luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Oxalá

 
 
Oxalá que as follas non che toquen o corpo cando caian
para que non as poidas converter en cristal.
Oxalá que a choiva deixe de ser milagre que baixa polo teu corpo.
Oxalá que a lúa poida saír sen ti.
Oxalá que a terra non che bique os pasos.

Oxalá se che acabe a mirada constante,
a palabra precisa, o sorriso perfecto.
Oxalá pase algo que te borre de súpeto:
unha luz cegadora, un disparo de neve,
oxalá polo menos que me leve a morte,
para non verte tanto, para non verte sempre
en todos os segundos, en todas as visións:
oxalá que non poida tocarche nin en cancións.

Oxalá que a aurora non dea berros que caian nas miñas costas.
Oxalá que o teu nome se lle esqueza a esa voz.
Oxalá as paredes non reteñan o teu ruído de camiño cansado.
Oxalá que o desexo se vaia tras de ti,
ao teu vello goberno de defuntos e flores
.

                                                                                                    Silvio Rodriguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario