mércores, 6 de xaneiro de 2016

San Pedro e Carmio.



Foto dunha procesión do San Pedro nos anos da post-guerra. Significativa expresión do que significaba unha festa: fervor nacional e relixioso.


    Foto da procesión de día de San Pedro, derradeiros anos da décado dos cincuenta.

Foto sacada no adro de Labrada, dia de San Pedro. Colixo que é o dia da festa pola indumentaria dos neniños; e tamén polas cestas, cheas de viandas, pousadas enriba do valado; o redor de 1960.

As dúas fotos anteriores foron feitas o día de San Pedro, descoñecemos o ano, pero son de antes do 1957. No foto de arriba, temos un bo reflexo da meneira en que se vivían as festas no ámbito cristiano. Na foto de baixo aparecen, da esquerda cara a dereita: Genara Rivas, Domingo Díaz e Carmen Requeijo.

 Foto de mediados da década dos 60. A Margarita do Ferreiro, a Quiteria ...

Empezando pola esquerda, a Ermitas da Poza, a Josefa do Pablo; A América do Pazo, Fidencia, Efigenia e María do Mariano, levando a Santa.

A Aída, Irene do Marelo, Esther do Fondo da Vila, Genara do Veiguello. E o lado o Inocencio de Camba.


Foto da década dos 60. Procesión do San Pedro por súa igrexa. Comenzando pola dereita levando as andas: Erundina de Viveiro, Angelina do Román, a da parte traseira e descoñecida e a outra é a Articiana das Carminas; detrás a Egidia de Verdes, o Manolo de Camba e o Rafael de Verdes.

                      A da esquerda é a Camila e a da dereita a Ermitas da Poza.
 
O de diante da dereita é o Policarpo do Fondo da Vila, o seu lado, José Antoño do Acacio.

    Nas aldeas as festas patronais son un momento de unión entre a xente do lugar, son días en que, durante uns días antes, a xente dedicase a limpeza das casas pa recibir os invitados, días de moito traballo e sobre todo pas mulleres de cada casa. 
   As festas son momentos de encontros entre xente que se ven de cando en vez, días de invitados, de familia que ven dende outros lugares, días de estrear roupa e pelo ben cortado.
 
Foto do ano 1962 sacada no adro. Cremos recoñecer a Luz do Habanero e ao seu lado dereito á súa filla Isabel e á esquerda dela á Hilda; á Egídea de Verdes e a súa esquerda a Restituta; Germán da Angelita, Josefa do Feliso con traxe branco, Carmen do Pazo con chaqueta escura ... Se algunha das xentiñas que visitan estas páxinas recoñecen a alguén, por favor, que nolo faga saber.

 O Luis do Veiguello, Carlos de Santiago, Angeles de Camba, Mª Carmen de García, Policarpo, Margarita dos Currás, Manolo de Camba, Rafael de Verdes, Alfredo e Pepe de García ...



















Levan as andas, na foto de arriba o Policarpo e detrás o Manolo de Camba, diante o Rafael de Verdes e o Alfredo. Na seguinte, a Margarita dos Currás e a de Carozo e a Amelia. Acompañando van a Anita do Coto, Mª Carmen e Pepe de García, D. Avelino. Na foto tamén podemos ver a María do Bráis, Crescencio, Edelmiro da Capeleira, Hilda, o Román do Cordal, Manuel do Chao do Outeiro, Isidoro, Jesús do Xeada, entre outros; vendo pasar o procesión.


Estas fotos foron sacadas o día 29-06-70. Por aquelas datas a festa facíase no dia do Patrón, o 29 de Xuño. Podemos ver na procesión a Antoña do Cándido, a Mª Fe, o Plácido do Sota, José María de García, Eulogio do Castiñeira, Dña Pilar, o Movilio do Román, a Margarita, o Serafín e o Xesús do Anxel, o Alfredo, O Lagares,. E o lado do Lagares o José Luís de Carozo.A nena da foto de arriba, que está a dereita é a Amandina do Cándia.

O José Mª de García leva a cruz, da esquerda a dereita: Leandro de Balseiro, Alfredo, Isidoro dos Currás, Restituta ... Foto dos primeiros anos da década dos 60.

A esquerda o Carlos de Santiago, Pepe de García, diante a Maruja do Pazo, a Margarita, Mª Carmen de García, Restituta, Paco da Carmela ..

Foto de final da década dos 50, coñecemos o Policarpo e Servando do Fondo da Vila, a dereita, o Hector, ...

Foto de día de San Pedro do ano 1967, celebración da primeira comunión de Isabel do Habanero, Hilda do Villagal e Cristina de Carreiras. Detrás delas a mestra da escola de Caroz, Pilar Paredes Villamarín.



Foto de Xuño de 1971. O fondo o pórtigo e os músicos montando os instrumentos. Os nenos son: quen aquí suscribe, Milagros de Dionisio e seu irmao Jesús.



 
A esquerda de todo o Cura Lagares, Jesús do Fondo da Vila, José Luis de Carozo, Hipólito de Camba ...
 
As tres fotos anteriores son do mesmo dia de San Pedro, comenzos da década dos 70. Comenzando pola esquerda: Benilde Otero da Capeleira, Hipólito Román da Caveira, Eduviges Otero do Outeiro, Angeles Román da Caveira e a Iberica do Carballal. En crequenas: Jesús Cortiñas do Fondo da Vila e Angel Cuba do Catadoiro. 

Esperando para sacar na procesión á Virxen do Carmen e á San Pedro. Amelia e Benilde.

              Primeira comunión da Teresa do Valeriano e da Mª Josefa do Jesús do Ánxel. xullo
              Foto do 13 de xullo do 1969.

A mestra da escola de Carozo, Dña Pilar Paredes Villamarín, acompañando na procesión a Mª Cruz dos Currás. Detrás dos músicos está o Movílio do Román; tamén aparecen na foto, o lado dereito de Dña Pilar, as irmás Josefa e a Elvira. Eran do barrio da Lamacide. A Sra Josefa foi emigrada a Bos Aires e volveu para coidar a seus pais.
 



Fotos da orquestra "Los Mejoranos" en distintas etapas. Foi un grupo que orixinariamente era do Valadouro e que na década dos setenta e oitenta amenizou moitas das nosas festas.
 
     A coñecida orquestra Os Fragas. Entre os compoñentes está o noso veciño Toño da Poza.
 
Procesión de mediados da década dos 70, os rapaces que levan as andas son Angel do Catadoiro (bigote), Jorge do Carracedo e Pedro de Camba. Na foto tamén aparece o Albino do Fondo da Vila co seu fillo Oscar; Manolo do Veiguello, entre o Angel e o Jorge e o José Luis do Articiano entre o Jorge e o Pedro.
 

 
       Fotos do ano 1981, comezando pola esquerda: O Tino de Romariz, Toñito do Xeada, José Manuel do Viveiro; a Vera e a Fina, e no medio a Marita, as tres de Romariz. 
 
   Dia de San Pedro diante da Casa do Cura, ano 1981. Comezando pola esquerda: Javier Rodriguez, Manuel Rivas, José Guerra e José Manuel Vivero.
 
                                San Pedro 1983. (Fonte BNE. AHC).
 
 San Pedro do ano 1983, Comezando pola esquerda: José Ramón Vizoso (o Zocas), Jesús do Ánxel e Jesús do Fondo da Vila.
 
Rapaces de Romariz na misa do San Pedro de Labrada do ano 1983. Moncho da Amancia e Manolo do Casa Vella.

Ano 1987, a esquerda o Victor de Caboxo, no medio o José Manuel do Viveiro e a dereita o Toñito da Atalaia. Detrás do Victor o Carlos de Santiago.


Procesión do ano 1987. Detrás do sacristan, a dereita, a Ana do Carballal. A esquerda a Pilar dos Currás e a xente que ven detrás non a recoñecemos.
 

 
 Fotos  do ano 1987, procesión da festa do S. Pedro, cando fixeron a primeira comunión a Berta de Viveiro, José Manuel do Articiano, José Manuel do Dourino, Patricia do Pepe do Chiquito, a neta do Jesús do Choqueira, Amable de Carozo, e Luis da Cabeira. Nas fotos tamén aparecen a Sofía, Verónica, Policarpo, Xosé Antón, Albino ... entre outros.
 

San Pedro do ano 1987. Comenzando pola esquerda: Suso do Guizán, José Manuel do Viveiro, Mª Bel do Díaz. Manolo Novás, María Basanta, de A Coruña; Oscar do Ferreiro, Marita Novás e José Luis de Rouco. Debaixo: Mª Carmen do Guizán, a bebé é Fátima Guerra Basanta, Manolo do Veiguello e Manolo do Palomo. Foto sacada polo Pepe do Guerra.
 
Dia de San Pedro do ano 1990. A esquerda o Manolo do Curreiño, José Manuel do Viveiro, Manolo Regal e Oscar Cortiñas. Na parte de baixo José Luis Rouco e José Antoño (de primeira comunión) do Chao do Outeiro.

Ano 1990. Diante de todos o Sr Cura e o sacristan, Manolo Regal e Tatá. Detrás, sentados e comezando pola dereita: Juan do Requeixo, Eulogio do Pablo e Jesús do Arneiro. Os nenos sentados no muro son o Miguel do barrio Darriba (Romariz) e Suso do Pablo con cazadora branca. O señor da esquerda non sabemos quen é.

 
Misa do San Pedro do 1990. Manolo Regal rodeado polos nenos da primeira comunión: Toñiño, Iván e Rocio.
 
Na foto sen datar aparece o Tatá, a súa esquerda a Pilar do Campo dos Novos e a dereita con vestido floreado a Maruja do Pazo.

 
Procesión do ano 1990 e tamén primeira comunión do José Antoño do Chao do Outeiro e do Iván do Cordal. Os cativos e comezando pola esquerda: Fernando Balseiro de Romariz, Alberto do Cordal collido da man de súa avoa Divina de San Simón; José Antoño, Jesica do Xuadento, Ivan do Cordal e Amable Terrón. O cura é Xosé Antón Miguelez.

    Misa de San Pedro. 1992.

Ano 1992. O sacristan, Manuel Rivas, levando a Santa a Modesta do Aparicio, Esther Cortiñas ...


Ano 1992. Levando o Santo: Policarpo Cortiñas, José Luis Rouco, Jesús do Anxel e Hector do Pazo. Da dereita a esquerda da foto: Jorge do Carracedo, Luis do Rafael; entre eles a cabeza do Dario do Chendo. Entre o José Luis e o Hector o Dodolino do Carracedo. A dereita do Jesús do Anxel: Eusebia da Choqueira, María Benilde Gómez, Verónica e Rocio Díaz. a nena da esquerda é descoñecida.

    Procesión no día de San Pedro. Ano 1992.

 Ano 1992. Día de San Pedro, comezando pola esquerda: Ana do Pazo, Viveiro, Suso do Guizán, Oscar dos Currás, José Luis de Rouco e Verónica do Fondo da Vila. Diante o Rubén dos Currás e o Toño das Lucas.

Día de San Pedro, a esquerda o Luis do Veiguello, no medio o Edmundo do Fondo da Vila e a dereita o seu irmán Albino (Santiago).

Ano 1998. En primer termo a Elvira Rivas, Juancho dando a comunión a Serafín Rouco, de seguido: Albino e Oscar Cortiñas; Isidoro González e Jesús Cortiñas. Descoñecemos o señor que está o lado dereito do ombro do Albino.

 Foto sacada diante da porta grande da igrexa. As persoas que están mirando para o fotógrafo son, e comezando pola esquerda: Albino e Policarpo Cortiñas, Jesús do Ánxel, Efigenia co seu neto. Detrás a esquerda da porta, Geber (Casa de Balseiro).

Foto do ano 1999. José Antoño, Fructuosos, Dadolino, José do Viveiro, Policarpo, Albino, Jesús do Anxel e o seu neto Jesús, Antoño do granadero e un veciño da parroquia de Quende.

   Procesión do ano 1999.

   Ano 1999.

    Derradeiros anos da década dos 90.

    Ano 2004. Vista panorámica dende o adro novo.
  2015


 
Ollando cara o Xistral.
Pasaran moitos anos dende a última noite do festexo na honra do San Pedro, e que non fixera frío ou se botara a barruzar, os dous convidados que nunca se convidaban e que nunca faltaban. A noite era, xa de por si, festexeira, pero moito máis cando, chegando a media noite, ían chegando o adrio os veciños lucindo os seus convidados, engalanados cos seus mellores paxeles.

   A orquestra tocaba arreo melódicas pezas para que a xente se animara a comenzar o baile; sen embargo outros buscabamos amigable conversa e pequeniños intercambios culturais. O adrio transformábase a esas horas nun convite á amizade e o apego; de informes anuales e tamén de presentacións de caras novas. Caras que, como xa ocurrira antes, co paso do tempo, faranse familiar. No meu caso, sempre me gustaba dar un bon recevemento as xentes que nos viñan honrar coa súa presencia e que fan de Labrada o seu fogar por uns días.

   Aínda que xa nos saudáramos pola mañán, vin o Gildo e o seu cuñado Pepe que ollaban para as nenas da orquestra dende o mostrador da taberna e achegueime a eles. Saudámonos outra vez e demos comenzo á posta o día de todos os anos.

    Gildo casou con unha veciña nosa, Carmen da Cabeira, e viven fora da Galiza dende que lle deran a plaza fixa de médico. Ainda que naceu nun pequeno pobo de Cáceres, emigrou para Salamanca para estudar medicina, e aí foi en onde coñeceu a que hoxe é a súa muller. Teñen dúas fillas xa en idade de merecer, tanto que xa teñen mozos formalmente. Falábamos que puntualmente, ano tras ano, Ana e Carmen, as súas fillas,veñen a pasar as festas a Labrada e, tamén aigún que outro fin de semana, quédanse uns días na casa da avoa. Así o levan facendo preto de trinta anos. Falábame orgulloso das raices Labradesas das súas fillas.

   Pepe casou con unha Salmantina, Isabel, e tiveron dous fillos: Fernando e David, outros dous amigos e embaixadores de Labrada, que tamén cada finaes de xuño, acompañados polas súas mulleres e fillos, báñanse no barruzo labrades. Isabel, a muller de Pepe, unha muller plenamente castelan, cando veu a vivir a Galiza non aforrou en tenacidade para falar a nosa lingua nai, e untouse da terra.
   O outro punto son os veciños que se fixeron "castelans" vivindo na emigración e que voltan desmemoriados da lingua que falaban no colo dos seus avos, xentes, amigos, con quen xogamos de neno con unha pelota sin aire nos carriozos e que despois de un tempiño na capital, a falta de osíxeno, produce graves lapsus no coñecemento da aldea. O sorprendente é que cando saímos fora da nosa terra presumimos de morriña, ese sentimento que só os galegos entendemos. Presumimos de ter un profundo amor a terra... Para enchela de eucaliptus. Incluson presumimos de ter un par de zocas adornando as nosas casas. Pero a volta de un par de anos esqueceúsenos como se anciñaba e, esquecémonos tirar do teto para poder larpear un pouco de leite, esquecémonos do sabor da leite recén muxida. Ou pode que non se nos esquecese nada,  só que xa antes de ser emigrados, tiñamos vergoña de ser persoas.
   Pero, o fillo do meu amigo gústalle a leite
   -"recien ordeñada"
   Non me quero imaxinar se a proba
   -"recén muxida"

   ".......................................

    moitos falan o galego,

    con finura e porque é moda,

    mais pra falalo con xeito,

    hai que mamalo na escola.

    ........................................."

   Aínda recorda o Gildo cando veu por primeira vez sendo mozo da Carmen e coñeceu a Galiza profunda. Sen estradas que chegaran ás casas e luz que morria cando facía vendaval. Ou veráns estendendo, virando e apalleirando a herba; ou segando, atando, amedeirando e mallando centeo. Un de eses días estaban xantando o redor da mesa cando o Alfredo, sen decir palabra e de súbito, saleu correndo para o curral e detrás del todos. Xa fóra, empezaron a tirar terra cara a arriba e facer ruido con calquera lata que se encontrase a man. Gildo dende a cociña ollaba a toda unha familia posuída por on demo, que tiraba terra e berraba a un enxame que voaba por riba deles, alonxandose.

   Nese momento ausenteime mentalmente e púxenme a ollar cara o meu redor e a darme conta de cousas que pasaba por alto...

   A pesares de que era a festa do patrón dos labradeses, a metade da xente que alí estabamos non tiña a súa residencia na parroquia. De algún xeito eran emigrantes, tanto dá, na Suecia ou en Chantada; fillos ou netos. Labrada, traballada por uns poucos e recordada por uns moitos. Esa certeza faime reflexionar no lento e contínuo despoboamento da parroquia e tamén no seu abandono directamente proporcional ao seu despoboamento. As xentes que aquí decidimos envellecer non nos decatamos da responsabilidade adquirida e que nos obriga a facer a parroquia máis acolledora, e protexela da súa falta de uso. Os vellos camiños de antaño, gastados por zocas de homes e mulleres, por cabalos con viandas e carros cargados, que fan laiar os séus eixos, hoxe só son tumbas dos recordos cubertos por plasticos e silveiras. Hoxe só camiñan por eles as santas compañas sen ninguén que lles moleste e as augas invernais que ninguén aproveita para aboar os extinguidos prados da fouciña. As xentes xa non se xuntan para ir a malla do veciño, os homes xa non madrugan para gadañar nin van os carretos. As mulleres non van cardar, nin tampouco fiar. Onde vai o inculcado ao fume das lareiras?

  Espontaneamente, e cando xa se cumpríran varias cervexas, escoitouse que "o autobús con destino A Peroxa, vai a efectuar a súa saida".
   Aí mesmo e nese momento souben que mereciamos un baile. 



















    Carmio do 2015.
  A festa do Carmen, coñecida en Labrada polo "Carmio" é unha festa con moito arraigo na nosa parroquia. Nun principio eran as mulleres da parroquia as ramistas quen a organizaban. Co paso do tempo as cousas mudaron, e non sempre para ben. Sábese que antes os ramistas eran dous, ou dúas por cada barrio e cando había que pedir os cartos visitábase a todos os veciños para que deran os cartos que lle correspondía. A hora das cuotas as casas estaban clasificados en dúas categorías, de primeira, que eran os máis ricos e de segunda, que eran os outros. Lóxicamente os da primeira categoría tiñan a obriga moral de dar máis diñeiro, aínda que todos os veciños festexaban do mesmo xeito a hora de facer festa. Pasoú o tempo e decidiuse que era de xustiza unificar as cuotas, todas as casas daban a mesma cantidade, sempre houbo o veciño que daba menos do correspondido ou incluso nada, pero eso sí; a hora do baile estaba a altura dos outros veciños. Contra esta vergoñosa maneira de proceder, o que se propuxo foi facer unhas listas na que se aclaraban as contas e mostrando as cantidades que cada veciño deu. Estes tacaños veciños, antes de pasar a vergoña de ver o seu nome na lista dos tacaños, daban o que lles correspondía, pero aínda así, non todos. Os dous ramistas de cada barrio, a hora de organizar, xuntábanse, e despóis de contar as casas e descontar as qué estaban de luto, xa que estas estaban exentas de dar carto algún; aínda que se tiñan a vontade de dar a cuota ou outra cantidade, sempre eran benvídos. Os ramistas facían as contas e cada barrio xuntaba os cartos, se non xuntaba os que lle correspondía por casa, quen tiña que poñer o diñeiro que faltaba era responsabilidade dos ramistas. Ata que, grazas os ingresos da Comunidade de Montes, decidiuse facer as tres festas cos cartos que houbese nos fondos da comunidade.
   Os ramistas nomeábanse o día da festa para o vindeiro ano, e os escollidos eran os encargados de facer as festas para o ano seguinte, tamén é certo que había veciños que non querían ser. Este feito de non querer ser ramista estaba relacionado de un xeito directo coa vontade que tíñas de dar a cuota que che correspondía; se non dabas non che daban.
   Xa que o día da festividade da festa do Carmen é o día 16 de xullo, tense por costume facela noutras datas, pero sen unha data fixa. Faise así para que o San Pedro e o "Carmio" non se festexen nun prazo de quince días.
 

   Procesión do día da festa do Carmen. 9 de Agosto do ano 2015.

Foto da feta da Virxen do Carmen, 9 de agosto do 2015. A Maite, Oscar; eu o Manolo do Veiguello, Amparo, a Pura do Jesús do Veiguello, Damiana e metade do Cesar do Veiguello.

 
 Emiliano e o seu mellizo Miguel, abrazado polo Xesus Manuel, todos éles primos. A nena da dereita é a Nerea, filla do Emiliano.

Xesús Manuel e a súa familia na festa do Carmio do 2015 . Home nado en A Coruña e emigrado en Inglaterra, fillo do Policarpo do Fondo da Vila e da Emérita do Rego Cabado; formou a súa familia aló. Aquí aparece coa súa dona Amanda Synnott e as fillas Sofía e Leah,  froito do seu matrimonio.

    Ano 2018, 1 de xullo, foto dentro da igrexa.

   https://www.youtube.com/watch?v=Un2IMIpHsns

   Ano 2019.

 Sacando a procesión o 30 de xuño do 2019. Comezando por diante: Emiliano Cortiñas, Amable Terrón, Rubén Cortiñas, Angel do Tuxo, Mª Te do Cordal, Antoña Rouco, diante da santa Fernando Vidal, detrás del, súa curmán Vera, Mª Carmen de García, Senén Vivero, Oscar Cortiñas, Ana Fernández co seu fillo Alberto, e Carmen Fernandez.



    Vista panorámica do adro de Labrada o vintenove de xuño do 2019.

O da gorra é Argimiro do barrio dos Fornos de Fanoi, diante del o seu cuñado Adelino, diante do Adelino o seu neto Brais e o seu xenro José Manuel. A muller de diante é a Mª Carmen do barrio das Tarandeiras.







Moitos San Pedros acumulados  nestes catro veciños. Comezando pola esquerda: María Pita, María Herminia Fernández, Ricardo do Garipol e a súa dona Maria Gómez. Detrás da María está a Antoña do Pazo, Paquita (monxa), e a Delfina (da Xesta); a dereita detrás da María Gómez está María José, falando con seu pai Herminio, a dereita de todo, coa man no peto, Sinesio Cortiñas.
 
   Ano 2020. 
 

Fotos da misa do San Pedro do ano 2020 a 28 de xuño; festas, como calquera outra actividade, condicionadas pola epidemia do chamado Covid-19.


Ningún comentario:

Publicar un comentario