Era moi sinxelo facelo.
Amala era o sentimento máis doado e tamén arriscado de compartir na vida.
... e en algún momento amei ao prohibido, ao defectuoso amor, a matriz da dor.
Amei a silenciosa resposta, ao que sabía non coñecer, ao que nunca ía ser meu.
Amei a frialdade e tamén a ausencia.
Amei as sabas da cama que perfectamente estiradas, nunca desfixen.
Amei a súa imaxinada silueta detrás dunha ventá.
Amei todo aquilo que que firmaba baixo o pseudónimo do amor.
Amei ao que, por medo ao frío, coidaba a descoñecida calor da casa.
Amei a pel acariciada por outra pel.
Amei os ollos que mirarían outros teitos, outro espello.
Amei a ilusión de ser o seu mellor amante cando a mellor amante só era ela.
Amei a idea de soñar na súa almofada cando a que me correspondía non era compartida.
Ameina tanto que cheguei a crer que era a musa no romanticismo.
Amei a dúbida e a confusión, non amala era perder a sensatez.
Amei o viño que me emborrachaba, o que a recordaba; e a resaca que a situaba moi lonxe.
Amei a Princesa cando xa era reina de un país soberano.
Ameina porque impediume odiala, a algo debía de facer.
O Veiguello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario