luns, 1 de febreiro de 2016

Labradeses no alén.

   Cando alguén decideu deixar atras a casa que o acolleu cando naceu, e en cada paso que dá, afastándose das bágoas e pranto de seus pais; deixaba seguridade, e en moitos casos fame. Tamén deixaba mozas ou mozos, home ou muller e fillos, nados ou non. Ilusións, amizades, amenceres coñecidos e atardeceres para a mocidade. Ese día, como outro día calquera,  tamén camiñaba pola corredoira, pero o outro día ían, quizais, para o muiño; hoxe van para un mundo descoñecido.
   Mundo, lingua e xente descoñecidos, e case sempre co pensamento e certeza de que nunca máis tornarían a súa casa. Nese día comenzaba o despoboamento da nosa aldea, Labrada.    A emigración en Labrada non é só do segundo lustro do século XX. Suponse que no século XIX, fuxindo da fame, veciños nosos tiveron que partir camiño "das americas", os destinos eran maioritariamente Cuba e Bos Aires. Aquí ímos poñer cara as persoas que emigraron de Labrada, agradecemos os veciños, familiares e amigos que voluntariamente cederon os retratos. Anímo os que ainda recelan, que se animen a compartir con nós.

                        Foto de Cándido Cordal, sacada na Habana. De ahí a casa do "Habanero".
 
 
                                           Cándido Vivero en Buenos Aires. 
 
                                  Leonardo Fernández Cabado en Bos Aires.

    Foto-postal remitida por María Carracedo para a Antoña da casa das Pícaras do Cordal.


             Domingo Cortiñas Solmo. Buenos Aires. 1912


            Filomena Solmo. 1914


    Filomena e Rosa, 1914. tias maternas do Jesús de Paridoiro.













A familia Pico, foi unha familia que emigrou por completo a Arxentina. Vivían de caseiros preto da Besta, no lugar chamado hoxe "Aira Bella" nunha propiedade de uns señores de Castro de Rei, tamén dos citados señores era o lugar donde viveu Carlos Cortiñas (casa do Benjamín) no barrio do Outeiro. Ambos lugares foron comprados polo Cortiñas xa que o fillo de Carlos, Francisco foi apoderado en Cuba do Banco de España.

                            Camilo Cuba en Bos Aires.
 
                                    Antonio Román Camba. Emigrado á Arxentina.
 
 
Foto do 20 de maoi de 1953. Manuel de Enrique en Buenos Aires.


        Carta do Manuel do Enrique para Jesús da Angelita.

                                                                        XUSTA
 Justa González Cortiñas, arribou a Arxentina o 5 de abril do 1938. Fixo a travesía a bordo do Monte Pascoal. Formou familia na Arxentina, nunca volveu a terra.

                                                                         EFRÉN
 

O Efrén, coñecido con ese nome entre as xentes de Labrada, pero o nome del é José Mª Cortiñas González e de profesión mecánico, fillo da Antoña González e de Santiago Cortiñas. Nace o 21 de Marzo do 1927, emigrou o Brasil onde arriba o 15 de novembro do ano 1952, zarpou de Vigo no buque Juan de Garay. Non volveu á súa terra.

                                                                  ORTENSIA
Ortensia do Fondo da Vila. De nome Evencia e de profesión modista, filla de Emiliano e de MªCarmen Alicia, saleu do porto de Vigo embarcando no buque Yapeyú, e arribou a Arxentina o 29 de setembro do 1958. Formou familia, casou con Manuel Rios e regresou a terra.

    Certificación do Consulado Español na Habana.

 
           Foto de Xaneiro do 1962. Ricardo das Viveiras e a María do Ferreiro en Bos Aires.

 

             Antoña do Ferreiro, a súa filla Beatriz e o seu xenro Enrique, en Venezuela. 

 
Foto do 1962. O Antoño do Adriano acompañado do seu fillo Lino e a sua dona Brígida. Como moitas parellas nos seus inicios, emigraron. Mondoñedo, A Coruña, Pamplona foron os sitios en onde viviron. 

           A Beatriz do Ferreiro.


Foto do día 3 do Nadal do 1995. A Brígida, casou co Antoño de Adriano. Viviron en Mondoñedo, A Coruña e Pamplona, onde se estableceron definitivamente e deixaron descendencia, o seu fillo Lino.

 
Beatriz e a Margarita dos Currás. Foto de 1963. 

Antoño do Adriano, o Lino e Fructuoso.

Foto sacada en Pamplona no ano 1966. Da dereita cara a esquerda: Servando do Fondo da Vila, Armando do Chao do Covo, Fructuoso do Fondo da Vila e Luis de Arzúa.

 Foto na aire do Ferreiro. Empezando pola esquerda: Oscar Cortiñas, Hermelina Rouco, Brígida Rouco con Mónica, súa neta, no colo; Mª Jesús Pérez, Antonio Cortiñas con Raquel, súa neta, no colo e Margarita Rouco. Antoño e Brígida ficaron en Pamplona xunto co seu fillo Lino.

 Foto sacada en Pamplona o 17 de outubro do 1971. O día da boda de Felicia Cuba, de casa Juanito dos Currás. A esquerda Gonzalo Cuba González, á súa esquerda a súa dona Celia Rouco Román. E a dereita Emilia Rouco Román.

 
Postal enviada por Emilia Rouco desde Zaragoza. Muller emigrada a Zaragoza e posteriormente viveu e traballou en Pamplona, ata o seu regreso para Labrada.

Xente do barrio do Outeiro e Casa Vella, emigrada a Vizkaia na década dos anos 60. Foto sacada posiblemente en Santurce o 5 de xuño do 1966, dia da primeira comunión de Ana. Comenzando pola esquerda: os matrimonios formados por Pepe das Lucas e Celia; Jesús do José Mª coa Aida e os dous fillos, Emilio e Ana; a dereita de todo a Vita e o Narciso.

 
Labrada sufreu varias formas de emigración, unhas máis severas que outras. A de comenzo de Siglo XX, a Cuba; e da década dos 50, 60 e 70 foron por mor da moita necesidade. Se emigrar é marcharse do sitio en ónde naciche, na foto do pé vemos distintas maneiras dela, xentes emigrada en distintas épocas. O Jesús, o fondo, emigrou do Cadramón para Bilbao e despois a Madrid na década dos 60 e o casar con Olguita, a dereita, ésta tamén emigrou. Oscar tamén se foi a traballar a Chavín e casou para Masma con Olga. Maite, filla da emigración, nada na Coruña pero con fondo arraigo en Labrada, emigrou a traballar a Francia. Outras dúas fillas da emigración son Mª Luz e Verónica. A primeira, filla de Jesús e Olguita, nada en Madrid e, casa con Ismael, éste tamén fillo de emigrantes castelans manchegos. Verónica, nada en Pamplona e filla de Fructuoso e de Ermitas, retornan para Vilalba, por tanto éla emigra; e casa con Amandino. 

 O Sr Aparicio. Veciño de Labrada que inmigrou para a nosa terra. Home nado en Portugal, en Viana do Castelo en 1903.  Na década dos anos 30 veu traballar de canteiro e quedou a vivir en Labrada no barrio do Cordal, conoceu a súa muller Evilasia e casaron; froito do matrimonio naceu a Modesta. Foron moitas as cociñas económicas feitas polas súas mans. Foi un dos bos albañiles que había na parroquia.

   09/12/1965. El Progreso.
   "De forma repentina ha fallecido en Madrid donde se encontraba accidentalmente residiendo doña Pilar Campos Gil, cuyo cadáver fué transladado a su parroquia natal de Labrada (Abadín), a donde acudieron numerosas personas de esta ciudad a sus funerales y conducción, uniéndose a sus innumerables convecinos que la acompañaron a su última morada, en prueba del aprecio por ella sentido.
   A sus hermanos y demás familiares, y especialmente a su hija Maria Teresa, nuestro más sentido pésame".