sábado, 16 de decembro de 2023

Costas de Monte e Labrada ....

   
     Quixera expoñer que non é a finalidade de "Labrada e os Labradeses" implantar ideoloxias políticas nin tampouco incomodar a xentes que non vexan oportunas as miñas opinións, e por suposto tampouco é necesario compartilas. Pero a nosa historia, a historia de Labrada/Costas de Monte/Provincia de Mondoñedo/Reino de Galizia non está suxeita a valoracións emocionais; asi que eu entendo que os feitos históricos non entran dentro da opinión ou valoración ideolóxica ou sentimental.
   Temos unha terra, unha cultura e unha sociedade, e témola polo feito de que nosos pais deixáronnola; máis ou menos coidada pero é a nosa; e a eles os nosos avós, ... e así foi sempre. Galizia non é miña, nin de ninguén. Galizia é de case todos. Daqueles que non respetan a nosa historia, a nosa fala e a nosa cultura e sociedade, deses non é.
   Cando unha sociedade non quere coñecer e recoñecer a verdade da súa orixe, cando se desautorizan opinións con mentiras, en contra de iso o mellor que se pode facer é "formación".
   Quixera expoñer algunhas dos impedimentos e desprezos que sufriu a xente da nosa terra ao longo dos séculos; Galizia é xoven, pero iso non quere decir que non teña soleira. Buscando información para incorporar contido e explicar o motivo deste artigo, atopeime con cousas moi ilustrativas que aportan un maior significado ao sentimento de ser parte de Galizia.
   Galizia sempre foi emigrante e deu diversa man de obra; canteiros, seitureiro, telleiros, criados .... Esa emigración fixo que en Castela xurdiran na idade media, e tamén na moderna; contos e refráns de contido de mofa. Algúns eran así:
   _ "A gallego pedidor, Castellano tenedor"
   _ "Venga el gallego a segar, miserable jornalero, que los hombres de Castilla tienen el trabajo a menos".
   _ "Una gallega me sirve, y sirve como gallega".
   
   Nas súas obras, grandes literatos como Quevedo, Góngora ou Lope de Vega participaron na corte madrileña activamente na tarefa de desprestixiar a nosa terra e todo o que ao seu redor xira. Luis de Góngora:
 
   "Pálido sol en cielo encapotado,
mozas rollizas de anchos culiseos,
tetas de vacas, piernas de correos,
suelo menos barrido que regado;

campo todo de tojos matizado,
berzas gigantes, nabos filisteos,
gallos del Cairo, búcaros pigmeos,
traje tosco y estilo mal limado;
(...)
asperos collados es lo que llaman reino de Galicia. *
   * Fonte Wikipedia.

   No ano 1833 e despois de 1400 anos de historia, deixou de falarse legalmente do "Reyno de Galizia" e oficialmente tamén das sete antigas divisións territoriais: Tuy, Ourense, Compostela, Betanzos, A Coruña, Lugo e Mondoñedo. Tampouco non sempre foi así, ata tres séculos antes, XVI, Galizia estaba formada por cinco divisións territoriais: Ourense, Compostela, Betanzos, Lugo e Mondoñedo.
   Mondoñedo, como división territorial,  tiña unha mensura de 2.020 km² e estaba dividida en xurisdicións, coutos e vilas. Unha desas xurisdicións era "Costas de Monte" e a outra era "Vilarente". "Abadín e Lagoa", "Moncelos" e "Baroncelle" denominábanse Coutos Redondos.
   -- Costas de Monte comprendía as parroquias de: Aldixe, Cándia, Castromaior, Cabaneiro, Fanoi, Goás, Labrada, Montouto, Quende e Romariz. Tiña unha mensura de 133,5 km² e pertencían ao obispado.
   -- Abadín e Lagoa formaban un couto e pertencían a D. José de Luaces y Presno.
   -- Moncelos. Tiña unna mensura de 9 km² e pertencia aos veciños.
   -- Baroncelle. Era un Couto Redondo con unha mensura de 6,5 km² e pertencia a Pedro Benito Bermudez.
   -- Vilarente estaba formado por Abeledo, Corbelle (San Martiño), Corvite, Loboso e Vilarente. Tiña unha mensura de 39,75 km², pertencía a Dñª María Cornide.


 
   1789. España dividida en provincias é intendencias. Conde de Floridablanca.
  "PROVINCIA DE MONDOÑEDO.
 
Es una de las del reyno de Galicia. Se compone de
una ciudad, tres villas, y ciento cincuente y cinco
filigresias, que todo asciende á ciento cincuenta
 y nueve Pueblos, sujetos á las
quarenta y seis Jurisdiciones siguientes.
 
JURISDICION de Mondoñedo,
     Ciudad capital.
     __ Abadín, y Lagoa.
     __ Alfoz de Castro de Oro.
     __ Barréyros.
     __ Bretoña, y Reygosa.
     __ Buréla.
     __ Cabárcos.
     __ Cadavédo.
     __ Cedofeyta.
     __ Costas de Mónte.
     __ Ferreyra Vella.
     __ Foz.
     __ Gáldo.
     __ Gerdíz.
     __ Gráña de Villarénte.
     __ Gráñas del Sor.
     __ Landróbe.
     __ Miránda.
     __ Monzélos.
     __ Moxuéyra.
     __ Múras.
     __ Nóis.
     __ Oirán.
     __ Orrea.
     __ Portocélo.
     __ Recesénde.
     __ Ribadéo.
     __ Rio tórto.
     __ Samarúgo.
     __ San Ciprian.
     __ Sante.
     __ Silán.
     __ Suégos.
     __ Trabáda.
     __ Valboa.
     __ Valle de Oro.
     __ Valle de Lorenzana.
     __ Váres, y Mogór.
     __ Varoncélle.
     __ Vidal.
     __ Villaformán.
     __ Villaméa.
     __ Villanueva de Lorenzana.
     __ Villarente.
     __ Villaronte.
     __ Vivero.
 
   1826. Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal.
   "COSTAS DE MONTE, Jurisdicción de España, en Galicia, provincia y obispado de Mondoñedo. Compuesta de 10 feligresías, que son San Pedro de Aldije, San Pedro de Candia, San Juan de Castro mayor, San Bartolomé de cavaneiro, Santa María Magdalena de Fanoy, San Pedro das Goás, San Pedro de Labrada, Santa María de Montouto, Santiago de Cuende y San Juan de Romariz, en cuyos artículos respectivos se hallarán las aldeas de que cada una se compone, como igualmente su población, situación, productos é industria".
 
   1847. Diccionario Geográfico-Estadístico- Histírico de España.
   "COSTAS DE MONTE: Antigua jurisdicción en la provincia de Mondoñedo; contaba con las feligresías de Aldige, Candia, Castro mayor, Cabaneyro, Fanoy, Goás, Labrada, Montouto, Quende y Romariz. El señorío lo ejercía el reverendo obispo de Mondoñedo y otro partícipe, quienes nombraban juez ordinario".
 
   08/12/1858. Boletín Oficial de la provincia de Lugo.
   "A voluntad del dueño se vende ó afora la tercera parte del lugar das Leiras, que colonea Julian Cabanas, en la parroquia de Santa María de Montouto, ayuntamiento de Costas de Monte. La persona que quiera adquirirlo, puede dirigirse á Don Manuel María de Cora y Aguiar, vecino de S. Julian de Landrove, Ayuntamiento de Vivero, quien lo rematará como dueño, desde el día 13 al 20 del entrante mes de diciembre".
 
 

    Mapa da provincia de Mondoñedo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario