18/12/1939. El Compostelano.
A randea é un atavío de madeira, composto d'un pau d'unhos cinco metros de largo, chamado veo, que xira enriba d'un forte chanteiro - de metro e medio d'alto - cuyo espigo se mete n-un furado d'o medio d'él.
En cada punta d'o veo pónse unha ou dúas presoas.
Dase o caso de os d'o veo, xa seña por descabalgar iste xa seña por discoidarse iles, can o chan, esnafrando algúns os fuciños, au pinchando os dentes, ou esnogando un brazo, ou quedando morto algún, coma sucedeu en Quende, non fai moitos anos.
As caídas causan sempre gran ledicia os demáis d'a festa.
Móvese a randea con soyo empuxala unha vez.
En Labrada a randea soyo andaba o martes d'Antroido; pro dendes fai tres anos, inda que a teñen, non se celebra a festa, a cal iba tod'a a novez d'a parroquia e doutras, e n-ela tocaba sempre un gaiteiro, armándose a gran baila.
N-a Regueira d'Estua e n'outras parroquias de Pastoriza, hay randea dendes d'o rente d'o San Xoan os primeiros días de Santiago, polo día e polas noites, os dias santos, e polas noites, os días de traballo".
Eduardo Lence Santar e Guitian.
Ningún comentario:
Publicar un comentario