05/02/1889. El Magisterio gallego.
"Con arreglo a lo que dispone el artículo 64 del Reglamento aprobado por Real Orden de 7 de Diciembre último, han de proveerse por concurso único las Escuelas incompletas que resultan vacantes en las provincias que a continuación se expresan:
Lugo:...en Abadín con 125, Labrada".
05/05/1889. El Magisterio gallego.
"En virtud de propuesta unipersonal de esta Junta, el Ilmo. Sr. Rector de la Universidad de Santiago se ha servido nombrar Maestros propietarios a los sugetos que figuran en la siguiente relación.
Por tanto los Sres. Alcaldes
de los pueblos respectivos manifestarán a los interesados que remitan a
la Secretaría de esta Junta Provincial un timbre móvil de dos pesetas
para reintegrar los títulos administrativos;
en el bien entendido que los nombrados que hicieron constar haber hecho
el depósito para la obtención del título profesional no puedan tomar
posesión de su destino si no presentan antes dicho documento.
Cumplidos que sean los requisitos anteriores, las Juntas locales de primera enseñanza se servirán dar posesión a los interesados, a su presentación, que habrán de verificar dentro del término de 30 dias, a contar desde el siguiente al de la fecha del presente Boletín; debiendo extenderse a continuación del cúmplase puesto en el título la oportuna certificación de posesión, y remitirse luego
a esta Junta provincial dos copias literales de aquél y deligencias
sucesivas, una en papel de 10 céntimos de peseta y otra en el de 75.
Lugo. Abril 17 de 1889. El Gobernador Presidente, César Ordax Avecilla. Paulino Santos, Secretario.He aquí los Maestros y Maestras nombrados.
"... Con 125 pesetas: D. Antonio Paz Morado, C. para Labrada en Abadín".
24/01/1913. El Progreso.
"... El de Abadín abre concurso para alquilar una casa para la escuela de Labrada".
06/02/1918. El Norte de Galicia."Para su entrega a Dñª Luisa González López, maestra propietaria de la Escuela de Labrada, se envió al alcalde de Abadín, el título profesional de aquella".
17/03/1925. El Ideal gallego.
"Por Real Orden del Ministerio de Instruccion pública se cran en firme las siguientes escuelas nacionales para Galicia:
Provincia de Lugo: Quende y Labrada (Barral), ambas en Abadín".
02/04/1925. El Compostelano.
"La Sección Administrativa de la provincia de Lugo nombró maestros interinos de Labrada, en Abadín, a D. Juan Antonio Fernández del Campo; ...".
O devezo de unirme o pasado non experimentado, ese pasado disfrutado pero non vivido, lévame a fermosa tarefa de comenzar unha andaina que me leve o punto de retroceso máis lonxano posíbel. Para poder chegar, un ten que apoiarse no saber popular, no de cada veciño que veña de máis lonxe no tempo e tamén, nos organismos que, de xeito calado fan camiños para chegar a lugares e tempos remotos non pisados desde o seu presente:
Un deses organismos é o Consello da Cultura Galega, que a través do Arquivo da EmigraciónGalega fan un traballo de "rescatar e valorar a memoria e os testemuños da acción solidaria e altruista dos nosos emigrantes". Como a continuación veremos os emigrantes de Labrada tamén participaron na mellora das condicións de vida, non só a nivel familiar, senon tamén a nivel colectivo e veciñal xa que contribuíron a construción das nosas escolas a traves das asociación, tanto parroquiales ou municipales que se crearon na emigración; principalmente en Buenos Aires, Montevideo e a Habana.Os fillos de Labrada emigrados a Habana participaron na creación e fundación da asociación "Hijos del Ayuntamiento de Abadín, Sociedad de Instrucción y Beneficencia".
"Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais do concello de
Abadín (Lugo) residentes na capital cubana. O 23 de outubro de 1921 un
grupo destes veciños mantiveron unha reunión na casa de Bernardo Aguiar,
un dos promotores da idea, e quedou nomeada a comisión organizadora
para a creación desta nova entidade.
No momento da súa fundación tiñan previsto denominala Hijos de
Abeledo, Corvite, Baroncelle y sus comarcas, por pertenceren ás ditas
parroquias a maior parte dos socios fundadores. Finalmente chamouse
Hijos del Ayuntamiento de Abadín.
A primeira directiva da sociedade estaba integrada por Perfecto
López Vidal, como presidente; José Díaz Pardiño, vicepresidente;
Saturnino Regueira y Oseira, secretario. Como delegados das parroquias
do concello estaban Jesús Ferreiro Díaz por Labrada, Manuel Leal Otero
por Romariz, Antonio Díaz Pardiño por Fanoi, Magín Castiñeira Oseira por
Abadín, José Cabado González polas Goás, Perfecto López Vidal por
Candia, Bernardo Aguiar por Aldixe, Generoso Anido por Abeledo, José Val
por Corvite, Aparicio Portela por Baroncelle, Generoso Hermida por
Moncelos, Ramón Fraga por Castromaior e José Portela pola Graña de
Vilarente.
A súa finalidade era construír escolas na súa terra natal, atendendo
primeiro ás parroquias máis abandonadas e necesitadas como Candia e As
Goás. Tamén consideran nos seus estatutos obxectivos benéficos e
recreativos: fomentar e estreitar a amizade entre todas as persoas
asociadas e prestarlles auxilios morais e materiais aos socios
necesitados.
En 1932 inauguraron no cemiterio Colón da Habana un panteón social, onde son soterrados os socios.
Nos anos 40 pasou a ser unha sociedade recreativa e benéfica".
(Fonte: Arquivo da Emigración Galega).
Xunta directiva da sociedade habaneira Hijos del Ayuntamiento de Abadín (anos 40)
Imaxe: Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega.
Entrega oficial do panteón social de Hijos del Ayuntamiento de Abadín no cemiterio Colón da Habana (xuño 1945)
Imaxe: Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega.
Festa social de Hijos del Ayuntamiento de Abadín (Anos 40)
Imaxe: Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega
No concello de Abadín temos tres escolas relacionadas com este organismo: Casa-escola de Romariz, Casa-escola de Labrada de Arriba e Casa-escola de Carozo.
O delegado da parroquia de Labrada, Jesús Ferreiro Diaz, era veciño do barrio da Atalaia, tio do Antoño do Granadero. Jesús foi un home traballador, como que case todo galego emigrado, en Cuba consigueu ter un bo nivel de vida ata a chegada o poder de Fidel Castro; neses momentos quedouse sen nada, e fuxiu para Florida reclamado por unha filla que resedia en Miami. Voltou a Labrada para facer algunha visita a súa xente. Morreu en Miami.
A escola de Carozo.
O
primeiro documento do que se ten constancia e que fai referencia a casa-escola de Carozo ten data do 4 de marzo do 1923, data na que se
formaliza o contrato de compra-venta entre o vendedor, Jesús Vidal y
Vidal e os 48 socios compradores.
Di o
documento que a propiedade donde está situada a casa foi comprada por
Jesús Vidal y Vidal os herdeiros de D. Antonio López Verdeal, natural de
Mondoñedo. A casa, coas paredes en ruinas e sen teito; e tamén os ocos
do redor, véndea Jesús Vidal y Vidal pola cantidade de 500 pesetas aos
48 socios seguintes:
Andrés Carreiras Seoane Manuel Rivas Blanco
Carlos Rouco Graña Cándido Vivero López
Luis Rouco Graña Juan Cuba Expósito
José Rouco Francos Carmen Rouco Francos
Josefa Puente Lindín Manuel Cortiñas Rouco
Ramón Vidal y Vidal Eleuterio Garcia Vidal
Antonio Carballeira Fernández Manuel Diaz Berdes
José Mª González Fernandez Cándido Coira Prieto
Pedro Camba Vizoso José Román Rouco
Francisco Cordal Cabaneiro Benito Vázquez Candia
Jesús Carracedo Rojo Pedro Pita Sanjurjo
Carlos Garcia Otero Luis Otero Cordal
Antonio Ferreiro Funcasta Vicente Vizoso Vidal
Jesús Coira Díaz Jesús Otero Otero
Felisa anello González José Ares Alonso
Vicente Requeijo y Requeijo Antonio Coira Díaz
Mª Josefa Coira Díaz Jesús Requeijo y Requeijo
Antonio Geada González Juan Carreiras García
Dolores Prieto Carreiras Dorinda Román González
Carlos López Román Juan Prieto Carreiras
Manuel Vivero López Antonio Camba Vidal
Antonio Corral Requeijo María Cordal Cabaneiro
Manuel Román González Antonia(o) Díaz Sánchez
Vicente Fernández Seijas María Prieto Rodríguez
Aparte a aportación dos socios compradores, como xa ocurrira tamén co cemiterio, a xente emigrada tamén fixo aportacións para a construcción e acondicionamento da casa. Neste caso as aportacións viñeron da Habana como reflexa o documento de data 20 de setembro do 1922. As persoas que aparecen no documento son as seguintes:
- Ignocencio Román. Posiblemente Inocencio Román Rouco, nacido no barrio do Chao do Outeiro.
- Jesús Ferreiro. Posiblemente do Ferreiro procedentes de Samarugo que casaron na Atalaia.
- José Fernández
- Marcelino Coira.
A día de hoxe a escola de Carozo posúe tres documentos, dous que fan referencia a súa compra, e outro que fai referencia as condicións da cesión da escola ao Concello para uso e mantemento a cargo del.
A continuación podemos ver o documento de compra e listado de socios:
A continuación refléxase o documento da cesión ao Concello con data 8 de xullo do 1927.
Como no documento arriba exposta queda reflexado, os primeiros pasos para a construcción da escola foi nos anos 1922-23. E como se reflexa na foto de abaixo, no lintel da porta de entrada hai unha inscripción con data 1796. A facil conclusión é que a data reflexada no lintel nada ten que ver coa escola, aparte, o tal "Juan Ant de Requeixo" era cura na nosa parroquia por esas datas. Aparte, non era costume que unha vivenda tivera unha porta tan ancha como a que hoxe figura na entrada. Chegado a este punto á conclusión que eu chego e a seguinte:
A pedra do lintel veu para a porta desde a igrexa ou xa estaba na casa antiga; cousa pouco probable.
E ... por qué ese lintel non é do campanario vello, 1861, ou, ... da antiga capela de Santo Domingo y Vera-Cruz?
11/10/1921. El Regional.
"La Dirección general, declaró incursos en el articulo 171 de la Ley de 9 de Septiembre de 1857 por abandono de destino, a Dñª Concepción Castro Iglesias, de Labrada".
14/03/1925. El Regional."Con caracter definitivo han sido creadas en esta provincia las escuelas nacionales de Quende y Labrada (Barral), en el municipio de abadín".
25/11/1926. El Noticiero Gallego.
"Escuela mixta, vacante; Labrada, de 1293 habitantes. Ayuntamiento de Abadín".
25/02/1927. El Noticiero Gallego.
"Escuelas reservadas a opositores y opositoras.
... Labrada Barral, Abadín. 546 habitantes".
18/06/1929. El Noticiero Gallego.
"Escuela Mixta, vacante; Labrada, de 546 habitantes. Ayuntamiento de Abadín".
(Dedúcese que entre o 1926 e o 1927, puxéronse en funcionamento as dúas escolas).
18/05/1935. El Noticiero Gallego.
"Escuela mixta vacante; Labrada, de 546 habitantes".
Inscrición no lintel da porta de entrada da Casa - Escola de Carozo en donde se pode ler ...
"A EXPENSAS DE D. JUAN ANT DE REQUEYXO
AÑO DE 1796"
Abandono da Casa-escola de Carozo no ano 2015.
Doña Nela (Manuela). Mestra da escola de Carozo nos primeiros anos da década dos 40.
Mª del Pilar Paredes Villamarín. Última mestra da escola rural de Carozo, pechada no ano 1971.
Montserrat, mestra que puxo escola en Carozo. Compañeira de Pilar Paredes Villamaín, mestra titular na década 60 e comenzos dos 70, ata que se concentraron as escolas rurais no colexio en Abadín.
Escola do Campo dos Novos.
Foto do Pedro de Carreiras, mestre por un tempo da escola do Campo dos Novos
Ainda que a escola figura na relación do Consello de Cultura, na sección de As escolas da Emigración, o veciño do Outeiro, José de Paridoiro, afirma que a escola foi edificada grazas as cotas aportadas polos socios que de seguido mostramos:
Descoñezo se ha escola citada posúe algún outro documento.
Aquí quero agradecer ao Jose de Paridoiro e á súa familia a amabilidade e interés mostrado.
Ano 1952/53.
Dñª
Iluminada López Guerrero foi unha xoven mestra, filla do secredario que
por eses anos desempeñaba ese cargo no noso concello, que exerceu a
docencia nas parroquias de Montouto e Labrada. Eran anos de dificultades
laborais e sociais, e a ela tocoullas vivir, acaso dobremente,
enseñando os nenos de Montouto e Labrada. En Montouto poñía escola na
Vacariza, en sustitución de Dñª Pura, e durmia no Rego Cavado na casa
dos Minguiños. En Labrada púxoa na escola do Campo dos Novos e paraba na
casa do Sende.
Os destinos no traballo de seu pai levouna a percorrer diversos sitios
no territorio nacional; tanto camiño percorrido que a retornaron de novo
as nosas parroquias visitando os lugares e amigos que o xuventude
conoceu sendo rapariga e agora tornou para encontrase con esas amizades e
lugares. Amigos de Montouto como a María e o Elias do Carboeiro ou a
Emerita da Vacariza. En Labrada por desgraza, algún deses amigos xa
faleceron, pero ainda hoxe, a lúcida memoria de Iluminada, recorda o
neno Monsito, o cura D. Andrés, a Fidencia do Fondo da Vila e sobre todo
o Celso e a Arsilia, con quen viviu mentres puxo escola. Hoxe, no mes
do nadal do 2017, tiven a posibilidade de coñecela e escoitar os
fermosos recordos que compartiu conmigo.
E
de salientar que no ano 2015, aproveitando unha das visitas que nos
fixo, ao ver o destragadas que estabán as carreteiras de acceso a
Montouto fixo unha serie de escritos remitidos aos organismos
responsábeis denunciando o lamentable estado dos accesos a nosa
parroquia: o Sr alcalde do noso Concello; a Ana Pastor, ministra de
Fomento e a Deputación Provincial de Lugo.
O saber non ocupa lugar .... sempre foi unha necesidade aprender e un
privilexio que nos ensinasen e máis nos tempos pasados, por entón era
un privilexio saber ler e escribir, privilexio que estaba o alcance de
moi poucos. Os poucos que sabían tamén tiñan a posibilidade de ensinar a
quen podía e quería aprender; este feito dáballes os novos mestres
certo status dentro da parroquia.
As escolas nas aldeas eran
casas-escolas con vivenda no propio edifício, feitas polas aportacións feitas polos veciños e en algunhos casos por aportacións que chegaban desde a emigración, ben individualmente ou a través de colectivos e asociacións. En Labrada tiñamos dúas Casa - Escolas; a do Campo dos Novos e a de
Carozo e en cada unha delas o seu mestre ou mestra.
Foto do 27 de xulio do 1966. A mestra da esquerda e Dñª Pilar Paredes Villamarín; a rapaza que está a dereita da mestra con gafas é a Mª Carmen de Garcia. Diante dela a Isabel do Habanero e a dereita de esta a Cristina de Carreiras. A dereita na fila de baixo e de xeonllos a Hilda do Villagal. A terceira, comenzando pola dereita, na fila de baixo, con un lazo no pelo é a Mª Carmen do Guizán de Gontán.
Agosto do 1965. Excursión con rapazas de Labrada.
Fotos en Foz, na praia da Rapadoira, agosto do ano 1965. Nenas das parroquias de Labrada e Romariz coas mestras das escolas de ambas parroquias; Dña Pilar e Dña Isabel.
Excursión a Luarca con data 9 de Xulio de 1969, dos alumnos da escola de Carozo e do Campo dos
Novos e tamén da escola de Romariz xa que na foto aparece Dña Isabel, mestra da citada escola. Aparecen entre outros tamén na foto: a
catequista Margarita do ferreiro, Crescencio, José do Valentín dos
agustís, Fernando de paridoiro, Restituta e Telvina, catequistas; a
mestra Dñª Pilar Paredes, Angeles de camba e Mª Carmén de García. Máis
atrás Mª Sol do choqueira e Anita do Coto.
O mesmo día a hora do xantar. No medio da merenda o Xosé Antoíño do
granadero, a esquerda o Hipólito de Camba, a Amandina do Candia, a
Ángeles de Camba, a Mª Sol do Choqueira, a Anita do Coto, a Martina e o
Ricardo da Elpidia, é o Jorge do Perrote, a última é a
Analita do Granadero.
Nesta foto podemos ver a moita mocidade, recoñecidos: Margarita, Etelvina, Restitut, ...
Pode que esta foto fora sacada na mesma data, os vestidos das
catequistas coinciden coas outras fotos. De esquerda a dereita: Hilda
do Villagal, Henar do Aparicio, Restituta de Balseiro, Lino da Valiña, Etelvina do Coto e Margarita do Ferreiro.
Foto de xuño do 1967.
A mestra organizara unha excursión a
Veiga Maxide; reflexo dese día é
esta foto na que aparecen empezando pola fila de enriba e da esquerda a
dereita: o Dario do Chendo, Hipólito, Mario da
Valiña, José Luis de Carozo, Idolino do Xeada, Angel do Catadoiro, Paco
da
Carmela; na fila do medio e tamén empezando pola esquerda: Alfonso da
Carmela, Jorge do Perrote, Delfino do Baroncelle, Ricardo da Elpidea e
José Antoño do Granadero; na fila de baixo: Jorge do Carracedo, Toñito
da Atalaia,
Carlos do Chendo, Suso do Coto, Manolo da Poza; Elias e Angel do
Granadero.
Foto sacada na aira do Anxel en xuño do 1967. Nela aparecen cativos da escola de Carozo. Imos intentar poñer nomes dun xeito ordenado a todos eles; e comenzando por detrás e pola esquera: Ana Carracedo, do Coto; Genoveba de Carozo, Persida Corral do Cordal; Genma do Valeriano; Mª Carmen Vidal da Caveira; Oliva de Carozo; diante dela Angeles de Camba; Angel do Catadoiro; Hipólito de Camba; Dario Castiñeira do Chao do Outeiro; José Luis Rouco de Carozo; Mario Carracedo da Valiña; Elvira Rivas e Francisco López de Carozo. Volvendo a esquerda: Ibérica Castiñeira do Chao do Outeiro; Martina da Elpidia do Cordal; Amelia do Viveiro; Ricardo da Elpidia do Cordal; Jorge do Carracedo e Idolino do Xeada. Volvemos a esquerda e temos: o Toñito da Atalaia; Mª Sol do Choqueira(lazo no pelo); Amelia de Carozo;Analita do Granadero; Delfino do Cordal; Hilda do Villagal abrazando a Herminda; Jorge do Perrote; Alfonso López de Carozo; Angel do Granadero; Jesús Carracedo do Coto; José Antoño do Granadero; .... Comenzando outra vez pola esquerda: Amandina do Candia; Isabel do Habanero; Mª Josefa do Viveiro; Herminda; Albina do Chendo; Cándida do Chao do Outeiro; Manolo da Rega da Poza e ....
Foto con rapaces de Labrada xunto a igrexa de Santiago en Mondoñedo.
Os carruaxes dos que ímos tirando o longo da nosa existencia, fan que seipamos máis da vida pola ir aprendendo que polo que nos insinaron. Coa chegada das tecnoloxias xurdidas no final do século XX, tamén a xente labradora e gandeira, e con uns anos encima dos ombreiros, tivemos a necesidade de poñernos o día no tocante as chamadas novas tecnoloxias, se así non fora, xurdirian uns novos ignorantes; eses que viven no día de onte. Para poder facer cursos de iniciación e poder comenzar a manexarse no campo da informática, fixéronse cursos, neste caso na casa da escola do Campo dos Novos. Na seguinte foto aparecen os participantes nun deses cursos.
Foto de finais dos 90. Comenzando pola esquerda: Miguel Cortiñas, Marisa Otero, José Luis do Feliso, Benjamín, Milagros de Nisio, Carmen dos Gabrieles con dous netos ...
Relación de mestres nomeados para as escolas de Labrada.
1907: Dñª Basilida Rivas Morado, con un soldo de 500 pesetas.
1909: Dñª Vicenta Rodeiro Boado, con un soldo de 412,50 pesetas
1910: Dñª Elisa Concepción Arcio Guerra con un soldo anual de 412,50 pesetas.
1915: Dñª Laria Dolores Docampo.
1917: Dñª Luisa González López, con un soldo de 1000 pesetas.
1917: Dñª Elisa Concepción Arceo, interina.
1919: Dñª María Estrella López García, interína.
1922: Dñª Concepción Castro Iglesias.
1923: Dñª Generosa Vérez Pico, interina, con un soldo anual de 2000 pesetas.
1925: Dñª Concepción García Villamil, para Labrada-Barral.
1925: D. Juan Antonio Fernández del Campo, interino.
1925: Dñª Adela Aldendín Ortega.
1927: Dñª Dolores Mourelle López.
1931: D. Donato Díez.
1937: D. Manuela Fernández Martínez (Nela), interina.
1939: D. Pedro Díaz Carreiras, para Labrada- Barral.
1946: Dñª. Francisca Díaz Gómez, para Labrada - Barral.
1947: D. José Núñez Díaz, para Labrada - Barral.
1953: Dñª Iluminada López Guerrero, Campo dos Novos.
1955: Dñª Amalia López Lacueva, para Labrada - Barral.
1959: Dñª Angeles Otero Mejuto.
1960: Dñª Pacita Mejuto Sesto.
1961: Dñª Purificación Oseira Maseda.
1966: Dñª Francisca Cabanela Rego. para Labrada - Barral.
1966: Dña Pilar Rodriguez Losada, para Labrada - Barral.
1968: Dñª Elsa Grandas López. para Labrada - Barral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario