Un día do verán do ano 2022...
Non debo ser o xerme dun sufrimento nin tampouco de algo que poida
producir unha incomodidade prolongada no tempo. Existen as
condicionantes loitas de parella, esas que por momentos ofrécenche e
noutros pídenche, sempre desde a perspectiva de respecto e amor, ese condicionante sempre é innegociable, sempre. Pero tamén desde a visión da verdade; esa que debes entregar a túa parella para concordar no coñecemento da vida.
Creo que a verdade é a maior fonte de sensacións que o ser humano pode experimentar, tanto para ben como para mal; pero sempre para achegarte ao descubrimento da realidade.
Esas sensacións repártense en positividade no coñecemento que
ofrece resultados decisivos para decidir.
Ti, muller que achegas a miña existencia un todo dificilmente superable
e á vez incompleto. E vou matizar a palabra "incompleto" xa que non é
que estea a esperar algo concreto de ti, non. O concreto debo crer telo, o
teu amor máis honesto, as túas ganas de ofrecermo, compartilo e usar os
nosos leitos para facermo chegar .... Non radica aí o problema.
O problema son eu por sentir e querer á miña maneira, creo que da forma non de todo franca e axeitada.
Explícome:
Xa chegou o momento de non poder soportar por máis tempo o meu silencio, incómodo e doloroso; sen celos nin envexas. Non quero ter sitio
para esas cousas que achegan ruindade.
Pero non me vou a calar, e menos agora que nos debemos tomar unhas
emocionais vacacións e estaremos nun forzado e forzoso silencio, que seguro axudará
a organizar os andeis emocionais.
Non soporto calarme por máis tempo o feito de imaxinar os teus
desexados momentos e obrigacións de muller... compañeira. Non somos persoas que
descoñezamos as "tarefas do fogar". E cústame moito o feito de calar os sentidos, deixar de vivir a parte mais importante e complexa de min; ese calado mundo interno, quizais translúcido.
Como case sempre non che esixo nada, tampouco nada espero. Con todo, a
miña presenza non é real se non é sincera. E o que menos
soporto é calalo, poñendo en xogo factores tan
importantes e á vez contraditorios: respecto e sinceridade.
Sen a verdade, sen a sinceridade non se pode ter respecto a ninguén. E se quero
respecto, precísanse os ingredientes axeitados.
Non engurres o cello pola miña intromisión na vida, non te
incomodes, non sintas dor ... valoremos estas cousas, que achegan verdade.
Descoñezo o que puideses escribir pola túa banda na seguinte liña,
descoñezo se nin tan sequera ten cabida unha simple vogal, ... palabra ou
frase. Descoñezo.
Indubidablemente con ... amor
P.D_ Esperando a quen remitilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario