz,
sabéndote unha ermida habitada polo amor plenamente.
Recordándote queremos aprender nós tamén
a coidar a ermida sagrada do noso corazón
a coidar os amores que a nutren e fecundan.
Porque no fondo do ser humano é basicamente
amar e ser amados.

Feliz día, Ermitas querida.
Todos contigo.
Unha aperta.

P.D_ Homenaxe de Manuel Regal Ledo a Ermitas.

luns, 8 de agosto de 2022

A carpintería do Avelino.

 
     Elvira e Avelino co seu fillo Fernando.

   Avelino Fraga Gutierrez naceu en Samarugo, coñeceu a Elvira Ares Expósito (Elvira do Filomeno), natural da parroquia de Baroncelle e froito do noviazgo e posterior casamento naceu o seu fillo Fernando;  Elvira naceu no ano 1919 pero sendo moi nova veu vivir ao barrio da Bouza na parroquia de Quende e Avelino neceu no ano 1917 na parroquia vilalbesa de Samarugo.
   Os primeiros anos da vida xuntos foi en Quende ata que se mudaron para o barrio de Gontán, a vivir na casa vella da Dolores do Morado, ahí neceu Fernando no ano 1955, e ao cumplir os tre anos mudaronde para a casa vella do Seixo.

     Antiga casa das Moradas, ao pé da antiga N. 634 no barrio de Gontán.
 

              A casa vella do Seixo,en Gontán.

         Avelino, co serrón na man, traballando na carpintería acompañado de seu irmán Manuel.

   Co tempo, Avelino montou unha carpinteria na veciña parroquia de Abadín, ainda que por pouco tempo, no barrio de Provecende, era coñecida co nome de "A Carpintería do Avelino".
   Avelino, polos anos que viveu, tocoulle ir a "Guerra Civil" onde estivo  militarizado en dúas etapas. Unha  guerra en sí e a outra facendo a mili. Froito das experiencias vividas na contenda, Avelino empezou a padecer certos padecementos mentais tendo que ser ingresado no hospital siquiátrico San Rafael de Castro Riberas de Lea, onde faleceu con 59 anos de idade.
   Ao declarárselle a enfermidade ao Avelino, a carpinteria colleuna en arrendo "O Virutas". Ao pouco tempo de collela, queimouse na súa totalidade.

   20/02/1964. El Progreso.
   "Incendio en un taller de carpintería en Abadín.
   En la madrugada del día 16, a cero veinte horas se ha tenido noticia por los vecinos de la localidad, de un incendio en el taller de carpintería ubicado a los pocos metros del Ayuntamiento, y a la vera de la general Oviedo-Coruña. Tan pronto se puso en conocimiento de la Guardia Civil, el suceso, observado en primer lugar por el conductor del camión "Toxeiro", se transladaron al lugar del suceso, el comandante del Puesto, acompañado de la demás fuerza, actuando rapidamente y eficazmente en la extinción del fuego, ordenando los servicios del numeroso público que, a pesar de ser una hora intempestiva, no regateó secrificios ni esfuerzos en este cometido.
   A los pocos minutos se personaron en el mismo lugar el señor Alcalde, don Pedro Fernández Carreiras, acompañado del Secretario, don Manuel Vázquez; colaborando así decididamente y con prudencia a dominar el fuego. A las pocas horas se pudo sofocar, si bien ha causado unas pérdidas que se valoran en concuenta mil pesetas. Era propiedad de don Prudencio Camba  García, joven de merecidas simpatias en la localidad. No hubo que lamentar desgracias personales. Hacemos especial mención de los rápidos auxílios prestados por las aautoridades locales, civiles y militares así como la buena voluntad de los vecinos. La Guardia Civil instruye las diligencias oportunas. (El motivo se le atribuye a un cortocircuito eléctrico)".

     A Sra. Elvira sirveu na casa de D. Rodrigo e a foto foi feita lavando na casa do farmaceutico.
 
     Foto do 27/09/ 1971, día de San Cosme en Galgao. Familia dos Taboadas de Quende.
 

Ano 1975. En primeiro termo a casa do David do Morto e ao fondo a primeira casa da Elvira, donde ardera a Carpintería.
 
A dereita a casa onde estaba a carpintería. Ao frente, a casa nova.
 
Foto do 08/09/1968. Comezando por enriba: Fernando da Filomena, Suso do Guizán, Carlos do Tenreiro, os seguintes son descoñecidos ata o derradeiro a dereita que é o Gemindo de Cándia. En crequenas: Jaime da Concha, Cesar do Goás, Pedrito do Emilio do Maragato e o Cesar da Concha.
 
Foto do día 08/11/1970. Comezando pola esquerda e de pé: Luis do Tenreiro, Cesar do Goás, Fernando da Elvira, Suso de Cándia, Luis de Corbite e José do Piñón do Camiño Real. En crequenas: Gonzalo Carteiro, Luis do Melo de Cabaneiro, Carlo do Tenreiro, Cesar da Concha e Miseno do Tenreiro.
 
   28/06/1967. El Progreso.
   "CAMPAÑA, MANTENGA LIMPIA ESPAÑA"

   El Ministerio de Información y Turismo convocó entre Centros oficiales y no estatales de Enseñanza Primaria, un Concurso en relación con la "Campaña MANTENGA LIMPIA ESPAÑA".    
   Por el jurado calificador de esta provincia se concedió el primer premio a la Escuela mixta de Gontán Abadín. Dicho premio está dotado con un tocadiscos, una colección de discos didácticos para la enseñanza de un idioma extranjero y un lote de pubiicaciones por valor de cinco mil pesetas.
   Entre los Centros galardonados con premio provincial, se sortearon ante las cámaras de Televisión Española el 25 de mayo y dentro del programa "Antena Infantil", veinticinco viajes, organizados por el Servicio de Rutas Nacionales, siendo favorecida la Escuela de Gontán con uno de esos viajes para maestra y dos alumnos: Fernando Fraga Ares y José Ferreiro Coira.
   El Ministerio de Información y Turismo ha elegido para estas escuelas premiadas la ruta del Mar Menor, con el siguiente itinerario: Madrid - Albacete-Murcia-Cabo de Palos-Manga del Mar Menor - Santiago de la Ribera - Alicante y sus playas - Elche y visita a su Palmeral - Orihuela - Torrevieja - Regreso con visitas a Aranjuez y Madrid".
 
   19/07/1967. El Progreso.
    O José da Rozabella e o Fernando da Elvira.

Comezando por enriba e da esquerda a dereita: Amable do Churrero, Antoño do Ricardo dos Carballiños, Victor da Guillermina de Caboxo, Fernando da Elvira e José dos Titos. Na parte de baixo e comezando pola esquerda: o José Mª das Mudias, Claudio de Fraias (fillo da Sabina), José Antoño do Taboada, Carlos do Pedrosa e Pepiño do Guerra.

     Foto da escola de Abadín do 08/06/1963.
 
08/09/1975. Procesión en Abadín o día da festa da Natividade da Virxen. Comezando pola esquerda: Guillermo do Leal, Paco do Sabelo, Fernando da Elvira, Cesar do Goás, os curas son o Lagares, Marcelino, ....
 

 Na plaza, diante do colexio, día da festa de Abadin. ... Jaime e Cesar da Concha e a dereita de todo o Juan do Irenio.
 
Comezando pola esquerda: o Juan do Irenio tocando na guitarra, a Sra Elvira e o seu fillo Fernando.
 
     Orixinal foto do Jaime da Concha.
 
                     Fernando da Elvira e Cesar da Concha.
 
Foto sacada no Cristo da Corda (Cordal de Neda); Francisca (muller de Fernando), Sra Elvira, eo matrimonio formado por Juventina e Arsenio, carteiro de Loboso.
 
Foto sacada no mirador de Mondoñedo. Fernando da Elvira a esquerda, a Pilar do Niza, e os donos do hotel "La Manduca"
de Pobla de Segur (LLeida) Roser e José Ramón. Dase a casualidade que tanto Fernando, Elvira e tamén o Fidel do Gringo (Restaurante Bar Niza) traballaron no citado hotel. Esa foto foi feita nunha visita que fixeron os donos do hotel ao Fidel do Gringo.

     Abadín desde A Corda.

martes, 2 de agosto de 2022

A Genma de Tibian.

 

   A Genma deixounos fai pouquiños días, muller que vivia no barrio de Tibián, concretamente na "Casa do Carlitos". Como todo veciño ou veciña, tiña un sobre nome. O dela era o da Genma do Valeriano, o nome do seu home; ou anteriormente como o da Genma do López.
   Nacera en Romariz, precisamente na casa que daba nome a súa procedencia. Casou co Valeriano de Tibian e froito desa unión naceron Teresa e Ana.
   O día do enterro da Genma, Manuel Regal Ledo fíxolle unha fermosa homenaxe. Co seus consentimento paso a facelo público nesta páxina, tamén querendo unirme ao recoñecemento dunha muller rural e amiga da nosa terra.
 
"Dúas palabriñas, Genma para ti,
con todo o aprecio e agarimo do mundo,
desde o agradecemento que sinto pola tua vida entre nós 
durante tantos anos.
 
Dúas palabras para chufarte un pouco;
aos pais e nais sempre nos gusta que chufen os nosos fillos,
e a Deus temén lle gusta que llos chufemos, 
e a Genma era, é, unha filla de Deus.
E, polo demais, ben sabemos que tampouco a Genma era perfecta,
que tería cousas que necesitan o noso perdón, e dámosllo de corazón.
 
Quero simplemente recordar o significado do teu nome,
que me parece revelador.
Gemma é unha palabra latina que procede doutra palabra grega, gemo,
que significa algo cheo, abundante.
 
E de aí pasou a chamarse Gemma
ou xema aos botóns das vides e de calquera planta,
porque son o comezo da vida e dos froitos,
están cheos de vida.
 
E por iso se chamou tamén gema á pedra preciosa dun anel, 
porque vale moito, porque é moi fermosa.
 
E, velaí, que ti, Genma fuches xema, botón, 
xema vigorosa da planta da aldea;
planta nacida en terras de Romariz,
na casa abundante e venturosa dos López,
planta transplantada logo á casa do Manuel do Carlitos en Tibián,
onde compartiches vida co Valeriano 
e os seus pais Manuel e Toña
e algo tamén co Plácido e a Fidencia.
 
E, maravillosamente, da xema desa planta que ti eras
empezaron a sair froitos preciosos, que admiramos e agradecemos.
Sen deixar de recoñecer que seguramente algún mal saiu de ti,
como dixemos antes.
Fuches unha muller vital, chea de vida;
produciches vido no corpo e ánimo das túas fillas,
Teresa e Ana, hoxe de santo, (que boa nai te imaxino!),
mostrábaste chea de vida
co teu traballo dentro e fóra da casa, 
coa túa palabra, coa túa acollida,
coa túa disposición,
co teu vigor, coa túa vontade de ser e de expresarte,
coa túa capacidade de facerte ver e valer como muller
no medio dunha sociedade machista como era, 
e ainda é en boa medida,
a das aldeas, vilas e cidades nas que vivimos.
 
Fuches unha bendición para a túa casa,
para os teus, para a nosa parroquia. 
Estamos orgullosos de ti 
como o estamos de tantas mulleres 
que enchen as nosas vidas, 
avoas, nais, parellas, fillas.
que sería de nós, os homes moitas veces prepotentes,
sen a presenza ao noso carón de tantas mulleriñas queridas
que nos dades paz e vigor, gozo e esperanza!
 
Estamos orgullosos de ti, Genma,
chaldarémonos levando o teu nome nos nosos labios,
no noso corazón,
igual que nos chaldamos levando unha xema preciosa 
no anel da man cando nos queremos poñer guapos.
 
Grazas pola túa vida.
Sentímonos bendecidos por ti.
Goza eternamente do agarimo de Deus 
no que atoparás tamén o noso propio agarimo.
E, se che fan falla perdóns, conta cos nosos.
Un bico. E ata aquel día, amiguiña".
 
25 de xullo do 2022.
 
                                    Manuel Regal Ledo.

 


sábado, 30 de xullo de 2022

Medidas agrarias.

 
     Medida dun ferrado do concello de Abadín.
   
   09/1827. Mercurio de España.
 
   Las medidas agrarias se reducen á estadales cuadrados de 12 pies de largo, y á fanegas de 576 estadales cuadrados de estas.
   La vara que se usa es igual á la castellana, y las diferencias que suele haber son por abuso, ó porque en ciertos casos echen de mas por buena medida.
 
   Jurisdicción de Castro mayor y Labrada , jurisdicción de Miranda, coto de Santiago de Samaniego, coto de Abadin y Lagoa, Coto de S. Bartolomé de Cadavedo y jurisdicción de S. Juan de Villarente, cotos de la Grana de Villarente, d.e Santiago de Baroncelle y de Santiago de Moncelos, jurisdicción de Bretona y Reigosa, jurisdicción de S. Pedro de Riotorto, cotos de Villaseca y Mojoeira , de S. Juan de Rececende, de Ferreira vella, de S. Vicente de Villamea, de Pena de Cabras, de Santa Comba de Orrea, jurisdicción de Miranda.
 
                                                                               Estd. cuadr.                  Fanegas.
El estadal es de 8 pies.
   9 estadales de estos cuadrados hacen ....................................4  ..............................
   El ferrado es de 100 estadales cuadrados......................44 4/9  .............................. 
   La fanega es de 4 ferrados .........................................166  2/3  ..............................
   432 fanegas de estas hacen 125 ..............................................  .........................125
 

luns, 30 de maio de 2022

La carretera de Abadín a Cangas de Foz ...

  
 
   Foto da carretera en dirección ao Cadramón ou o Pereiro ao seu paso polo Tremoal. Ano 2022
   
   02/05/1890. El Regional.
   "En la sesión del Congreso celebrada el lunes último, nuestro querido amigo el diputado por Mondoñedo Sr. Martínez presentó una proposicion de ley incluyendo en el plan general da carreteras una en esta provincia, que partiendo de Gontán, termine en Ferreira del Valle de Oro.
 
   En apoyo de la proposición dijo el digno y celoso representante lo que con gusto copiamos:
 
   <<La proposición de ley que acaba de leerse, señores diputados, tiene por objeto la inclusión en el plan general de carreteras del Estado, entre las de la provincia de Lugo, de una de tercer orden que ponga en comunicación directa la productiva parte del distrito con cuya representación me honro, llamada La Montaña (comarca importante en que existe una multitud da ferias y mercados, figurando entre las primeras las renombradas del Monte y Gontán), con el fértil Valle de Oro, por las parroquias do Romariz, Labrada, Oirás y Lagoa, y que enlace, la carretera del Estado, de Villalba a Oviedo, en el térmíoo municipal de Abadin; con la provincia de Mondoñedo a Vivero, en Ferreira, adonde desembocará la proyectada por el Estado, que partirá de la creciente villa y puerto de Foz. De suerte quo la zona marítima quedará asi en relación con puntos del interior, en la actualidad casi aislados, siquiera sean centros y regiones oficiales, industriales y mercantiles.
 
   No se me oculta que, atendiendo á las circunstancias que atravesamos, a las economias reclamadas por la opinión e introducidas eu el presupuesto de gastos, y a la escasez consiguiente de fondos para estudios y obras nuevas, no es el distrito electoral de Mondoñedo  el que menos tiene que agradecer; pero, señores diputados, la carretera indicada se hace, más que necesaria, absolutamente indispensable.
 
   Por esto me permito rogar a la Cámara con especialísimo encarecimiento se sirva tomar en consideración la proposición que he tenido el honor de presentar>>.
   Prévia la oportuna pregunta fué tomada en consideración la proposición, acordándose que pasara a las secciones para nombramiento de Comisiones".
  
   27/10/1968. El Progreso.
   "Como es sabido, la carretera de Cangas a Abadín, o viceversa, está siendo sometida a una reparación del piso, con ensanche de curvas, especialmente en las parroquias de Frejulfe y Cuadramón (Valle de Oro). Esta vía pertenece a la Ecma. Diputación Provincial, en casi su totalidad. Y decimos en casi su totalidad porque existe un tramo de unos 12 ó 13 kilómetros — entre Romaríz (Abadín) y <<Campo da Cruz>> Cuadramón (Valle de Oro) — , que corresponde al Patrimonio Forestal del Estado.

   Para los que no conozcan esta carretera, de momento poco transitada, diremos que pasa por unos parajes muy bellos, ofreciendo panorámicas verdaderamente equiparables a muchas que nos ofrecen las pantallas de cine. Empezaremos por presentar esta arteria, desde su punto de arranque, en la villa de Gontán (Abadín), pasando primero por la parroquia de Romaríz, perteneciente al municipio de Abadín, para entrar luego en Labrada, también del mismo municipio de la anterior. Diremos que aquí, en Labrada, está lo más importante de esta carretera, por lo que a interés turístico se refiere, ya que en gran parte, a un lado y otro de dicha vía, podemos ver grandes extensiones de monte de pastizales naturales, que sostienen a una importante ganadería equina y bovina, que fruto de la madre Naturaleza, y aparte de embellecer más y más el agreste paisaje, proporcionan importantes riquezas a los municipios de Abadín, Villalba, Muras, Orol, Valle de Oro y Alfoz de Castro de Oro, ya que en estas montañas que constituyen las estribaciones del padre Xistral, pastan miles de cabezas de ganado de las especies caballar, bovina y ovina, pertenecientes a las parroquias montañosas de los municipios antes enumerados. Siendo la que más impera la especie caballar, que aquí se nos presenta bajo la denominación de <<bestas bravas>>, grandes productoras de carne y crines, altamente cotizadas. Dichas reses bravas viven aquí en estas llanuras y faldas montañosas en un auténtico paraíso, salvo en la fría estación invernal, en que han de ser víctimas de las lluvias y temporales, que les hacen bajar hasta las eras de las casas <<labregas>> de Labrada, Cuadramón, Moutouto o Romaríz, para ponerse al amparo del temporal y de las alimañas que suelen atacarlas, precisamente por la imperiosa necesidad de proporcionarse alimento. Destacaremos, como alimaña más importante, y única en estas latitudes al lobo, que dicho sea de paso, está siendo sometido a múltiples batidas por los vecinos de dichas parroquias ganaderas.

   UN NUEVO CURRO
Como es sabido, anualmente se celebra la tradicional <<rapa das bestas>> en nuestras comarcas, donde habitan los los caballos en estado salvaje. No vamos ahora a hacer ninguna narración de esta fiesta tan celta, que cada día, gracias al Ministerio de Información y Turismo, cobra marcada importancia. Pues bien, sabemos que es proyecto de la Delegación de Lugo de dicho Ministerio instalar un <<curro>> para que dicha fiesta pueda celebrarse al nivel turístico que esta comarca luguesa se merece, ya que sin temor a equivocarnos es una de las más importantes en ganadería de esta especie. Nos congratularía poder dar la noticia en
plazo breve de la construcción de este <<curro>> que bien pudiera estar emplazado en el<<Tremoal>> o en la <<Fragavella>>.

   Como estimamos que nos hemos estirado un poco en describir la importancia turística y económica de cuanto se deriva de estos caballos salvajes o <<bestas bravas>>, continuaremos siguiendo la carretera que ahora se adentra en el marco incomparable del Valle de Oro, por el Cuadramón, desde cuya cornisa puede contemplarse el valle y las mariñas con el inmenso fondo azul del Cantábrico a la altura de Barreiros, Foz, Nois, Cangas y Burela. Bajando cada
vez más, uno se adentra en una zona eminentemente forestal, donde las especies de pinos y eucaliptos llevan la voz cantante, ya que los cotizados castaños han desaparecido en gran parte para ser sustituidos por las coniferas, antes mencionadas. Después llegamos a la capitalidad del municipio del Valle de Oro; esto es, Ferreira del Valle de Oro, una villa progresista, y que gracias a la capacidad de trabajo y dinamismo del alcalde de dicho Ayuntamiento, señor Guzmán Prieto, se está desconocíendo de año en año. En esta pintoresca villa, por su proximidad con la costa (13 kilómetros), se ve aumentada su densidad de población en las temporadas estivales, por muchas familias del interior que aprovechan sus vacaciones para disfrutar del mar, de la montaña y del valle.

   EN DIRECCION AL MAR.
   Continúa la carretera en dirección al mar, pasando por las parroquias de Alaje, Budián y Moucide, todas ellas del Valle de Oro, para entrar a la Mariña por Cordido y llegar a Cangas a enlazar con la carretera de la costa. Huelga decir que la gran variedad de matices en los paisajes que atraviesa es muy elevada, y también la economía en kilómetros es considerable. Pero he aquí que no todo el monte es orógano, como suelo decirse, y con esto no queremos decir otra cosa que expresar nuestro descontento, por ese <<parche>> de 12 o trece kilómetros, aproximadamente, que al principio de nuestro comentario decíamos que son propiedad del Patrimonio Forestal, ya que debido a tal circunstancia, de momento no entra en el presupuesto para el arreglo tan necesario que ahora se está llevando a cabo en esta serpenteante y pintoresca carretera. Es de suponer que algún arreglo habrá para poder solucionar lo que hasta ahora es un problema importante, ya que de no llegar a la reparación de este tramo, esta obra que cuesta unos buenos dineros, de poco habría servido. Nos consta saber que tanto el alcalde de Valle de Oro, señor Cuzmán Prieto, como el de Abadín, señor Fernández Carreiras, están haciendo vivas gestiones para que esto pueda paliarse. ¿Verdad amigo Pedro?. Celebraríamos que todo llegase a buen término y que el <<curro>> antes mencionado se eche en el olvido. Creemos que no, porque el  señor Sánchez Carro no se olvida de las cosas así como así.

   Una vez concluidas las obras iniciadas y las proyectadas, que indudablemente tendrán una gran percusión económica y social en gentes de esta dilatada comarca norte de nuestra provincia, el turista más exigente rubricaría que efectivamente Lugo es provincia de valles, ríos y bosques".


      Foto da carretera en dirección a Labrada ao seu paso polo Tremoal. Ano 2022.