mércores, 9 de marzo de 2022

Nenos Lobo en Abadín.

 
    https://www.nosabesnada.com/historia/ninos-lobo/

   Cando nos chega o escabroso eco dos nenos da guerra, damos por feito que se trata dos máis de trinta mil menores fillos de republicanos e nacionalistas que foron evacuados da Guerra Civil Española para outros paises, entre eles México, Francia, a URSS....  Con todo, houbo outros moitos que tiveron que facer o camiño a inversa. É o caso dos máis de catro mil nenos e nenas que o rematar a Segunda Guerra Mundial, chegaron ao noso país fuxindo dunha Europa que estaba vivindo un autentico caos humanitario.
   Xa pasaran dez anos desde o remate da "nosa" guerra, vivindo na autarquía á que nos levou o dictador Franco, fomos capaces de acoller a algún deses nenos que vivian perdidos na soidade.
   Miles de nenos que deambularon sen rumbo polas cidades e estradas europeas, sobre todo en Alemaña. Eran orfos que se criaron sen pais, mergullados en violencia e falta de agarimo. Vivían en sotos e sumidoiros, sobrevivindo mediante roubos ou prostituíndose.
   Grazas aos movementos humanitarios promovidos por Cáritas, Cruz Vermella e Auxilio Social, moitos nenos de eses paises fixeron ese camiño para medrar noutra cultura e noutra sociedade.
   Uns voltaron, outros quedáronse.
   Como exemplo, a nova de baixo é un reflexo da maneira de prestar axuda do pobo de Abadín.
 
   16/12/1945. El Progreso.
   "AYUNTAMIENTO DE ABADÍN.
   Don Manuel Díaz Rivas, un niño, con preferencia de nacionalidad alemana.
   Don Amaro Coira González, domiciliado en Candia, un niño, preferible de nacionalidad alemana.
   Don José María Rivas Losada de Candia, un niño, con preferencia de nacionalidad alemana o inglesa.
   Don Modesto Vidal Goás, un niño, con preferencia de nacionalidad alemana.
   Don Valentín Rouco Pita, de Labrada, un niño, preferible alemán.
   Don Pedro Portela Portela, de Corbite, una niña, con preferencia de nacionalidad alemana".


Ningún comentario:

Publicar un comentario