Labrada, a día 6 de febreiro do 2015.
Quizais sexa pola costume de vela case que todos os días, pero pasar por diante da nosa igrexa e non parar uns intres a mirar a súa fermosura, é un pecado; pero gústenos ou non mirala, a nosa igrexa é un conxunto de sensacións.
Moitos de nós pasamos pola súa pía bautismal ou, acompañamos a alguén na súa última viaxe. Pero non é menos importante os momentos de ledicia que o seu carón se viven. Moitas parexas escomezaron o seu abrigo a andaina da súa vida en común. Moitos nenos xingrárono a o seu arredor. Lembrámonos cando as festas se facían no adro, hoxe fanse no campo da festa; e os músicos tocaban no pórtico. Sendo eu neno xogabamos ó fútbol antes da misa, e a salida, con un tocadiscos os mozos roldaban as mozas antes de acompañalas pa casa ou apañar un feixe de alcacen.
A nave rectangular e máis baixa é a máis antiga, non se pode datar con exactitude cando foi construída; dín os documentos que hai dela que "su historia se pierde en la inmensidad de los tiempos". Conta con modillóns de oríxen románico. A chamada "porta pequena", a súa esquerda, ten un escudo gótico con unha cruz. As canterías que usaron para a nave son de un traballo exquisito. Ollar as canterías que alberga a porta pequena, polo norte; ou as das ventás polo sur; define o traballo e a dulzura das mans dos canteiros.
A parte da capela maior foi construída no ano 1852, cando era cura D. Antonio Vicente Tacón, segundo inscrición.
No ano 1854 fixéronse as portas da sancristía. cos seus "errajes y vastidores".
Un ano máis tarde, no 1855 encálase con area e cal a sancristía, o arco e o coro. Píntanse as portas da sacristía e tamén a porta pequena e o púlpito. No mesmo ano achandouse o adro.
A obra que se fixo no ano 1856 foi facer a porta da entrada do adro, pintouse, os picaportes e a composición das paredes con un custo de 126 reales.
No 1858 constrúese o retablo da virxe do Carmen por 510 reales. Píntase o pabellón "Real", e dous oficios na parede do "Altar Mayor". Tamén se pintaron o ambos os dous lados da parte do coro e altares da igrexa do Patrón S. Pedro e da Virxe do Carme.
Nos libros da igrexa figura a data de 1861 como data da reedificación da fachada e da espadana cando era cura D. Antón Vicente Tacón, polas inscricións talladas na pedra do lateral, ano 1861.
Grazas a documentación da que se dispón da nosa igrexa, sabemos que na segunda metade do século XIX foi reedificada a igrexa. Esas obras, basicamente, deixárona tal e como a podemos ver a día de hoxe.
Ao longo do século XX foron moitas as obras que se fixeron no seu interior e tamén no adro.
No ano 1904, cando era cura D. Rosendo Carracedo, abriuse unha ventá, edificouse tamén o púlpito.
No ano 1912, sendo cura Manuel Carracedo, o día 30 de xaneiro encargáronse na diócese varias pías bautismais, entre elas a da nosa igrexa, feita en mármore e con un custe de 115 pesetas; tamén dous confesionarios de castaño.
Foi no 1913 cando se mandou facer a campá grande, (aínda que a gravación existente na campá figura o ano 1922). Tamén a pía pequena de mármore rosado, para a auga bendita, situada na entrada pola porta pequena a man esquerda. Achouse o atrio parroquial e déuselle una man de branco o interior da igrexa.
Nun inventario feito no 1918, aparte de outras cousas, aparecen citados a fonte de porcelana da sancristia, tres confesionarios de castaño, o armario da sancristía, tamén de castaño, as campanillas, catorce cadros do viacrucis ...
A campa grande que pesa nove "arrobas"; pódese ver na foto, chámase S. José, os padriños son Valentín e súa irmá Elvira Rouco Pita. Foi fundida en Madrid.
"Nº 25640. Fundición Hijo de Linares Perez. Carabanchel Bajo"
A campa pequena ten a data de fundición do ano 1727, pola data é de supoñer que estaba na antiga espadana. O seu nome é Sta Bárbara e os seus padriños son os irmáns Angela e Manuel Rivas Blanco.
A campa pequena ten un fondo arraigo e cariño na nosa parroquia e todo o contrario nas parroquias veciñas. Cando as tormentas aparecen polos montes de Labrada, ameazando as xentes, gando e colleitas, o sancristan, antes o Elias do Granadero, O Camilo, o Gonzalo e hoxe o Manolo do Veiguello; fana soar e así, de ese xeito, os tronos e lóstregos espalecen fuxindo para as parroquias veciñas. De aí a animadversión das parroquias veciñas. Aínda que soe dun xeito incrédulo, cada veciño pode testemuñar este feito.
Varias obras foron feitas tanto dentro como por fora. Cambiouse o Altar Maior sendo cura Xosé Meiriño, aló por mediados da década dos 70, e tamén na mesma época, foi cambiado o tellado. O Altar foi feito polo Albino do Fondo da Vila, un dos carpinteiros da nosa parroquia; e o tellado polo Daniel do Baroncelle, canteiro que vivia no Cordal.
Algúns dos cregos que tiveron ó cargo da parroquia.
Domingo González Otero, 1600
José Rodriguez Moirón, 1700
Antonio Fernández Sanjurjo, 1720
Esteban d’o Castro y Barja, 1724
Domingo Díaz, 1753
Diego Antonio Abad, natural de San Tirso de Portocelo (Xove), 1848
Antonio Vicente Tacón natural de Ibeseño (Arzua), 1851
Luis Seijas natural de Corbelle,1861
Manuel Díaz Gómez, 1905
Rosendo Carracedo natural de Romariz, 1908
José María Carracedo natural de Carredo, 1915
Gerardo Fanego Losada, natural de Mondoñedo, 1915-1918
Andrés Carreiras Seone, natural de Goiriz, 1918-1964
Secundino Díaz Maseda de Mondoñedo, 1964-1965
Avelino González Loureiro da Ponte Nova, 1965-1970
Francisco Fernández Martinez natural de Ferrol, 1970-1973
Xosé Meiriño López do Carballiño, Ourense, 1973-1978
Xosé Antón Miguelez de Chantada, 1978-1985 e 1992-1994
Manuel Regal Ledo de Chantada, 1985-1991
Juan Manuel Basora Rodriguez de Narón, 1994-1995
Antonio Rúa Saavedra de Lourenzá, 1995-1996
Juan José Novo Gabeiras de Viveiro , 1996-2003
Javier Santiago Sanmartín de Neda, 2003-2006
Rubén Prieto Rodríguez de S. Cosme de Barreiros, 2006-2008
Francisco González Dopico de Ferrol, 2006-2010
Cristóbal Rivas Díaz de Cerdido, 2010- 2017
Manuel Polo Pérez, 2017- ....
11/04/1919. El Correo de Galicia.
"Anteayer otorgó el ex senador del Reino Excmo. Sr. D. Eduardo de Cea Naharro, la escritura de presentación al curato vacante en Labrada (Mondoñedo0), en favor del ecónomo de dicha parroquia D. Andrés Carreira Seoane, actuando como notario el Sr. Vieira Durán (D. Javier)".
01/12/1943. El Progreso.
"En la iglesia parroquial de Labrada tuvo lugar la bendición solemne de una imagen del Sagrado Corazón que como rasgo de esplendidez cristiana se ha dignado donar doña María González Lorenzo, maestra nacional de Bóveda (Lugo).
Han contribuido a la organización del acto religioso los maestros de la localidad, doña Manuela Fernández Martínez, don Pedro Díaz Carreiras, el párroco don Andrés Carreiras y don Valentín Rouco Pita.
En la misa solemne el R. P. Honorio, Pasionista, con su elocuente palabra, supo despertar en el pueblo el amor que debemos practicar al Sagrado Corazón.
A la terminación se cantó un himno alusivo a esta fiesta".
04/07/1946. El Progreso.
"El día 29 del pasado mes de junio tuvo lugar la bendición solemne de una imagen de San Pedro Apóstol, que, en un rasgo de caridad cristiana se ha dignado donar doña María González Lorenzo, maestra nacional de Santa Maria de Bóveda (Lugo).
Hizo uso de la palabra el padre Anselmo de la Resurrección, de la residencia de PP. Pasionistas de Mondoñedo, que con acertadas y fervorosas palabras, supo afianzar en los fieles la gran devoción que en esta localidad se tiene al glorioso Apóstol.
El pueblo de Labrada se queda muy agradecido a tan piadosa donante, que con ésta, es la tercera imagen con que se ha dignado honrar a nuestra humilde iglesia parroquial.
Han contribuido a la organización de estos actos religiosos, el párroco don Andrés Carreiras Seoane, don Valentín Rouco Pita y los maestros de la localidad doña Manuela Fernández Martinez y don Pedro Díaz Carreiras".
No Ano 2014, dado que o muro orixinal do adro xa derrubado en parte e coa ameaza de seguir derrubándose, decidiuse facer un muro novo axeitado as normas en vigor. O custo afrontouno a Comunidade de Montes.
D. Andrés Carreiras Seoane. 2-7-1961.
18/02/1965. El Progreso.
"El vicario general del obispado presidió el duelo en el entierro del párroco de Labrada.
Recibió cristiana sepultura en Goiriz
En el dia de ayer, tuvieron lugar en la parroquia de Labrada los solemnes funerales por el eterno descanso del que fué durante cuarenta y seis años párroco de la misma. A continuación se transladó su cadaver a la parroquia de Goiriz (Villalba), cuyas tierras le habían visto nacer.
Tanto los funerales en Labrada, como en Goiriz, previos a su sepelio, fueron una verdadera manifestación de duelo por parte de los familiares, compañeros, feligreses y demás vecinos de las parroquias limítrofes, que tanto cariño profesaben al venerable sacerdote.
Desde las primeras horas de la mañana desfilaron por la capilla ardiente, sita en la rectoral de Labrada, cientos de personas de todas las clases sociales.
A las diez se transladó su cadáver a hombros de los feligreses al templo parroquial, incapaz de albergar a los fieles.
En el momento oportuno de la misa mayor, el párroco de Romariz, dirigió unas breves palabras sobre el venerable párroco, gastada su vida de 46 años en pro de las almas. Somos testigos de que por las mejillas de los asistentes discurrian las lágrimas .
-- Nos quedamos sin nuestro pastor, sin don Andrés, murmuraban los vecinos.
Los mismos fieles, por angostos caminos, en lucha contínua por tener el gusto de llevarle un poco, lo sacaron hasta la carretera en hombros, en donde estaba el coche fúnebre, y siete ómnibus de la localidad para transladarle a Goiriz. El duelo allí estaba constituido por el ilustrísimo señor Vicario General del Obispado, don Francisco Fraga y un total de dieciocho sacerdotes, compañeros y amigos.
En la misa solemne celebrada, al ilustrísimo señor Vicario nos invita a la humildad, meditando la muerte evocadora de nuestros pecados ante Dios.
Sus cenizas reposan en el cementerio de esta última parroquia. Don Andrés ha muerto, a los ochenta y dos años de edad, después de una breve enfermedad. Sacerdote humilde, sencillo y bondadoso; en una palabra, el auténtico cura de almas adaptado a su aldea. Sus primeros años pasaron en San Ciprián, y los 46 años restantes de su vida parroquial en Labrada. Catorce años regentó las parroquias de Romariz y Fanoy. Al venerable sacerdote, se le quería de veras entre los fieles, por que era digno de ello. Que Dios le tenga en el cielo.
El excelentísimo señor Obispo hizo presente su agradecimiento a los diocesanos por el aprecio de sentimiento y cariño que demostraron con motivo del sepelio del llorado don Andrés Carreiras Seoane".
Mesa que usaba de escritorio D. Andrés, cuidada e restaurada na Casa de Camba.
Recopilando información da crónica local, sabemos máis polo miúdo como foi o traslado ata o Campo de Carreiras e Goiriz; e tamén o enterro.
O traslado ata o Campo de Carreiras fíxose a ombros, dado o longo do traxecto e a dificultade que supoñía levar o ataúde polas corredoiras da época, eran varios os levadores, entre eles estaban o Candido do Chao do Outeiro, Isidoro, Manuel da Angelita, Luis do Veiguello, Belarmino, etc. Era costume levar unha soa coroa, xeralmente de plástico. Pero si a querías natural era moitísimo máis cara, aínda que tamén se podía alugar para o día do enterro, coa condición que non se podía estragar e moito menos, mollar. Tamén era condición que a coroa tería que ser levada por mulleres, vestidas de rigoroso loito. Neste caso e por petición da sobriña do cura, as encargadas foron a Esther do Fondo da Vila, Celia de Rouco e a Egidia de Verdes. Outras mulleres foron tamén as encargadas de levar as cintas que pasaban a ambos lados por encima do ataúde.
E certo que don Andrés era querido e respectado, e a asistencia da xente que foi de Labrada, Romariz e Fanoy ao funeral a Goiriz foi moitísima. Por costume, ao remate do enterro, á xente asistente déuselle de comer, pan e carne, queixo e viño. Pero todo o que había non chegou a nada, rematadas as existencias, e a xente pedía máis de todo, ben é certo que tamén con un afán desproporcionado e egoísta. Xa que non era doado manter a tanta xente, María, a sobriña de don Andrés; dixo que non se daba máis nada, que non sabia si a xente fora o enterro por comer ou pola devoción.
Foto sacada en Candia, na data do 2 de xullo de 1961. Recoñecemos comenzando pola esquerda: o cura de gafas negras, D. Secundino. O da dereita de todo, D. Andrés Carreiras Seoana. A rapaza da dereita é a Arsilia do barrio do Campo dos Novos.
Día de confirmación na nosa igrexa, segunda metade da década dos 60. O Sr Bispo, D. Jacinto Argaya Goicoechea, confirmando o Jorge do Perrote. O fondo, Gonzalo Cuba, sacristán naquel momento; a esquerda, sentado, o Albino do Fondo da Vila.
A Cristina do Choqueira o dia da súa confirmación amadriñada pola Matilde do Pazo; Gonzalo Cuba e D. Avelino. O cura de sotana escura non sabemos quen é. A dereita de todo D. Jacinto Argaya Goicoechea.
A foto foi sacada no ano 1971, o día de S. Pedro. O Luis do Veiguello, o seu fillo Manuel e o padriño de Luis, o Sr Valentín de Pita. Aparte da xente que se ve na foto quero subliñar o "Altar Mayor" no fondo da foto.
Día da primeira comuñón do José Manuel Rico, do barrio de Tezán. O seu carón súa prima Amelia de Carozo. Foto do ano 1974-75.
Primeira comuñón de Javier Manuel Prieto Díaz. Ano 1974. Comenzando pola esquerda: Arturo de Verdes, Jesús de Verdes, Ramón Cendán, Rafael de Verdes, Josefa de Otero, Antoño da Valiña, Amina da Valiña, Cesina de Rego (nai de Javier), Oracio de Rego (boina), Conchita Cendan Verdes, Egidia (gafas), Josefa de Rego (pano na cabeza), Henar, Silverio de Verdes (pai de Javier), Lino da Valiña (gravata), Modesta e Mª Antoña de Rego. Os tres nenos de diante son: Jesús Cendán Verdes, Ana da Valiña e Javier.
Foto do ano 2000. Confirmación na igrexa de Labrada. Empezando pola esquerda e de pé: Verónica, Rocio, Juancho (cura), Félix Villares (vigairo), Javier, Alberto, José Luis Castro (cura) e Carlos Gomez (cura).
Agochados: Javier, Rocio, Martín, Marcos, Rubén, Toñiño, Yumara e Iván.
As fotos datan do mes de xuño do ano 2016. Nelas pódese ver as reformas no chan. Os custes que supuxeron as obras, metade foron a nome do igrexario e metade a nome da Comunidade de Montes.
Inscripción nunhas das xanelas da casa do cura. "Hizose en el año de 18.. siendo cura D Antº Victe Tacón.
Foto sacada súa igrexa. Década dos 60. A da esquerda é a Antoña do Pazo e a dereita a súa irmán América, falecida sendo rapaza. O rapaz do medio é o Emilio Solmo, tio do Toño das Lucas, tamén falecido sendo rapaz.
Foto do ano 1997, a saída da celebración. Comenzando pola esquerda: a María de García, Mª Te do Perrote coa súa filla Sandra, Articiana das Carminas, Esther do Fondo da Vila e Jesús da Angelita.
Foto de Manuel Rivas Cortiñas, sancristán de Labrada dende o ano 1981.
Xentiña nun enterro en Labrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario