Documentación necesaria para exercer a obriga de ir a votar nunha ditadura.
Pódese supoñer que o Sr Luis non foi votar.
Documentación necesaria para exercer a obriga de ir a votar nunha ditadura.
Pódese supoñer que o Sr Luis non foi votar.
Lamentablemente, no seu momento, este mandato non foi suficiente para arranxar o problema da pillota indiscriminada. En algún caso sucedéronse os litixios máis aló dos xulgados de Mondoñedo.
Como xa comentamos noutro capítulo, outro logro que saíu na etapa na que Regal e Miguélez pregoaron a súa fe polas nosas terras, foi a estrañada "Festa dos vellos", un xeito de recoñecemento os obxectivos logrados e dos traballos dos nosos maiores. Cada ano distinguíanse o home e a muller de máis idade, a el con un caxato e a ela con unha coroa. Os tempos mudaron, as persoas foron tomando sendeiros distintos e as boas prácticas e costumes deixáronse so na memoria. Miguélez segue recrutando adeptos a causa e Regal loitando pola causa.
O harmonioso día en que se xuntaban no adro de Labrada velliños
chegados dende Curro Vedo ata a Casa do Vizoso, ou dende O Pazo ata
Sisalde; conseguíase compartir un sen fin de encontros e recordos;
moitos anos de experiencias enriba dos subarcos e moita ledicia de poder
xuntarse un ano máis. A pesar de que a realidade facía ver que xa
estaban no atardecer do seu percorrido pola vida, transmitían unha forza
e unha ledicia que nos enchía a todos. Pode que tamén fora o seu
agradecemento por valorar o súa andaina facendo camiños para os que
viñéramos detrás tropezásemos menos que eles.


