Dende a Costa das Pegas.
Labrada vista desde o Curreiño. Vemos o Pazo, Carozo, O Vilar de Labrada, a Igrexa, os Currás, Barral e Toxoso. Foto de mediados dos anos 90.
Vistas da Pena Contreira. Lado leste.
Labrada, o fondo, dende as Ventás do Cal. Ano 2011.
Antiga planta da luz da Cabeira. Fotos de Febreiro do 2014.
A Ponte Labrada.
Antigo porto da Ponte Carozo.
Camiño que vai a Escoirido.
Temos por costume chamar barrio do Outeiro as casas situadas ao redor da capela do S. Antoño; non obstante a antiga capela estaba situado no barrio do Outeiro, como xa dixemos no barrio en onde vive hoxe Benjamín. Pero cabe lembrar que hai outros barrios, entre eles Paridoiro, O Calvo, Pedras Brancas, Costa da Laxe, Porto Vello, Sisalde, cas Xil, Pardela, Lestide, Corrubedo.
Como así o explican os escritos da época, decidiuse facer unha nova capela nun lugar amplo. Decidíronse facela onde hoxe está situada, e xa fan mención da existencia dos carballos que tanto abrigo lle fan do vendaval.
Foto sacada dende Carozo onde se ve a dereita o Chao do Outeiro, Igrexa, os Curras, Barral e Cabeira os montes da esquerda son Chao da Fouce e Pena Contreira.
A casa do cura, a igrexa e o cemiterio en primeiro plano, parte do Vilar de Labrada, as terras da Capilla e Carozo, o fondo a Pasadiña e o Pazo.
Barrio do Barral. Foto de principios do século XXI.
Dende os curros das Cabadas vese a Cabeira de arriba en primeiro plano,o
fondo a Lamacide, Ratoeira, a Cabalar e as Costas do Sol con neve.
Parte de Labrada. Desde Pena redonda o Barrio do Xuadento e Costa das Pegas. A esquerda o Campo dos Novos e Cordal.
Foto sacada desde o lugar chamado "Fonte Sagrada". Carozo, O Pazo e parte do Cordal son os barrios que se poden ver.
Foto sacada dende o Barral. A dereita a Albariña e a Moa. A esquerda pódese distinguir o vilar de Romariz, e no medio o val do río Labrada.
Dende Pena Miúda vese a parte Oeste de Labrada. No fondo pódese ver o Chao da Laguna, o Chao da Fouce, Pena Contreira, o Pedrouzo e os límites coa parroquia de Samarugo. Labrada ofrecendo o seu corpo para que a neve repouse a súa virxinidade.
Labrada. 25 de setembro do 2015.
A Boca de Amosa desde a ladeira da Neveira. O fondo, O Xistral. 2015.
A Arca, barrio de Montouto, desde a Neveira. Tamén o pastizal de Cute.
Barrio de Xanaz en Tibián. O fondo o monte de Toxoso. Febreiro de 2016.
21 de xuño do 2016, Desde o Sisto vendo a posta do sol detrás do Fiouco. A Pena Contreira sobresae na foto no centro-esquerda.
Xaneiro do 2017.
Dende o Aguillón, vista parcial de Labrada, cara o oeste os montes chamados: o Monte Mouro, Neveira, Cadeira, o Fiouco. 31 de marzo do 2018.
Labrada dende o Coto Vello.
O Coto Vello está situado a esquerda da estrada que une Labrada coa veciña parroquia do Cadramón, arriba do barrio de Currovedo. Dende onde se pode ollar unha extensa e fermosa panorámica de Labrada. Imos facelo nas fotos que a continuación se expoñen:
O Barrio de Currovedo e o Coto Vello.
O barrio das Tarandeiras e mais a esquerda Lestide. Febreiro 2016.
Labrada cara o leste. Pena Cafuma, Chao do Aguillón, Catadoiro ... Febreiro 2016.
Labrada cara o sur. O fondo Cordal de Neda e máis a dereita Toxoso. Febreiro 2016.
Labrada cara o oeste. A Neveira, Caranco e o Fiouco. Febreiro 2016.
O Alto do Fiouco, Marzán e na parte de baixo, o Porto do Barro. febreiro 2016.
A Neveira nevada, o Fiouco, Marzán. A dereita, montes de Montouto. Febreiro 2016.
Labrada cara o Norte. Os tres cotos das relativamente mal chamadas Costas do Sol. Comenzando pola esquerda o coto das Costas do Sol, no medio o chamado Espita Vella e a dereita o Coto do Cadramón, Febreiro 2016.
As Costas do Sol e Testelo. Febreiro 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario