Noriega Varela. (Fonte RAG)
30/05/1920. Correo de Galicia. Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina.
Antonio Noriega Varela
Versos inéditos
A propósito del homenaje que hoy rendirá a este gran poeta gallego un grupo selecto de compatriotas, según detallamos en otro lugar, ofrecemos a nuestros lectores esta hermosa producción de su estro, la cual tiene toda la fragancia y la frescura del ambiente galiciano.
Como parrafeaban nosos bisabós.
Díxomo unha rapaza de San Juan de Romariz, ayuntamiento de Abadín. (Lugo).
Ela._ Copriñas e máis copriñas
para min son excusadas;
quedoume o libro na casa,
e no nas traigo estudiadas.
El._ ¿Quedouche o libro na casa? ...
Direiche o meu parecer:
o que che quedou na casa
é que non sabes lér.
Ela._ A paso, galán, a paso:
¡non tanta palla á fouciña!,
que anque a traigas afiada
háseche cegar axiña.
El._ A fouciña non se cega
porque ven ben afiada;
pra se cegar a fouciña
ten que bater n´outra palla.
Ela._ Co-a licencia d´os señores,
e d´as señoras d´aquí,
pergúntolle a osté, mancebo,
a que razón ven aquí.
El._ A razón eu a direí,
si quero contar verdá:
veño por pasal-o tempo,
que´é cousa d´a mocedá.
Ela._ A razón, meu queridiño,
a razón ben-a dixeche;
se non sabel-o camiño
volve por onde viñeche.
El._ O camiño ben-o sei,
onde estaba ben-o vin;
pero espero de levar
esa rosa en par de min.
Ela._ A rosa na levarás
porqu-ela non quererá;
volve por aquí á tarde
que a rempuesta che dará.
El._ Non che volvo pol-a noite,
nin tampouco pol-a tarde,
que teño máis que facer
que romper sola en de balde.
Ela._ ¡Hola, hola!, meu querido,
que tanto me desdeñais;
entendín por vida mia,
qu´inda me querías máis.
El._ Eu querer ben che quixera
na vida e no corazón;
pro que me poña-a man ...
eso non, querida, non!
Ela._ A man non cha poñerei,
nin menos falar con vos;
deseara de dormir
unha noite en par de vos.
El._ Non se me dá por teu pai,
nin porque o noxo lle pase;
dáseme por ti, querida,
que fuche comigo a Laxe.
Ela._ Si contigo fun a laxe,
foiche pol-o teu proveito;
esa razón, queridiño,
xa a puideches ter no peito.
El._ N-o peito xa cha piden ter,
si no fuera por gozar
d-a túa conversación.
Ela._ A miña conversación
non che quixo decir nada,
porque Dios así o quixo
que non fose a túa dama.
El._ O non séres miña dama
eso causóuno túa sogra,
o dia d´a túa boda
poño monteira de moda.
Ela._ Poñer monteira de moda,
galán, non ch´é é mala vida,
que agora se ch´acabou
o diñeiro de Castilla.
El._ O diñeiro de Castilla
non che digo que n´é bon.
que m´o axudache a gastar
non San Pedro de Rebón.
Ela._ Nin cho axudei a beber,
nin cho axudei a gastar;
de sete damas que tes
dime con cal has casar.
El._ De sete damas que teño
a ti non se che dia eso,
de sete damas que teño
ti érel-a de menor precio.
Ela._ Anda tú, pícaro de mala fama!
si eu son a de menos precio,
tampouco ti n´es a gala.
El._ Pasei pol-a túa porta,
abrin os ollos e vin
un letreiro que decia:
Eu para ti non nacín.
Ela._ Eu como sabía lér
quitei un, e puxen outro:
si tú non es para min,
eu non son pra ti tampouco.
FIN
Queda la moza vencedora, ou por encima, como dicen nuestras célebres montañesas, pero si él no es lerdo, se retira del torneo diciendo:
¡Ida, de fume
e volta no aire!
Delor de barriga
que nunca ch´amaine.
Ningún comentario:
Publicar un comentario